Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Pedagoxía da actividade física e do deporte Código 620G01001
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Toja Reboredo, Maria Belen
Correo electrónico
belen.toja@udc.es
Profesorado
Toja Reboredo, Maria Belen
Correo electrónico
belen.toja@udc.es
Web
Descrición xeral Bases conceptuais pedagóxicas. A educación como proceso de comunicación. Introdución aos principais elementos didácticos. Teorías críticas da educación. Introdución ao sistema educativo. Exercicio profesional como servizo e vocación educativa. Fundamentos curriculares para a programación da educación física escolar. O centro escolar, a educación física e a actividade deportiva e recreativa como lugar de educación de valores e fomento da actividade física.
Plan de continxencia Se resultase imposible ou deas-aconsellable manter a docencia presencial na facultade, estableceríanse as seguintes medidas de axuste:

*** Manter os horarios de docencia, en lugar da aula, a través da plataforma TEAMS, con asistencia obrigatoria.

1. Modificacións nos contidos (non se cambian)

2. Metodoloxías (Todas as metodoloxías mantéñense pero reforzándose con TEAMS)

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado (En Teams e moodle atenderase a cada estudante, en caso de ter problemas de internet atenderase ao estudante por medios telefónicos, aínda que se tentará non ser recorrente)

4. Modificacións na avaliación.
* As probas de ensaio realizaranse tema a tema, en lugar da agrupación prevista. (Realizándose un sumatorio do tres primeiros temas e un sumatorio dos dous últimos, tendo que superar a metade das dúas partes) As probas de ensaio no presenciales realizaranse mediante Teams e con una proba en Moodle. As preguntas serán menos e algo más curtas. O tempo será aproximadamente de 30 minutos.
*O resto de aspectos manteranse conforme ao programado neste documento.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía (non hai cambios relevantes, pero pódese incluír algún recurso web se fose necesario, non para ampliar materia pero se para favorecer a comprensión dalgunha temática)

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Coñecer e comprender as bases que aporta a educación física á formación das persoas.
A6 Deseñar e ordenar estratexias e espazos de aprendizaxe que respondan á diversidade social (sexo, xénero, idade, discapacidade, culturas…) e ao respecto dos dereitos que conforman os valores que aporta a educación física e deportiva á formación integral dos cidadáns.
A7 Promover e avaliar a formación de hábitos de actividade física e deporte ao longo do ciclo vital, considerando que a idade, o xénero ou a discapacidade son variables que necesitan da intervención consciente para favorecer a igualdade de oportunidades.
A8 Deseñar, desenvolver, e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe, relativos á actividade física e o deporte, con atención e titorización segundo as características individuais e contextuais das persoas (xénero, idade, discapacidade, culturas, etc.).
A9 Elaborar propostas curriculares para as distintas etapas no marco institucional dun centro educativo, desenvolvendo os elementos da programación didáctica da área de E. Física, con arranxo á lexislación vixente e ao proxecto educativo de centro.
A10 Coñecer os distintos niveis da lexislación educativa e aplicar os fundamentos básicos que promove en canto á Planificación e Programación Didáctica da Educación Física nas etapas educativas.
A11 Posuír o conxunto de habilidades ou competencias docentes que faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe na aula de educación física.
A13 Identificar as principais tarefas do profesor de educación física dentro e fóra da aula, resaltando as que fan referencia á súa labor titorial, orientadora e departamental.
B3 Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo.
B7 Xestionar a información.
B11 Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma.
B14 Comprender e aplicar a lexislación vixente relativa ao marco das actividades físicas e deportivas nos distintos ámbitos: educación, deporte, xestión, lecer e saúde.
B15 Comprender e saber utilizar as importantes posibilidades que a educación física e o deporte teñen para xerar hábitos sociais e valores democráticos (coeducación de xéneros, respecto á diversidade social e cultural, cooperación, competición respectuosa, compromiso co contorno…).
B17 Promover e avaliar actividades de ampliación curricular, referentes á creación de hábitos autónomos de actividade física e deporte.
B18 Comprometerse e involucrarse socialmente coa súa profesión e en concreto, coa situación actual da actividade física e o deporte na educación formal; coa xestión do centro educativo; cos seus compañeiros (traballo cooperativo) e con aqueles aos que educa.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar criticamente todas as circunstancias e feitos que rodean á educación A7
A8
B3
B4
B7
B11
B15
B18
C1
C3
C4
C7
Abordar reflexivamente as reformas educativas e as súas implicacións no ámbito das actividades físico-deportivas. A6
A8
A10
B14
C1
C3
C4
C7
Comprender as bases da educación e os principios da educación física e o deporte para a formación integral das persoas A4
A6
B15
B18
C1
C3
C4
C7
Coñecer e comprender os fundamentos curriculares da educación física formal A6
A8
A9
A10
A11
B3
B14
B15
B17
C1
C3
C4
C7
Comprender e aplicar os principios conductuales no contexto educativo, recreativo, da actividade física e a saúde e do adestramento deportivo A7
A8
A13
B3
B11
B15
C1
C3
C4
C7
Desenvolver actitudes favorables cara á colaboración interdisciplinar e o traballo en equipo. A4
B3
B4
B18
C1
C3
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Da Pedagoxía a Pedagoxía da actividade física e do deporte -A educación, a Pedagoxía e as Ciencias da Educación
-A Pedagoxía da actividade física e do deporte: Educación Física e Pedagoxía Deportiva
- Teorías críticas da educación e a súa incidencia na escola actua e no contexto da EF e o deporte ( Ideoloxía, curículum oculto, perspectiva comunicativa)
Tema 2. A educación física de Calidade
- Educación Física de Calidade e perspectiva ecolóxica da Educación Física.
- O centro educativo como exe do fomento dos estilos de vida activos e saudables
- Competencias docentes necesarias para unha Educación Física de Calidade
- Un/unha alumna ben educado físicamente
Tema 3. Condicionantes do proceso de ensino-aprendizaxe


- Principios de intervención pedagóxica, estilos de comunicación e estilos de ensino.

- O/A profesor/a de Educación Física
* O pensamento: Coñecemento profesional e preocupacións docentes
* O comportamento: Destrezas docentes

- O alumno/a ben educado/a fisicamente
* O pensamento do/o alumno/a: Autoconcepto, percepcións, motivación, atención e atribución causal
* O comportamento do/o alumno/a: Aspectos cuantitativos (variables de contexto, programa e diferenzas individuais) e cualitativos (estilos de participación)

Tema 4. A Educación física na escola na lexislación actual.

- Introdución aos elementos curriculares
- Lexislación educativa
- Proceso de concreción curricular: desde a lei á aula
- Interdisciplinaridad e transversalidade
Tema 5.- Atención á diversidade e educación en valores na Educación Física e no deporte en idade escolar
- Atención á diversidade individual e social na Educación Física
- Aprendizaxe cooperativo
- Educación en valores
- Valores abordables desde a EF e o deporte en idade escolar

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A4 A9 A10 A13 B7 C1 C3 0 8 8
Portafolios do alumno A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B3 B4 B7 B11 B14 B15 B18 C1 C3 C4 18 30 48
Sesión maxistral A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B4 B7 B11 B14 B15 B17 B18 C4 20 20 40
Proba de ensaio A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B7 B14 B15 B17 C1 C3 5 26 31
Aprendizaxe colaborativa A7 A8 A9 B4 B7 C1 C3 C7 8 12 20
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico.
Portafolios do alumno É un cartafol ou archivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo/a profesor/a o que permite visualizar o progreso do/a alumno/a. O portafolio ou cartafol inclúe todo o que fai o/a alumno/a, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoevaluaciones, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso, etc.

Consta de:

a. Material (traballado) de cada un dos temas. Trátase dos apuntamentos, esquemas, artigos, diapositivas, subliñados ou de elaboración propia, coas que cada estudante traballou o contido da materia. Pode estar en formato papel ou dixital, pero deberá optarse por un dos dous soportes.

b. Actividades realizadas nas clases interactivas (presenciais) e nas non presenciais. Recollerá todas as realizadas durante o desenvolvemento dos temas, elaboradas en horario lectivo e as propostas polo profesorado para o desenvolvemento do tema, en horario non lectivo.
Incluiranse neste apartado as actividades avaliables, unha ou dúas por tema (individuais e/ou por parellas), que se realizarán ou revisarán durante as clases interactivas. Estas serán entregadas en data e hora establecida para a corrección definitiva.

Débense refacer e incorporar no portafolio, tanto a orixinal como as súas correspondentes modificacións.

c. Rúbricas/lista de control do portafolio de cada un dos temas ou de actividades (auto e coevaluación).

(Este portafolios preferentemente realizarase en formato dixital)
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como Conferencia o método expositivo ou lección maxistral. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Proba de ensaio Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Proba de ensaio
Descrición
As actividades reflectidas son aquelas que demandan a asistencia do/a alumno/a ás titorías. Nesta materia contémplanse 3 tipos diferentes de titorías:

- En pequeno grupo: son aquelas previstas no horario da materia que poderán utilizarse para revisar actividades que teñan que ver co contido do portafolios.

- Titorías individualizadas utilizando o moodle ou teams ou as horas de tutoría do profesorado.

- Titorías persoais/grupales e o despacho do profesorado ou por teams.

O alumnado con matrícula a tempo parcial, deberá falar co profesorado para acordar os criterios de asistencia e avaliación para cada unha das oportunidades.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A7 A8 A9 B4 B7 C1 C3 C7 As actividades evaluables, na sua maior parte son fruto dunha aprendizaxe colaborativo entre o alumnado. 50
Proba de ensaio A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B7 B14 B15 B17 C1 C3 - Realizaranse dúas probas, para a avaliación continua. E de non superar algunha pódese ir a unha proba final.

- Realizarase só unha proba final aqueles/as estudantes que non optan á avaliación continua.
50
 
Observacións avaliación

*** O alumnado que cursase a materia en cursos anteriores, deberá dirixirse ao profesorado durante os primeiros 15 días do curso para valorar, en cada caso, o recoñecemento ou non da avaliación continua e por tanto a exención de asistencia e de realización das actividades contempladas nesta guía.

** O alumnado con matrícula a tempo parcial, deberá falar co profesorado para acordar os criterios de avaliación para cada unha das oportunidades. Se o estudante ten posibilidade de manter unha asistencia periódica dun mínimo do 50% poderá acollerse á avaliación continua entregando sempre en prazo as actividades evaluativas, realizando a UD e elaborando o portafolio. 

* Os/as que non se atopen nesa situación especial, poderán elixir entre un sistema de avaliación formativa de carácter continua (auto, co e heteroevaluación) ou de avaliación final (heteroevaluación).

 

1.      AVALIACIÓN FORMATIVA (CONTINUA)

Optar por este sistema de avaliación implica a asistencia polo menos ao 70% das clases presenciais; a elaboración do portafolio; a entrega de todas as actividades evaluativas e non evaluativas (en tempo e forma), a procura e análise dunha experiencia de intervención/investigación baseada no fomento de estilos de vida activos e a elaboración individual da unidade didáctica. Obtendo entre este tres últimas, polo menos 2,5 puntos e a superación das probas de ensaio programadas.

 

a.   Portafolio

*  Non ten valor numérico, pero a súa entrega será requisito imprescindible para optar á avaliación formativa (continua). 

*  A realización do portafolio terá un seguimento por parte do profesorado ao finalizar cada mes, solicitarase aleatoriamente presentar os portafolios a un grupo de alumnos/as.

*  Previo á realización da primeira proba de ensaio e da final, cada estudante presentará as rúbricas/listas de control de auto e coevaluación (de cada tema). A non entrega destes documentos significará a perdida da avaliación formativa (continua). Tras a proba final cada estudante entregará o seu portafolio.

 

b.   Actividades evaluativas. (Valor total 3 puntos)

**   Realizadas no horario de clase programado (poderá utilizarse a clase da tutoría grupal) ou en horarios non presenciais. 

**   Poderán ser corrixidas no horario da tutoría grupal, polo que a asistencia a estas tutorías será obrigatoria e formará parte do requisito de asistencia ao 70% das sesións. 

** Se realizarán 1 ou 2 actividades en cada tema cun valor total de 3 puntos: 2 actividades nos temas 1, 2 , 3 e 5 (cada unha cun valor de 0,3) e 1 no tema 4 (cun valor de 0,6)

**  A non entrega de TODAS as actividades evaluativas ou non alcanzar a metade da puntuación no sumatorio das actividades na primeira oportunidade implicará a perdida da avaliación continua. 

**  Se algún/a estudante non pode asistir a clase no momento da elaboración ou a entrega, deberá enviala ou entregala con anterioridade

 c.   Procura e análise dunha experiencia de intervención/investigación baseada no fomento de estilos de vida activos 

(Valor 1 punto)

Pasos:

·         Procura de artigo nunha base de datos

·         Subir título proposta e ligazón (non se pode repetir)

·         Análise reflexiva da proposta seguindo guión establecido

 

d.     Proposta dunha unidade didáctica. Realizarase na aula de forma individual ao finalizar o tema 4.  (valor 1 punto)

A non realización implicará a perdida da avaliación continua, senón non se supera o 0,5,  hai que repetila, en data e hora que establecerán os docentes.

 

e.       Probas de ensaio (valor total 5 puntos)

 Realizaranse dúas probas:

·         A primeira corresponderase cos temas 1, 2 e 3 e terá un valor de 3 puntos.

·         A segunda co 4 e 5, cun valor de 2 puntos.

Cada proba esixirá unha cualificación do 50% para ser superada.

**** As preguntas da proba son de desenvolvemento, de aplicación do contido e especialmente de relación. En ningún caso son preguntas  de resposta memorística.

****As preguntas presentaranse en castelán, poderase realizar en calquera dos dous idiomas oficiais da Universidade da Coruña. O que desexe as preguntas en galego deberá solicitalo ao profesorado, polo menos cunha semana de antelación á data de realización.

***Aquelas/vos que non alcancen a nota mínima nestas dúas probas, deberán presentarse ao exame final (convocatoria oficial de exames). Para as oportunidades de xaneiro/xullo, se se supera a primeira proba, presentarase á segunda só cos temas 4 e 5 e se supera a segunda, á primeira cos temas 1, 2 e 3.

*** Consideracións de para o mantemento de cualificacións e/ou partes da materia no caso de cumprir todos os criterios da avaliación formativa (continua):

 ·   Ao que supere os apartados b, c e d, pero que suspenda a proba de ensaio final, gardaráselle esta parte da cualificación para futuras convocatorias. Isto será igualmente de aplicación para o alumnado de cursos anteriores.

·     Ao que supere só una das probas de ensaio, manteráselle a cualificación da superada para a oportunidade de xullo, pero non para futuras convocatorias.

 2.      AVALIACIÓN FINAL

Optará a ela, o alumnado que perda o dereito á avaliación continua e aquel que así o desexe. Non elaborarán o portafolio, nin se presentarán ás probas parciais, nin estarán obrigados a cumprir a asistencia.

Han de realizar a proba final na data marcada no calendario oficial de exames e para superar a materia deberá obter ou superar o 70% (7 sobre 10 puntos), tendo en conta que o alumnado de avaliación continua mostrou un compromiso continuo coa materia.



Fontes de información
Bibliografía básica GARCÍA-GONZÁLEZ, L; ABÓS CATALÁN, A. Y SEVIL-SERRANO, J. (2020). Acción docente en educación física y actividades físico-deportivas. Teoría basada en evidencias científicas. . Zaragoza: Prensas de la Universidad de Zaragoza
UNESCO (2015). Educación Física de Calidad. . UNESCO
VAZQUEZ GOMEZ, B. Y OTROS ((2001)). Bases educativas de la actividad física y el deporte. Madrid. Síntesis
UREÑA, F. (Coordinador) (2010). La educación física en secundaria basada en competencias.Proyecto curricular y programación.. Barcelona. Inde
MINISTERIO DE EDUCACIÓN (2013). Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa. BOE nº 295, de 10 de diciembre de 2013.
XUNTA DE GALlCIA ((2007)). Novos Currículos de Educación Secundaria Obligatoria en la Comunidad Autonoma de Galicia. Santiago: Xunta de Galicia

Esta bibliografía básica puede verse modificada a principio de curso pola aparición de nuevas fuentes de documentación que se consideren interesantes para la materia.

Bibliografía complementaria PRAT, M. y SOLER, S. ( (2003) ). Actitudes, valores y normas en la educación física y el deporte. Barcelona.Inde.
LLEIXA, T. y SOLER,S. ( (2004)). Actividad física y deporte en las sociedades multiculturales. Barcelona. Horsori.
SIEDENTOP, D. ((1998)). Aprender a enseñar. Barcelona. INDE
PUJOLAS, P. ((2001)). Atención a la diversidad y aprendizaje cooperativo en educación obligatoria. Málaga. Aljibe
LOPEZ PASTOR, V., MONJAS,R. Y PEREZ,D. ((2003)). Buscando alternativas a la forma de entender y prácticar la educación física.. Barcelona. Inde.
SICILIA, A. y FERNÁNDEZ-BALBOA (Coordinadores) ((2005)). La otra cara de la enseñanza. La educación Física desde una perspectiva crítica.. Barcelona. INDE
SANTOS GUERRA, M.A. ((2008)). La pedagogía contra Frankenstein. Y otros textos sobre el desaliento educativo. Barcelona. Graó
CONTRERAS, O. y CUEVAS, R. (coords.) (2011). Las competencias básicas en la educación física.. Barcelona. Inde
PIÉRON, M. ((1999) ). Para una enseñanza eficaz de las actividades físico-deportivas. Barcelona. Inde.
ESCARTÍ, A. (coord.) ((2005)). Responsabilidad personal y social a través de la educación física y el deporte. Barcelona. Graó
IMBERNÓN, F.(coord) ((2005)). Vivencias de maestros y maestras. Compartir desde la práctica educativa. Barcelona. Graó


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Psicoloxía da actividade física e do deporte/620G01011
Socioloxía da actividade física e do deporte/620G01015
Proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte/620G01022
Planificación do proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte/620G01035
Prácticum/620G01040

Observacións
Recomendacións:

*** Pór en coñecemento do profesorado os posibles aspectos que impidan levar con normalidade o establecido nesta guía.

*** Manter con regularidade tutorías co profesorado (presenciais ou on-line) para o seguimento da materia.

*** Co fin de mellorar a materia e o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería conveniente que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto de participar no proceso de avaliación da materia e cuxa chamada realiza baixo o nome de %ou201CAVALÍA%ou201D consistindo en responder os cuestionarios que avalían a docencia do profesorado.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías