Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Prácticas Código 616G01045
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Piñeiro Otero, Maria Teresa
Correo electrónico
teresa.pineiro@udc.es
Profesorado
Piñeiro Otero, Maria Teresa
Correo electrónico
teresa.pineiro@udc.es
Web
Descrición xeral O desenvolvemento de prácticas en entidades externas supón unha oportunidade para que @s futur@s graduad@s en Comunicación Audiovisual entren en contacto coa realidade laboral e adquiran habilidades dirixidas ao ámbito profesional.
En buca de dotar ao alumnado de Comunicación Audiovisual dunha formació práctica, complementaria á académica, que lles permita desenvolver as competencias adquiridas ao longo da súa formación universitaria, téñense incorporado diras prácticas externas como materia optativa no Plano de Estudos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A3 Xestionar proxetos audiovisuais.
A4 Investigar e analizala comunicación audiovisual.
A5 Coñecelas teorías e a historia da comunicación audiovisual.
A6 Coñecelo sector audiovisual: a oferta e as audiencias.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
A9 Coñecelos modelos de xestión.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro do seu área de estudo)
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe precisas para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Expresarse correctamente tanto de xeito oral como escrito en linguas oficiais da comunidade autónoma
B7 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Habilidade para o uso e control de ferramentas tecnolóxicas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais e multimedia nas súas diferentes fases. A1
A2
A7
Capacidade para deseñar, definir, completar proxectos audiovisuais e multimedia, así como para desenvolver problemas que poidan xurdir no desenvolvemento do mesmo dun xeito eficaz. A2
A3
A4
A5
A8
A9
B3
B4
B6
B9
C2
C3
C4
Habilidade para deseñar e xestionar estratexias de comunicación on e offline, tanto de xeito individual como en grupo, adaptándose ás diferentes plataformas e a súa linguaxe-forma. A1
A2
A6
B3
C1
Capacidade de traballo en equipo e de facer partícipes ao equipo de posibles ideas destinadas á mellora do proxecto común para obter uns resultados determinados. B2
B3
B5
B7
B8
Mellora das habilidades de organización e temporalización das tarefas e procedimentos, que leven a unha xestión máis eficiente do proxecto e dos recursos asociados a éste de xeito que calquera variación respecto á planificación se efectúe dun xeito completo e integrado. B9

Contidos
Temas Subtemas
1. Desenvolvemento das competencias adquiridas nas diversas materias do grao.
Os coñecementos postos en práctica variarián en función da entidade ofertante, así como do área ao que esté adscrito o/ a estudante.
2. Memoria e avaliación. Portafolio e valoración das tarefas desenvolvidas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Portafolios do alumno A4 A5 A8 A9 B3 B4 B6 B9 C2 C3 C4 5 0 5
Simulación A1 A2 A3 A6 A7 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C1 140 0 140
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno Informe da actividade desenvolvida durante as prácticas preprofesionais. A súa estructura e orientación, en función da tarefa desenvolvida e a entidade de destino, será tratado nas xuntanzas periódicas coa titora do centro.
Simulación · REQUERIMENTOS
Estar matriculad@, ou en condicións de facelo, na materia de "Prácticas".

· EMPRESAS COLABORADORAS
Dende setembro de 2015 a febreiro de 2016 darase a coñecer, polas vias establecidos pola Facultade, aquelas prazas de prácticas que ofertan as entidades colaboradoras. Ditas ofertas incorporarán toda aquela información que poida resultar de interese para o alumnado solicitante: entidade ofertante, perfil da oferta, período de execución, horario, tipo de xornada semanal, se existe algún tipo de remuneración, etc.
Cada empresa pode determinar as súas condicións para a oferta de prácticas, sendo preciso desenvolver un mínimo de 140 horas para superar a materia.
Á marxe destas ofertas, o estudante pode solicitar o desenvolvemento de prácticas en entidades coas que a Universidade non ten establecido convenios. Neste caso, unha vez valorada a idoneidade da empresa proposta pola Comisión con competencias na materia, procederase á xestión do Convenio de Cooperación Educativa para que o estudante poda desenvolver unha estadía de prácticas en dita entidade.

· PROCESO DE SOLICITUDE E SELECCIÓN DE PRÁCTICAS.
Cada oferta de prácticas levará incorporada una data límite de presentación de candidaturas.
Rematado o prazo, inciarase o proceso de selección segundo estipule cada oferta de prácticas.

· Selección pola Facultade.
Documentación da solicitude: copia simple do expediente académico, curriculum vitae é documentos acreditativos dos méritos alegados neste (diplomas de cursos, vida laboral, etc.) Sistema de selección: unha Comisión avaliará as candidaturas atendendo a criterios de excelencia académica.

· Selección pola entidad concreta.
Documentación da solicitud: copia simple do expediente académico e curriculum vitae.
Sistema de selección: preselección da Facultad coa fin de comprobar o cumprimetno dos requerimentos mínimos para as prácticas curriculares e selección por parte da entidade.
Neste caso, será a empresa quen estipule o sistema de selección (a través do curriculum vitae, entrevista persoal cos candidatos, proba de selección, etc.), reservándose o dereito de convocar soamente a aqueles candidatos que se axusten ao perfil requerido.

Con independencia do sistema de selección darase preferencia ao alumnado que non teña efectuado outras prácticas xestionadas por la Universidade, salvo que éstas no teñan a duración precisa para o recoñecemento da materia.

· ADXUDICACIÓN DE PRÁCTICAS.
Unha vez rematado o proceso de selección, comunicarase ao candidato/a a súa condición de beneficiario de ditas prácticas sendo excluído automáticamente doutros procesos de selección en marcha.

Despois de comunicar a adxudicación, procederase á xestión de toda a documentación precisa para as prácticas. Asemade, aqueles estudantes que non estean maticulados na materia deberán formalizala e presentar un documento xustificativo antes do comezo das prácticas.

As prazas que queden desertas voltarán a ser ofertadas entre o alumnado matriculado e adxudicadas en función das súas preferencias.

@s alumn@s matriculad@s que non cheguen a ser beneficiarios dunha estadía de prácticas, terán ata xaneiro de 2016 para efectuar unha solicitude de cambio de matricula para outra materia optativa.

· RECOÑECEMENTO

O alumnado que durante o verán de 2015 efectuou una estadía de prácticas grazas a Convenios de Cooperación Educativa entre a Universidade da Coruña-Entidade poderán solicitar o recoñecemento de dito período como prácticas curriculares equivalentes á materia"Prácticas".

Para elo deben cumprirse los siguientes requerimentos:
· Que o/a estudante teña efectuado a matrícula na materia "Prácticas".
· Que a estadía de prácticas teña sido igual ou superior a 150h.
· Que o/ a alumno/a teña unha valoración positiva das prácticas por parte do titor da entidade.
· Que o/a alumno/a entregue en tempo e forma o correspondente portafolio, cuxa orientación e valoración correrá a cargo da titora do centro.

En calquera caso será a Comisión correspondente quen determine se, finalmente, terá lugar o recoñemento de ditas prácticas extracurriculares como curriculares.


Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Portafolios do alumno
Descrición
· TITORÍA
Durante todo o período de prácticas o estudante contará con un titor da empresa, quen se encargará de velar polo seu aprendizaxe e orientar o estudnate no desenvolvemento das súas labores, resolvendo todas as súas dúbidas e/ou problemas.
Tamén contará cunha titora interna (da Facultade) coa que o estudante deberá reunirse para a xestión das súas prácticas e, posteriormente, se encargará do seguimento do estudante no seu destino de prácticas.
En función do posto desempregado e a entidade de destino concertaranse unhas titorías periódicas (presenciais e/ou virtuais) para que o estudante informe a titora da súa evolución na empresa.



Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A1 A2 A3 A6 A7 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C1 O titor da empresa levará a cabo unha memoria final na que valore as competencias adquiridas polo alumno durante as prácticas, puntuando cunha nota numérica (de 0 a 10) o grao de satisfacción das mesmas.

No caso de que o titor non indique unha nota numérica, a nota da simulación de prácticas fixarase a partir da valoración das competencias adquiridas.
70
Portafolios do alumno A4 A5 A8 A9 B3 B4 B6 B9 C2 C3 C4 Deberase entregar un portafolio final con toda a información sobre as prácticas desempregadas. Este instrumento permitirá ao titor interno coñecer o grao de profesionalización do coñecemento teórico acadado polo alumno durante o seu período de prácticas a través do aprendizaxe.

Este portafolio será valorado pola titora de prácticas da facultade, ata un total de 3 puntos.

A estrutura e orientación de dito traballo serán fixadas previamente nunha titoría coa titora de prácticas da Facultade, quen fará o seguimento do mesmo.
30
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia cómpre ter aprobadas ambas partes, portafolio e simulación, no caso contrario podería recuperarse a parte "portafolio" na convocatoria de xullo.

Para ser avaliados en convocatoria de xullo cómpre que o alumnado teña finalizado o perído de prácticas e entregado o portafolio na data oficial do exame. Se non fose así, constaríalle como non presentada a convocatoria de xuño deixando a cualificación para a convocatoria de xullo.

O abandono das prácticas sen causa xustificada, con independencia do número de horas efectuadas, suporá un suspenso na simulación e -por tanto- na materia.

No caso de que este abandono estea xustificado; corresponderá á Comisión valorar a situación coa documentación médica ou legal necesaria.

Asemade, tamén será causa de suspenso o rexeitamento de dous ou máis prazas de prácticas ás que previamente se teña anotado.

Ademais da súa estructura e contido, na avaliación do portafolio terase tamén en conta a súa presentación, redacción e corrección ortográfica.


Fontes de información
Bibliografía básica

Como cada estadía de prácticas ten o seu propio perfil, recoméndase ao alumno acudir á bibliografía das materias relacionadas coas labores profesionais que desenvolve.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase que o alumno teña cursado e superado todas ou case todas as materias da titulación, especialmente aquelas que teñan relación directa coa praza de prácticas e as labores asignadas a ésta.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías