Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Prácticas Código 616G01045
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Puentes Rivera, Iván
Correo electrónico
i.puentes@udc.es
Profesorado
Puentes Rivera, Iván
Correo electrónico
i.puentes@udc.es
Web
Descrición xeral O desenvolvemento de prácticas en entidades externas supón unha oportunidade para que @s futur@s graduad@s en Comunicación Audiovisual entren en contacto coa realidade laboral e adquiran habilidades dirixidas ao ámbito profesional.

Co obxcetivo de dotar ao alumnado de Comunicación Audiovisual dunha formación práctica, complementaria á académica, que lle permita desenvolver as competencias adquiridas ao longo da súa formación universitaria, téñense incorporado ditas prácticas externas como materia optativa no Plano de Estudos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai modificcaións.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Resolución de dúbidas a través do correo electrónico e titorías personalizadas a través de Microsoft Teams e Moodle, previa concertación de día e hora por e-mail.

4. Modificacións na avaliación
Non hai modificcaións.

*Observacións de avaliación:
Non hai modificcaións.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificcaións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A3 Xestionar proxetos audiovisuais.
A4 Investigar e analizala comunicación audiovisual.
A5 Coñecelas teorías e a historia da comunicación audiovisual.
A6 Coñecelo sector audiovisual: a oferta e as audiencias.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
A9 Coñecelos modelos de xestión.
A10 Coñecelo marco legal e deontolóxico.
A11 Coñecelas metodoloxías de investigación e análise.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que acheguen unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B6 Expresarse correctamente tanto de xeito oral como escrito en linguas oficiais da comunidade autónoma
B7
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Habilidade para o uso e control de ferramentas tecnolóxicas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais e multimedia nas súas diferentes fases. A1
A2
A3
A7
A8
B8
C3
Capacidade para deseñar, definir, completar proxectos audiovisuais e multimedia, así como para desenvolver problemas que poidan xurdir no desenvolvemento dos mesmo dun xeito eficaz. A1
A2
A3
A4
A5
A7
A8
A9
A10
A11
A12
B2
B3
B4
B6
B7
B8
B9
C2
C3
Habilidade para deseñar e xestionar estratexias de comunicación on e offline, tanto de xeito individual como en grupo, adaptándose ás diferentes plataformas e a súa linguaxe-forma. A1
A2
A3
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
B3
B6
C1
C4
Capacidade de traballo en equipo e de facer partícipes ao equipo de posibles ideas destinadas á mellora do proxecto común para obter uns resultados determinados. B2
B4
B6
B9
Mellora das habilidades de organización e temporalización das tarefas e procedimentos, que leven a unha xestión máis eficiente do proxecto e dos recursos asociados a éste de xeito que calquera variación respecto á planificación se efectúe dun xeito completo e integrado. A9
A11
B2
B3
B9

Contidos
Temas Subtemas
1. Desenvolvemento das competencias adquiridas nas diversas materias do grao.
Os coñecementos postos en práctica variarián en función da entidade ofertante, así como do área ao que esté adscrito o/ a estudante.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Portafolios do alumno A4 A8 A9 B3 B4 B6 5 0 5
Simulación A1 A2 A3 A5 A6 A7 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 140 0 140
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno Informe da actividade desenvolvida durante as prácticas preprofesionais. A súa estructura e orientación, en función da tarefa desenvolvida e a entidade de destino, serán tratadas nas xuntanzas periódicas co titor académico, pero axustaranse, en todo caso, ao modelo oficial de Memoria Final do Alumno/a da UDC.
Simulación · REQUERIMENTOS
Estar matriculad@, ou en condicións de facelo, na materia de "Prácticas".

· EMPRESAS COLABORADORAS
Dende setembro de 2020 a febreiro de 2021 daranse a coñecer, polas vias establecidas pola Facultade, aquelas prazas de prácticas que ofertan as entidades colaboradoras. Ditas ofertas incorporarán toda aquela información que poida resultar de interese para o alumnado solicitante: entidade ofertante, perfil da oferta, período de execución, horario, tipo de xornada semanal, se existe algún tipo de remuneración, etc.

Cada empresa pode determinar as súas condicións para a oferta de prácticas, sendo preciso desenvolver un mínimo de 150 horas para superar a materia.

Como parte do programa de aprendizaxe e servizo da UDC as persoas interesadas poderán facer prácticas en entidades sen ánimo de lucro, coas que a Universidade ten convenio, desenvolvendo tarefas estreitamente vinculadas á comunicación audiovisual -no seu sentido máis amplo- e ás competencias profesionais do Grao. Ditas entidades así como o perfil de prácticas que ofertan daranse a coñecer na xuntanza inicial, na que se explicará o funcionamento da materia Prácticas, e a través de Moodle.

Á marxe destas ofertas, o estudante pode solicitar o desenvolvemento de prácticas en entidades coas que a Universidade non ten establecido convenios. Neste caso, unha vez valorada a idoneidade da empresa proposta pola Comisión con competencias na materia, procederase á xestión do Convenio de Cooperación Educativa para que o estudante poda desenvolver unha estadía de prácticas en dita entidade.

· PROCESO DE SOLICITUDE E SELECCIÓN DE PRÁCTICAS.
Cada oferta de prácticas levará incorporada unha data límite de presentación de candidaturas.
Rematado o prazo, inciarase o proceso de selección segundo estipule cada oferta de prácticas.

· Selección pola Facultade.
Documentación da solicitude: copia simple do expediente académico, curriculum vitae é documentos acreditativos dos méritos alegados neste (diplomas de cursos, vida laboral, etc.) Sistema de selección: unha Comisión avaliará as candidaturas atendendo a criterios de excelencia académica.

· Selección pola entidade concreta.
Documentación da solicitude: copia simple do expediente académico e curriculum vitae.

· Sistema de selección: preselección da Facultade coa fin de comprobar o cumprimetno dos requerimentos mínimos para as prácticas curriculares e selección por parte da entidade.
Neste caso, será a empresa quen estipule o sistema de selección (a través do curriculum vitae, entrevista persoal cos candidatos, proba de selección, etc.), reservándose o dereito de convocar soamente a aqueles candidatos que se axusten ao perfil requerido.

Con independencia do sistema de selección, darase preferencia ao alumnado que non teña efectuado outras prácticas xestionadas por la Universidade, salvo que éstas no tiveran a duración precisa para o recoñecemento da materia.

· ADXUDICACIÓN DE PRÁCTICAS.
Unha vez rematado o proceso de selección, comunicarase ao candidato/a a súa condición de beneficiario de ditas prácticas, sendo excluído automáticamente doutros procesos de selección en marcha.

Despois de comunicar a adxudicación, procederase á xestión de toda a documentación precisa para as prácticas. Asemade, aqueles estudantes que non estean matriculados na materia deberán formalizala e presentar un documento xustificativo antes do comezo das prácticas.

As prazas que queden desertas voltarán a ser ofertadas entre o alumnado matriculado e adxudicadas en función das súas preferencias.

@s alumn@s matriculad@s que non cheguen a ser beneficiarios dunha estadía de prácticas, terán ata febreiro de 2021 para efectuar unha solicitude de cambio de matricula para outra materia optativa.

· RECOÑECEMENTO

O alumnado que durante o verán de 2020 ou anteriores efectuou una estadía de prácticas grazas a Convenios de Cooperación Educativa entre a Universidade da Coruña (a nome da Facultade de Ciencias da Comunicación) e unha entidade colaboradora poderá solicitar o recoñecemento de dito período como prácticas curriculares equivalentes á materia "Prácticas".

Para elo deben cumprirse os siguientes requerimentos:
· Que o/a estudante teña efectuado a matrícula na materia "Prácticas".
· Que a estadía de prácticas teña sido igual ou superior a 150 horas.
· Que o/a alumno/a teña unha valoración positiva das prácticas por parte do titor/a da entidade.
· Que o/a alumno/a entregue en tempo e forma a correspondente memoria do alumno/a, cuxa orientación e valoración correrá a cargo do titor académico.

En calquera caso, será a Comisión correspondente quen determine se, finalmente, terá lugar o recoñemento de ditas prácticas extracurriculares como curriculares.


Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Portafolios do alumno
Descrición
· TITORÍA

Durante todo o período de prácticas o/a estudante contará cun titor/a da empresa, quen se encargará de velar pola súa aprendizaxe e orientalo/a no desenvolvemento das súas labores, resolvendo todas as súas dúbidas e/ou problemas.

Tamén contará cun titor interna (da Facultade), co que o/a estudante deberá reunirse para a xestión das súas prácticas e, posteriormente, se encargará do seguimento do/a estudante no seu destino de prácticas.

En función do posto desempregado e a entidade de destino, concertaranse unhas titorías periódicas (presenciais e/ou virtuais) para que o/a estudante informe ao titor da súa evolución na empresa.



Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A1 A2 A3 A5 A6 A7 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 O titor/a da empresa elaborará un informe final, no modelo oficial da UDC, a fin de valorar as competencias adquiridas polo alumno/a durante as prácticas, segundo a escala numérica e ítems incluídos no sinalado formulario.

A nota da simulación de prácticas fixarase a partir desa valoración das competencias adquiridas, ata un total de 8 puntos.
80
Portafolios do alumno A4 A8 A9 B3 B4 B6 Deberase entregar, no modelo oficial da UDC, unha memoria final do alumno/a con toda a información sobre as prácticas desenvolvidas. Este instrumento permitirá ao titor académico coñecer o grao de profesionalización do coñecemento teórico acadado polo alumno/a durante o seu período de prácticas a través da aprendizaxe.

Esta memoria será valorada polo titor de prácticas da Facultade, ata un total de 2 puntos.
20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia fai falta ter aprobadas ambas as partes, memoria do alumno/a e simulación, no caso contrario podería recuperarse a parte "memoria" na convocatoria extraordinaria de setembro.

Para ser avaliado na convocatoria de xuño fai falta que o alumnado finalice o período de prácticas e entregue a memoria na data oficial do exame. Se non fora así, constaríalle como non presentado na convocatoria de xuño, deixando a cualificación para a convocatoria de setembro.

O abandono das prácticas sen causa xustificada, con independencia do número de horas efectuadas, suporá un suspenso na simulación e -por tanto- na materia.

No caso de que este abandono estea xustificado, corresponderá á Comisión valorar a situación coa documentación médica ou legal necesaria.

Ademais da súa estrutura e contido, axustado ao modelo oficial da UDC, na avaliación da memoria terase tamén en conta a súa presentación, redacción e corrección ortográfica.

Calquera memoria que conte cun fragmento superior a unha frase copiado será anulada, co consecuente suspenso na materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Como cada estadía de prácticas ten o seu propio perfil, recoméndase ao alumno/a acudir á bibliografía das materias relacionadas coas labores profesionais que desenvolve.

En calquera caso, calquera cuestión nesta liña será solventada nas titorías periódicas.

Respecto á información concreta da materia Prácticas, empregarase Moodle como canle de interacción entre o estudantado e o profesor responsable da materia.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase que o alumno/a teña cursado e superado todas ou case todas as materias da titulación, especialmente aquelas que teñan relación directa coa praza de prácticas e as labores asignadas a esta.

En calquera caso, toda cuestión nesta liña será solventada nas titorías periódicas.

Green Campus

1. En relación coa entrega das memorias finais do alumnado e informes dos titores/as profesionais: 

  • Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. 
  • A entrega realizarase  a  través  de  Moodle,  en  formato  dixital  sen  necesidade  de imprimilos.
  • De se realizar en papel: 
    • Non se empregarán plásticos. 
    • Realizaranse impresións a dobre cara. 
    • Empregarase papel reciclado. 
    • Evitarase a impresión de borradores. 

2. Débese  facer  un  uso  sostible  dos  recursos  e  a  prevención  de  impactos  negativos sobre o medio natural. 

3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 

4. Segundo  se  recolle  nas  distintas  normativas  de  aplicación  para  a  docencia  universitaria  deberase  incorporar  a  perspectiva  de  xénero  nesta  materia  (usarase  linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 

5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 

7. Facilitarase  a  plena  integración  do  alumnado  que  por  razón  físicas,  sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías