Identifying Data 2021/22
Subject (*) Practicum Code 616G01045
Study programme
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Fourth Optional 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinador
Piñeiro Otero, Maria Teresa
E-mail
teresa.pineiro@udc.es
Lecturers
Piñeiro Otero, Maria Teresa
E-mail
teresa.pineiro@udc.es
Web
General description O desenvolvemento de prácticas en entidades externas supón unha oportunidade para que @s futur@s graduad@s en Comunicación Audiovisual entren en contacto coa realidade laboral e adquiran habilidades dirixidas ao ámbito profesional.

Co obxcetivo de dotar ao alumnado de Comunicación Audiovisual dunha formación práctica, complementaria á académica, que lle permita desenvolver as competencias adquiridas ao longo da súa formación universitaria, téñense incorporado ditas prácticas externas como materia optativa no Plano de Estudos.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións.

2. Metodoloxías docentes que se manteñen.
Todas. Neste senso, se o contexto o fixera preciso, poderían introducirse modificacións no plano formativo (derivados de cambios na modalidade ou suspensión temporal das prácticas) así como nas formas de titorización establecidas para adaptarse a situación concreta de cada estudante/entidade de prácticas.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Resolución de dúbidas a través do correo electrónico e do campus virtual; titorías personalizadas a través de Microsoft Teams e Moodle, previa concertación de día e hora por e-mail.

4. Modificacións na avaliación
De forma excepcional no caso de que o contexto sanitario leve á cancelación das prácticas, e non haxa posibilidade de reubicar ao/á estudante noutra entidade, poderían someterse a avaliación sempre que se teña superado o 50% das horas establecidas para a materia.
No caso de que a suspensión fose anterior ao desenvolvemento da metade da estadía de prácticas, proporíase un sistema de avaliación alternativo, de acordo coa normativa da Universidade, para superar a materia. Neste sistema proporíanse tarefas e actividades ao/a alumno/a en función do seus intereses de especialización tendo en conta o perfil das prácticas na entidade e a súa situación persoal.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A3 Xestionar proxetos audiovisuais.
A4 Investigar e analizala comunicación audiovisual.
A5 Coñecelas teorías e a historia da comunicación audiovisual.
A6 Coñecelo sector audiovisual: a oferta e as audiencias.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
A9 Coñecelos modelos de xestión.
A10 Coñecelo marco legal e deontolóxico.
A11 Coñecelas metodoloxías de investigación e análise.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que acheguen unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B6 Expresarse correctamente tanto de xeito oral como escrito en linguas oficiais da comunidade autónoma
B7
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Habilidade para o uso e control de ferramentas tecnolóxicas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais e multimedia nas súas diferentes fases. A1
A2
A3
A7
A8
B8
C3
Capacidade para deseñar, definir, completar proxectos audiovisuais e multimedia, así como para desenvolver problemas que poidan xurdir no desenvolvemento dos mesmo dun xeito eficaz. A1
A2
A3
A4
A5
A7
A8
A9
A10
A11
A12
B2
B3
B4
B6
B7
B8
B9
C2
C3
Habilidade para deseñar e xestionar estratexias de comunicación on e offline, tanto de xeito individual como en grupo, adaptándose ás diferentes plataformas e a súa linguaxe-forma. A1
A2
A3
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
B3
B6
C1
C4
Capacidade de traballo en equipo e de facer partícipes ao equipo de posibles ideas destinadas á mellora do proxecto común para obter uns resultados determinados. B2
B4
B6
B9
Mellora das habilidades de organización e temporalización das tarefas e procedimentos, que leven a unha xestión máis eficiente do proxecto e dos recursos asociados a éste de xeito que calquera variación respecto á planificación se efectúe dun xeito completo e integrado. A9
A11
B2
B3
B9

Contents
Topic Sub-topic
1. Desenvolvemento das competencias adquiridas nas diversas materias do grao.
Os coñecementos postos en práctica variarián en función da entidade ofertante, así como do área ao que esté adscrito o/ a estudante.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Student portfolio A4 A8 A9 B3 B4 B6 2 4 6
Supervised projects A1 A2 A3 A5 A6 A7 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 140 0 140
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Student portfolio Informe da actividade desenvolvida durante as prácticas preprofesionais. A súa estructura e orientación, en función da tarefa desenvolvida e a entidade de destino, serán tratadas nas xuntanzas periódicas co titor académico, pero axustaranse, en todo caso, ao modelo oficial de Memoria Final do/a Alumno/a da UDC.
Supervised projects A metodoloxía desenvolvida nas prácticas externas correrá a cargo da empresa, en función do Plano Formativo e das características e organización da mesma.

En calquera caso para o desenvolvemento desta metodoloxía terase en conta:

· REQUERIMENTOS
Estar matriculad@, ou en condicións de facelo, na materia de "Prácticas".

· EMPRESAS COLABORADORAS
Dende outubro de 2021 a febreiro de 2022 daranse a coñecer, polas vias establecidas pola Facultade, aquelas prazas de prácticas que ofertan as entidades colaboradoras. Ditas ofertas incorporarán toda aquela información que poida resultar de interese para o alumnado solicitante: entidade ofertante, perfil da oferta, período de execución, horario, tipo de xornada semanal, se existe algún tipo de remuneración, etc.

Cada empresa pode determinar as súas condicións para a oferta de prácticas, sendo preciso desenvolver un mínimo de 150 horas para superar a materia.

Como parte do programa de aprendizaxe e servizo da UDC as persoas interesadas poderán facer prácticas en entidades sen ánimo de lucro, coas que a Universidade ten convenio, desenvolvendo tarefas estreitamente vinculadas á comunicación audiovisual -no seu sentido máis amplo- e ás competencias profesionais do Grao. Ditas entidades, así como o perfil de prácticas que ofertan, daranse a coñecer na xuntanza inicial (11 de octubro ás 18:35h.), na que se explicará o funcionamento da materia Prácticas, e a través de Moodle.

Á marxe destas ofertas, o/a estudante pode solicitar o desenvolvemento de prácticas en entidades coas que a Universidade non ten establecido convenios. Neste caso, unha vez valorada a idoneidade da empresa proposta pola Comisión con competencias na materia, procederase á xestión do Convenio de Cooperación Educativa para que o estudante poda desenvolver unha estadía de prácticas en dita entidade.

· PROCESO DE SOLICITUDE E SELECCIÓN DE PRÁCTICAS.
Cada oferta de prácticas levará incorporada unha data límite de presentación de candidaturas.
Rematado o prazo, inciarase o proceso de selección segundo estipule cada oferta de prácticas.

· Selección pola Facultade.
Documentación da solicitude: copia simple do expediente académico, curriculum vitae é documentos acreditativos dos méritos alegados neste (diplomas de cursos, vida laboral, etc.) Sistema de selección: unha Comisión avaliará as candidaturas atendendo a criterios de excelencia académica.

· Selección pola entidade concreta.
Documentación da solicitude: copia simple do expediente académico e curriculum vitae.

· Sistema de selección: preselección da Facultade coa fin de comprobar o cumprimento dos requerimentos mínimos para as prácticas curriculares e selección por parte da entidade.
Neste caso, será a empresa quen estipule o sistema de selección (a través do curriculum vitae, entrevista persoal coas persoas candidatas, proba de selección, etc.), reservándose o dereito de convocar soamente ás candidaturas que se axusten ao perfil requerido.

Con independencia do sistema de selección, darase preferencia ao alumnado que non teña efectuado outras prácticas xestionadas por la Universidade, salvo que éstas no tiveran a duración precisa para o recoñecemento da materia.

· ADXUDICACIÓN DE PRÁCTICAS.
Unha vez rematado o proceso de selección, comunicarase a persoa candidata a súa condición de beneficiaria de ditas prácticas, sendo excluída automáticamente doutros procesos de selección en marcha.

Despois de comunicar a adxudicación, procederase á xestión de toda a documentación precisa para as prácticas. Asemade, aqueles estudantes que non teñan desenvolvida a matrícula na materia deberán formalizala e presentar un documento xustificativo antes do comezo das prácticas.

As prazas que queden desertas voltarán a ser ofertadas entre o alumnado matriculado e adxudicadas en función das súas preferencias.

O alumnado matriculado que non chegue a ser beneficiario dunha estadía de prácticas, terá ata febreiro de 2022 para efectuar unha solicitude de cambio de matricula para outra materia optativa.

· RECOÑECEMENTO

O alumnado que durante o verán de 2021 ou anteriores efectuou una estadía de prácticas grazas a Convenios de Cooperación Educativa entre a Universidade da Coruña (a nome da Facultade de Ciencias da Comunicación) e unha entidade colaboradora poderá solicitar o recoñecemento de dito período como prácticas curriculares equivalentes á materia "Prácticas".

Para elo deben cumprirse os siguientes requerimentos:
· Que teña efectuado a matrícula na materia "Prácticas".
· Que a estadía de prácticas teña sido igual ou superior a 150 horas.
· Que teña unha valoración positiva das prácticas por parte do titor/a da entidade.
· Que entregue en tempo e forma a correspondente memoria, cuxa orientación e valoración correrá a cargo da titora académica.

En calquera caso, será a Comisión correspondente quen determine se, finalmente, terá lugar o recoñemento de ditas prácticas extracurriculares como curriculares.


Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Student portfolio
Description
· TITORÍA

Durante todo o período de prácticas o/a estudante contará cun titor/a da empresa, quen se encargará de velar pola súa aprendizaxe e orientalo/a no desenvolvemento das súas labores, resolvendo todas as súas dúbidas e/ou problemas.

Tamén contará cunha titora interna (da Facultade), coa que o/a estudante deberá reunirse para a xestión das súas prácticas e, posteriormente, se encargará do seguimento do/a estudante no seu destino de prácticas.

En función do posto desempregado e a entidade de destino, concertaranse unhas titorías periódicas (presenciais e/ou virtuais) para que o/a estudante informe á titora da súa evolución na empresa.



Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A1 A2 A3 A5 A6 A7 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 O/a titor/a da empresa elaborará un informe final, no modelo oficial da UDC, a fin de valorar as competencias adquiridas polo/a alumno/a durante as prácticas, segundo a escala numérica e ítems incluídos no sinalado formulario.

A nota da simulación de prácticas fixarase a partir desa valoración das competencias adquiridas, ata un total de 8 puntos.
80
Student portfolio A4 A8 A9 B3 B4 B6 Deberase entregar unha memoria final do/a alumno/a con toda a información sobre as prácticas desenvolvidas, os coñecementos e competencias adquiridos en relación coa titulación, así como unha reflexión crítica sobre a súa aprendizaxe durante o período de prácticas preprofesionais.

Nesta memoria tamén se incluirá un resumo-valoración das actividades-eventos que ao longo do curso sexan convocados como parte da materia.

Esta memoria será avaliada pola titora de prácticas da Facultade ata un total de 2 puntos. Ademais da súa estrutura e contido, na avaliación da memoria-portafolio terase en conta a presentación, redacción e corrección ortografía.

20
 
Assessment comments

Para aprobar a materia cómpre ter aprobadas ambas as partes: memoria e "Traballos tutelados". No caso contrario só se podería recuperar a parte do "Portafolios" na segunda convocatoria (entrega antes do 28 de setembro). 

Para a avaliación na primeira oportunidade cómpre que o alumnado finalice o período de prácticas e entregue a memoria antes do 5 de xullo. De non ser así pasaría a avaliarse na segunda oportunidade

Debido ás características desta materia non se establecen sistemas de avaliación alternativos para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia se ben, sempre de acordo coa entidade de prácticas, podería terse en conta esta particularidade na elaboración do Plano Formativo.

O abandono das prácticas sen causa xustificada, con independencia do número de horas efectuadas, suporá un suspenso nos "Traballos tutleados" e -por tanto- na materia.

No caso de que este abandono estea xustificado, corresponderá á Comisión valorar a situación coa documentación pertinente aportada polo/a alumno/a e as persoas encargadas da súa titorización (entidade-facultade). 

Calquera memoria que conte cun fragmento superior a unha frase copiado será anulada, co consecuente suspenso na materia.


Sources of information
Basic

Como cada estadía de prácticas ten o seu propio perfil, recoméndase ao/á alumno/a acudir á bibliografía das materias relacionadas coas labores profesionais que desenvolve.

En calquera caso, calquera cuestión nesta liña será solventada nas titorías periódicas.

Respecto á información concreta da materia Prácticas, empregarase Moodle como canle de interacción entre o estudantado e a profesora responsable da materia.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Recoméndase que o/a alumno/a teña cursado e superado todas ou case todas as materias da titulación, especialmente aquelas que teñan relación directa coa praza de prácticas e as labores asignadas a esta.

En calquera caso, toda cuestión nesta liña será solventada nas titorías periódicas.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.