Identifying Data 2019/20
Subject (*) Theory and History of Physical Activity and Sport Code 620G01003
Study programme
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
First Basic training 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Educación Física e Deportiva
Coordinador
López Villar, Cristina
E-mail
cristina.lopezv@udc.es
Lecturers
López Villar, Cristina
E-mail
cristina.lopezv@udc.es
Web
General description Esta materia pretende introducir ao alumnado en aspectos básicos de historia e filosofía das ciencias do deporte. Os coñecementos adquiridos nesta materia pretenden xerar no alumnado unha conciencia crítica e de compromiso coa profesión da persoa graduada en ciencias do deporte e a actividade física.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Comprender os beneficios do deporte como experiencia de lecer para ser capaz de incluír os indicadores fundamentais na planificación e atender os mesmos no desenvolvemento da práctica de lecer, considerando o xénero, a idade e a discapacidade, e analizando con enfoque crítico as estratexias de discriminación positiva.
A2 Comprender os procesos históricos das actividades físico-deportivas e a súa influencia na sociedade contemporánea, estudando o caso de España e Galicia, e a presenza diferenciada dos homes e das mulleres.
A3 Coñecer e analizar a cultura deportiva e propoñer os cambios necesarios, na propia e na das persoas coas que traballa, desde a ética e o xogo limpo, as diferenzas de xénero e a visibilidade dos discapacitados.
B12 Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Comprender a importancia das categorías xénero e clase social nas análises históricas. A1
Entender a importancia do deporte con finalidade social A3
Comprender a importancia da ética no deporte e as súas diferentes manifestacións. B12
Saber expresarse correctamente tanto nos traballos académicos escritos como nas exposicións orais. C1
Demostrar a asimilación da importancia dos procesos históricos e a súa influencia no momento actual, tanto en España como en Galiza e nos diferentes colectivos diferenciados por xénero, idade, clase social, etc. A2

Contents
Topic Sub-topic
TEMA 0. ASPECTOS BÁSICOS - As fontes de información.
- Bases de datos.
- Normativas e formas de citar nos traballos académicos.
TEMA 1. O LUGAR DO CORPO NAS CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE - Aspectos epistemolóxicos
- Corpo, deporte espectáculo, medios de comunicación e cultura de consumo.
- A cultura corporal na educación física.
- Cultura machista e cosificación do corpo.
TEMA 2. ÉTICA E DEPORTE - O lugar da ética no deporte
- Dereitos humanos e deporte
- O deporte e o seu valor social: aps.
- Deporte e medio ambiente
TEMA 3. DAS ORIXES DO DEPORTE AO DEPORTE ACTUAL - Orixes e configuración da actividade física moderna.
- ¿Quen escribe a historia? Grupos invisibilizados.
- A deportivización s. XIX e XX.
- O deporte como fenómeno de masas.
- As mulleres e o seu papel na historia do deporte.


TEMA 4. HISTORIA DO DEPORTE EN ESPAÑA E GALICIA
- O deporte en España. Fases. Pioneiras e pioneiros.
- Historia das Facultades de Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
- Prácticas populares fronte a prácticas elitistas.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects A2 A1 A3 B12 C1 8 23 31
Oral presentation C1 3 11 14
Problem solving A2 A1 12 0 12
Guest lecture / keynote speech A2 A1 A3 13 11 24
Aprendizaxe servizo A3 B12 C1 4 6 10
Long answer / essay questions A2 A1 A3 B12 C1 1 12 13
Collaborative learning B12 10 26 36
 
Personalized attention 10 0 10
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects A profesora guiará ao alumnado na realización dos traballos tutelados
Oral presentation Os traballos tutelados e os problemas presentaranse na aula.
Problem solving O alumnado terá que resolver diferentes problemas plantexados en forma de proxectos ao longo do curso.
Guest lecture / keynote speech Sesións de explicación da profesora, poden ser sesións participativas.
Aprendizaxe servizo Nesta materia realizarase unha experiencia de aprendizaxe e servizo que se explicará e organizará en clase.
Long answer / essay questions Examen escrito
Collaborative learning A metodoloxía de traballo en grupo será principal nesta materia.

Personalized attention
Methodologies
Oral presentation
Supervised projects
Problem solving
Description
As actividades reflectidas son aquelas que demandan a asistencia do alumnado ás titorías. Nesta materia contémplanse 3 tipos diferentes de titorías:
- En pequeno grupo: son aquelas previstas no horario da materia que poderán utilizarse a indicación do profesorado para revisar os traballos grupais.
- Titorías individualizadas utilizando o despacho ou a plataforma Moodle.
- Titorías persoais/grupais no despacho da profesora.

* O alumnado que xa cursou a materia pode acudir ás titorías personalizadas sempre que o precise.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Long answer / essay questions A2 A1 A3 B12 C1 Este exame é preciso superalo para poder facer media co resto de notas. 2
Supervised projects A2 A1 A3 B12 C1 - Mulleres e deporte. Traballo que consiste na recopilación de información sobre unha muller ou grupo de mulleres deportistas. Este traballo consta de diferentes partes: dossier, póster e presentación oral.
Calificación: 2.5 puntos.
- Deporte social. O alumnado participará nunha actividade de aprendizaxe e servizo e terá que entregar unha memoria da mesma. Calificación: 2 puntos.
4.5
Problem solving A2 A1 Ao longo do curso, por grupos de traballo, presentaránse diferentes proxectos ao alumnado para que os elaboren, tamén terán que expoñerse en clase. 3.5
 
Assessment comments

- O alumnado que queira optar a matrícula poderá entregar un traballo denominado "historia familiar e motriz", se así o require a profesora.

- O alumnado poderá optar por avaliación contínua (o que se corresponde co apartado de avaliación desta guía) ou avaliación final (só exame final). O alumnado que se incorpore tarde ao curso só poderá optar a matrícula final. 

- Avaliación contínua: como criterio pídese unha asistencia do 70% das clases prácticas, e o compromiso de asumir tres prácticas fóra do horario de aula, así como a entrega dos traballos nas datas acordada e asistencia a titorías ou charlas que se especifiquen ao longo do curso. As faltas ás clases de traballo grupal descontarán na nota final. Cada dúas faltas restarase 0,5. Realizarase unha proba escrita ou oral que suporá a posibilidade de continuar na avaliación contínua ou perder esta opción e pasar á avaliación final. A profesora poderá facer probas tipo exame dentro da avaliación contínua se así o considera preciso.

En todos os casos é preciso aprobar todas as partes para facer a media final. Tanto o feito de non aprobar os traballos como as faltas a clase pode supor o suspenso na avaliación contínua e a necesidade de presentarse na convocatoria de xullo. O suspenso na avaliación contínua queda a criterio da profesora que o comunicará verbalmente ou por email ao alumnado sen necesidade de publicar ningún tipo de notas.

- Avaliación final: este alumnado non ten ningunha esixencia de asistencia a clase e realizará un exame final, éste poderá ser oral ou escrito, sobre os contidos da materia. O exame será o 100% da nota. O exame entregarase no idimoa de impartición da materia, facilitarase en castelán solicitándoo unha semana antes á data de realización.

- Avaliación alumnado tempo parcial: a avaliación será a mesma que para os de tempo completo. Para calqueira circunstancia especial de tipo persoal, o alumnado deberá falar coa profesora dentro das tres primeiras semanas do curso.

- O alumnado coa materia pendente doutros anos realizará un exame escrito ou oral ou entregará os traballos que tiña pendentes, en función de cada caso. Recoméndase ao alumnado coa materia pendente doutros anos que acuda a
unha titoría individual para cubrir unha ficha de datos persoais.

- Cando na primeira convocatoria se suspenda algunha das partes gardarase a nota das partes aprobadas durante 4 cursos escolares. O alumnado será responsable de actualizarse respecto á materia impartida cada curso.

- O alumnado con necesidades específicas especiais poñerase en contacto coa profesora ao inicio do curso para valorar a posibilidade dunha avaliación alternativa.
- Non se permitirá a asistencia aos exames con dispositivos móbiles ou calqueira outra ferramenta que non sexa un bolígrafo para redactar o exame. Recoméndase asistir ao exame con reloxo.
- Cando o alumnado se presente á primeira oportunidade e non se presente á segunda dunha convocatoria, a nota final que figurará na acta será a que obtivo na oportunidade na que sí se presentou.

-Ao longo do curso poderían xurdir actividades extras, como conferencias ou semellantes, que poderán plantexarse como actividades obrigatorias para o alumnado.

- A profesora non recepcionará traballos a través do correo electrónico, para este fin usarase a plataforma moodle.

- Tentaráse organizar unha visita guiada ao museo do xoguete de Ponteceso. Esta visita forma parte da avaliación.


Sources of information
Basic

Betancor, M.A.e Vilanou,C. (1995). La historia de la Educación Física y del Deporte a través de los texto s.Barcelona: PPU,S.A.
Cagigal, José María (1996). Obras completas. Vol I, Vol II e Vol III. Cádiz: C. O. E. e Asoc. Deporte para todos.
Christensen, K.; Guttmann, A. e Pfister, G. (2001) Internationalencyclopedia of women and sports. New York : Macmillan.
Diem, Carl (1966). H istoria de los Deportes. Vol I e II. Barcelona: Luis de Caralt.
Domínguez Almansa, Andrés (2009) Historia Social do Deporte en Galicia 1850-1920. VIgo: Galaxia.
Hernández Vázquez, M. (2003) Antropología del deporte enEspaña : desde sus primeros testimonios gráficos hasta la Edad Moderna . Madrid; E steban Sanz Martínez Pérez

López Villar, Cristina (2017). Pioneiras do deporte en Galicia. A Coruña: Deputación da Coruña.

Marañón, Iria (2018). Educar en el feminismo. Barcelona: Plataforma editorial.

Pujadas, Xabier (2011). Atletas y ciudadanos. Historia social del deporte en España 1870-2010. Madrid: Alianza.

Richard, M. (1996). Historia cultural del deporte . Barcelona: Bellaterra.
Salvador, José Luis (2004). El deporte en occidente. Historia, cultura y politica. Madrid: Cátedra.

Triviño, José Luis (2011). Ética y deporte. Bilbao: Desclée de Brouwer,Varela,
Nuria (2017). Feminismo para principiantes (Cómic). Barcelona: Ediciones B

Complementary

ALCOBA LÓPEZ, A. (2001). Enciclopedia del deporte. Madrid: Esteban Sanz Martínez.

BECKER, H.e LANGENFELD, H. (1992). "Sport History." In Diccionario de ciencias del deporte, 582-583. Málaga: UNISPORT.
BENTO, J. e MARQUES, A. (1989). Desporto, ética e sociedade. Porto: Universidade do Porto.

CALLOIS, R. (1958).Les jeux et les hommes. Le masque et le vertige. Paris: Gallimard.

García Candau, Julián (2007). El deporte y la guerra civil. Madrid: Espasa Calpe.

CASHMORE, E. (2005). Making sense of sports. G. B.: Routledge.
DANTEC, R. (2003). Il y a un siècle... Le sport. Rennes: Édilarge.

DUNNING, E.G., MAGUIRE, J.A., PEARTON, R.E. (1993). The Sports process, a comparative and developmental approch.

Champaign: Human Kinetics Publishers.

DURING, B. (1984). Des jeux aux sports. Repères et Documents en histoire des activités physiques. París: Vigot.

ELIAS, N. y DUNNING, E.(1992). Deporte y ocio en el proceso de civilización. Madrid: Fondo de Cultura Económica.

FREEMAN, W. H. (1992). Physical education and sport in a changing society. New York: McMillan.

Fumero, Kika (2016). Escuelas libres de violencia machista. Palma de Mallorca: UIB.

García García, Jorge (2015). El origen del deporte femenino en España. Printcolor: Barcelona.

GILLET, B. (1971). Historia del deporte, ¿Qué sé? Barcelona: Oikos-Tau.

GLEYSE, J. (ed.) (1999). L'éducation physique au XXe siècle. Approches historique et culturelle, Sport +

Enseignement. París: Vigot.

GONZÁLEZ AJA, Teresa (2001). El deporte a través del arte occidental. Universidad Complutense de Madrid, Vicerrectorado de

Extensión Universitaria, 2001.
GONZÁLEA AJA, Teresa (ed.) (2002). Sport y autoritarismos. Madrid: Alianza editorial.

González Martín, Xerardo (2007). 120 anos de ciclismo galego. Vigo: Galaxia.

GUTTMANN, A. (1978). From ritual to record: The nature of modern sport. New York.: Columbia University Press.

Justribó, Daniel (2014). Feminitat, Esport, Cultura. Pioneres de l'aletisme catalá (1921-1938). Barcelona: Alprés.

LANGLADE, A. e LANGLADE N. R. (1986). Teoría General de la Gimnasia. Buenos Aires: Stadium.

Lezcano, Arturo (2005). Cheché Martín, fútbol sobre lenzo. Santiago de Compostela: Lea.

Le FLOC'HOMOAN, J. (1965). La génesis de los deportes. Barcelona: Labor.

Manrique Arribas, Juan Carlos (2008). La mujer y la educación física durante la dictadura. Valladolid: Universidad de Valencia.

MANDELL, R. (1986). Historia cultural del deporte. Barcelona: Bellaterra.
MECHIKOFF, R. (2009) A history and philosophy of sport and physical education: from ancient civilizations to the modern world. N. Y.: McGrawHill.

RODRÍGUEZ LÓPEZ, J. (1995). Deporte y Ciencia. Teoría de la actividad física. Barcelona: INDE.
RODRÍGUEZ LÓPEZ, J. (2000). Historia del deporte. Barcelona: INDE.

Rose, Sonya (2012). ¿Qué es historia de género? Madrid : Alianza Editorial

Sentamans, Tatiana (2010). Amazonas mecánicas: engranajes visuales, políticos y culturales. Madrid: Ministerio de Cultura.

SOTT KRETCHMAR, R. (1994). Practical philosophy of sport. USA: Human Kinetics.

UEBERHORST, H. (1989). World history of Physical Education and Sport. Berlin: B. Wernitz.

ULMANN, J. (1977). De la gymnastique aux sports modernes. Paris: Vrin.

VIGARELLO, G. (1988). Une histoire culturelle du sport. Techniques d'hier... et d'aujourd'hui. Paris: Robert Laffont.

ZEIGLER, E. (1988). History of Physical Education and Sports. Champaing (Ill.): Stipes.

———. (1990). Sport and physical education: past, present, future. Champaing (Ill.): Stipes.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Recoméndase ao alumnado que non sabe escribir axeitadamente que consulte manuais de ortografía ou de redacción de textos, xa que nesta materia teráse en conta a corrección nos textos para a nota final.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.