Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Aprendizaxe e control motor Código 620G01012
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Sanchez Molina, Jose Andres
Correo electrónico
jose.andres.sanchez.molina@udc.es
Profesorado
Arias Rodríguez, Pablo
Morenilla Burlo, Luis
Sanchez Molina, Jose Andres
Sevilla Sánchez, Marta
Correo electrónico
pablo.arias.rodriguez@udc.es
luis.morenilla@udc.es
jose.andres.sanchez.molina@udc.es
marta.sevilla@udc.es
Web http://www.motorcontrolgroup.com
Descrición xeral O control motor é unha disciplina científica que tenta responder á pregunta básica de como o ser humano controla o movemento. Esta disciplina non é máis que un intento de integrar moitas outras ciencias que se preguntan o mesmo, pero que historicamente non se relacionaron entre si. A psicoloxía, a neurofisioloxía ou a neuroloxía son exemplos de ciencias que achegaron moitísimo coñecemento sobre o funcionamento do sistema nervioso e o seu papel no movemento humano pero que mantiveron, ata non fai moito, un discurso illado as unhas das outras. O anterior non quere dicir que o control motor sexa a “disciplina” que resolverá finalmente todas as nosas dúbidas, senón que reflicte a importancia de abordar o movemento humano cun enfoque multidisciplinar ou, máis ben, interdisciplinar, dado que é o único modo de chegar a entender como o ser humano controla os seus movementos dotados de intención.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos:
- Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Sesión maxistral
- Prácticas a través de TIC

*Metodoloxías docentes que se modifican:
- Prácticas de laboratorio:
- empregaranse rexistros en bruto de prácticas de cursos precedentes para a súa análise, obtención de resultados e a súa posterior discusión e avaliación a través de cuestionarios expostos a través de TIC.
- aumentarase ol número de prácticas nas que o sistema de rexistro sexa a interacción coa aplicación PEBL.
- Eventos científicos y/o divulgativos
- Probas clínicas
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e enviar notificacións sobre o desenvolvemento da materia.
- Moodle: semanalmente, con actividades programadas e avisos mediante “novas noticias”.
- MSTeams: 3 sesións semanais para avanzar no contido teórico e das actividades para desenvolver (explicación de prácticas, procedementos, rexistros, análises e discusión de resultados). Unha sesión adicional cada dúas semanas como titoría obrigatoria establecida polo centro no horario de actividade académica para avanzar nos aspectos de índole teórica ou prácticas que sexan requiridos (solicitarase ao alumnado establecer a demanda do contido da titoría

4. Modificacions na evaluación:
- Proba mixta: 25% (situación normal de base: 40%; xa que pode chegar ao 55% se non levan a cabo as metodoloxías de: eventos científicos e/ou divulgativos e as probas clínicas).
- Prácticas a través de TICS: 75% (situación normal: 45%)

*Observacións de avaliación:
- Correspóndese coas expostas nas observacións de avaliación normal da guía.

5. Modificacións na bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios. Xa se incorporan, por defecto en Moodle, os documentos precisos (artigos y manuais, fundamentalmente) e vídeos para o desenvolvemento da materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A14 Deseñar, planificar, avaliar técnico-cientificamente e desenvolver programas de exercicios orientados á prevención, a reeducación, a recuperación e readaptación funcional nos diferentes ámbitos de intervención: educativo, deportivo e de calidade de vida, considerando, cando fose necesario as diferenzas por idade, xénero, ou discapacidade.
A22 Comprender os fundamentos neurofisiolóxicos e neuropsicolóxicos subxacentes ao control do movemento e, de ser o caso, ás diferenzas por xénero. Ser capaz de realizar a aplicación avanzada do control motor na actividade física e o deporte.
A27 Aplicar os principios cinesiolóxicos, fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais nos contextos educativo, recreativo, da actividade física e saúde e do adestramento deportivo, recoñecendo as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero nos hábitos de vida dos participantes.
A35 Coñecer e saber aplicar o método científico nos diferentes ámbitos da actividade física e o deporte, así como saber deseñar e executar as técnicas de investigación precisas, e a elección e aplicación dos estatísticos adecuados.
B1 Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte.
B2 Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
B3 Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo.
B5 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán.
B7 Xestionar a información.
B9 Comprender a literatura científica do ámbito da actividade física e o deporte en lingua inglesa e en outras linguas de presenza significativa no ámbito científico.
B10 Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
B11 Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma.
B12 Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles.
B13 Coñecer e aplicar metodoloxías de investigación que faciliten a análise, a reflexión e cambio da súa práctica profesional, posibilitando a súa formación permanente.
B16 Dominar habilidades de comunicación verbal e non verbal necesarias no contexto da actividade física e o deporte.
B20 Coñecer, reflexionar e adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e o traballo en equipo a partir das prácticas externas en algún dos principais ámbitos de integración laboral, en relación ás competencias adquiridas no grao que se verán reflectidas no traballo fin de grao.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender os fundamentos neurofisiolóxicos e neuropsicolóxicos subxacentes ao control do movemento humano e o seu desenvolvemento. A22
A27
B2
B5
B10
B13
C1
C2
C6
Ser capaz de realizar a aplicación avanzada do control e aprendizaxe motora nos ámbitos de actuación da actividade física e do deporte, e , no seu caso, considerando as diferenzas por xénero A14
A27
A35
B1
B2
B3
B4
B5
B7
B9
B10
B11
B12
B13
B16
B20
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Bloque temático 1. Introdución á aprendizaxe e control motor Tema 1.1 Conceptualización e historia da aprendizaxe e do control motor
Tema 1.2 Condutas motrices e a súa medición
Tema 1.3 Modelo de procesamento da información e toma de decisións
Tema 1.4 Condicionantes do procesamento da información
Bloque temático 2. Bases neurofisiolóxicas do control motor Tema 2.1 Recollida de información sensorial para o control do movemento
Tema 2.2 Control espiñal do movemento
Tema 2.3 Control cortical do movemento
Tema 2.4 Control subcortical do movemento: Ganglios Basales
Tema 2.5 Control subcortical do movemento: Cerebelo
Bloque temático 3. Control do movemento humano Tema 3.1 Sistemas de control para a execución do movemento
Tema 3.2 Produción do movemento e programa motores
Tema 3.3 Principios do control motor e a precisión do movemento
Tema 3.4 Diferenzas individuais e habilidades motrices
Bloque temático 4. Principios da aprendizaxe motora Tema 4.1 A aprendizaxe motora
Tema 4.2 Implementación da aprendizaxe motora
Tema 4.3 Estruturación da aprendizaxe
Tema 4.4 Feedback durante a aprendizaxe

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B7 C6 1 0 1
Prácticas de laboratorio A22 A35 B4 B12 B20 C3 C6 C8 16 12 28
Sesión maxistral A22 A35 B7 C4 C5 C7 29 58 87
Prácticas a través de TIC A22 B7 B9 B13 C3 4 12 16
Proba mixta A14 A27 B1 B2 B9 B10 B11 B13 B16 C1 C2 2 0 2
Proba clínica B2 B3 B5 B7 B13 C8 0 8 8
Eventos científicos e/ou divulgativos B3 B5 B7 C7 C8 0 7 7
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O primeiro día de clase realizarase unha completa explicación dos aspectos tratados na guía docente co fin de que o alumnado coñeza as competencias que se pretende que adquira.
De igual forma previo á realización de calquera dos traballos e actividades propostos achegarase a información necesaria e procederase á organización do alumnado para o seu óptimo desenvolvemento.
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas de laboratorio sobre os contidos teóricos impartidos na materia; nelas participarase como avaliador e como suxeito experimental.
Sesión maxistral Impartiranse os contidos fundamentais mediante sesión maxistral aínda que demandando unha participación activa do alumnado presentándolle problemas e cuestións a resolver.
Durante o presente curso as sesións desenvolveranse en modo virtual e de forma sincrónica.
Prácticas a través de TIC Empregarase unha aplicación como Kahoot ou similar, coa intención de estimular aos estudantes para estar ao corrente dos contidos expostos en sesións anteriores ou, mesmo, na propia sesión. Tamén servirá para determinar a participación do alumnado. Os estudantes con menor puntuación poderán ser encargado de elaborar cuestionarios a expor nunha próxima sesión onde se utilice Kahoot.
Proba mixta Proba que pode integrar preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Proba clínica Participación como suxeito experimental ou como axudante en estudos desenvoltos no "Grupo de aprendizaxe e control do movemento humano en actividade física e deporte ( ACoM)".
Eventos científicos e/ou divulgativos Participación en eventos científicos e/ou divulgativos relacionados cos contidos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Descrición
Resolverase de maneira individual as consultas ou dúbidas expostas polo alumnado mediante titorías previamente acordadas.
O correo electrónico é a ferramenta básica de consultas, para solucionar dúbidas puntuais e para concertar reunións, presenciais ou virtuais.
Os horarios de titoría da materia programada polo centro permitirá completar, en grupos reducidos, as tarefas non desenvoltas nas sesións de laboratorio do horario oficial.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos B3 B5 B7 C7 C8 Establécese o criterio de equivalencia de 0.1 puntos da cualificación final por cada hora de actividade nesta metodoloxía ata un máximo de 0.75 puntos.
No caso de que non se participe nesta metodoloxía a porcentaxe correspondente incorporarase á porcentaxe da proba mixta; do mesmo xeito que se a puntuación final obtida neste apartado é inferior á cualificación da proba mixta.
7.5
Proba mixta A14 A27 B1 B2 B9 B10 B11 B13 B16 C1 C2 Proba realizada ao finalizar a materia, na data prevista de exame. 40
Prácticas a través de TIC A22 B7 B9 B13 C3 Durante o curso presentarase a través de TICs (Moodle, Kahoot, Symbaloo) unha serie de controis relacionados tanto coas prácticas como cos contidos teóricos, co fin de motivar a asistencia, o estudo continuo e a resolución de dúbidas.
Será obrigatorio a inclusión, na plataforma/aplicación dixital establecida, dos datos obtidos nas prácticas; iso permitirá realizar a análise dos mesmos, xerar novas formulacións e responder a preguntas relacionadas.
45
Proba clínica B2 B3 B5 B7 B13 C8 Establécese o criterio de equivalencia de 0.1 puntos da cualificación final por cada hora de actividade nesta metodoloxía ata un máximo de 0.75 puntos.
No caso de que non se participe nesta metodoloxía a porcentaxe correspondente incorporarase á porcentaxe da proba mixta; do mesmo xeito que se a puntuación final obtida neste apartado é inferior á cualificación da proba mixta.
7.5
 
Observacións avaliación
  • Respecto á realización da proba mixta:  
    • O resultado da proba mixta será igual ou superior a 5.00 para realizar a media ponderada cos restantes elementos da avaliación.
    • Na folla de exame, a puntuación de cada pregunta farase explícita no caso de que as preguntas teñan un valor diferente. 
  • A media ponderada resultado dos distintos elementos de avaliación será igual ou superior a 5.00 para aprobar a materia.
  • Tanto a proba mixta como a probas prácticas a través de TICs darase ao alumnado no idioma no que se imparte a materia (castelán).
    • Quen desexe a proba mixta noutro idioma oficial da UDC deberá solicitalo ao profesor como mínimo cun mes de antelación.  
  • Respecto ás convocatorias de exame:
    - cada convocatoria consta de dúas oportunidades (xuño e xullo); cando nunha mesma convocatoria téñase unha cualificación de "non presentado" nunha oportunidade e "suspenso" na outra, no seu expediente constará na convocatoria como "suspenso".  
  • Pódese optar por realizar só a metodoloxía "proba clínica" ou só a metodoloxía "eventos científicos e/ou divulgativos" nese caso pódese chegar a obter ata 1.5 puntos en calquera dos apartados. 
  • Mantemento de notas na segunda oportunidade da convocatoria: manteranse as cualificacións obtidas en calquera dos apartados de avaliación logrados na primeira oportunidade de cada convocatoria se o alumnado así o desexa.
  • Mantemento de notas en convocatorias posteriores: 
    • manteranse as cualificacións obtidas en calquera dos apartados de avaliación logrados en convocatorias anteriores, exceptuando o caso dun posible cambio do docente que imparta a materia; 
    • os criterios para as convocatorias extraordinarias serán os mesmos aos xa establecidos. 
  • Consideración no caso de matrícula parcial: a avaliación realizarase do mesmo xeito que para o resto do alumnado con matrícula completa.

Fontes de información
Bibliografía básica Kandel, E.R., Schwartz, J.H. y Jessell, T.M. (2001). Principios de neurociencia (4ª ed.). Madrid: McGraw-Hill
Schmidt, R. A. y Lee, T. D. (2011). Motor control and learning: a behavioral emphasis (5ª ed). Champaign, IL: Human Kinetics
Schmidt, R. A. y Wrisberg, C. A. (2008). Motor learning and performance: A situation-based learning approach (4ª ed). Champaign, IL: Human Kinetics
Fernández del Olmo, M. Á. (2012). Neurofisiología aplicada a la actividad física. Madrid: Síntesis
Latash, Mark L. (1998). Neurophysiological basis of movement. Champaign, IL: Human Kinetics

Bibliografía complementaria Felten, D., Shetty, A. y Netter F. (2010). Atlas de Neurociencia. Barcelona: Masson
Rothwell, J. C. (1994). Control of human voluntary movement (2ª ed). London: Chapman & Hall
Oña Sicilia, Antonio (1999). Control y aprendizaje motor. Madrid: Síntesis
Martens, R. (2002). El entrenador de éxito. Barcelona: Paidotribo
Shumway-Cook, Anne y Woollacott, Marjorie H. (2007). Motor control: translating research into clinical practice. Philadelphia : Lippincott Williams & Wilkins
Magill, R. y Anderson, D. (2017). Motor Learning and Control: Concepts and Applications. New York: McGraw-Hill Education
Cardinali, Daniel P. (2007). Neurociencia aplicada: sus fundamentos. Madrid: Médica Panamericana
Ponz Piedrafita, Francisco y Barber Cárcamo, A. María (1989). Neurofisiología. Madrid: Síntesis
Goldstein, E. Bruce (2006). Sensación y percepción. Madrid : Thomson-Paraninfo


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Anatomía e cinesioloxía do movemento humano/620G01002
Psicoloxía da actividade física e do deporte/620G01011
Fisioloxía do exercicio I/620G01013

Materias que continúan o temario
Metodoloxía de investigación en actividade física e deporte/620G01021
Tecnoloxía en actividade física e deporte/620G01034

Observacións

Coa finalidade de mellorar o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería convinte que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto a participar no proceso de avaliación das materias cursadas e cuxa chamada realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo en responder as enquisas que avalían a docencia do profesorado en cada materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías