Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Anatomía e cinesioloxía do movemento humano Código 620G01002
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Agrasar Cruz, Carlos Maria
Correo electrónico
carlos.agrasar@udc.es
Profesorado
Agrasar Cruz, Carlos Maria
Correo electrónico
carlos.agrasar@udc.es
Web
Descrición xeral A asignatura "Anatomía e Cinesioloxía do Movemento Humano"; impártese no primeiro curso do Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte. Trátase dunha asignatura básica para coñecer o corpo humano e os movementos que realiza.

Esta asignatura aborda o estudo dos diferentes elementos do aparato locomotor (osos, articulacións e músculos) e a súa participación nas distintas posicións e movementos do corpo humano. Para isto, baséase, principalmente, en dúas ciencias: a Anatomía e a Cinesioloxía.

A principal finalidade desta asignatura é coñecer os elementos que constitúen o Aparato Locomotor e comprender cómo se producen as diferentes posicións e movementos do corpo humano e cales son os fenómenos que os producen e os limitan.

O alumnado aprenderá a analizar as distintas posturas e xestos motores, identificando o papel das articulacións e músculos que interveñen neles. E, polo contrario, se precisasen poñer en uso unha articulación ou músculo concreto, serán capaces de elixir as posicións e movementos axeitados para logralo.

Ista materia, incluida no módulo de "Materias básicas da rama de Ciencias da Saúde", está estreitamente relacionada coas asignaturas doutros módulos como "Actividade física saudable e calidade de vida" ou "Adestramento e rendemento deportivo", pero tamén é unha materia básica para progresar nos "Fundamentos dos Deportes" xa que permite sentar as bases para a comprensión do sustrato biolóxico do movemento.

Competencias do título
Código Competencias do título
A14 Deseñar, planificar, avaliar técnico-cientificamente e desenvolver programas de exercicios orientados á prevención, a reeducación, a recuperación e readaptación funcional nos diferentes ámbitos de intervención: educativo, deportivo e de calidade de vida, considerando, cando fose necesario as diferenzas por idade, xénero, ou discapacidade.
A19 Planificar, desenvolver, controlar e avaliar técnica e cientificamente o proceso de adestramento deportivo nos seus distintos niveis e nas diferentes etapas da vida deportiva, de equipos con miras á competición, tendo en conta as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero na actuación do adestrador e nos deportistas.
A22 Comprender os fundamentos neurofisiolóxicos e neuropsicolóxicos subxacentes ao control do movemento e, de ser o caso, ás diferenzas por xénero. Ser capaz de realizar a aplicación avanzada do control motor na actividade física e o deporte.
A27 Aplicar os principios cinesiolóxicos, fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais nos contextos educativo, recreativo, da actividade física e saúde e do adestramento deportivo, recoñecendo as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero nos hábitos de vida dos participantes.
A28 Realizar e interpretar probas de valoración funcional nos ámbitos da actividade física saudables e do rendemento deportivo.
B1 Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte.
B2 Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
B4 Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo.
B7 Xestionar a información.
B9 Comprender a literatura científica do ámbito da actividade física e o deporte en lingua inglesa e en outras linguas de presenza significativa no ámbito científico.
B10 Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os aspectos conceptuais, históricos e metodolóxicos da Anatomía e Cinesioloxía humanas e adquirir o suficiente dominio operativo dos mesmos. A22
B1
C6
C8
Coñecer e utilizar correctamente a terminoloxía anatómica e cinesiolóxica. C1
Coñecer, comprender e describir os aspectos xerais relacionados coa forma, estrutura e funcións de cada un dos diferentes sistemas do aparato locomotor (óseo, articular e neuromuscular). A22
A27
Coñecer os detalles da forma, estrutura e función de cada órgano ou elemento do aparato locomotor e comprender como intervén na estática e na dinámica corporal. A22
A27
Identificar, comprender e describir os diferentes movementos e os elementos internos e externos que interveñen neles, producíndoos ou limitándoos, no contexto da unidade funcional do organismo humano. A22
A27
Analizar exercicios (posturas e movementos) destiñados á utilización ou adestramento dos diferentes elementos do aparato locomotor. A14
A19
A28
Comprender, analizar e aplicar os principios biomecánicos das capacidades motrices, así como a súa interrelación co medio. A27
Encauzar a curiosidade natural do alumnado para estimular a análise crítica dos coñecementos transmitidos e das circunstancias e feitos relacionados coa actividade física, habituándoos a reflexionar sobre os seus fundamentos científicos a a súa pertinencia, fomentando a inquietude investigadora e a profundización nos temas da disciplina. B2
C6
C7
C8
Desenrolar actitudes favorables para a colaboración interdisciplinar, o traballo en equipo e a toma de decisións baseadas na reflexión personal. B2
B4
Adquirir as habilidades básicas para a búsqueda, identificación e manexo das fontes de información bibliográfica e a análise reflexiva e crítica da información obtida. B7
B9
B10
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO 1: INTRODUCIÓN E XERALIDADES.
Temas 1 ao 5.
Tema 1. Introdución á Anatomía e á Cinesioloxía humanas.
1.1. Conceptos de Anatomía e Cinesioloxía. Breve Historia e métodos de estudo.
1.2. Terminoloxía anatómica:
1.2.1. Posición anatómica, eixes, planos, xeometría das formas.
1.2.2. Termos de situación, dirección e descrición.
1.3. Niveis de organización do corpo humano.
1.3.1. Esquemas de construcción corporal.
1.3.2. Rexións e cavidades corporais.
1.4. Introducción ao Aparato Locomotor. Tipos de movementos.
1.5. Conceptos básicos de vascularización e inervación.
Tema 2. Introdución á Osteoloxía. 2.1. Oso: definición e clasificación.
2.2. Esqueleto: división e compoñentes.
2.3. Tecidos esqueléticos.
2.4. Anatomía macroscópica e microscópica dos osos.
2.5. Formación e crecemento dos osos.
2.6. Funcións dos osos.

Tema 3. Introdución á Artroloxía. 3.1. Definición de articulación.
3.2. Embrioloxía e clasificacións das articulacións.
3.3. Anatomía e funcións das articulacións sólidas (sinartrose e anfiartrose): sinfibrose e sincondrose.
3.4. Articulacións cavitadas (diartrose ou sinoviais): características; superficies articulares; anexos ás superficies articulares; medios de unión; cavidade articular; clasificacións das diartroses.
3.5. Cinesioloxía articular: movementos osteocinemáticos e artrocinemáticos; graos de liberdade; factores estabilizadores da articulación e limitantes da súa movilidade.
Tema 4. Introdución á Mioloxía. 4.1. Definición de músculo. Tipos de tecido muscular, características e funcións.
4.2. Anatomía macroscópica do músculo esquelético e os seus anexos.
4.2.1. Embrioloxía, crecemento e desenrolo do tecido muscular esquelético.
4.3. Clasificacións dos músculos esqueléticos.
4.3. Histoloxía do músculo esquelético e os seus anexos.
4.4. Vascularización e inervación: unión neuromuscular.
4.5. Unidades motoras do músculo esquelético: control da tensión muscular.


Tema 5. Cinesioloxía muscular. 5.1. Tipos de contraccións.
5.2. Palancas: tipos e vantaxes mecánicas.
5.3. Compoñentes da forza muscular.
5.4. Factores que afectan á eficacia mecánica da contracción.
5.5. Clasificación funcional dos músculos.
5.6. Concepto de cadea cinética. Tipos de cadeas cinéticas.
5.7. Conceptos de insuficiencia activa e insuficiencia pasiva dos músculos.



MÓDULO 2: MEMBRO INFERIOR Temas 6 ao 16.
Tema 6. Osteoloxía do membro inferior.
6.1. Coxal.
6.2. Estudo da pelve.
6.3. Fémur e rótula.
6.4. Tibia e peroné.
6.5. Osos do pé: tarso, metatarso e falanxes.
6.6. A bóveda plantar: elementos óseos que a conforman.

Tema 7.- Articulacións da pelve. 7.1. Articulacións sacroilíacas.
7.2. Sínfise pubiana.
Tema 8. Articulación coxofemoral. 8.1 Estudo anatomofuncional da articulación coxofemoral.
Tema 9. Músculos motores da articulación coxofemoral. 9.1. Músculos abductores e aductores.
9.2. Músculos flexores e extensores.
9.3. Músculos rotadores internos e externos.
Tema 10. Articulación do xeonllo. 10.1 Estudo anatomofuncional da articulación do xeonllo.
Tema 11. Músculos motores da articulación do xeonllo. 11.1. Músculos flexores e extensores.
11.2. Músculos rotadores internos e externos.
Tema 12. Articulacións entre os osos da perna. 12.1. Articulación tibioperonea superior.
12.2. Articulación tibioperonea inferior.
12.3. Sindesmose tibioperonea ou membrana interósea.

Tema 13. O complexo articular do nocello. 13.1. Articulación talocrural (tibioperoneoastragalina).
13.2. Articulación subastragalina.
Tema 14. Articulacións do pé.
14.1. Outras articulacións do tarso.
14.2. Articulacións tarsometatarsianas.
14.3. Articulacións intermetatarsianas.
14.4. Articulacións metatarsofalánxicas.
14.5. Articulacións interfalánxicas.
Tema 15. Músculos das rexións da perna e do pé. 15.1. Músculos da rexión da perna.
15.2. Músculos propios do pé.
Tema 16. Vascularización e inervación esquemáticas do membro inferior. 16.1. Vascularización esquemática do membro inferior.
16.2. Inervación esquemática do membro inferior.
MÓDULO 3: CABEZA E TRONCO. Temas 17 ao 24.
Tema 17. Osteoloxía da cabeza e do tronco. 17.1. Estudo da columna vertebral.
17.1.1. Estudo dunha vértebra tipo.
17.1.2. Vértebras cervicais, torácicas e lumbares.
17.1.3. Sacro e cóccix.

17.2. Estudo do tórax.
17.2.1. Esternón, costelas e cartilaxes costais.

17.3. Cabeza ósea.
17.3.1. Osos do cranio.
17.3.2. Osos da cara.
Tema 18. Articulacións da columna vertebral.
18.1. Articulacións comúns á maioría das vértebras. Movementos.
18.2. Articulacións entre occipital, atlas e axis.
Tema 19. Articulacións do tórax. 19.1. Articulacións costovertebrais.
19.2. Articulacións costocondrais.
19.3. Articulacións condroesternais.
Tema 20. Músculos da rexión do tórax. 20.1. A respiración: mécanica dos movementos respiratorios.
20.2. Músculo toraco-abdominal ou diafragma.
20.3. Músculos do tórax.
Tema 21. Músculos motores da columna vertebral. 21.1. Músculos do pescozo.
21.2. Músculos do dorso do tronco.
21.3. Músculos do abdome.
Tema 22. Articulacións da cabeza. 22.1. Articulacións do cranio.
22.2. Articulacións da cara.
22.3. Articulación témporo-mandibular.
Tema 23. Músculos da cabeza. 23.1. Músculos da cabeza.
23.2. Músculos que moven a articulación temporomandibular.
Tema 24. Vascularización e inervación esquemáticas da cabeza e do tronco. 24.1. Vascularización e inervación esquemática da cabeza.
24.2. Vascularización e inervación esquemática do tronco.
MÓDULO 4: MEMBRO SUPERIOR. Temas 25 a 34.
Tema 25. Osteoloxía do membro superior. 25.1. Osos da cintura escapular: clavícula e escápula.
25.2. Úmero.
25.3. Radio e ulna.
25.4. Osos da man: carpo, metacarpianos e falanxes.
Tema 26. Complexo articular do ombro. 26.1. Articulación esternoclavicular.
26.2. Articulación acromioclavicular.
26.3. Sinsarcose escapulotorácica.
26.4. Articulación glenoumeral.
26.5. Bolsa subacromiodeltoidea.
Tema 27. Músculos da rexión do ombro. 27.1. Músculos que actúan sobre as articulacións dos osos da cintura escapular.
27.2. Músculos motores da articulación glenoumeral.
27.2.1. Músculos flexores e extensores.
27.2.2. Músculos abductores e aductores.
27.2.3. Músculos rotadores internos e externos.
Tema 28. Articulación do cóbado. 28.1 Estudo anatomofuncional da articulación do cóbado.
Tema 29. Articulacións entre os osos do antebrazo. 29.1. Articulación radiocubital proximal.
29.2. Articulación radiocubital distal.
29.3. Sindesmosis radiocubital ou membrana interósea.
Tema 30. Articulación do pulso. 30.1. Cámara proximal: articulación radiocarpiana.
30.2. Cámara distal: articulación mediocarpiana.
Tema 31. Articulacións da man. 31.1. Articulacións dos osos do carpo.
31.2. Articulacións carpometacarpianas.
31.3. Articulacións intermetacarpianas.
31.4. Articulacións metacarpofalánxicas.
31.5. Articulacións interfalánxicas.
Tema 32. Músculos da rexión do antebrazo 32.1. Músculos da rexión anterior do antebrazo.
32.2. Músculos da rexión lateral do antebrazo.
32.3. Músculos da rexión posterior do antebrazo.
Tema 33. Músculos da rexión da man. 33.1. Músculos motores da rexión da man.
33.2. Movementos de prensión da man.
Tema 34. Vascularización e inervación esquemáticas do membro superior. 34.1. Vascularización esquemática do membro superior.
34.2. Inervación esquemática do membro superior.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B7 1 0 1
Sesión maxistral A14 A22 A27 B1 28 70 98
Prácticas de laboratorio A19 A28 B2 B4 B9 B10 C1 12 30 42
Estudo de casos C3 C6 C7 C8 5 2 7
Proba mixta C1 C6 2 0 2
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais - Farase unha presentación da asignatura, coa lectura dos aspectos máis importantes da guía docente, e resolveranse as cuestións que plantexe o alumnado sobre a mesma.
- Avaliaránse os coñecementos previos do alumnado no ámbito da Bioloxía e a Física que lle permitan abordar con seguridade os contidos da Anatomía e a Cinesioloxía.
- Discutirase sobre a motivación pola que o alumnado inicia estes estudios e sobre cal é a importancia que neles lle asignan ao estudo da Anatomía e a Cinesioloxía.
- A información obtida permitirá iniciar e desenrolar a docencia con maiores garantías de comprensión e interese por parte do alumnado.
- Proporcionaranse orientacións e consellos xerais para o estudio axeitado da materia.
Sesión maxistral - As sesións maxistrais levaranse a cabo en grupo grande (de 60 ou máis alumnos/as).
- A maior parte da sesión dedicarase a resolver as dúbidas ou dificultades que o alumnado atope ao longo do estudo e preparación previa dos temas, cos materiais proporcionados ou recomendados polo profesor. Durante estas sesións, o profesor fará unha exposición oral e resumida dos contidos máis importantes, coa axuda de medios audiovisuais.
- Nestas sesións faranse preguntas dirixidas ao alumnado para que reflexionen sobre os aspectos máis relevantes e fixen, de este modo, ditos conceptos.
Prácticas de laboratorio - A docencia interactiva (prácticas de laboratorio) levarase a cabo en grupos medianos (de 20 alumnos/as).
- Nelas abordaranse os contidos de Osteoloxía e Cinesioloxía, coa axuda de maquetas e pezas esqueléticas humanas.
- Previamente á práctica, o alumnado fará un estudo (non presencial) dos osos que correspondan a cada práctica, co material docente dispoñible en Moodle.
- O profesor resolverá ás dúbidas que os alumnos poidan plantexar, e incidirá nos elementos máis relevantes de cada peza ósea e dos movementos articulares.
Estudo de casos - Os estudos de casos vanse desenrolar en grupos medianos (de 20 alumnos/as).
- Consistirán no estudo de patoloxías ou lesións nas que están implicadas estructuras anatómicas, así como pode ser a resolución de problemas de análises articulares e musculares de posturas ou de movementos propostos polos profesores.
Proba mixta - Consistirá en probas mixtas parciais e final que permitan avaliar a adquisición dos obxectivos sobre os coñecementos e competencias da materia.
- Explícase con máis detalle no apartado de Avaliación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Prácticas de laboratorio
Estudo de casos
Sesión maxistral
Proba mixta
Descrición
A atención personalizada concrétase en diferentes situacións:
- Correo electrónico (de luns a venres en días laborables): atención personalizada ás consultas dos/as alumnos/as que se fagan a través do correo electrónico. No caso de alumnado con matrícula parcial, poderán consultar todas as súas dúbidas por correo electrónico ou por Teams.
- Microsoft Teams (de luns a venres en días laborables). O alumnado poderá concertar unha cita previa por correo electrónico para manter unha reunión personalizada en Teams nas horas de titorías, nas que se resolverán as dúbidas e se darán consellos para a aprendizaxe idónea da materia.
- Interacción persoal co alumnado nas clases maxistrais, nas prácticas de laboratorio e nos estudos de casos. O profesor resolverá as dúbidas que poidan xurdir e comprobará a aprendizaxe do alumnado ao longo do curso.
- Revisión da proba mixta, na que se explicarán os erros nas cuestións plantexadas e se aclararán dúbidas sobre ditos conceptos.

No caso de alumnado con adicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia, a atención personalizada levarase a cabo mediante correo electrónico ou Teams e na revisión da proba mixta.






Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta C1 C6 ¡IMPORTANTE ! Vexa as observacións de avaliación máis abaixo.

- As probas mixtas incluirán tódolos contidos impartidos en tódalas sesións maxistrais, nos estudos de casos e en tódalas prácticas de laboratorio.

As preguntas poden ser de diferentes tipos: preguntas curtas; de verdadeiro/falso; de tipo test con varias opcións de resposta (das que somentes unha será correcta ou ben de resposta múltiple); identificación de estructuras anatómicas en láminas.
100
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN

Contémplanse dúas modalidades de avaliación: avaliación continua e avaliación única final.

A avaliación continua será a modalidade preferente. 

O alumnado poderá optar pola avaliación única final sempre que a solicite, de xeito motivado, na primeira semana do cuadrimestre de impartición da asignatura. Excepcionalmente, a solicitude de avaliación única final poderá realizarse fora do prazo establecido en casos de cambios de situación laboral ou de problemas de salud sobrevidos, debidamente xustificados. A solicitude de avaliación única final supón a renuncia á avaliación continuada.

AVALIACIÓN CONTINUA.-

- É obrigatoria a asistencia ao 70% das sesións de docencia expositiva e ao 70% das sesións de prácticas de laboratorio. O incumprimento desta porcentaxe mínima de asistencia implicará que o alumno/a non poderá seguir coa avaliación continua e pasará a acollerse únicamente á avaliación única final tanto na primeira como na segunda oportunidade. 

O alumnado que, por causas xustificadas contempladas na normativa académica, non acade a porcentaxe de presencialidade esixida, poderá seguir realizando a avaliación continua. A xustificación das ausencias deberá estar documentada. 

Os requisitos para superar a asignatura mediante avaliación continua son: 

Avaliación continua formativa (100% da puntuación total final).- Consistirá en tres probas obxetivas parciais (presenciais ou a través de Moodle da UDC) que terán lugar ao longo do cuadrimestre. Estas probas terán as seguintes puntuacións: 

- Bloque 1 (Introducción e xeralidades): 35% da puntuación total final. 

- Bloque 2 (Membro inferior).- 35% da puntuación total final. 

- Bloques 3 y 4 (Cabeza e tronco e Membro superior).- 30% da puntuación total final. Esta última proba coincidirá coa data oficial do exame da primeira oportunidade.

Na primeira oportunidade, para superar a asignatura mediante avaliación continua será preciso obter un 50% da puntuación total, que será a suma das puntuacións das tres probas de avaliación continua formativa. 

A efectos somentes da segunda oportunidade, para superar cada parcial será necesario obter un 50% da puntuación total de dito parcial. 

Segunda oportunidade.- Ao alumnado que suspenda a asignatura na primeira oportunidade gardaránselle as cualificacións dos parciais aprobados, presentándose únicamente aos que teña suspensos (con cualificación por debaixo do 50% de cada parcial) . 

Non se gardará ningunha cualificación para convocatorias do seguinte ou seguintes cursos académicos.

AVALIACIÓN ÚNICA FINAL.-

A esta modalidade de avaliación acolleráse todo o alumnado que optou por esta modalidade de avaliación, así como o alumnado con matrícula parcial.  

Consistirá nunha proba mixta final (proba única que se valora ata un 100% da puntuación final). Terá lugar nas datas oficiais das probas de primeira e segunda oportunidade. Para superar a asignatura mediante este tipo de avaliación será preciso obter un 60% da puntuación total da proba.

Idioma das probas escritas de avaliación.-

- As probas serán redactadas en castelán. Se alguén desexase facer a/as probas en galego, deberá solicitalo cunha semana de antelación.

Outras consideracións.-

- O alumnado con diversidade funcional que se poida ver afectado polo tipo de avaliación deberá comunicalo ao profesor, nas dúas primeiras semanas do cuadrimestre, para adaptar as probas tanto en duración como realizando outro tipo de proba. 

- Cada proba parcial ou final poderá constar de preguntas de diferentes tipos: pregunas curtas; de verdadeiro/falso; de tipo test con varias opcións de resposta (das que somentes unha será correcta ou ben de resposta múltiple); de identificación de estructuras anatómicas en láminas.

- O alumnado con matrícula parcial terá os mesmos criterios de avaliación e a mesma atención personalizada que o resto de alumnado con matrícula completa.

- A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).

Asemade, segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, de 25 de febreiro de 2022), o fraude académico, considerase falta moi grave, pudendo implicar a expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumplimento; así como a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académico calquer comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun examen ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha asignatura ou acreditar o rendemento académico (art. 11)

- As cualificacións finais expresaranse mediante cualificación numérica, de acordo co establecido no artigo 5 do RD 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial. Estas cualificacións serán: 0-4.9=Suspenso; 5-6.9=Aprobado; 7-8.9=Notable; 9-10=Sobresaliente; Matrícula de Honra (graciable a partir de 9).

O alumnado cunha cualificación final global superior a 9,0 puntos (sobre 10) que queira optar á cualificación de “Matrícula de Honra” deberá asistir, unha vez finalizadas tódalas probas, a unha reunión co profesor, onde deberá responder de xeito oral a preguntas dos contidos da asignatura. 


Fontes de información
Bibliografía básica Pró EA. (2012). Anatomía clínica. Editorial Médica Panamericana
Latarjet, M y Ruiz-Liard, E. (2006 ). Anatomía humana. Madrid: Médica Panamericana.
García-Porrero JA y Hurlé JM. (2005). Anatomía Humana. McGraw Hill
Rouviere, H.; Delmas, A. (2005). Anatomía humana. Tomo I: cabeza y cuello. Barcelona: Masson.
Rouviere, H.; Delmas, A. (2005). Anatomía humana. Tomo II: tronco. Barcelona: Masson.
Rouviere, H.; Delmas, A. (2005). Anatomía humana. Tomo III: miembros. Barcelona: Masson.
Lippert, L. (2013). Anatomía y Cinesiología clinicas. Barcelona. Editorial Paidotribo
Neumann, D. A. (2017). Cinesiología del Sistema Musculoesquelético. Fundamentos para la rehabilitación.. Editorial Médica Panamericana 3ª edición
Schünke, M.; Schulte, E. y Schumacher, U. (2015). Colección Prometheus. Texto y Atlas de anatomía. . Madrid: Médica Panamericana.
Mansfield, P. y Neumann, D. (2014). Essentials od Kinesiology. Elsevier
Kapandji, A. (2010). Fisiología articular. Tomo 1: Miembro superior.. Madrid: Médica Panamericana.
Kapandji, A. (2010). Fisiología articular. Tomo 2: Miembro inferior.. Madrid: Médica Panamericana.
Kapandji, A. (2011). Fisiología articular. Tomo 3: Tronco y raquis.. Madrid: Médica Panamericana.
Kendall, FP. (2007 ). Kendall's musculos, pruebas funcionales. Postura y dolor.. Madrid: Marbán
Muscolino, J. (2017 ). Kinesiology The Skeletal System and Muscle Functions 3rd edition. Elsevier
Floyd, RT. (2008). Manual de cinesiología estructural.. Barcelona: Paidotribo.
Llusá Pérez, M. y Merí Vived, Á. (2004). Manual y Atlas fotográfico del Aparato Locomotor. Edit. Médica Panamericana
Netter, F.H. (2007). Netter. Atlas de anatomía humana. . Barcelona: Masson.
www.anatomystandard.com (). Web de Osteología.

Nos guións sobre obxectivos de coñecementos e competencias para cada tema, dispoñibles na plataforma de teleensinanza, indícanse tamén os capítulos e os libros máis recomendables para o seu estudo.

Bibliografía complementaria Palastanga, N; Field, D.; Soames, R. (2000). Anatomía y movimiento humano. Estructura y funcionamiento.. Barcelona. Paidotribo.
Drake, RL; Vogel. AW: Mitchell, A (2010 2ª ed.). Gray. Anatomía para estudiantes.. Elsevier
Olson T.R. (1997). A.D.A.M. Atlas de anatomía humana.. Barcelona. Masson-Williams & Wilkins.
Pérez Casas, A.; Bengoechea, M.E. (1987). Anatomía funcional del Aparato locomotor.. Oviedo. Gráficas Summa.
Orts Llorca, F. (1969). Anatomía Humana .. Barcelona. Editorial Científico-Médica.
Nordin, M; Frankel, V.H. (2004). Biomecánica básica del sistema musculoesquelético. Madrid. McGraw-Hill/Interamericana
Luttgens K. Wells K.F (1985). Kinesiología. Bases científicas del movimiento humano.. Philadelphia. Saun­ders Collegue Publishing

Nas prácticas de Laboratorio para o estudo da Osteoloxía, pódense utilizar tamén os seguintes cadernos de prácticas:

Prácticas de Anatomía Humana. Osteología del miembro inferior. Autores: Carlos Mª Agrasar Cruz. Juan Suárez Quintanilla. Javier de Toro Santos. Esther Fernández Fernández. Colección Cuadernos Técnico-Pedagógicos del I.N.E.F. Cuaderno Técnico Pedagógico nº 34. Edit.Agrupación Deportiva I.N.E.F. de Galicia. 2000. ISBN 84-699-2087-1.

Prácticas de Anatomía Humana. Osteología de la cabeza y tronco. Autores: Carlos Mª Agrasar Cruz. Javier de Toro Santos. Mª Teresa Jorge Mora. Esther Fernández Fernández. Colección CuadernosTécnico-Pedagógicos del I.N.E.F. Cuaderno Técnico Pedagógico nº 35. Edit. AgrupaciónDeportiva I.N.E.F. de Galicia. 2000. ISBN 84-699-2672-1.

Prácticas de Anatomía Humana. Osteología del miembro superior. Autores: Carlos Mª Agrasar Cruz. Mª Ángela Varela Martínez. Mª Consuelo Martínez Otero. Xosé Antón Pedrido Fernández. Colección Cuadernos Técnico-Pedagógicos del I.N.E.F. CuadernoTécnico Pedagógico nº 41. Edit. Agrupación Deportiva I.N.E.F. de Galicia. 2002. ISBN 84-699-8575-2.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Fisioloxía do exercicio I/620G01013
Biomecánica do movemento humano/620G01014

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías