Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Voleibol e a súa didáctica Código 620G01008
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Arias Rodríguez, Pablo
Correo electrónico
pablo.arias.rodriguez@udc.es
Profesorado
Arias Rodríguez, Pablo
Gambau i Pinasa, Vicente
Márquez Sánchez, Gonzalo José
Tuimil Lopez, Jose Luis
Correo electrónico
pablo.arias.rodriguez@udc.es
vicente.gambau@udc.es
gonzalo.marquez@udc.es
jose.luis.tuimil@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Coñecemento das habilidades deportivas sociomotrices do voleibol como compoñentes procedimentais na educación física e iniciación deportiva e nas didácticas derivadas da súa especialidade. Coñecemento do elementos técnico-tácticos que o estructuran como deporte.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Os contidos non serán modificados.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
As seguintes actividades manteranse, segundo a descrición na guía docente, se ben serán levadas a cabo a través das ferramentas telemáticas posta ao noso dispor pola UDC:
• Actividades iniciais
• Portafolios das/dos estudantes (computa na avaliación)
• Recensión bibliográfica (computa na avaliación)
• Traballos tutelados (computa na avaliación)
• Sesión maxistral
• Aprendizaxe colaborativa

*Metodoloxías docentes que se modifican
• Elimínase a práctica de actividade física, sen ser substituída.
• Modifícase a proba mixta: dende a suspensión da docencia presencial non se continuará a facer a proba de dominio técnico-táctico básico, pero computarase o feito ata o momento da suspensión, se houbo un mínimo de 4 sesións.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
• Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
• Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando.
• Teams: 2 sesións semanais por grupo para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Sesións a demanda do alumnado (en pequeno grupo), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. Sesións individuais para titorías individuais.


4. Modificacións na avaliación
• A proba mixta (preguntas e deseño de sesión) computará o 30% da nota final do estudante, e será lavada a cabo mediante Moodle, habilitándose un só intento por estudante a ser levado a cabo o día do exame, segundo o calendario aprobado en Xunta de Facultade.
• O traballo tutelado computará o 30% da nota final do estudante
• O portafolios computará o 40% da nota final do estudante.
Tanto no suposto de que unha/un estudante acadase Apto na derradeira proba de dominio técnico-táctico do curso (de terse levado a cabo alo menos unha - ver apartado de proba Mixta en Metodoloxías) ou no caso de non terse realizado ningunha, considerarase aprobada a materia con acadar 5 puntos sobre 10 na suma das actividades de avaliación de Traballo tutelado, exame, e portafolios.

*Observacións de avaliación:
Se unha/un estudante non supera a materia por non ter acadado o aprobado (da primeira oportunidade), poderá na segunda oportunidade presentar cantas metodoloxías non tiveran acadado o 50% da súa puntuación máxima, da primeira oportunidade.
Se unha/un estudante non acada o apto na proba de dominio técnico-táctico na primeira oportunidade, terá que facela na segunda oportunidade (as súas características adaptaranse á situacións de posible confinamento).
Se unha/un estudante non supera a materia, nin na primeira nin na segunda oportunidade, ningunha das metodoloxías superadas serán gardadas para o vindeiro ano académico.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Nin a bibliografía nin a webgrafía serán modificados.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Fomentar a convivencia, estimulando e poñendo en valor a capacidade de constancia, esforzo e disciplina dos participantes nas actividades de educación física e deportiva.
A25 Identificar e comprender os requisitos psicomotores e sociomotores das habilidades deportivas, executando basicamente as habilidades motrices específicas dun conxunto de deportes, considerando as diferenzas por xénero.
A26 Identificar e aplicar as peculiaridades didácticas de cada especialidade deportiva na intención pedagóxica dos diferentes ámbitos de intervención.
B2 Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
B4 Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo.
B11 Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o regulamento básico do voleibol A25
A26
Coñecer e saber executar os fundamentos técnicos básicos do voleibol A25
A26
Coñecer e saber aplicar os fundamentos tácticos básicos do voleibol A25
A26
Saber plantexar artellar tarefas e progresióons de aprendizaxe para ensinar o deporte do voleibol nos nenos A5
A25
A26
Aprender a realizar traballo en equipo, establecendo relacións de cooperación para resolver problemas e situacións relacionadas coa ensinanza e aprendizaxe do voleibol B2
B4
B11
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción e Iniciación ao voleibol 1.1. Características e ámbitos do voleibol
1.2. Proceso de ensinanza-aprendizaxe en voleibol
1.3. Xeralidades na iniciación
2. Fundamentos Técnico Tácticos Básicos e Avanzados
2.1. Posicións Fundamentais e Desprazamentos
2.2. Pase de dedos
2.3. Pase de antebrazos
2.4. Saque de Seguridade
2.5. Pases de dedos especiais. Pase Colocación
2.6. Saque Tenis
2.7. Saque Flotante
2.8. Saque en Suspensión
2.8. Elementos de Ataque
2.9. Bloqueo Individual e Colectivo
2.10. Elementos de Defensa de Campo
3. Táctica e Técnica individual 3.1. Táctica e Técnica ofensiva
3.2. Táctica e Técnica defensiva
4. Táctica Colectiva 4.1. Introdución á Táctica Colectiva Básica
4.2. Dispositivos de Recepción
4.3. Dispositivos de Ataque
4.4. Dispositivos de Apoio
4.5. Dispositivos de Defensa
5. Regras do Xogo e Arbitraxe 5.1. Estudo del Regulamento

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A25 C7 3 0 3
Práctica de actividade física A5 A25 A26 22 17 39
Portafolios do alumno A25 A26 0 25 25
Recensión bilbiográfica A25 A26 1 3 4
Proba mixta A25 A26 3 12 15
Traballos tutelados A5 A25 A26 B4 2 10 12
Sesión maxistral A25 A26 10 10 20
Aprendizaxe colaborativa A5 A25 A26 B2 B4 B11 12 17 29
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación polo profesor da guía docente da materia
Práctica de actividade física Práctica por parte das/dos estudantes das tarefas motoras propostas polo profesor en relación cos contidos de aprendizaxe
Portafolios do alumno O/a estudante deberá recompilar, ordenar, desenrolar e completar as descripcionesdescricións técnicas e tarefas de aprendizaxe dos xestos técnicos vistos na clase
Recensión bilbiográfica O/a estudante poderá realizar unha recensión bibliográfica dos libros, revistas técnicas e artigos que teñan relación cos temas traballados en clase
Proba mixta Proba composta por unha distinta proporción de:
-Preguntas tipo test
-Preguntas de resposta breve
-Deseño de sesión práctica
-Proba de dominio técnico-táctico básico: cada 4 sesións, as/os estudantes realizarán unha proba de dominio técnico-táctico en base a un partido 6x6 a 25 puntos. En dita proba, o profesor avaliará (como apto/non apto) o rendemento (saber facer) de cada estudante nos contidos impartidos ata dito momento. De tal modo, a nota da última das sesións avaliadas será a que determinará se a/o estudante é apto ou non apto na proba de dominio técnico-táctico, independentemente de se se fan todas as sesións do cuadrimestre, ou de se a docencia presencial é suspendida ao longo do mesmo.

Traballos tutelados Os/as estudantes elaborarán un traballo de desentrolodesenrolo dunha sesión orientada á sesións con alumnos de secundaria.
Sesión maxistral Explicación dos aspectos técnico-tácticos e regulamentarios. As sesións organizaranse tanto de maneira presencial como a través da plataforma Teams, sendo decisión do profesor a opción utilizada. No caso de ser presencial, a súa organización respectará as recomendacións sanitarias e normativas legais vixentes no momento da realización da mesma.
Aprendizaxe colaborativa Os/as estudantes organizarán tuteladamenete, e en pequeno grupo, unha sesión orientada a alumnos/as de secundaria na que asumirán o rol de profesor/a de Educación Física impartindo unha Unidade Didáctica de voleibol.

Atención personalizada
Metodoloxías
Práctica de actividade física
Portafolios do alumno
Traballos tutelados
Descrición
- Asistencia a titoría individuais
- A/o estudante deberá recopilarrecompilar, ordear, desenrolar e completar as descripcionesdescricións técnicas e tareastarefas de aprendizaxe dos xestos técnicos vistos na clase
- Os/as estudantes organizarán tuteladamenete, e en pequeno grupo, unha sesión orientada a alumnos/as de secundaria na que asumirán o rol de profeso de voleibol
- No caso de estudantes con matrícula parcial, estudarase o caso particular de cada estudante.
- As titorías para este fin (e tamén as titorías individuais) levaranse a cabo mediante Teams e, a criterio do profesor e sen vulnerar as normativas sanitarias de aplicación, tamén poderían ser presenciais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A25 A26 O/a estudante deberá recompilar, ordearordenar, desenrolar e completar as descripciónsones técnicas e tarefas de aprendizaxe das habilidades técnico-tácticas os xestos técnicos vistaos na clase 10
Recensión bilbiográfica A25 A26 O/a estudante poderá realizar unha recensión bibliográfica dos libros, revistas técnicas e artigos que teñan relación cos temas traballados en clase 5
Proba mixta A25 A26 -Preguntas de resposta breve
- Deseño de sesión práctica
- Proba de dominio técnico-táctico básico (apto/non apto). O estudante terá que acadar o apto na proba de dominio técnico-táctico para superar a materia.
75
Traballos tutelados A5 A25 A26 B4 Os/as estudantes organizarán tuteladamente, e en pequeno grupo, unha sesión orientada a alumnos de secundaria na que asumirán o rol de profeso de voleibol 10
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será necesario asistir como mínimo ao 70% das sesións interactivase obter o aprobado na proba mixta, tanto no exame teórico como na proba dedominio técnico/táctico. Gardaranse as partes aprobadas para próximasconvocatorias. No caso de estudantes lesionados ou en corentena e que contencon parte de baixa (diagnóstico médico) o profesor poderá considerar apto na proba de dominio técnico-táctico a partir do desempeño mostrado polo/a estudante ao longo do curso. Na segunda oportunidade os criterios de avaliación serán osmesmos que na primeira e gardaranse os aprobados da primeira oportunidade nasdiferentes metodoloxías. Os criterios de avaliación nas seguintes convocatoriasserán os mesmos, gardándose as partes aprobadas en convocatorias anteriores. Oexame teórico será realizado en castelán, no caso de que algún alumno desexe oenunciado en galego deberá solicitalo ao profesor cun mes de antelación á datado exame. Os/as estudantes con matrícula a tempo parcial terán que asistir comomínimo ao 50% das sesións para poder superar a materia. Os estudantes que nonalcancen a porcentaxe mínima de presencialidade nas prácticas, non poderánaprobar a materia. Non están contempladas outras alternativas de avaliaciónpara a segunda oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Bachmann, M. (1987). 1000 Ejercicies: el jeux de volley-ball. Paris: Vigot
Ramón, A. (1997). Análisis de los gestos técnicos de la acción de juego en voleibol. Madrid: Editorial Gymnos
Drauchke, K. (1994). El entrenador de voleibol. Barcelona: Paidotribo
Lucas, J. (1991). El voleibol: Iniciación y perfeccionamiento. Barcelona: Paidotribo
Bechorini, A. (1987). Elementi di minivollei. Roma: Società Stampa Sportiva
Bonnefoy, G. (2000). Enseñar voleibol para jugar en equipo. Barcelona: Inde
Asociación Entrenadores Americanos (1996). Guïa de voleivol de la AEAV. Barcelona: Paidotribo
Duerrwaechter, G. (1983). Iniciación al voleibol: Aprender jugando, practicar jugando. Buenos Aires: Editorial Stadium
Moras, G. (2000). La preparación integral del Voleibol. (Vol. I, II, y III). Barcelona: Paidotribo
Cassignol, R. (1978). Las cinco etapas del voleibol. Buenos Aires: Editorial Kapelusz
Baacke, H. (1975). L’ABC della Pallavolo. Roma: Società Stampa Sportiva
Palao, J., M. (2007). Manual para la iniciación al voleibol. Murcia: Diego Marin Librero
Gotsch, W. (1983). Minivoleibo.. Buenos Aires: Editorial Stadium
Fronhner, B. (1996). Volei: Juego para el entrenamiento. Buenos Aires: Editorial Stadium
Monge, M., A. (1997). Voleibol. Santiago de Compostela: Editorial Lea
Santos, J. (1996). Voleibol. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia
COE (1992). Voleibol. Madrid: COE
Grupo Estudio Kinesis (2002). Voleibol básico. Colombia: Editorial Kinesis
Díaz, J. (1984). Voleibol en la escuela. Madrid: Editorial Gymnos
Vargas, R. (1991). Voleibol: 1001 ejercicios y juegos. Madrid: Augusto Pila Teleña
Pimenov, M., P. (1997). Voleibol: aprender y progresar. Barcelona: Paidotribo
Kenny, B. (2008). Voleibol: claves para dominar los fundamentos y las destrezas técnicas. Madrid: Tutor
Chêne, E. (1990). Voleibol: De la escuela a las asociaciones deportivas. Lérida: Deportiva Agonos
Marsenach, J. (1981). Voleibol: El niño y la actividad física. Madrid: Editorial Gymnos
Wise, M. (2003). Voleibol: entrenamiento de la técnica y la táctica. Barcelona: Hispano Europea
Zhelezniak, Y., D. (1993). Voleibol: teoría y método de la preparación. Barcelona: Paidotribo
Autores varios. (1994). Voley playa, aprendizaje, entrenamiento y competición. Madrid: Alianza Deporte

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Ao tratarse de estudantes de primeiro curso non se é deaplicación a recomendación de cursar previamente ningunha materia concreta.

Cara mellorar o proceso docente, recomendase aos/ás estudantes levar a cabo as enquisas “AVALÍA” propostasdende os servizos centraís da UDC

“Coa finalidade de mellorar o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería convinte que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto a participar no proceso de avaliación das materias cursadas” e cuxa chamada realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo en responder as enquisas que avalían a docencia do profesorado en cada materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías