Identifying Data 2020/21
Subject (*) Professional Use of Galician Code 616G01041
Study programme
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Fourth Optional 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Lourido Hermida, Isaac
E-mail
isaac.lourido@udc.es
Lecturers
Lourido Hermida, Isaac
E-mail
isaac.lourido@udc.es
Web
General description Esta materia fornece formación teórico-práctica no uso instrumental da lingua galega nas súas modalidade oral e escrita, atendendo fundamentalmente ás necesidades expresivas do ámbito profesional da comunicación audiovisual.
Alén disto, preténdese potenciar no alumnado a capacidade comunicativa, o contraste de ideas e o pensamento crítico, ben como fomentar a aprendizaxe autónoma e o traballo cooperativo.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Os contidos correspondentes ao tema 4 (“Comunicación non verbal”) serán tratados só de forma teórica.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse todas as metodoloxías, que serán adaptadas a modalidades de docencia telemática, de tipo síncrono (a través de Teams) e asíncrono (a través de Moodle).

*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Mecanismos de atención permanente: correo electrónico para a atención individual, foro xeral en Moodle sobre a organización da materia e foro específico en Moodle sobre as actividades avaliábeis.
Mecanismos de atención dispoñíbeis a petición do alumnado: Vídeo-titorías a través de Teams.

4. Modificacións na avaliación
Manteranse o mesmo sistema de avaliación, de acordo coa adaptación á modalidade non presencial das metodoloxías docentes.

*Observacións de avaliación: Ningunha metodoloxía de avaliación terá carácter obrigatorio. Os traballos entregados fóra do prazo estabelecido non serán penalizados por este motivo. Elimínase o requisito de cualificación mínima no traballo tutelado e na proba mixta para poder superar a materia.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non haberá mudanzas. Todos os materiais bibliográficos imprescindíbeis estarán dispoñíbeis no Moodle da materia.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B6 Expresarse correctamente tanto de xeito oral como escrito en linguas oficiais da comunidade autónoma
B7
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Transmitir mensaxes audiovisuais. A1
Realizar produtos audiovisuais. A2
Dominar diferentes técnicas relativas á creación e á produción audiovisual. A7
Ter coñecemento dos principais códigos da mensaxe audiovisual. A12
Expresarse con corrección, tanto a nivel oral como a nivel escrito, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. B6
Comprender e expresarse con corrección, a nivel oral e escrito, nun idioma estranxeiro. B7
Utilizar os instrumentos básicos das tecnoloxías da información e das comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida. B8
Desenvolverse para formar parte dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria a fin de poder analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e ofrecer solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. B9
Ser capaz de comprender a relevancia da cultura emprendedora e de coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. C1
Valorar de maneira crítica o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñíbel para resolver os problemas que deben encararse no exercicio da profesión. C2
Aceptar como cidadán/á e como profesional a relevancia da aprendizaxe ao longo da vida. C3
Ser capaz de se desenvolver para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, para poder analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e ofrecer solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4

Contents
Topic Sub-topic
1. Expresión oral 1.1. Vocalismo e consonantismo
1.2. Modelos de entoación
1.2. Dicción e locución
1.3. Estratexias de comunicación oral
2. Expresión escrita

2.1. O estándar ortográfico e morfolóxico. Aproximación á normativa da lingua galega
2.2. Un modelo culto para o galego: a necesidade da diferenza (exemplificación nalgúns fenómenos: CD sen “a”, infinitivo flexionado, futuro do subxuntivo etc.)
2.3. Principais particularidades da lingua escrita
3. Tipoloxía discursiva

3.1. Textos escritos e textos orais formais // Planificación, redacción e revisión de textos monolóxicos (presentacións) e dialóxicos (debates, mesas redondas) // Xéneros discursivos nos medios de comunicación
3.2. Linguaxe de especialidade: o galego profesional no ámbito da comunicación audiovisual // Vocabulario técnico e fraseoloxía
4. Comunicación non verbal

4.1. Linguaxe corporal
4.2. Cortesía
4.3. Técnicas de dramatización

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects A1 A2 A7 A12 B6 B7 B8 B9 C2 C4 6 36 42
Guest lecture / keynote speech A7 A12 B9 C1 C2 14 15 29
Workshop A1 A2 A7 A12 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C4 17 16 33
Oral presentation A1 A12 B6 2 18 20
Mixed objective/subjective test A1 A7 B6 B8 C2 3 20 23
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects O/a estudante deberá entregar un traballo colectivo (máximo, 3 estudantes por grupo), fixado polo profesorado no inicio do curso. Con este traballo preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e a colaboración entre o alumnado.
Guest lecture / keynote speech As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter teórico-práctico á volta dos contidos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos contidos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo.
Workshop Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de produción escrita (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos).
Oral presentation Os/as alumnos/as deberán presentar oralmente o traballo colectivo. Nesta proba oral poderán empregarse textos, deseños ou materiais audiovisuais como apoio.
Mixed objective/subjective test Proba con exercicios de diferente tipo en que se avalían os coñecementos e as competencias adquiridas a través das sesións maxistrais e das aulas de obradoiro.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
Para a realización dos traballos tutelados, é fundamental que o/a alumno/a informe periodicamente tanto dos seus progresos como das súas dificultades co obxectivo de atinxir unha orientación adecuada.
Alén diso, o/a estudante poderá realizar todo tipo de consultas a respecto do desenvolvemento do traballo, quer no horario de atendemento quer por medio do correo electrónico.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A1 A2 A7 A12 B6 B7 B8 B9 C2 C4 O profesorado encomendará un traballo tutelado, que será realizado de forma colaborativa por grupos de até 3 persoas. No traballo aplicaranse os coñecementos adquiridos sobre lingua galega a algún proxecto relacionado coa comunicación audiovisual.
40
Workshop A1 A2 A7 A12 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C4 Ao longo do cuadrimestre serán realizados diferentes exercicios prácticos na sesións presenciais. Serán avaliados a súa entrega, o uso adecuado dos recursos e metodoloxías suxeridas e a progresión no proceso de aprendizaxe. 15
Oral presentation A1 A12 B6 Os/as alumnos/as terán que realizar unha presentación oral do traballo colectivo, orientada á demostración da súa competencia comunicativa. 10
Mixed objective/subjective test A1 A7 B6 B8 C2 Nesta proba o alumnado terá que realizar diferentes exercicios de corrección e produción de textos, para avaliar os coñecementos e competencias adquiridas durante todo o cuadrimestre. 35
 
Assessment comments

O traballo tutelado, a presentación oral e a proba mixta teñen carácter obrigatorio. Para superar a materia será condición indispensábel obter unha cualificación mínima de 4 puntos, sobre 10, tanto no traballo tutelado como na proba mixta. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final do traballo tutelado se este for entregado fóra de prazo sen causa xustificada.

Considerarase non presentado na materia quen non entregar o traballo tutelado, non fixer a presentación oral e/ou non se presentar á proba mixta.

Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo) será aplicado o mesmo sistema de avaliación da primeira convocatoria. Os/as estudantes que non superasen a materia terán que entregar o traballo tutelado só se este non foi entregado na convocatoria anterior ou se non obtivo unha cualificación mínima de 4 puntos, sobre 10. No seu caso, o prazo de entrega dos traballos concluirá na data oficial do exame da materia estabelecida pola facultade.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica será avaliado da seguinte maneira: traballo tutelado (60%) e proba mixta (40%). O prazo de entrega dos traballos concluirá na data oficial do exame da materia estabelecida pola facultade.

O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de decembro será avaliado co mesmo sistema previsto para o estudantado a tempo parcial e con dispensa académica. Deberá entrar en contacto co profesor antes de acabar o mes de novembro.


Sources of information
Basic

GRAMÁTICAS

Álvarez Blanco, R. / Xove, X. (2002): Gramática da lingua galega (Vigo: Galaxia).

Freixeiro Mato, X. R. (2006) [1998]: Gramática da lingua galega. I. Fonética e fonoloxía (Vigo: A Nosa Terra).

Freixeiro Mato, X. R. (2006) [1999]: Gramática da lingua galega. III. Semántica (Vigo. A Nosa Terra).

Freixeiro Mato, X. R. (2006) [2000]: Gramática da lingua galega. II. Morfosintaxe (Vigo: A Nosa Terra).

Freixeiro Mato, X. R. (2006) [2003]: Gramática da lingua galega. IV. Gramática do texto (Vigo: A Nosa Terra).

Hermida Gulías, C. (2004): Gramática práctica (Morfosintaxe) (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco).

López Viñas, X. / Lourenço Módia, C. / Moreda Leirado, M. [2010] (2011): Gramática Práctica da Lingua Galega. Comunicación e Expresión (A Coruña: Baía Edicións).

DICIONARIOS

Carballeira Anllo, X. M. (2009): Gran Dicionario Xerais da Lingua (Vigo: Xerais).

Ledo Cabido, B. (dir.) (2004): Dicionario de galego (Vigo: Ir Indo).

López Taboada, C. / Soto Arias, M. R. (2008): Dicionario de fraseoloxía galega (Vigo: Xerais).

Pena, X. R. (coord.) (2004): Gran dicionario Cumio da lingua galega (Vigo: Edicións do Cumio).

Pena, X. R. (coord.) (2005): Gran dicionario Século XXI da lingua galega (Vigo: Galaxia / Edicións do Cumio).

CADERNOS DE EXERCICIOS

Medrano Martínez, C. l. (ed.) (2006): Proxecto Artello. Ortografía 1 (A Coruña: Rodeira-Grupo Edebé).

Medrano Martínez, C. l. (ed.) (2006): Proxecto Artello. Ortografía 2 (A Coruña: Rodeira-Grupo Edebé).

Pena, X. R. / Rosales, M. [1987] (2006): Manual e exercicios de galego urxente (Vigo: Edicións Xerais de Galicia).

Complementary

Briz Gómez, Antonio (coord.) (2008). Saber hablar (Madrid: Aguilar).

Domínguez Dapena, Cristina (2004): Técnicas de expresión oral. O uso expresivo da voz (Vigo: Galaxia).

Estrela, E. / Soares, M. A. / Leitão, M. J. (2003): Saber Escrever. Saber Falar. Um guia completo para usar correctamente a língua portuguesa (Lisboa: Dom Quixote).

Gimeno Terraza, I. (coord.) (2000): Expresión oral. Hablar bien en público (Barcelona: Larousse).

Gomes, A. / Cavacas, F. (2005): Escutar. Falar. Oralidade, Lisboa (Lisboa: Clássica Editora).

González Rei, B. (2004): Ortografía da lingua galega (A Coruña: Galinova Editorial).

Hermida, A. (2006): Manual de conxugación verbal da lingua galega (Vigo: Galaxia / Edicións do Cumio).

Hernández Guerrero, J. A. / García Tejera, M. C. (2004): El arte de hablar. Manual de Retórica Práctica y de Oratoria Moderna (Barcelona: Ariel).

Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega (2005) [1982]: Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (Santiago de Compostela: ILG / RAG).

Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega (2004): Vocabulario ortográfico da lingua galega (Santiago de Compostela: ILG / RAG). Edición dixital en http://www.realacademiagalega.org/volga

Losada Aldrey, M. C. / Cid Fernández, A. / Fernández Carballido, X. (2017). Para dar trela. Manuel práctico de fraseoloxía galega (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades). Edición dixital en http://www.cirp.gal/pub/docs/frase/para_dar_trela.pdf

Morales, C. J. (2001): Guía para hablar en público (Madrid: Alianza).

Pazó Fernández, Edith (2005). Dicionario galego de televisión (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, CRTVG). Edición dixital en http://www.cirp.es/pub/docs/cite/dicTV.pdf

Regueira, X. L. (2005):"Estándar oral". En Álvarez e Monteagudo (eds.): Norma lingüística e variación: 69-95 (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega).

Regueira, X.L. (2012). Oralidades. Reflexións sobre a lingua falada no século XXI (A Coruña: RAG).

Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (2006): Criterios para o uso da lingua (A Coruña: Universidade da Coruña).

Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (2006): Sobre a calidade da nosa lingua (A Coruña: Universidade da Coruña).

Scott, Bill (2000): La comunicación oral y escrita para directivos y profesionales (Deusto: 2000).


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.