Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Actividades no Medio Natural Código 620112501
Titulación
Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 2º cuadrimestre
Quinto Troncal 4
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral A asignatura Actividade Física no Medio Natural, pertencente ao módulo 5 “Ensino da Educación Física” do título de Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, introduce ao estudante ao coñecemento daquelas actividades que, con carácter educativo, recreativo, deportivo ou turístico, teñen lugar en espazos abertos o aire libre ou escasamente modificados pola man do ser humano.
As actividades na natureza representan desde a orixe da educación física un recurso relevante como instrumento para o desenvolvemento integral das nenas e nenos, como así se pode observar no propio Manifesto da Educación Física en 1970, cando fai referencia ao concepto xeral da Educación Fisica como “parte da educación que utiliza de unha maneira sistematica as actividades físicas e a influencia dos axentes naturais: aire, sol, auga, etc., como medios específicos”. Acomodada esta conceptualización a unha contexto deteminado, revísase a súa visión no manifestó do ano 2000, no que a Educación Física conéctase co resto de elementos e cuestións universáis, como o medio ambiente e a súa problemática, intríncandose para establecer unha íntima relación que chega ata os nosos días. Así póis, o séu capítulo XIX versa integramente sobre a Educación Física e as responsabilidades ante o medio ambiente. Así pois a Educación Física benefíciase dos ambientes naturais, e ao mesmo tempo a través de esta o considera e trata de melloralo, como movemento coherente coa Axenda 21.
Deste xeito, hoxe en día estas prácticas forman parte do curriculum da Educación Física como asignatura, contribuíndo ademáis ao aprecio pola natureza e ao desenvolvemento dunha conciencia ecolóxica.
Por outra banda, tamén se aprecia un incremento das prácticas deportivas no medio natural no ámbito recreativo, deportivo e turístico desde fináis do século XX; corrente que se mantén na actualidade, reflexada nas abundantes referencias científicas, de divulgación, regulacións, plans de formación, etc, ao que a formación de una graduada ou grado en ciencias da actividade física e o deporte non pode ser allea.
Así pois, as prácticas deportivas no medio natural, polo seu vínculo coa actividade física representan un área de desenvolvemento profesional importante no que desenvolver a súa labor as graduadas e graduados en ciencias da actividade física e o deporte.
Fruto de todo isto, o título de Grao recolle, a través das competencias A16, A17 e A21, o deseño, planificación, programación e realización de actividades físicas e deportivas nos medios naturais, que se convirten de este xeito na referencia principal para o desenvolvemento desta guía docente.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Deseñar, desenvolver e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe relativos á actividade física e do deporte con atención ás características individuais e contextuais das persoas.
A2 Promover e avaliar a formación de hábitos perdurables e autónomos de práctica da actividade física e do deporte entre a poboación escolar.
A4 Aplicar os principios fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais, durante a dirección do adestramento deportivo.
A7 Identificar os riscos que se derivan para a saúde, da práctica de actividades físicas inadecuadas, entre a poboación que realiza práctica física orientada á saúde.
A8 Planificar, desenvolver e avaliar a realización de actividades físico-deportivas recreativas.
A13 Identificar os riscos que se derivan para a saúde dos escolares, da práctica de actividades físicas inadecuadas.
A14 Planificar, desenvolver e avaliar a realización de programas de deporte escolar.
A15 Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo, adecuado para cada tipo de actividade na educación física.
B9 Desenvolver hábitos de excelencia e calidade no exercicio profesional.
B10 Actuar dentro dos principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender os procesos históricos do desenvolvemento e significación das actividades físico-deportivas no medio natural nas sociedades occidentáis, e a súa influencia na sociedade contemporánea, estudiando o caso de España e Galicia. A1
Comprender os beneficios das prácticas deportivas no medio natural como experiencia educatíva, deportiva, de lecer e turística para ser capaz de incluir os mesmos no desenvolvemento da práctica de lecer, considerando o xénero, a idade e a discapacidade. A2
A4
Comprender a íntima relación establecida entre as prácticas físico-deportivas e os espacios naturáis nos que se realizan, así como a que se establece de modo xeral entre o deporte é o medioambiente, como estimación da necesaria sostenibilidade neste ámbito concreto da actividade humán, e antesala da conciencia ecolóxica para a preservación global do planeta A1
C4
C8
Identificar e comprender os requisitos psicomotores e sociomotores das habilidades deportivas das actividades no medio natural, ejecutando básicamente as habilidades especificas de permanencia e progresión das actividades fundamentais no medio natural, e das habilidades deportivas deportivas en diversos entornos naturáis (terrestres, acuáticos e aéreos) A8
A13
A14
A15
C1
Saber seleccionar e utilizar o material e equipamento deportivo adecuado para cada tipo de actividade físico-deportiva desenvolta no medio natural, en calquera que sexa o seu ámbito de aplicación (educativo, deportivo, recreativo) A15
Identificar os riscos para a saúde que se derivan da practica inadecuada das actividades físico-deportivo no medio natural en calquer colectivo, e aplicar técnicas e protocolos que lle permitan asistir como primero interviniente en caso de accidente ou situación de emergencia, aplicando, de ser necesario, os primeiros auxilios, no desenvolvemento das prácticas no medio natural A7
A13
Identificar os posibles impactos derivados da práctica de actividades físico-deportivas no medio natural, así como as medidas de preservación e minimización da repercusión negativa nos espacios empregados para o desenvolvemento das prácticas deportivas A8
Posuir o conxunto de habilidades ou competencias docentes que faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe nos diferentes entornos nos que teñen lugar as actividades físico-deportivas no medio natural A8
A14
Elaborar propostas curriculares sobre as actividades físico-deportivas no medio natural para as distintas etapas no marco institucional dun centro educativo, desenvolvendo os elementos da programación didáctica da área de Educación Física, con arranxo á lexislación vixente e ó proxecto educativo de centro. A2
A8
Deseñar, programar e desenvolver actividades físico-deportivas nos entornos naturais, nos ámbitos recreativo e turísticocon arranxo á lexislación vixente A1
A8
A14
Reflexionar sobre a súa práctica profesional no ámbito das actividades no medio natural, analizando o seu rol como responsable, dinamizador e formador neste ámbito, e atendendo ás peculiaridades psico-sociales e ambientales nas que tenen lugar B9
B10
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 0. Presentación do programa 0.1.. A asignatura Actividade Física no Medio Natural na Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e o Deporte
Tema 1. Introducción ás Actividades Físicas no Medio Natural (AFMN) 1.1. Evolución e desenvolvemento das prácticas físico-deportivas no medio natural.

1.2. As actividades físico-deportivas no medio natural: ¿a qué facemos referencia?: Contextualización e conceptualización.

1..3. ¿Por que as actividades en el medio natural teñen que estar presentes no sistema educativo en na oferta de actividades deportivas nos ámbitos do ocio e o turismo?: Motivos para a práctica, e xustificación do seu desenvolvemento.

1.4. As AMN no contexto educativo: Marco normativo e curricular.

1.5. As AMN no contexto recreativo e turistico: Marco normativo e de xestión

1.6. Aproximación taxonómica e estructura xeral das AMN

Tema 2. Actividades de aire libre e fundamentáis no medio natural 2.1. Permanencia nos entornos naturáis: equipamiento, satisfacción das necesidades básicas para a permanencia na natureza e pernocta.

2.2. Moverse na natureza, técnicas de progresión e conducción de grupos por sendeiros e itinerarios de baixa e media montaña

2.3. Orientación no medio natural: Balizas, cartografía, busolas e GPS, e o seu uso no recorrido dun itinerario pola natureza
Tema 3. Entornos naturais: Coñecemento, interpretación, uso e impacto en relación as AFMN 3.1. O Medio natural: Elementos, interpretación da paisaxe e interpretación do medio ambente

3.2. O clima e a meteoroloxía e a súa influenza sobor das AFMN

3.3. As AFMN sostibles: a convivencia das prácticas no medio natural e a educación ambiental.
Tema 4. Seguridade nas AFMN: pautas de prevención e actuación 4.1. Seguridade e risco nas AFMN: Elementos e variables que inciden no desenrolo das AFMN

4.2. Xestión do risco nas AFMN: Axpectos normativos e procedimentáis

4.3. Protocolos e medidas de actuación ante accidentes no medio natural
Tema 5. Programación en desenvolvemento das AFMN no ámbito educativo, recreativo e turístico 5.1. Programación e desenvolvemento das AFMN no entorno escolar

5.2. Programación e desenvolvemento de actividades campamentáis e de aire libre para a xuventude.

5.3. Programación e desenvolvemento das AFMN no marco do Turismo Activo
Tema 6. Prácticas deportivo-recreativas no medio natural 6.1. Plantexamentos dinamizadores de grupo no medio natural: Outdoor training e a pedagoxía da aventura

6.2. Practicas deportivas de progresión fundamentalmente no medio terrestre.

6.3. Prácticas deportivas de progresión fundamentalmente no medio acuático.

6.4. Prácticas deportivas de progresión fundamentalmente no medio aéreo.

6.5. Prácticas deportivas multiaventura.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A8 A13 A14 A15 B9 B10 C1 C4 C6 C8 0 10 10
Proba mixta A2 A4 A7 1 10 11
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A4 A7 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
70
Traballos tutelados A1 A8 A13 A14 A15 B9 B10 C1 C4 C6 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
30
 
Observacións avaliación

- Enténdese por asistencia ás actividades de saídas de campo, práctica de actividade física e sesión maxistral a presenza na aulta e o desenvolvemento en prazo e forma das tarefas que se prantexen en relación ós contidos relacionados coas sesións.

- Para a superación da asignatura será preciso ter aprobados cada un dos apartados da asignatura.


Fontes de información
Bibliografía básica Winter, S. (2000). Escalada deportiva con niños y adolescentes. Madrid: Desnivel. (). .
Vaquette, P. (1996). Juegos para descubrir la naturaleza. Guía para observarla, explorarla y compren (). .
Shubert, P. (1996). Seguridad y riesgo. Análisis y prevención de accidentes de escalada. Madrid: Des (). .
Puch, C. (2002). GPS. Aplicaciones prácticas. Madrid: Desnivel. (). .
Puch, C. (2000). Manual práctico de GPS. Introducción al sistema global de posición. Madrid: Desnive (). .
Murcia, M. (1996). Prevención, seguridad y autorrescate. Madrid: Desnivel. (). .
Mugarra, A. (2000). Sin dejar huella. Madrid: Desnivel. (). .
Meyer, K. (1999). Cómo cagar en el monte. Madrid: Desnivel. (). .
Melendo, J. A. et al. (2002). Manual de técnicas de montaña e interpretación de la naturaleza. Barc (). .
López, P. (2000). La educación ambiental en las actividades físico-deportivas y recreativo-turística (). .
Long, J. (1996). Anclajes en escalada. Madrid: Desnivel. (). .
Graydon, D. & Hanson, K. (1998). Montañismo. La libertad en las cimas. Madrid: Desnivel. (). .
García, E. (2001). Carreras de orientación. El deporte del siglo XXI. Madrid: Desnivel (). .
García, E. (2000). Orientación. Desde el mapa y la brújula hasta el GPS y las carreras de orientació (). .
Corbellini, G. (1998). Manual de orientación. El mapa, la brújula, el cielo, el GPS. Madrid: Tutor. (). .
Colorado, J. (2001). Montañismo y Trekking. Manual completo. Madrid: Desnivel (). .
Bharat, J. (1982). Vivir la naturaleza con los niños. Barcelona: Ediciones 29. (). .
Aparicio, M. (1997). Aire libre: un medio educativo. Pedagogía, Técnicas y Experiencias. Madrid: Edi (). .
Villalvilla, H. et al. (2001). Deporte y naturaleza. El impacto de las actividades deportivas y de o (). .
Turini, H. (2002). Deporte y naturaleza: la experiencia sensible, (3-14) en Rebollo et al. (Eds.). N (). .
Santos, M. L. & Martínez, L. F. (2002). La Educación Física y las actividades en el medio n (). .
Sánchez Martín, R (1996): "Los usos sociales del riesgo: el deporte de aventura como config (). .
Ortega, N. (2001). Paisaje y Excursiones. Francisco Giner, la Institución Libre de Enseñanza y la Si (). .
Gutiérrez Sanmartín, M. y González de Martos, M. (1995) Deportes de riesgo y aventura: una perspecti (). .
García Ferrando, M. (2006). Posmodernidad y deporte: Entre la individualización y la masificación. E (). .
Diem, C. (1966). Historia de los Deportes. Barcelona: Luís de Caralt (). .
Cruz, J. (2001). El Yunque Azul. Frente de Juventudes y Sistema Educativo. Razones de un Fracaso. Ma (). .
Cornejo, C. (2001). J. J. Rousseau y la Educación Física. En García, S. (Ed.), VIII Simposium Histor (). .
Camps, A., Carretero, J. L. & Perich, M. J. (1995). Aspectos normativos que inciden en las a (). .
Blanchard, K. & Cheska, A. (1986). Antropología del Deporte. Barcelona: Bellaterra. (). .
(). .
Aspas, J. M. (2000). Los deportes de aventura. Consideraciones jurídicas sobre el turismo activo. Za (). .
Long, J. (1994). Escalar en rocódromos. Madrid: Desnivel (). .

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías