Identifying Data 2019/20
Subject (*) Teaching Gymnastics Skills Code 620G01009
Study programme
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
First Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Educación Física e Deportiva
Coordinador
Morenilla Burlo, Luis
E-mail
luis.morenilla@udc.es
Lecturers
Morenilla Burlo, Luis
Sierra Palmeiro, Elena
E-mail
luis.morenilla@udc.es
elena.sierra@udc.es
Web
General description As competencias establecidas para o módulo de FUNDAMENTOS DOS DEPORTES, no que se integra a materia, nos indican que ésta desenvólvese basicamente sobre o estudo das habilidades motrices ximnásticas como conductas psicomotrices e os seus contidos como recursos educativos en educación física e en iniciación deportiva.
O estudo das habilidades ximnásticas é un labor bastante extensa, en primeiro lugar pola diversidade de modalidades competitivas que suscita este deporte que integra una variedade de actividades motoras. En segundo lugar, pola riqueza e variedade en canto ao número de habilidades motrices desenvolvidas, desde habilidades simples a habilidades extraordinariamente complexas, desde unha motricidade “natural” ao ser humano, ata movementos completamente artificiais que colocan ao suxeito en situacións inhabituais (rotacións en diversos planos, posicións investidas, equilibrios con base moi reducida, etc.) onde os sistemas de información e movemento deben colaborar para resolver problemas motrices realmente difíciles e que obrigan a un período longo de traballo iniciado de forma temprana para poder chegar a conseguir bos rendementos nestas actividades.
Como iniciación deportiva adóitase entender o momento e período no que unha persoa comeza a aprender unha habilidade específica ou un deporte en concreto. Neste sentido o desenvolvemento das habilidades ximnásticas pola súa elevada implicación perceptiva, a variedade de accións motrices e o enfrontamento a situacións de carácter inhabitual para o suxeito posibilitarán un enriquecemento motriz e unha transferencia positiva para futuras aprendizaxes de habilidades específicas deportivas.
Conxugar isto coa idea de capacitar ao estudante do Grao en Ciencias da Actividade e do Deporte da UDC como docente, fainos enfocar a asignatura cara á utilización do ensino das habilidades ximnásticas no medio escolar, polo que o tratamento da materia intenta ser global, de forma que se poida ofrecer durante a duración da materia unha visión amplia das posibilidades da ximnasia como “útil” ou “ferramenta” na formación integral do alumno.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Comprender os beneficios do deporte como experiencia de lecer para ser capaz de incluír os indicadores fundamentais na planificación e atender os mesmos no desenvolvemento da práctica de lecer, considerando o xénero, a idade e a discapacidade, e analizando con enfoque crítico as estratexias de discriminación positiva.
A5 Fomentar a convivencia, estimulando e poñendo en valor a capacidade de constancia, esforzo e disciplina dos participantes nas actividades de educación física e deportiva.
A7 Promover e avaliar a formación de hábitos de actividade física e deporte ao longo do ciclo vital, considerando que a idade, o xénero ou a discapacidade son variables que necesitan da intervención consciente para favorecer a igualdade de oportunidades.
A8 Deseñar, desenvolver, e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe, relativos á actividade física e o deporte, con atención e titorización segundo as características individuais e contextuais das persoas (xénero, idade, discapacidade, culturas, etc.).
A9 Elaborar propostas curriculares para as distintas etapas no marco institucional dun centro educativo, desenvolvendo os elementos da programación didáctica da área de E. Física, con arranxo á lexislación vixente e ao proxecto educativo de centro.
A11 Posuír o conxunto de habilidades ou competencias docentes que faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe na aula de educación física.
A14 Deseñar, planificar, avaliar técnico-cientificamente e desenvolver programas de exercicios orientados á prevención, a reeducación, a recuperación e readaptación funcional nos diferentes ámbitos de intervención: educativo, deportivo e de calidade de vida, considerando, cando fose necesario as diferenzas por idade, xénero, ou discapacidade.
A18 Deseñar e aplicar métodos adecuados para o desenvolvemento e a avaliación técnico-científica das habilidades motrices básicas nas diferentes etapas evolutivas do ser humano, considerando o xénero.
A25 Identificar e comprender os requisitos psicomotores e sociomotores das habilidades deportivas, executando basicamente as habilidades motrices específicas dun conxunto de deportes, considerando as diferenzas por xénero.
A26 Identificar e aplicar as peculiaridades didácticas de cada especialidade deportiva na intención pedagóxica dos diferentes ámbitos de intervención.
A27 Aplicar os principios cinesiolóxicos, fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais nos contextos educativo, recreativo, da actividade física e saúde e do adestramento deportivo, recoñecendo as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero nos hábitos de vida dos participantes.
A33 Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo adecuado para cada tipo de actividade físico-deportiva no contexto educativo, deportivo, recreativo e da actividade física e saúde.
B1 Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte.
B2 Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
B3 Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo.
B7 Xestionar a información.
B8 Desenvolver hábitos de excelencia e calidade nos diferentes ámbitos do exercicio profesional.
B10 Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
B11 Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma.
B12 Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles.
B17 Promover e avaliar actividades de ampliación curricular, referentes á creación de hábitos autónomos de actividade física e deporte.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Deseñar, desenvolver e avaliar os procesos de ensino - aprendizaxe relativos ás habilidades ximnásticas A8
A9
A11
A14
A26
B1
B2
B4
B11
C1
C6
Planificar, desenvolver e avaliar a realización de programas de deporte escolar relacionados coa materia A7
A18
B1
B3
B10
C7
Aplicar os principios fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais, á proposta de tarefas do ensino no contexto ximnástico A25
A27
B1
B7
C6
Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo adecuado ás habilidades ximnásticas A33
B4
B12
C8
Promover e avaliar a formación de hábitos perdurables e autónomos de práctica da ximnasia entre a poboación escolar A1
A5
A7
B8
B17
C3

Contents
Topic Sub-topic
BLOQUE TEMÁTICO I: INTRODUCCIÓN Ó ESTUDO DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS
Tema I.1: Conceptos xerais
I.1.1. Motricidade ximnástica e habilidade ximnástica
I.1.2. As habilidades ximnásticas corporais
I.1.3. As habilidades ximnásticas manipulativas
BLOQUE TEMÁTICO I: INTRODUCCIÓN Ó ESTUDO DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS
Tema I.2: Carácter motor das habilidades ximnásticas
I.2.1. Accións motrices nas habilidades ximnásticas
I.2.2. Características básicas do xesto ximnástico
BLOQUE TEMÁTICO II: DIDÁCTICA DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS
Tema II.1: O proceso de aprendizaxe das habilidades ximnásticas
II.1.1. Fases na aprendizaxe ximnástica
II.1.2. Etapas fundamentais na formación ximnástica
II.1.3. Propostas metodolóxicas no ensino das habilidades ximnásticas
BLOQUE TEMÁTICO II: DIDÁCTICA DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS
Tema II.2: A intervención práctica no proceso de ensino - aprendizaxe
II.2.1. A intervención manual
II.2.2. Utilización de material pedagóxico e de seguridade
BLOQUE TEMÁTICO II: DIDÁCTICA DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS
Tema II.3: A habilidade ximnástica no ámbito escolar
II.3.1. Dimensión educativa das habilidades ximnásticas
II.3.2. Obxectivos das habilidades ximnásticas
II.3.3. Directrices didácticas no ensino das habilidades segundo o nivel escolar
BLOQUE TEMÁTICO III: FUNDAMENTOS TÉCNICOS E METODOLÓXICOS DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS ACROBÁTICAS
Tema III.1: Habilidades ximnásticas acrobáticas básicas individuais sobre chan
III.1.1. Rodamientos e iniciación ós xiros libres
III.1.2. Inversións
BLOQUE TEMÁTICO III: FUNDAMENTOS TÉCNICOS E METODOLÓXICOS DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS ACROBÁTICAS
Tema III.2: Habilidades ximnásticas acrobáticas básicas colectivas sobre chan
III.2.1. Iniciación ás habilidades estáticas o de equilibrio
III.2.2. Iniciación ás habilidades dinámicas
BLOQUE TEMÁTICO III: FUNDAMENTOS TÉCNICOS E METODOLÓXICOS DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS ACROBÁTICAS
Tema III.3: Habilidades ximnásticas acrobáticas básicas sobre aparatos
III.3.1. Iniciación ás habilidades desde a suspensión
III.3.2. Iniciación ás habilidades desde o apoio
BLOQUE TEMÁTICO IV: FUNDAMENTOS TÉCNICOS E METODOLÓXICOS DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS NON ACROBÁTICAS
Tema IV.1. Os desplazamentos
IV.1.1.- Iniciación aos desplazamentos
IV.1.2.- Iniciación aos desplazamentos rítmicos
BLOQUE TEMÁTICO IV: FUNDAMENTOS TÉCNICOS E METODOLÓXICOS DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS NON ACROBÁTICAS
Tema IV.2. Os saltos
IV.2.1.- Iniciación aos saltos en diferentes superficies ximnásticas
IV.2.2.- Iniciación aos saltos ximnásticos
BLOQUE TEMÁTICO IV: FUNDAMENTOS TÉCNICOS E METODOLÓXICOS DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS NON ACROBÁTICAS
Tema IV.3. Os equilibrios
IV.3.1.- Iniciación aos equilibrios individuais
IV.3.2.- Iniciación aos equilibrios colectivos
BLOQUE TEMÁTICO IV: FUNDAMENTOS TÉCNICOS E METODOLÓXICOS DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS NON ACROBÁTICAS
Tema IV.4. As mobilizacións da columna vertebral
IV.4.1.- Iniciación ás mobilizacions da columna vertebral en apoio de mans
IV.4.2.- Iniciación ás mobilización da columna vertebral en apoio de peito
BLOQUE TEMÁTICO IV: FUNDAMENTOS TÉCNICOS E METODOLÓXICOS DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS NON ACROBÁTICAS
Tema IV.5. As habilidades ximnásticas manipulativas
IV.5.1.- Iniciación ás habilidades ximnásticas con cordas
IV.5.2.- Iniciación ás habilidades ximnásticas con pelotas
IV.5.3.- Iniciación ás habilidades ximnásticas con aros

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A1 A25 B7 C7 2 0 2
Collaborative learning A5 A11 A18 B1 B2 B3 B4 B11 4 4 8
Directed discussion A14 A26 B12 C1 C8 2 0 2
Events academic / information A7 A27 B8 B10 C3 C6 0 5 5
Workshop A5 A8 A11 A18 A26 A27 A33 0 8 8
Student portfolio A7 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A33 B1 B3 B4 B7 B10 B17 C1 C3 0 15 15
Mixed objective/subjective test A1 A7 A8 A9 A11 A14 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B7 C1 3 9 12
Summary A11 A26 A27 B7 C1 C6 0 6 6
Field trip A1 A5 A7 A9 A25 A26 A27 B1 B3 B11 B17 C7 0 3 3
Guest lecture / keynote speech A1 A8 A9 A11 A14 A18 A25 A26 A27 B7 B12 7 7 14
Problem solving A5 A8 A9 A11 A18 A26 A33 B1 B2 B4 B11 0 12 12
Practical test: A11 A25 A26 A33 B2 B8 2 4 6
Physical exercise A1 A5 A7 A11 A14 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B3 B4 B8 B12 30 24 54
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Presentación dos profesores e da guía docente da materia. Os alumnos completarán un cuestionario sobre coñecementos e experiencias na práctica de actividades ximnásticas
Collaborative learning Organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución das tarefas motoras asignadas polos profesores
Directed discussion Debate sobre contidos da materia previa lectura da documentación aportada polos profesores
Events academic / information Asistencia a cursos, seminarios, simposios, xornadas ou congresos relacionados co ensino e o adestramento das habilidades ximnásticas, especialmente aos FESTIVAIS XIMNÁSTICOS INTERUNIVERSITARIOS
Workshop Asistencia a prácticas de aprendizaxe e adestramento no obradoiro de actividades ximnásticas desenvolvido polo GRUPO GYMNAESTRADA
Student portfolio Cartafol realizado en grupos de dous ou tres estudantes cuxa información baséase en recompilar, ordenar e completar as descricións técnicas e as tarefas de aprendizaxe para cada unha das habilidades ximnásticas estudadas en clase.
A información escrita deberase acompañar de imaxes fixas ou en movemento dos autores realizando as diferentes tarefas de aprendizaxe recollidas no documento
Mixed objective/subjective test Componse dun exame coas seguintes caracteristicas:
- Probas escritas compostas por preguntas de ensaio e de resposta breve.
Summary Elaboración e entrega de síntese da información presentada polos profesores en relación con algúns dos contidos da materia
Field trip Observación de sesións de ensino ou adestramento en escolas ou clubs dedicados á práctica ximnástica
Guest lecture / keynote speech Exposición oral con apoio multimedia, por parte dos profesores, dos contidos da materia. A pesar das características concretas desta metodoloxía, o profesor interactuará co alumno, expondo cuestións para resolver.
Problem solving Traballo grupal dos alumnos no que terán que compor e executar un exercicio de conxunto integrando os diferentes tipos de habilidades estudadas e cumprindo as esixencias expostas polos profesores
Practical test: Componse dun exame coas seguintes características
- Probas prácticas compostas por diversas tarefas motoras estudiadas nas sesións presenciais a executar.
Physical exercise Práctica por parte dos alumnos das tarefas motoras propostas polos profesores en relación cos contidos de aprendizaxe

Personalized attention
Methodologies
Problem solving
Guest lecture / keynote speech
Summary
Student portfolio
Directed discussion
Physical exercise
Description
- Asistencia as titorías individualizadas
- Organización de titorías colectivas, enfocadas especialmente a solucionar problemas relacionados coa práctica das tarefas motoras da materia
- Desenvolvemento de titorías virtuais de forma sincrónica ou asicrónica (chats ou foros) utilizando as canles fornecidas pola Facultade Virtual da UDC (moodle)

Os estudantes con matrícula parcial que acrediten unha asistencia superior ao 50% das sesiones presenciais da materia so deben obter o 50% da máxima puntuación posible nas diferentes partes da PROEBA MIXTA para considerarlas superadas.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Problem solving A5 A8 A9 A11 A18 A26 A33 B1 B2 B4 B11 Traballo grupal dos alumnos no que terán que compor e executar un exercicio de conxunto integrando os diferentes tipos de habilidades estudadas e cumprindo as esixencias expostas polos profesores 10
Mixed objective/subjective test A1 A7 A8 A9 A11 A14 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B7 C1 Integra as seguintes probas:
- Proba escrita composta por preguntas de ensaio e de resposta breve sobre os CONTIDOS DE HABILIDADES NON ACROBÁTICAS. Aporta o 20% á cualificación final. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA.
- Proba escrita composta por preguntas de ensaio e de resposta breve sobre os CONTIDOS DE HABILIDADES ACROBÁTICAS. Aporta o 20% á cualificación final. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA.

As probas escritas estarán disponibles no idioma de impartición da materia si se desesa noutro idioma solictarase cunha semán de antelación á data de celebración.
40
Student portfolio A7 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A33 B1 B3 B4 B7 B10 B17 C1 C3 Cartafol realizado en grupos de dous ou tres estudantes cuxa información baséase en recompilar, ordenar e completar as descricións técnicas e as tarefas de aprendizaxe para cada unha das habilidades ximnásticas estudadas en clase.
A información escrita deberase acompañar de imaxes fixas ou en movemento dos autores realizando as diferentes tarefas de aprendizaxe recollidas no documento.
10
Practical test: A11 A25 A26 A33 B2 B8 Integra as seguintes probas:
- Proba motriz sobre TAREFAS DE APRENDIZAXE DE HABILIDADES NON ACROBÁTICAS. Aporta o 20% á cualificación final. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA.
- Proba motriz sobre TAREFAS DE APRENDIZAXE DE HABILIDADES ACROBÁTICAS. Aporta o 20% á cualificación final. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA.
- Proba de axilidade ximnástica igual á presente nas probas de acceso ao grao. Considerarase superada coa obtención da puntuación mínima exposta ao principio do curso. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBAR PARA APROBAR A MATERIA.
40
 
Assessment comments

A PARTICIPACIÓN DO ALUMNO NAS SESIÓNS PRESENCIAIS É UN FACTOR QUE DETERMINA O PROCESO DE AVALIACIÓN
Os alumnos que participen, como mínimo, no 70% das sesións deben obter o 50% da máxima puntuación posible nas diferentes partes da PROBA MIXTA para consideralas superadas.
Os alumnos que NON participen, como mínimo, no 70% das sesións deben obter o 65% da máxima puntuación posible nas diferentes partes da PROBA MIXTA para consideralas superadas.
OS ALUMNOS DISCAPACITADOS O INCAPACITADOS TEMPORALMENTE PARA A PRÁCTICA MOTRIZ, PODERÁN SOLICITAR A ADAPTACIÓN DAS TAREFAS MOTRICES A REALIZAR NAS SESIÓNS E NAS PROBAS DE AVALIACIÓN, NEL GRADO QUE AS COMPETENCIAS DA MATERIA O PERMITAN.
MOI IMPORTANTE: ADEMAIS DE SUPERAR AS PROBAS OBRIGATORIAS, PARA APROBAR A MATERIA É NECESARIO QUE A SUMA DE TODOS OS APARTADOS QUE COMPÓN A AVALIACIÓN SEXA IGUAL O SUPERIOR AO 50% DA PUNTUACIÓN MÁXIMA POSIBLE. TODAS AQUELAS PARTES XA APROBADAS NA AVALIACIÓN CONSERVARANSE APROBADAS ATA QUE O ALUMNO APROBE A MATERIA NA SÚA TOTALIDADE


Sources of information
Basic

BLOQUE TEMÁTICO 1:

Bourgeois, M. (1980). Gymnastique sportive. Perspectives pedagogiques école-club. París: Vigot.

Bourgeois, M. (1999). Didáctica de la gimnasia. Gimnasia para el alumno: el placer de aprender. Madrid: Biblioteca nueva.

Carrasco, R. (1977). Essai de systématique d’enseignement de la gymnastique aux agrés. París: Vigot.

Carrasco, R. (1979). L’activité du debutant, Gymnastique aux agrés. París: Vigot.

Cassagne, M. (1990). Gymnastique rythmique sportive. París: Amphora.

Le Camus, C. (1982). La gymnastique rythmique sportive et sa valeur educative. París: Vrin.

Leguet, J. (1985). Actions motrices en gymnastique sportive. París: Vigot.

Sierra, E. (1992). Actividades gimnásticas: G.R.D.. Tomo I. Cuadernos técnico-pedagogicos. La Coruña: Agrupación deportiva

BLOQUE TEMÁTICO 2:

Bridoux, A. (1991). Gymnastique sportive. Son enseignement en milieu scolaire. París: Amphora.

Bourgeois, M. (1999). Didáctica de la gimnasia. Gimnasia para el alumno: el placer de aprender. Madrid: Biblioteca nueva.

Carrasco, R. (1977). Pedagogie des agrès. París: Vigot.

Carrasco, R. (1977). Essai de systématique d’enseignement de la gymnastique aux agrés. París: Vigot.

Carrasco, R. (1979). L’activité du debutant. Gymnastique aux agrès. París: Vigot.

Hostal, P. (1978). Tiers temps pédagogique et gymnastique. París: Vigot.

Hostal, P. (1980). Gymnastique aux agrès. Enseignement primaire. París: Vigot.

Martínez, A. (1992). La gimnasia rítmica: un planteamiento educativo-motriz. Cuadernos técnicos de deporte, nº1. Orense: Servicio deportes de la Diputación.

Olislagers, P. (1990). Essai de systematique de l’aide en gymnastique artistique. Revue de l’Education Physique. 2, 49-64.

Vernetta, M., Bedoya, J.L. y Panadero, F. (2000). Unidades didácticas para secundaria XI. Habilidades gimnásticas: minicircuitos. Barcelona: Inde.

BLOQUES TEMÁTICOS 3 - 4:

Araujo, C. (2004). Manual de ayudas en gimnasia. Barcelona: Paidotribo.

Bodo-Schmid, A. (1985). Gimnasia rítmica deportiva. Barcelona: Hispanoeuropea.

Bourgeois, M. (1999). Didáctica de la gimnasia. Gimnasia para el alumno: el placer de aprender. Madrid: Biblioteca nueva.

Bridoux, A. (1991). Gymnastique sportive. Son enseignement en milieu scolaire. París: Amphora.

Brozas, M.P. y Vicente, M. (1999). Actividades grupales y creatividad. Madrid: Gymnos.

Carrasco, R. (1977). Essai de systématique d’enseignement de la gymnastique aux agrés. París: Vigot.

Carrasco, R. (1979). L’activité du debutant, Gymnastique aux agrés. París: Vigot.

Cartoni, A. y Putzu, D. (1990). Ginnastica artistica femminile. Milán: Edi-ermes.

Cassagne, M. (1990). Gymnastique rythmique sportive. París: Amphora.

Fernandez, A. (1989). Gimnasia rítmica deportiva. Fundamentos. Madrid: Federación española de gimnasia.

Fodero, J. M. & Furblur, E.E. (1989). Creating gymnastics pyramids and balances. Illinois: Leisure Press.

Frontera, J. & Aquino, F.(1985). Gimnasia deportiva masculina. Técnica y metodología. Buenos Aires: Stadium.

Grandi, B. (1989). Didattica e metodologia della ginnastica artistica. Roma: Società Stampa Sportiva.

Jackman, J. & Currier, B. (1993). Técnicas y juegos gimnásticos. Barcelona: Paidotribo.

Kaneko, A. (1980). Gymnastique olimpique. París: Vigot.

Knirsch, K. (1974). Manual de gimnasia artística. Madrid: Castilla.

Manoni, A.(1988). La ginnastica da campione. Roma: Gremese editore.

Piard, C. (1982). Fondements de la gymnastique. Technologie et pédagogie. París: Vigot.

Readhead, Ll. (1993). Manual de entrenamiento de Gimnasia Masculina. Barcelona: Paidotribo.

Sierra, E. (1992). Actividades gimnásticas: G.R.D.. Tomo I, II y III. Cuadernos técnico-pedagogicos. La Coruña: Agrupación deportiva INEF Galicia.

Thomas, L., Fiard, J., Soulard, C. & Chautemps, G. (1989). Gymnastique sportive. <>. París: Editions Revue EPS.

Ukran, M.L. (1978). Gimnasia Deportiva. Zaragoza: Acribia.

Wendt, H. & Hess, R. (1979). Gimnasia rítmica deportiva con aparatos manuales. México: Stadium.

Complementary

http://www.rfegimnasia.es/

http://www.ximnasia.com/

http://www.ueg-gymnastics.com/set.php?id=default

http://www.fig-gymnastics.com/


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Teaching Gymnastics Skills/620G01009

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Teaching Physical Activity and Sport/620G01001
Anatomy and Kinetics of Human Movement/620G01002
Theory and History of Physical Activity and Sport/620G01003
Bases of Physical Education and Sport/620G01004
Games and Leisure Sport/620G01005

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Dentro dos diferentes contidos que se estudan ao longo da materia o alumno debe prestar especial atención ós contidos teórico – prácticos, tanto nos seus referentes meramente regulamentarios, como nos relativos á técnica de realización das diferentes habilidades e ás progresións e axudas para o seu ensino. Dado o carácter motor da materia, faise moi necesaria a vivencia persoal das diferentes situacións de aprendizaxe propostas nas sesións lectivas para a verdadeira comprensión dos contidos. Pola prevalencia de metodoloxías teórico - prácticas na materia, recoméndase ao alumno a práctica motora das tarefas e habilidades estudadas nas clases, ben de forma individual ou formando parte das actividades do obradoiro enfocado ao festival o reunion ximnástica interuniversitaria denominada “Gimnastrada interINEFs”. Para favorecer a aproximación á realidade da Ximnasia nos seus niveis de iniciación, recoméndase a observación de adestramentos en escolas de ximnasia (hai varias nas propias instalacións da facultade) e a asistencia ás diferentes competicións de carácter autonómico.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.