Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Prácticas Código 616G01045
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Rodríguez Fernández, Nereida
Correo electrónico
nereida.rodriguezf@udc.es
Profesorado
Piñeiro Otero, Maria Teresa
Rodríguez Fernández, Nereida
Correo electrónico
teresa.pineiro@udc.es
nereida.rodriguezf@udc.es
Web
Descrición xeral O desenvolvemento de prácticas en entidades externas supón unha oportunidade para que os/as futuros/as graduados/as en Comunicación Audiovisual entren en contacto coa realidade laboral e adquiran habilidades dirixidas ao ámbito profesional.

Co obxcetivo de dotar ao alumnado de Comunicación Audiovisual dunha formación práctica, complementaria á académica, que lle permita desenvolver as competencias adquiridas ao longo da súa formación universitaria, téñense incorporado ditas prácticas externas como materia optativa no Plano de Estudos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
B6 Expresarse correctamente tanto de xeito oral como escrito en linguas oficiais da comunidade autónoma
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aplicación profesional en empresas dos coñecementos adquiridos no grao segundo o tipo de actividade audiovisual ao que se opte. A1
B6
B8
B9
C1
C2
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Prácticas profesionais que se ofertarán de forma optativa. Os coñecementos postos en práctica variarián en función da entidade ofertante, así como do área ao que esté adscrito o/ a estudante.
No caso de que o/a estudante escolla cursar unha das mencións do grao, e complementar os créditos das materias asociadas a dita mención cos créditos da materia de prácticas, o Plano Formativo destas deberá estar aliñado coas competencias adquiridas na mención escollida.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Portafolios do alumno A4 A8 A9 B3 B4 B6 2 4 6
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A6 A7 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B8 B9 C1 C2 C3 C4 140 0 140
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno Informe da actividade desenvolvida durante as prácticas preprofesionais. A súa estructura e orientación, en función do posto desempregado e as tarefas desenvolvidas na entidade de destino, serán tratadas nas xuntanzas periódicas co/a titor/a académico/a, e según modelo de referencia publicado no Campus Virtual.
Traballos tutelados A metodoloxía desenvolvida nas prácticas externas correrá a cargo da empresa, en función do Plano Formativo e das características e organización da mesma. En todo caso, este Plano Formativo e o desenvolvemento completo da estadía de prácticas rexirase polo regulamento das prácticas externas das titulacións de grao da Facultade de Ciencias da Comunicación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Portafolios do alumno
Descrición
· TITORÍA

Durante todo o período de prácticas o/a estudante contará cun/cunha titor/a da empresa, quen se encargará de velar pola súa aprendizaxe e orientalo/a no desenvolvemento das súas labores, resolvendo todas as súas dúbidas e/ou problemas.

Tamén contará cun/cunha titor/a interno/a (do centro), co/a que o/a estudante deberá reunirse para a xestión das súas prácticas e, posteriormente, se encargará do seguimento do/a estudante no seu destino de prácticas.

En función do posto desempregado e a entidade de destino, concertaranse unhas titorías periódicas (presenciais e/ou virtuais) para que o/a estudante informe ao/á titor/a da súa evolución na empresa.



Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A6 A7 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B8 B9 C1 C2 C3 C4 O/a titor/a profesional da empresa elaborará un informe final, a fin de valorar as competencias adquiridas polo/a alumno/a durante as prácticas, segundo a escala numérica de ítems incluídos no modelo que se lle facilitará.

A nota da estadía de prácticas fixarase a partir desa valoración das competencias adquiridas, ata un total de 8 puntos.
80
Portafolios do alumno A4 A8 A9 B3 B4 B6 Deberase entregar unha memoria final do/a alumno/a con toda a información sobre as prácticas desenvolvidas, os coñecementos e competencias adquiridos en relación coa titulación, así como unha reflexión crítica sobre a súa aprendizaxe durante o período de prácticas preprofesionais. Este documento seguirá o modelo establecido e publicado no Campus Virtual -extensión mínima, estrutura...- coas adaptacións precisas para cada caso concreto.

Nesta memoria tamén se incluirá un resumo-valoración das actividades-eventos que ao longo do curso sexan convocados como parte da materia (por exemplo accións de formación e orientación laboral).

Esta memoria será avaliada polo/a titor/a académico/a ata un total de 2 puntos. Ademais da súa estrutura, contido e extensión, na avaliación da memoria-portafolio terase en conta a presentación, redacción e corrección ortográfica.
20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia cómpre ter aprobadas ambas as partes: "Portafolio do alumno" e "Traballos tutelados". No caso contrario só se podería recuperar a parte do "Portafolios" na segunda oportunidade (entrega na data oficial de exame en setembro). 

Para a avaliación na primeira oportunidade cómpre que o alumnado finalice o período de prácticas e entregue a memoria ata a data oficial de exame (esta incluída). De non ser así pasaría a avaliarse na segunda oportunidade

Debido ás características desta materia non se establecen sistemas de avaliación alternativos para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia se ben, sempre de acordo coa entidade de prácticas, podería terse en conta ditas particularidades na elaboración do Plano Formativo.

O abandono das prácticas sen causa xustificada, con independencia do número de horas efectuadas, suporá un suspenso cunha calificación numérica de "0" nos "Traballos tutelados" e -por tanto- na materia.

No caso de que este abandono estea xustificado, corresponderá á Comisión Académica valorar a situación coa documentación pertinente aportada polo/a alumno/a e as persoas encargadas da súa titorización (entidade-facultade). 

A elaboración da memoria-portafolio esixe ao estudante a reflexión crítica respecto da súa experiencia durante a estadía de prácticas, relacionándoa coa súa formación académica. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso
na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Mencións. No caso de que o/a estudante opte por cursar unha das mencións de grao, e complementar os créditos das asignaturas asociadas a dita mención cos créditos da materia Prácticas, o proxecto formativo das prácticas deberá estar aliñado coas competencias adquiridas na mención elexida. 


Fontes de información
Bibliografía básica

Como cada estadía de prácticas ten o seu propio perfil, recoméndase ao/á alumno/a acudir á bibliografía das materias relacionadas coas labores profesionais que desenvolve.

En calquera caso, as cuestións que poidan xurdir nesta liña serán solventadas nas titorías periódicas.

Respecto á información concreta da materia Prácticas, empregarase o Campus Virtual como canle de información e Teams como canle de interacción entre o estudantado e a profesora responsable da materia.

O desenvolvemento completo das prácticas rexirase polo regulamento das prácticas externas das titulacións de grao da Facultade de Ciencias da Comunicación, dispoñible no seguinte enlace: https://comunicacion.udc.es/sites/default/files/reglamento_practicas_anexos.pdf

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase que o/a alumno/a teña cursado e superado a maioría das materias da titulación, especialmente aquelas que teñan relación directa coa praza de prácticas e as labores asignadas a esta.

En calquera caso, toda cuestión nesta liña será solventada nas titorías periódicas.

A entrega dos traballos documentais que se desenvolvan nesta materia:

- Realizarase a través do Campus Virtual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

- En caso de ser necesario realizalos en papel:

  • Non se empregarán plásticos
  • Realizaranse impresións a dobre cara.
  • Empregarase papel reciclado.
  • Evitarase a impresión de borradores.

Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

En relación á perspectiva de xénero, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías