Identifying Data 2017/18
Subject (*) Theory and History of Physical Activity and Sport Code 620G01003
Study programme
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
First FB 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Educación Física e Deportiva
Coordinador
López Villar, Cristina
E-mail
cristina.lopezv@udc.es
Lecturers
López Villar, Cristina
E-mail
cristina.lopezv@udc.es
Web
General description Esta materia pretende introducir ao alumnado en aspectos básicos de historia e filosofía das ciencias do deporte. Os coñecementos adquiridos nesta materia pretenden xerar no alumnado unha conciencia crítica e de compromiso coa profesión de graduado en ciencias do deporte e a actividade física.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Comprender os beneficios do deporte como experiencia de lecer para ser capaz de incluír os indicadores fundamentais na planificación e atender os mesmos no desenvolvemento da práctica de lecer, considerando o xénero, a idade e a discapacidade, e analizando con enfoque crítico as estratexias de discriminación positiva.
A2 Comprender os procesos históricos das actividades físico-deportivas e a súa influencia na sociedade contemporánea, estudando o caso de España e Galicia, e a presenza diferenciada dos homes e das mulleres.
A3 Coñecer e analizar a cultura deportiva e propoñer os cambios necesarios, na propia e na das persoas coas que traballa, desde a ética e o xogo limpo, as diferenzas de xénero e a visibilidade dos discapacitados.
B12 Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Comprender a importancia das categorías xénero e clase social nas análises históricas. A1
Entender a importancia do deporte con finalidade social A3
Comprender a importancia da ética no deporte e as súas diferentes manifestacións. B12
Saber expresarse correctamente tanto nos traballos académicos escritos como nas exposicións orais. C1
Demostrar a asimilación da importancia dos procesos históricos e a súa influencia no momento actual, tanto en España como en Galiza e nos diferentes colectivos diferenciados por xénero, idade, clase social, etc. A2

Contents
Topic Sub-topic
TEMA 1. AS CIENCIAS DO DEPORTE E A EDUCACIÓN FÍSICA.

- A propia historia motriz
- Aspectos básicos para construir en positivo a profesión.
TEMA 2. O LUGAR DO CORPO NAS CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE - Aspectos epistemolóxicos
- Corpo, deporte espectáculo, medios de comunicación e cultura de consumo.
- A cultura corporal na educación física.
TEMA 3. ÉTICA E DEPORTE - O lugar da ética no deporte
- Dereitos humanos e deporte
- O deporte e o seu valor social
TEMA 4. DAS ORIXES DO DEPORTE AO DEPORTE ACTUAL - Orixes e configuración da actividade física moderna.
- ¿Quen escribe a historia? Grupos invisibilizados.
- A deportivización s. XIX e XX.
- O deporte como fenómeno de masas.
- As mulleres e o seu papel na historia do deporte.


TEMA 5. HISTORIA DO DEPORTE EN ESPAÑA E GALICIA
- O deporte en España. Fases. Pioneiras e pioneiros.
- Historia das Facultades de Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
- Prácticas populares fronte a prácticas elitistas.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects A2 A1 A3 B12 C1 8 20 28
Oral presentation B16 3 10 13
Problem solving A2 A1 20 20 40
Guest lecture / keynote speech A2 A1 A3 10 20 30
Collaborative learning B12 10 19 29
 
Personalized attention 10 0 10
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects A profesora guiará ao alumnado na realización dos traballos tutelados
Oral presentation Os traballos tutelados e os problemas presentaranse na aula.
Problem solving O alumnado terá que resolver diferentes problemas plantexados en forma de proxectos ao longo do curso.
Guest lecture / keynote speech Sesións de explicación da profesora, poden ser sesións participativas.
Collaborative learning A metodoloxía de traballo en grupo será principal nesta materia.

Personalized attention
Methodologies
Oral presentation
Supervised projects
Problem solving
Description
As actividades reflectidas son aquelas que demandan a asistencia do alumnado ás titorías. Nesta materia contémplanse 3 tipos diferentes de titorías:
- En pequeno grupo: son aquelas previstas no horario da materia que poderán utilizarse a indicación do profesorado para revisar os traballos grupais.
- Titorías individualizadas utilizando o despacho ou a plataforma Moodle.
- Titorías persoais/grupais no despacho da profesora.

* O alumnado que xa cursou a materia pode acudir ás titorías personalizadas sempre que o precise.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Oral presentation B16 A presentación oral de cada un dos traballos terá un valor que se suma a cada un dos traballos en sí. 0
Supervised projects A2 A1 A3 B12 C1 - Mulleres e deporte. Traballo que consiste na recopilación de información sobre unha muller ou grupo de mulleres deportistas. Este traballo consta de tres partes: dossier, póster e presentación oral. A éstas engádese a avaliación grupal.
Calificación: 2,5 puntos.
- Deporte social. O alumnado participará nunha actividade de aprendizaxe e servizo e terá que entregar unha memoria da mesma e realizar unha presentación oral e unha avaliación grupal. Calificación: 2,5 puntos.
50
Problem solving A2 A1 Ao longo do curso, por grupos de traballo, presentaránse diferentes problemas ao alumnado para que elaboren solucións que terán que expoñerse en clase, realizándose certas tarefas a través da plataforma moodle.
Un destes traballos será individual e consistirá na elaboración dunha árbore xenealóxica e historia familiar. Este traballo terá un valor de 2 puntos.
50
 
Assessment comments

- O alumnado que queira optar a matrícula poderá entregar un traballo denominado "historia familiar e motriz".

- O alumnado poderá optar por avaliación contínua (o que se corresponde co apartado de avaliación desta guía) ou avaliación final (só exame final).

- Avaliación contínua: como criterio pídese unha asistencia do 70% das clases prácticas e a entrega dos traballos nas datas acordadas, así como asistencia a titorías ou charlas que se especifiquen ao longo do curso. As faltas ás clases de traballo grupal descontarán na nota final. Cada dúas faltas restarase 0,5. Pasado un mes do inicio da materia non haberá opción de pasarse á opción de exame final, para aquelas persoas que inicialmente se inclinaron pola avaliación contínua. En todos os casos é preciso aprobar todas as partes para facer a media final. Tanto o feito de non aprobar os traballos como das faltas a clase pode supoñer o suspenso na avaliación contínua e a necesidade de presentarse na convocatoria de xullo.

- Avaliación final: este alumnado non ten ningunha esixencia de asistencia a clase e realizará un exame final, éste poderá ser oral ou escrito, e versará sobre os contidos da materia. O exame será o 100% da nota. O exame entregarase no idimoa de impartición da materia, facilitarase en castelán solicitándoo unha semana antes á data de realización.

- Avaliación alumnado tempo parcial: a avaliación será a mesma que para os de tempo completo. Para calqueira circunstancia especial de tipo persoal, o alumnado deberá falar coa profesora dentro das tres primeiras semanas do curso.

- O alumnado coa materia pendente doutros anos realizará un exame escrito ou oral ou entregará os traballos que tiña pendentes, en función de cada caso. Recoméndase ao alumnado coa materia pendente doutros anos que acuda a
unha titoría individual para cubrir unha ficha de datos persoais.

- Cando na primeira convocatoria se suspenda algunha das partes gardarase a nota das partes aprobadas durante 4 cursos escolares. O alumnado será responsable de actualizarse respecto á materia impartida cada curso.

- O alumnado con necesidades específicas especiais poñerase en contacto coa profesora ao inicio do curso para valorar a posibilidade dunha avaliación alternativa.
- Non se permitirá a asistencia aos exames con dispositivos móbiles ou calqueira outra ferramenta que non sexa un bolígrafo para redactar o exame. Recoméndase asistir ao exame con reloxo.
- Cando o alumnado se presente á primeira oportunidade e non se presente á segunda dunha convocatoria, a nota final que figurará na acta será a que obtivo na oportunidade na que sí se presentou.

-Ao longo do curso poderían xurdir actividades extras, como conferencias ou semellantes, que poderán plantexarse como actividades obrigatorias para o alumnado.

- A profesora non recepcionará traballos a través do correo electrónico, para este fin usarase a plataforma moodle.

- Tentaráse organizar unha visita guiada ao museo do xoguete de Ponteceso. Esta visita forma parte da avaliación.


Sources of information
Basic

Betancor, M.A.e Vilanou,C. (1995). La historia de la Educación Física y del Deporte a través de los textos.Barcelona: PPU,S.A.
Cagigal, J. M. (1996). Obras completas. Vol I, Vol II e Vol III. Cádiz: C. O. E. e Asoc. Deporte para todos.
Christensen, K.; Guttmann, A. e Pfister, G. (2001) Internationalencyclopedia of women and sports. New York : Macmillan.
Diem, C. (1966). Historia de los Deportes. Vol I e II. Barcelona: Luis de Caralt.
Domínguez Almansa, A. (2009) Historia Social do Deporte en Galicia 1850-1920. VIgo: Galaxia.
Hernández Vázquez, M. (2003) Antropología del deporte enEspaña : desde sus primeros testimonios gráficos hasta la Edad Moderna . Madrid : Esteban Sanz Martínez
Pujadas, X. (2011). Atletas y ciudadanos. Historia social del deporte en España 1870-2010. Madrid: Alianza.

Richard, M. (1996). Historia cultural del deporte. Barcelona: Bellaterra.
Salvador, J. L. (2004). El deporte en occidente. Historia, cultura y politica. Madrid: Cátedra.

Complementary

ALCOBA LÓPEZ, A. (2001). Enciclopedia del deporte. Madrid: Esteban Sanz Martínez.

BECKER, H.e LANGENFELD, H. (1992). "Sport History." In Diccionario de ciencias del deporte, 582-583. Málaga: UNISPORT.
BENTO, J. e MARQUES, A. (1989). Desporto, ética e sociedade. Porto: Universidade do Porto.

CALLOIS, R. (1958).Les jeux et les hommes. Le masque et le vertige. Paris: Gallimard.
CASHMORE, E. (2005). Making sense of sports. G. B.: Routledge.
DANTEC, R. (2003). Il y a un siècle... Le sport. Rennes: Édilarge.

DUNNING, E.G., MAGUIRE, J.A., PEARTON, R.E. (1993). The Sports process, a comparative and developmental approch.

Champaign: Human Kinetics Publishers.

DURING, B. (1984). Des jeux aux sports. Repères et Documents en histoire des activités physiques. París: Vigot.

ELIAS, N. y DUNNING, E.(1992). Deporte y ocio en el proceso de civilización. Madrid: Fondo de Cultura Económica.

FREEMAN, W. H. (1992). Physical education and sport in a changing society. New York: McMillan.

GILLET, B. (1971). Historia del deporte, ¿Qué sé? Barcelona: Oikos-Tau.

GLEYSE, J. (ed.) (1999). L'éducation physique au XXe siècle. Approches historique et culturelle, Sport +

Enseignement. París: Vigot.

GONZÁLEZ AJA, T. (2001). El deporte a través del arte occidental. Universidad Complutense de Madrid, Vicerrectorado de

Extensión Universitaria, 2001.
GONZÁLEA AJA, T. (ed.) (2002). Sport y autoritarismos. Madrid: Alianza editorial.

GUTTMANN, A. (1978). From ritual to record: The nature of modern sport. New York.: Columbia University Press.
LANGLADE, A. e LANGLADE N. R. (1986). Teoría General de la Gimnasia. Buenos Aires: Stadium.

Le FLOC'HOMOAN, J. (1965). La génesis de los deportes. Barcelona: Labor.

JARVIE, G. (2006). Sport, Culture and Society. An Introduction. G. B.: Routledge.

MANDELL, R. (1986). Historia cultural del deporte. Barcelona: Bellaterra.
MECHIKOFF, R. (2009) A history and philosophy of sport and physical education: from ancient civilizations to the modern world. N. Y.: McGrawHill.

RODRÍGUEZ LÓPEZ, J. (1995). Deporte y Ciencia. Teoría de la actividad física. Barcelona: INDE.
RODRÍGUEZ LÓPEZ, J. (2000). Historia del deporte. Barcelona: INDE.
SOTT KRETCHMAR, R. (1994). Practical philosophy of sport. USA: Human Kinetics.

UEBERHORST, H. (1989). World history of Physical Education and Sport. Berlin: B. Wernitz.

ULMANN, J. (1977). De la gymnastique aux sports modernes. Paris: Vrin.

VIGARELLO, G. (1988). Une histoire culturelle du sport. Techniques d'hier... et d'aujourd'hui. Paris: Robert Laffont.

ZEIGLER, E. (1988). History of Physical Education and Sports. Champaing (Ill.): Stipes.

———. (1990). Sport and physical education: past, present, future. Champaing (Ill.): Stipes.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Recoméndase ao alumnado que non sabe escribir axeitadamente que consulte manuais de ortografía ou de redacción de textos, xa que nesta materia teráse en conta a corrección nos textos para a nota final.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.