Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Teoría e historia da actividade física e do deporte Código 620G01003
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
López Villar, Cristina
Correo electrónico
cristina.lopezv@udc.es
Profesorado
López Villar, Cristina
Márquez Sánchez, Gonzalo José
Palacios Aguilar, Jose
Ripoll Alberti, Antonio
Romero Nieves, Jose Luis
Correo electrónico
cristina.lopezv@udc.es
gonzalo.marquez@udc.es
jose.palacios@udc.es
antonio.ripoll@udc.es
j.l.romero@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende introducir ao alumnado en aspectos básicos de historia e filosofía das ciencias do deporte. Os coñecementos adquiridos nesta materia pretenden xerar no alumnado unha conciencia crítica e de compromiso coa profesión da persoa graduada en ciencias do deporte e a actividade física.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas as que non esixen presencialidade.
*Metodoloxías docentes que se modifican
As que esixen presencialidade.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A través de teams e moodle.
4. Modificacións na avaliación
O exame en lugar de ser presencial sería oral a través de teams ou en formato escrito a través de moodle.
*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os beneficios do deporte como experiencia de lecer para ser capaz de incluír os indicadores fundamentais na planificación e atender os mesmos no desenvolvemento da práctica de lecer, considerando o xénero, a idade e a discapacidade, e analizando con enfoque crítico as estratexias de discriminación positiva.
A2 Comprender os procesos históricos das actividades físico-deportivas e a súa influencia na sociedade contemporánea, estudando o caso de España e Galicia, e a presenza diferenciada dos homes e das mulleres.
A3 Coñecer e analizar a cultura deportiva e propoñer os cambios necesarios, na propia e na das persoas coas que traballa, desde a ética e o xogo limpo, as diferenzas de xénero e a visibilidade dos discapacitados.
B12 Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender a importancia das categorías xénero e clase social nas análises históricas. A1
Entender a importancia do deporte con finalidade social A3
Comprender a importancia da ética no deporte e as súas diferentes manifestacións. B12
Saber expresarse correctamente tanto nos traballos académicos escritos como nas exposicións orais. C1
Demostrar a asimilación da importancia dos procesos históricos e a súa influencia no momento actual, tanto en España como en Galiza e nos diferentes colectivos diferenciados por xénero, idade, clase social, etc. A2

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 0. ASPECTOS BÁSICOS - As fontes de información.
- Bases de datos.
- Normativas e formas de citar nos traballos académicos.
TEMA 1. O LUGAR DO CORPO NAS CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE - Aspectos epistemolóxicos
- Corpo, deporte espectáculo, medios de comunicación e cultura de consumo.
- A cultura corporal na educación física.
- Cultura machista e cosificación do corpo.
TEMA 2. ÉTICA E DEPORTE - O lugar da ética no deporte
- Dereitos humanos e deporte
- O deporte e o seu valor social: aps.
- Deporte e medio ambiente
TEMA 3. DAS ORIXES DO DEPORTE AO DEPORTE ACTUAL - Orixes e configuración da actividade física moderna.
- ¿Quen escribe a historia? Grupos invisibilizados.
- A deportivización s. XIX e XX
- O deporte como fenómeno de masas: os xogos olímpicos.
- As mulleres e o seu papel na historia do deporte.


TEMA 4. HISTORIA DO DEPORTE EN ESPAÑA E GALICIA
- O deporte en España. Fases. Pioneiras e pioneiros.
- Historia das Facultades de Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
- Prácticas populares fronte a prácticas elitistas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A2 A1 A3 B12 C1 8 23 31
Presentación oral C1 3 11 14
Solución de problemas A2 A1 12 0 12
Sesión maxistral A2 A1 A3 17 17 34
Proba de ensaio A2 A1 A3 B12 C1 1 12 13
Aprendizaxe colaborativa B12 10 26 36
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Guiarase ao alumnado na realización dos traballos tutelados
Presentación oral Os traballos tutelados e os problemas presentaranse na aula.
Solución de problemas O alumnado terá que resolver diferentes problemas plantexados en forma de proxectos ao longo do curso.
Sesión maxistral Sesións de explicación polo profesorado, poden ser sesións participativas.
Proba de ensaio Examen escrito
Aprendizaxe colaborativa A metodoloxía de traballo en grupo será principal nesta materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Solución de problemas
Descrición
As actividades reflectidas son aquelas que demandan a asistencia do alumnado ás titorías. Nesta materia contémplanse 3 tipos diferentes de titorías:
- En pequeno grupo: son aquelas previstas no horario da materia que poderán utilizarse a indicación do profesorado para revisar os traballos grupais.
- Titorías individualizadas utilizando o despacho ou a plataforma Moodle.
- Titorías persoais/grupais no despacho da profesora.

* O alumnado que xa cursou a materia pode acudir ás titorías personalizadas sempre que o precise.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A2 A1 A3 B12 C1 Este exame é preciso superalo para poder facer media co resto de notas (Tema 3 e 4 para as persoas de avaliación contínua)
O exame será presencial e escrito, con preguntas verdadeiro-falso para completar.
4
Traballos tutelados A2 A1 A3 B12 C1 - Mulleres e deporte. Traballo que consiste na recopilación de información sobre unha muller ou grupo de mulleres deportistas. Este traballo consta de diferentes partes: dossier, póster e presentación oral.
Calificación: 2.5 puntos.

2.5
Solución de problemas A2 A1 -Cuestionario moodle:
Tema 1. Lecturas sobre valores corporais, cultura corporal e masculinidades ou semellantes (1 punto).
Tema 2. Lecturas sobre medio ambiente e deporte (1 punto).
Tema 2. Lecturas sobre dereitos humanos e deporte e valores (1 punto).
Tema 2. Traballo proposta ética e deporte (0.5).
3.5
 
Observacións avaliación

- O alumnado que queira optar a matrícula poderá entregar un traballo denominado "historia familiar e motriz", con autorización da responsable da materia.

- O alumnado poderá optar por avaliación contínua (o que se corresponde co apartado de avaliación desta guía) ou avaliación final (só exame final). O alumnado que se incorpore tarde ao curso só poderá optar a matrícula final. 

- Avaliación contínua: como criterio pídese unha asistencia do 70% das clases prácticas, así como a entrega dos traballos nas datas acordada e asistencia a titorías ou charlas que se especifiquen ao longo do curso. As faltas ás clases, sen xustificación, de traballo grupal descontarán na nota final. Cada dúas faltas restarase 0,5. 

En todos os casos é preciso aprobar todas as partes para facer a media final. Tanto o feito de non aprobar os traballos como as faltas a clase pode supor o suspenso na avaliación contínua e a necesidade de presentarse na convocatoria de xullo. 

- Avaliación final: este alumnado non ten ningunha esixencia de asistencia a clase e realizará un exame final, éste poderá ser oral ou escrito, sobre os contidos da materia. O exame será o 100% da nota. O exame entregarase no idimoa de impartición da materia, facilitarase en castelán solicitándoo unha semana antes á data de realización.

- Avaliación alumnado tempo parcial: a avaliación será a mesma que para os de tempo completo. Para calqueira circunstancia especial de tipo persoal, o alumnado deberá falar coa profesora dentro das tres primeiras semanas do curso.

- O alumnado coa materia pendente doutros anos realizará un exame escrito ou oral ou entregará os traballos que tiña pendentes, en función de cada caso. Recoméndase ao alumnado coa materia pendente doutros anos que acuda a
unha titoría individual para cubrir unha ficha de datos persoais.

- Cando na primeira convocatoria se suspenda algunha das partes gardarase a nota das partes aprobadas durante 4 cursos escolares. O alumnado será responsable de actualizarse respecto á materia impartida cada curso.

- O alumnado con necesidades específicas especiais poñerase en contacto coa profesora ao inicio do curso para valorar a posibilidade dunha avaliación alternativa.
- Non se permitirá a asistencia aos exames con dispositivos móbiles ou calqueira outra ferramenta que non sexa un bolígrafo para redactar o exame. Recoméndase asistir ao exame con reloxo.
- Cando o alumnado se presente á primeira oportunidade e non se presente á segunda dunha convocatoria, a nota final que figurará na acta será a que obtivo na oportunidade na que sí se presentou.

-Ao longo do curso poderían xurdir actividades extras, como conferencias ou semellantes, que poderán plantexarse como actividades obrigatorias para o alumnado.

- Non recepcionarán traballos a través do correo electrónico, para este fin usarase a plataforma moodle.



Fontes de información
Bibliografía básica

Betancor, M.A.e Vilanou,C. (1995). La historia de la Educación Física y del Deporte a través de los texto s.Barcelona: PPU,S.A.
Cagigal, José María (1996). Obras completas. Vol I, Vol II e Vol III. Cádiz: C. O. E. e Asoc. Deporte para todos.
Christensen, K.; Guttmann, A. e Pfister, G. (2001) Internationalencyclopedia of women and sports. New York : Macmillan.
Diem, Carl (1966). H istoria de los Deportes. Vol I e II. Barcelona: Luis de Caralt.
Domínguez Almansa, Andrés (2009) Historia Social do Deporte en Galicia 1850-1920. VIgo: Galaxia.
Hernández Vázquez, M. (2003) Antropología del deporte enEspaña : desde sus primeros testimonios gráficos hasta la Edad Moderna . Madrid; E steban Sanz Martínez Pérez

López Villar, Cristina (2017). Pioneiras do deporte en Galicia. A Coruña: Deputación da Coruña.

Marañón, Iria (2018). Educar en el feminismo. Barcelona: Plataforma editorial.

Pujadas, Xabier (2011). Atletas y ciudadanos. Historia social del deporte en España 1870-2010. Madrid: Alianza.

Richard, M. (1996). Historia cultural del deporte . Barcelona: Bellaterra.
Salvador, José Luis (2004). El deporte en occidente. Historia, cultura y politica. Madrid: Cátedra.

Triviño, José Luis (2011). Ética y deporte. Bilbao: Desclée de Brouwer,Varela,
Nuria (2017). Feminismo para principiantes (Cómic). Barcelona: Ediciones B

Bibliografía complementaria

ALCOBA LÓPEZ, A. (2001). Enciclopedia del deporte. Madrid: Esteban Sanz Martínez.

BECKER, H.e LANGENFELD, H. (1992). "Sport History." In Diccionario de ciencias del deporte, 582-583. Málaga: UNISPORT.
BENTO, J. e MARQUES, A. (1989). Desporto, ética e sociedade. Porto: Universidade do Porto.

CALLOIS, R. (1958).Les jeux et les hommes. Le masque et le vertige. Paris: Gallimard.

García Candau, Julián (2007). El deporte y la guerra civil. Madrid: Espasa Calpe.

CASHMORE, E. (2005). Making sense of sports. G. B.: Routledge.
DANTEC, R. (2003). Il y a un siècle... Le sport. Rennes: Édilarge.

DUNNING, E.G., MAGUIRE, J.A., PEARTON, R.E. (1993). The Sports process, a comparative and developmental approch.

Champaign: Human Kinetics Publishers.

DURING, B. (1984). Des jeux aux sports. Repères et Documents en histoire des activités physiques. París: Vigot.

ELIAS, N. y DUNNING, E.(1992). Deporte y ocio en el proceso de civilización. Madrid: Fondo de Cultura Económica.

FREEMAN, W. H. (1992). Physical education and sport in a changing society. New York: McMillan.

Fumero, Kika (2016). Escuelas libres de violencia machista. Palma de Mallorca: UIB.

García García, Jorge (2015). El origen del deporte femenino en España. Printcolor: Barcelona.

GILLET, B. (1971). Historia del deporte, ¿Qué sé? Barcelona: Oikos-Tau.

GLEYSE, J. (ed.) (1999). L'éducation physique au XXe siècle. Approches historique et culturelle, Sport +

Enseignement. París: Vigot.

GONZÁLEZ AJA, Teresa (2001). El deporte a través del arte occidental. Universidad Complutense de Madrid, Vicerrectorado de

Extensión Universitaria, 2001.
GONZÁLEA AJA, Teresa (ed.) (2002). Sport y autoritarismos. Madrid: Alianza editorial.

González Martín, Xerardo (2007). 120 anos de ciclismo galego. Vigo: Galaxia.

GUTTMANN, A. (1978). From ritual to record: The nature of modern sport. New York.: Columbia University Press.

Justribó, Daniel (2014). Feminitat, Esport, Cultura. Pioneres de l'aletisme catalá (1921-1938). Barcelona: Alprés.

LANGLADE, A. e LANGLADE N. R. (1986). Teoría General de la Gimnasia. Buenos Aires: Stadium.

Lezcano, Arturo (2005). Cheché Martín, fútbol sobre lenzo. Santiago de Compostela: Lea.

Le FLOC'HOMOAN, J. (1965). La génesis de los deportes. Barcelona: Labor.

Manrique Arribas, Juan Carlos (2008). La mujer y la educación física durante la dictadura. Valladolid: Universidad de Valencia.

MANDELL, R. (1986). Historia cultural del deporte. Barcelona: Bellaterra.
MECHIKOFF, R. (2009) A history and philosophy of sport and physical education: from ancient civilizations to the modern world. N. Y.: McGrawHill.

RODRÍGUEZ LÓPEZ, J. (1995). Deporte y Ciencia. Teoría de la actividad física. Barcelona: INDE.
RODRÍGUEZ LÓPEZ, J. (2000). Historia del deporte. Barcelona: INDE.

Rose, Sonya (2012). ¿Qué es historia de género? Madrid : Alianza Editorial

Sentamans, Tatiana (2010). Amazonas mecánicas: engranajes visuales, políticos y culturales. Madrid: Ministerio de Cultura.

SOTT KRETCHMAR, R. (1994). Practical philosophy of sport. USA: Human Kinetics.

UEBERHORST, H. (1989). World history of Physical Education and Sport. Berlin: B. Wernitz.

ULMANN, J. (1977). De la gymnastique aux sports modernes. Paris: Vrin.

VIGARELLO, G. (1988). Une histoire culturelle du sport. Techniques d'hier... et d'aujourd'hui. Paris: Robert Laffont.

ZEIGLER, E. (1988). History of Physical Education and Sports. Champaing (Ill.): Stipes.

———. (1990). Sport and physical education: past, present, future. Champaing (Ill.): Stipes.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase ao alumnado que non sabe escribir axeitadamente que consulte manuais de ortografía ou de redacción de textos, xa que nesta materia teráse en conta a corrección nos textos para a nota final.

-Coa finalidade de mellorar o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería convinte que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto a participar no proceso de avaliación das materias cursadas” e cuxa chamada realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo en responder as enquisas que avalían a docencia do profesorado en cada materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías