Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Obradoiro de creación multimedia Código 616G01038
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Santos López, Iria María
Correo electrónico
iria.santos@udc.es
Profesorado
Santos López, Iria María
Correo electrónico
iria.santos@udc.es
Web http://https://comunicacion.udc.es/gl/materias/obradoiro-de-creaci%C3%B3n-multimedia
Descrición xeral O obxectivo da materia é coñecer o proceso de creación e xestión dun proxecto multimedia. Dende un punto de vista práctico, o obxectivo principal desta materia é que o alumnado experimente o proceso de creación dun proxecto multimedia realizado en grupo, que coñeza as características específicas da xestión e documentación deste tipo de proxectos mediante o desenvolvemento de vídeos interactivos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A3 Xestionar proxetos audiovisuais.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Deseñar e xestionar produtos multimedia. A2
A3
A7
A12
C1
C3
C4
Realizar estimacións e planificacións de tarefas de proxectos multimedia. A2
A3
C2
Xestionar a creación dos contidos en función do entorno e obxectivo. A1
A8
A12
B9
Xestionar a documentación de proxectos e os equipos de traballo. A2
A3
Traballar con ferramentas de colaboración en liña para a xestión de proxectos. A3
C3
Realizar plans de probas. A3
B9
C4

Contidos
Temas Subtemas
Contidos interactivos Idear e producir contidos interactivos
1.- Ferramentas de creación de contidos multimedia
2.- Características e tipoloxías.
3.- Planificación: o equipo de traballo.
4.- Plan de probas.
5.- Soporte documental na nube
6.- Entornos colaborativos para a gestión de proxectos multimedia

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 A8 A12 4 0 4
Obradoiro A1 A2 A3 A7 A8 A12 C2 C3 C4 12 48 60
Presentación oral A1 B9 C2 4 12 16
Traballos tutelados A2 A3 A7 A8 A12 12 24 36
Prácticas a través de TIC A7 A8 C3 4 14 18
Seminario A3 B9 C1 C4 6 0 6
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentacións dos temas máis teóricos da asignatura.
Obradoiro Realización de proxecto de vídeo interactivo de forma colaborativa.
Presentación oral Presentacións de traballos/proxectos relacionados (seguemento conxunto).
Traballos tutelados Traballo en equipo nos proxectos durante as clases.
Prácticas a través de TIC Prácticas de utilización de ferramentas TIC.
Seminario Casos reais de profesionais da creación de proxectos multimedia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
Seguimento dos proxectos/prácticas, presencialmente e de forma telemática mediante correo electrónico e Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A7 A8 A12 C2 C3 C4 Avaliación continua e seguimento da materia. 50
Prácticas a través de TIC A7 A8 C3 Realización e entrega das prácticas TIC. 10
Traballos tutelados A2 A3 A7 A8 A12 Realización do traballo tutelado completo e entrega das tarefas correspondentes ao longo do curso. 20
Presentación oral A1 B9 C2 Presentacións orais dos traballos e prácticas realizadas durante o curso. 10
Seminario A3 B9 C1 C4 Seguimento e participación activa nos seminarios. 10
 
Observacións avaliación

A materia está formulada como un obradoiro esencialmente práctico que implica a asistencia obrigatoria a clase, a participación e a realización e presentación de prácticas e tarefas dun proxecto grupal.

Realizarase unha avaliación continua do alumnado.

-Mención Comunicación Audiovisual Multiplataforma: En esta materia, podrán realizarse actividades o trabajos en coordinación con otras materias optativas de la mención Comunicación Audiovisual Multiplataforma. 

PLAXIO: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto
cos profesores da materia para posibilitar a realización das tarefas
fora da organización habitual da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

- Bou i Bauza, G. (2002). El guión multimedia: edición 2003. Madrid: Anaya multimedia. ISBN: 84-415-1459-3.

- Magal, Tortajada, Morillas (2006). Preproducción multimedia. UPV.

- McConnell, S. (1997). Desarrollo y gestión de proyectos informáticos. McGraw-Hill Companies

- Miller, D. (1997). Desarrollo Multimedia para Internet. Anaya.

- Salmond, M. (2014). Los fundamentos del diseño interactivo. Barcelona: Blume. ISBN : 9788415317883.

- Spence, Robert (2007). Informatin visualization: design for interaction. Harlow etc.: Pearson-Prentice-Hall. ISBN: 9780132065504.

- https://www.trello.com/

- https://www.ganttproject.biz/- https://twinery.org/

- https://www.inklestudios.com/inklewriter/

- https://company.eko.com/

- https://www.klynt.net/

Bibliografía complementaria

- López Sosa, R. (2010). Desarrollo de aplicaciones multimedia. LIMUSA - Noriega Grupo Editores, C. A. 

- Vaughan, Tay (2001). Multimedia: Making It Work. McGraw-Hill Osborne.

- http://elartedepresentar.com/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Comunicación oral e escrita/616G01001
Fundamentos tecnolóxicos dos medios audioviosuais/616G01003
Ficción audiovisual/616G01014
Informática para a creación de web e vídeo/616G01017
Guión/616G01018
Teoría e práctica da edición e a montaxe/616G01023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Ferramentas de creación multimedia/616G01027
Estratexias de comunicación multimedia/616G01035

Materias que continúan o temario
Traballo Fin de Grao/616G01034

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable, a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

- Solicitaranse en formato virtual ou soporte informático
- Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia.
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Deberanse detectar situacións de discriminación e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Recomendase ao alumnado, para un aproveitamento óptimo da materia, un seguimento activo das clases así como participar nas distintas actividades e o uso da atención personalizada para a resolución das dúbidas ou cuestións que lle podan xurdir.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías