Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Ferramentas web avanzadas Código 616G01036
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Gomez Garcia, Angel
Correo electrónico
angel.gomez@udc.es
Profesorado
Gomez Garcia, Angel
Martinez Perez, Maria
Correo electrónico
angel.gomez@udc.es
maria.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral Actualmente existen múltiples ferramentas software que nos permiten dotar aos proxectos audiovisuais de mecanismos que facilitan aspectos tan importantes como a correcta edición, organización e publicación de información a través da Web. Entre estas ferramentas teremos: sistemas de xestión de blogs, sistemas de xestión de contidos deseñados para aplicacións específicas, sistemas de xestión orientados a proporcionar capacidades de colaboración directa con outros usuarios, sistemas capaces de integrar todo tipo de arquivos (texto, audio, vídeo) para o seu correcto acceso e visualización en rede, etc.
O obxectivo principal desta materia é dar a coñecer aos alumnos a existencia destas ferramentas avanzadas e aprender a administrar algunhas das máis utilizadas para a súa integración na creación e xestión de proxectos audiovisuais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios nos contidos da materia.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
A maior parte das metodoloxías docentes mantéñense pero adaptando a súa realización á docencia exclusivamente non presencial mediante as ferramentas proporcionadas pola UDC (Moodle, Teams, email). Así temos:
- Traballos tutelados: por medio do canal de Teams da materia para o seguimento e consulta. A entrega realízase nunha tarefa de Moodle.
- Prácticas de laboratorio: por medio do canal de Teams da materia para a exposición e consultas das prácticas. Ademais, a contorna de desenvolvemento das prácticas permite que sexan realizadas nos equipos dos alumnos. A entrega realízase nunha tarefa de Moodle.
- Presentación oral: a exposición dos traballos tutelados farase por medio do canal de Teams da materia e en casos excepcionais mediante o envío dun vídeo gravado polos alumnos. A entrega realízase nunha tarefa de Moodle.
- Sesión maxistral: por medio do canal de Teams da materia. A documentación publícase en Moodle.

*Metodoloxías docentes que se modifican
A principal modificación realizada na metodoloxía docente correspóndese co exame de coñecementos da materia. Así temos:
- Proba obxectiva: no caso dunha situación excepcional e tendo en conta que se está a realizar unha avaliación continua mediante traballos prácticos de cada tema, podería substituírse a proba obxectiva pola entrega dunha tarefa alternativa.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Moodle. Temporalización: Semanal. Realízase a publicación dos contidos, tarefas, mensaxes en foros, etc. necesarios para o seguimento normal da materia. Ademais, independentemente destas publicacións, respóndese ás consultas do alumnado nos foros en canto é posible.
- Teams. Temporalización: Semanal. Emprégase para a docencia non presencial da materia, cumprindo os horarios do calendario académico establecidos polo centro. Ademais, independentemente deste horario, respóndese ás consultas do alumnado no canal de Teams da materia en canto é posible.
- Email. Temporalización: Puntual. Emprégase para contactar ou responder ás dúbidas do alumnado. A resposta realízase en canto é posible.

4. Modificacións na avaliación
*Metodoloxía: Peso na cualificación-Descrición
- Traballos tutelados: 40%-Avaliarase a calidade dos proxectos realizados nos diferentes aspectos da materia.
- Prácticas de laboratorio: 40%-Seguimento das prácticas de laboratorio.
- Presentación oral: 20%-Exposición dos traballos tutelados.
- Proba obxectiva: 0%-Proba de avaliación dos coñecementos teórico/prácticos da materia.

*Observacións de avaliación:
No caso dunha situación de excepcionalidade e tendo en conta que se está a realizar unha avaliación continua mediante traballos prácticos de cada tema, podería substituírse a proba obxectiva pola entrega dunha tarefa alternativa. Neste caso o peso da avaliación da proba redistribúese entre o resto das metodoloxías para adaptarse á nova situación. Estes criterios aplícanse á avaliación dos alumnos que se presenten tanto á primeira como á segunda oportunidade.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios na bibliografía.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Crear productos audiovisuais.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer ferramentas útiles e amplamente empregadas para a creación e xestión de proxectos multimedia A2
A7
B8
C1
C2
C3
C4
Saber administrar e empregar determinadas ferramentas Web para a súa inclusión en proxectos audiovisuais A2
A8
B8
C2
Recoñecer termos e funcións propios das tecnoloxías da información e as comunicacións co obxectivo de mellorar a colaboración no desenvolvemento de proxectos complexos nos que participen profesionais de distintas áreas A7
A8
B8
C2
Deseñar e desenvolver un proxecto multimedia que integre múltiples ferramentas Web tendo en conta aspectos como: as tecnoloxías informáticas existentes, a representación adecuada de datos multimedia, a inclusión de capacidades sociais e de comunicación a través da Web A2
A7
B8
C1
C2

Contidos
Temas Subtemas
1. Creación de blogs, foros e wikis 1.1. Tecnoloxías de blogs
1.2. Tecnoloxías de foros
1.3. Tecnoloxías de wikis
2. Posicionamento en buscadores: estratexias de visibilidade na rede 2.1. Posicionamento en buscadores: estratexias de visibilidade na rede
3. Deseño adaptable, navegabilidade e usabilidade web 3.1. Deseño adaptable, navegabilidade e usabilidade web
4. Plataformas de distribución de video e audio na rede 4.1. Plataformas de distribución de video e audio na rede
5. Xestores de contidos e webs dinámicas 5.1. Xestores de contidos e webs dinámicas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A2 A8 B8 C2 C4 3 9 12
Prácticas de laboratorio A2 A7 A8 B8 C2 C3 C4 14 98 112
Proba obxectiva A7 A8 B8 C2 1 0 1
Presentación oral A8 B8 C2 1 1 2
Sesión maxistral A2 A7 A8 B8 C1 C2 C3 C4 21 0 21
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Proxectos relacionados coas técnicas empregadas nas prácticas de laboratorio
Prácticas de laboratorio - Emprego de ferramentas de xestión de blogs, foros e wikis
- Técnicas de posicionamento en buscadores
- Deseño adaptable, navegabilidade e usabilidade web
- Plataformas de distribución de video e audio na rede
- Xestores de contidos e webs dinámicas
Proba obxectiva Proba de avaliación dos contidos da materia
Presentación oral Exposición dos traballos tutelados
Sesión maxistral Presentación dos aspectos teóricos da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada está enfocada a apoiar ao alumno na compresión das diferentes técnicas mediante o apoio nas titorías e a resolución das dúbidas que xurdan nas clases maxistrais.

Tamén, se lle prestará axuda ao alumno nas dúbidas que podan xurdir na realización das prácticas e durante a aprendizaxe mediante os traballos tutelados, para un mellor aproveitamento e comprensión dos coñecementos vistos na clase.

No desenvolvemento xeral da materia empregaranse, como medios telemáticos, as ferramentas proporcionadas pola UDC (Moodle, Teams, email, etc.).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A8 B8 C2 C4 Avaliarase a calidade dos proxectos realizados nos diferentes aspectos da asignatura 25
Prácticas de laboratorio A2 A7 A8 B8 C2 C3 C4 Seguemento das prácticas a realizar no laboratorio 30
Proba obxectiva A7 A8 B8 C2 Proba de avaliación dos coñecementos teórico/prácticos da asignatura 40
Presentación oral A8 B8 C2 Exposición dos traballos tutelados 5
 
Observacións avaliación

Para aprobar a asignatura é imprescindible acadar unha nota mínima na parte teórica e práctica. Esta nota mínima será de 4 puntos sobre un máximo de 10 puntos. En caso de non chegar á nota mínima nalgunha das partes, a máxima nota
global que se poderá acadar é dun 4.5.

ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto cos profesores da asignatura para posibilitar a realización das tarefas fora da organización habitual de materia.


Fontes de información
Bibliografía básica Richardson, William (2010). Blogs, wikis, podcasts, and other powerful web tools for classrooms. Ed. Corwin Press
Carazo Gil, Francisco Javier (2011). Domine WordPress: manual práctico. Ed. Ra-Ma
Wright-Porto, Heather (2011). Google Blogger. Ed. Anaya Multimedia
Maciá Domene, Fernando (2009). Posicionamiento en buscadores. Ed. Anaya Multimedia
Woods, Dan; Thoeny, Peter (2007). Wikis For Dummies. Ed. John Wiley & Sons

Bibliografía complementaria

- WordPress. http://wordpress.org

- Blogger. http://www.blogger.com

- phpBB. http://www.phpbb.com

- MediaWiki. http://www.mediawiki.org

- DokuWiki. https://www.dokuwiki.org

- Drupal. https://www.drupal.org


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendase ao alumno, para un aproveitamento óptimo da materia, un seguimento activo das clases así como participar nas distintas actividades e o uso da atención personalizada para a resolución das dúbidas ou cuestións que lle podan xurdir.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías