Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) O proceso de investigación nas ciencias da actividade física e do deporte Código 620517001
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde (Interuniversitario)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Educación Física e Deportiva
Coordinación
Gutierrez Sánchez, Águeda
Correo electrónico
Profesorado
Gutierrez Sánchez, Águeda
Rey Cao, Ana Isabel
Correo electrónico
ana.rey.cao@udc.es
Web
Descrición xeral No curso facilitarase unha comprensión básica das características do coñecemento científico como fenómeno
cultural e históricamente construido. Sentaranse as bases para a construcción de investigacións con
coherencia epistemolóxica e metodolóxica.
Plan de continxencia === MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisíbel evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade estabelece unha
planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen
atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non
totalmente presencial. Estas medidas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun
xeito mais áxil e eficaz a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
A) Metodoloxías docentes que se modifican
Realizaranse as mesmas metodoloxías docentes que as contempladas nunha situación sen alerta pero adaptándoas a unha
modalidade online. A tal fin empregarase o Campus Remoto e outras ferramentas como Zoom, Moodle, Google Classroom,
Microsoft Teams ademais de Faitic (e aquelas outras que estean dispoñíbeis no momento e poidan ser empregadas de
mutuo acordo polo alumnado e as profesoras para desenvolverse na materia).
B) Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías desenvolveranse a través do campus remoto.
- Profa. Ana Rey Cao: Sala 2129 (https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/912187149)
- Profa. Águeda Gutierrez Sánchez: Sala 1251(https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/538827467)
Como alternativa, cando sexa necesario, realizaranse por skype ou correo electrónico (anacao@uvigo.es; agyra@uvigo.es).
Poderase empregar a ferramenta Doodle para a xestión das titorías e seminarios.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
A avaliación manterase igual. As diferentes metodoloxías/probas realizaranse polos medios telemáticos especificados
(Campus remoto, Moodle, Skype, Zoom, etc,).

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Ser capaz de diferenciar e seleccionar os paradigmas, marco epistemolóxico e metodoloxía científica de referencia no deseño dos estudos no ámbito da actividade física, a saúde e o deporte
A2 Desenvolver a capacidade de pensamento científico para a investigación no ámbito da actividade física, saúde e deporte
A4 Mostrar as actitudes vinculadas cos hábitos de excelencia, compromiso ético e calidade no exercicio investigador no ámbito da actividade física, a saúde e o deporte
A7 Valorar, manexar e combinar as diferentes técnicas de investigación nas Ciencias da Actividade Física, o deporte e a saúde.
A8 Analizar de maneira crítica as opcións metodolóxicas que se presentan no ámbito da actividade física, a saúde e o deporte
A9 Ser capaz de deseñar e implementar un traballo de investigación nas Ciencias da Actividade Física e o Deporte
B1 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base u oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Saber aplicar os coñecementos adquiridos e ser capaz de resolver problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Integrar coñecementos e afrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B5 Desenvolver habilidades para a aprendizaxe autodirixido ou autónomo.
B7 Ser capaz de idear, deseñar, poñer en práctica e adoptar un proceso de investigación con rigor académico no ámbito de estudo da actividade física, saúde e deporte.
B9 Analizar de forma crítica, avaliar e sintetizar ideas novas e complexas no ámbito de estudo da actividade física, da saúde e o deporte.
C3 Ser capaz de promover en contextos académicos e profesionais accións destinadas ó avance tecnolóxico, social ou cultural, no el ámbito das ciencias da actividade física, a saúde e o deporte.
C4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Coñecer e saber plantear un problema de investigación. AI1
AI2
AI9
BI1
BI2
BI7
CI3
- Coñecer e saber redactar hipóteses de investigación. AI2
AI9
BI1
BI2
BI7
- Coñecer e saber definir as variables de investigación. AI2
AI9
BI1
BI2
BI3
BI5
BI7
BI9
- Ser capaz de interpretar resultados, discutilos e obter conclusións dos mesmos. AI1
AI2
AI4
AI9
BI1
BI2
BI3
BI5
BI7
BI9
CI3
CI4
AI7
AI8
BI5
CI3
CI4
- Coñecemento das diferentes técnicas de investigación. AI7
AI8
BI5
CI3
CI4

Contidos
Temas Subtemas
1. A investigación en ciencias da actividade física,
deporte e saúde
2. O enfoque científico. O ciclo de aplicación nas
ciencias da actividade física, deporte e saúde.
3. Formulación do problema nas ciencias da
actividade física, deporte e saúde.
4. A hipótese na investigación científica nas
ciencias da actividade física, deporte e saúde.
5. Variables de investigación en ciencias da
actividade física, deporte e saúde.
6. O control experimental nas ciencias da
actividade física, deporte e saúde.
7. Recollida e análise de datos nas ciencias da
actividade física, deporte e saúde.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A4 A7 A8 A9 B1 B2 B3 B5 B7 B9 C3 C4 10 30 40
Solución de problemas A2 A4 A7 A8 A9 B1 B2 B3 B5 B7 B9 C3 C4 6 29 35
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na sesión maxistral predomina a forma expositiva, dos contidos da asignatura. Trabállase
fundamentalmente o saber (competencia técnica), aínda que tamén se traballan os outros saberes
(saber facer, saber ser e saber estar). A docente desempeña un papel eminentemente activo. O
alumnado ten como función tomar apuntamentos, notas, relacionar conceptos, preguntar ao/a
docente..
Solución de problemas Formulación, análise, resolución e debate por parte do alumnado dun problema ou exercicio,
relacionado coa temática da materia.


Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma:


Formulación, análise, resolución e debate por parte do alumnado dun problema ou exercicio, relacionado coa temática da materia. Realización de traballos vencellados coa materia do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Descrición
Asesoramento e titorización para a resolución dos problemas propostos na materia. Este tempo
está reservado para atender e resolver as dúbidas do alumnado. A atención será individual e en
grupos reducidos, en función do carácter da atención. Cando sexa individual terán lugar no
despacho da docente, por videoconferencia ou por mail. Estas actividades teñen como función
orientar e guiar o proceso de aprendizaxe do alumnado

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A4 A7 A8 A9 B1 B2 B3 B5 B7 B9 C3 C4 Examen dos contidos tratados en clase.
Control da asistencia e participación crítica nas aulas
presenciais.
50
Solución de problemas A2 A4 A7 A8 A9 B1 B2 B3 B5 B7 B9 C3 C4 Avaliación e corrección dos exercicios e actividades
propostas na aula presencial: 20%


Elaboración, realización e corrección dos exercicios e
actividades propostos para a súa realización fora do
horario de aula.
Corrección dos traballos propostos vinculados cos
contidos da materia: 30%
50
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Metodoloxía experimental e cuasiexperimental nas ciencias da actividade física e do deporte/620517003
Metodoloxía selectivo correlacional/620517004
Revisión sistemática e metaanálise/620517007
A comunicación científica e fontes documentais nas ciencias da actividade física e do deporte/620517002
Metodoloxía cualitativa nas ciencias da actividade física e do deporte/620517006

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías