Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Aprendizaxe e control motor Código 620G01012
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Sanchez Molina, Jose Andres
Correo electrónico
jose.andres.sanchez.molina@udc.es
Profesorado
Arias Rodríguez, Pablo
López Alonso, Virginia
Morenilla Burlo, Luis
Sanchez Molina, Jose Andres
Correo electrónico
pablo.arias.rodriguez@udc.es
virginia.lopez.alonso@udc.es
luis.morenilla@udc.es
jose.andres.sanchez.molina@udc.es
Web http://https://inefg.udc.es/index.php/grupos-de-investigacion/aprendizaje-y-control-del-movimiento-humano-en-actividad-fisica-y-deporte
Descrición xeral O control motor é unha disciplina científica que tenta responder á pregunta básica de como o ser humano controla o movemento. Esta disciplina non é máis que un intento de integrar moitas outras ciencias que se preguntan o mesmo, pero que historicamente non se relacionaron entre si. A psicoloxía, a neurofisioloxía ou a neuroloxía son exemplos de ciencias que achegaron moitísimo coñecemento sobre o funcionamento do sistema nervioso e o seu papel no movemento humano pero que mantiveron, ata non fai moito, un discurso illado as unhas das outras. O anterior non quere dicir que o control motor sexa a “disciplina” que resolverá finalmente todas as nosas dúbidas, senón que reflicte a importancia de abordar o movemento humano cun enfoque multidisciplinar ou, máis ben, interdisciplinar, dado que é o único modo de chegar a entender como o ser humano controla os seus movementos dotados de intención.

Competencias do título
Código Competencias do título
A14 Deseñar, planificar, avaliar técnico-cientificamente e desenvolver programas de exercicios orientados á prevención, a reeducación, a recuperación e readaptación funcional nos diferentes ámbitos de intervención: educativo, deportivo e de calidade de vida, considerando, cando fose necesario as diferenzas por idade, xénero, ou discapacidade.
A22 Comprender os fundamentos neurofisiolóxicos e neuropsicolóxicos subxacentes ao control do movemento e, de ser o caso, ás diferenzas por xénero. Ser capaz de realizar a aplicación avanzada do control motor na actividade física e o deporte.
A27 Aplicar os principios cinesiolóxicos, fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais nos contextos educativo, recreativo, da actividade física e saúde e do adestramento deportivo, recoñecendo as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero nos hábitos de vida dos participantes.
A35 Coñecer e saber aplicar o método científico nos diferentes ámbitos da actividade física e o deporte, así como saber deseñar e executar as técnicas de investigación precisas, e a elección e aplicación dos estatísticos adecuados.
B1 Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte.
B2 Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
B3 Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo.
B5 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán.
B7 Xestionar a información.
B9 Comprender a literatura científica do ámbito da actividade física e o deporte en lingua inglesa e en outras linguas de presenza significativa no ámbito científico.
B10 Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
B11 Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma.
B12 Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles.
B13 Coñecer e aplicar metodoloxías de investigación que faciliten a análise, a reflexión e cambio da súa práctica profesional, posibilitando a súa formación permanente.
B16 Dominar habilidades de comunicación verbal e non verbal necesarias no contexto da actividade física e o deporte.
B20 Coñecer, reflexionar e adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e o traballo en equipo a partir das prácticas externas en algún dos principais ámbitos de integración laboral, en relación ás competencias adquiridas no grao que se verán reflectidas no traballo fin de grao.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender os fundamentos neurofisiolóxicos e neuropsicolóxicos subxacentes ao control do movemento humano e o seu desenvolvemento. A22
A27
B2
B5
B10
B13
C1
C2
C6
Ser capaz de realizar a aplicación avanzada do control e aprendizaxe motora nos ámbitos de actuación da actividade física e do deporte, e , no seu caso, considerando as diferenzas por xénero A14
A27
A35
B1
B2
B3
B4
B5
B7
B9
B10
B11
B12
B13
B16
B20
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Bloque temático 1. Introdución á aprendizaxe e control motor Tema 1.1 Conceptualización e historia da aprendizaxe e do control motor
Tema 1.2 Condutas motrices e a súa medición
Tema 1.3 Modelo de procesamento da información e toma de decisións
Tema 1.4 Condicionantes do procesamento da información
Bloque temático 2. Bases neurofisiolóxicas do control motor Tema 2.1 Recollida de información sensorial para o control do movemento
Tema 2.2 Control espiñal do movemento
Tema 2.3 Control cortical do movemento
Tema 2.4 Control subcortical do movemento: Ganglios Basales
Tema 2.5 Control subcortical do movemento: Cerebelo
Bloque temático 3. Control do movemento humano Tema 3.1 Sistemas de control para a execución do movemento
Tema 3.2 Produción do movemento e programa motores
Tema 3.3 Principios do control motor e a precisión do movemento
Tema 3.4 Diferenzas individuais e habilidades motrices
Bloque temático 4. Principios da aprendizaxe motora Tema 4.1 A aprendizaxe motora
Tema 4.2 Implementación da aprendizaxe motora
Tema 4.3 Estruturación da aprendizaxe
Tema 4.4 Feedback durante a aprendizaxe

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B7 C6 1 0.4 1.4
Sesión maxistral A22 A35 B7 C4 C5 C7 26 67.6 93.6
Prácticas de laboratorio A22 A35 B4 B12 B20 C3 C6 C8 16 12 28
Proba obxectiva A22 B7 B9 B13 C3 2.5 5 7.5
Proba mixta A14 A27 B1 B2 B9 B10 B11 B13 B16 C1 C2 2 0 2
Prácticas clínicas B2 B3 B5 B7 B13 C8 0 7.5 7.5
Eventos científicos e/ou divulgativos B3 B5 B7 C7 C8 0 7.5 7.5
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O primeiro día de clase realizarase unha completa explicación dos aspectos tratados na guía docente co fin de que o alumnado coñeza as competencias que se pretende que adquira.
De igual forma previo á realización de calquera dos traballos e actividades propostos achegarase a información necesaria e procederase á organización do alumnado para o seu óptimo desenvolvemento.
Sesión maxistral Impartiranse os contidos fundamentais mediante sesión maxistral aínda que demandando unha participación activa do alumnado presentándolle problemas e cuestións a resolver.
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas de laboratorio sobre os contidos teóricos impartidos na materia; nelas participarase como avaliador e como suxeito experimental.
Proba obxectiva Empregaranse cuestionarios con preguntas obxectivas, fundamentalmente, a través do Campus Virtual, coa intención de estimular ao alumnado para estar ao corrente dos contidos expostos en sesións previas ou, mesmo, na propia sesión; así como, de incentivar as lecturas asociadas ao temario; tamén servirá para determinar a participación do alumnado. Os estudantes con menor puntuación poderán ser encargados de elaborar cuestionarios a expor nunha próxima sesión.
Proba mixta Proba que pode integrar preguntas ben do tipo ensaio e/ou preguntas obxectivas. En canto ás preguntas de ensaio corresponde a preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Prácticas clínicas Participación como suxeito experimental ou como axudante en estudos desenvolvidos no "Grupo de aprendizaxe e control do movemento humano en actividade física e deporte (ACoM)".
Eventos científicos e/ou divulgativos Participación en eventos científicos e/ou divulgativos relacionados cos contidos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Descrición
- As numerosas actividades contempladas na metodoloxía probas obxectivas así como a documentación integrada no Campus Virtual da UDC, facilitará a todo o alumnado o estudo da materia; existindo a posibilidade de atención personalizada, nos horarios de titorías establecidos polo profesorado, ben de forma presencial ou ben a través de MS Teams.
- Resolverase de maneira individual as consultas ou dúbidas expostas polo alumnado mediante titorías previamente acordadas.
- O correo electrónico e MS Teams, son as ferramentas básicas de consulta, para solucionar dúbidas puntuais e para concertar reunións, presenciais ou virtuais.
- Os horarios de titoría da materia, programada polo centro, permitirá completar, en grupos reducidos, as tarefas non desenvoltas nas sesións de laboratorio do horario oficial.
- Alumnado con matrícula a tempo parcial terá a mesma consideración que o alumnado con matrícula a tempo completo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos B3 B5 B7 C7 C8 Establécese o criterio de equivalencia de 0.1 puntos da cualificación final por cada hora de actividade nesta metodoloxía ata un máximo de 0.75 puntos.
No caso de que non se participe nesta metodoloxía a porcentaxe correspondente incorporarase á porcentaxe da proba mixta; do mesmo xeito que se a puntuación final obtida neste apartado é inferior á cualificación da proba mixta.
7.5
Prácticas clínicas B2 B3 B5 B7 B13 C8 Establécese o criterio de equivalencia de 0.1 puntos da cualificación final por cada hora de actividade nesta metodoloxía ata un máximo de 0.75 puntos.
No caso de que non se participe nesta metodoloxía a porcentaxe correspondente incorporarase á porcentaxe da proba mixta; do mesmo xeito que se a puntuación final obtida neste apartado é inferior á cualificación da proba mixta.
7.5
Prácticas de laboratorio A22 A35 B4 B12 B20 C3 C6 C8 Será obrigatorio a inclusión, na plataforma/aplicación dixital establecida, dos datos obtidos nas prácticas; iso permitirá realizar a análise dos mesmos, xerar novas formulacións e responder a preguntas relacionadas a través de cuestionarios ou de novas situacións prácticas. 30
Proba mixta A14 A27 B1 B2 B9 B10 B11 B13 B16 C1 C2 Proba realizada ao finalizar a materia, na data prevista de exame. 40
Proba obxectiva A22 B7 B9 B13 C3 Durante o curso presentarase a través do campus virtual unha serie de probas obxectivas relacionadas cos contidos teóricos, que poderán levar a cabo durante as propias clases presenciais, co fin de motivar a asistencia, o estudo continuo e a resolución de dúbidas. 15
 
Observacións avaliación

1. Asistencia:

  • Esíxese asistencia para a avaliación da metodoloxía "prácticas de laboratorio".
  • Esíxese asistencia para a avaliación da metodoloxía "proba obxectiva" para todas as actividades realizadas nas clases presenciais.

2. A porcentaxe mínima de asistencia para poder optar á avaliación de "prácticas de laboratorio" será do 70% (grupo mediano e de prácticas):

  • No caso de falta de asistencia, por causas xustificadas (acreditar mediante documentación) poderase solicitar a realización da práctica o proba obxectiva en horario de titoría do profesorado que a impartira, no período establecido para a súa posible recuperación.

3. Avaliación para as distintas oportunidade:

  • 1ª oportunidade:
    • Respecto á realización da proba mixta:
      • O resultado da proba mixta terá que ser igual ou superior a 5.00 para realizar a media ponderada cos restantes elementos da avaliación. 
      •  Na folla do exame, a puntuación de cada pregunta farase explícita no caso de que as preguntas teñan un valor diferente.
    • Respecto ás metodoloxías “prácticas de laboratorio” e "probas obxectivas": o resultado da súa cualificación terá que ser igual ou superior a 5.00 para realizar a media ponderada dos restantes elementos de avaliación; obténdose tal cualificación en función das actividades e probas propostas durante o curso académico.
    • A media ponderada resultado dos distintos elementos de avaliación terá que ser igual ou superior a 5.00 para superar a materia. 
    • Respecto ás convocatorias de exame: cada convocatoria consta de dúas oportunidades (xuño e xullo); cando nunha mesma convocatoria se teña unha cualificación de "non presentado" nunha oportunidade e "suspenso" na outra, no seu expediente constará "suspenso" en dita convocatoria. 
    • Pódese optar por realizar só a metodoloxía "prácticas clínicas" ou só a metodoloxía "eventos científicos e/o divulgativos" nese caso pódese chegar a obter ata 1.5 puntos en calquera dos dous apartados. 
      • No caso de que "prácticas clínicas" e/o "eventos científicos e/o divulgativos" non poida ofertarse, ou ben o alumnado non poida ou non desee realizalas; ou no caso de realizalas, que a súa puntuación sexa porcentualmente inferior á obtida na proba mixta a súa porcentaxe na avaliación incorporarase ao da proba mixta para non afectar á cualificación final.
  • 2ª oportunidade:
    • Mantéñense os mesmos requirimentos que na 1ª oportunidade.
    • No caso de non superarse a avaliación correspondente ás prácticas obrigatorias e/o ás probas obxectivas estas deberanse levar a cabo no seguinte curso académico.

4. Criterios de mantemento de partes superadas na 2ª oportunidade:

  • Manteranse as cualificacións obtidas en calquera das actividades correspondentes ás metodoloxías contempladas na avaliación, na primeira oportunidade de cada convocatoria, se o alumnado así o desexa.

5. Criterios de mantemento de partes superadas en futuras convocatorias:

  • Manteranse as cualificacións obtidas en calquera das actividades correspondentes ás metodoloxías contempladas na avaliación, logradas en convocatorias anteriores, exceptuando o caso dun posible cambio dos docentes que impartan a materia.
  • Os criterios para as convocatorias extraordinarias serán os mesmos aos xa establecidos.

6. Alumnado con matrícula a tempo parcial:

  • Atención personalizada: as numerosas actividades contempladas na metodoloxía probas obxectivas así como a documentación integrada no Campus Virtual da UDC, facilitará a todo o alumnado o estudo da materia; existindo a posibilidade de atención personalizada, nos horarios de titorías establecidos polo profesorado, ben de forma presencial ou ben a través de MS Teams.
  • Avaliación:
    • 1ª oportunidade:
      • A avaliación realizarase do mesmo xeito que para o resto do alumnado con matrícula a tempo completo; de igual forma, o peso da avaliación e o % de asistencia será o mesmo que para o resto do alumnado.
      • Probas obxectivas: facilitarase o seu acceso nun período diferente no caso de non poder ser realizadas no previamente establecido (requírese solicitude antes de concluír prazo de realización establecido).
      • Prácticas de laboratorio: poderase solicitar a realización da práctica en horario de titoría do profesorado que a impartira, no período establecido para a súa posible recuperación (requírese solicitude antes de concluír prazo de realización establecido).
  • 2ª oportunidade:
    • A avaliación realizarase do mesmo xeito que para o resto do alumnado con matrícula a tempo completo; de igual forma, o peso da avaliación será o mesmo que para o resto do alumnado.
7. Dispoñibilidade dos idiomas en relación ás probas escritas de avaliación (non só á proba final):
  • Tanto a proba mixta como as probas obxectivas e as relacionadas coas prácticas de laboratorio presentaranse no idioma no que se imparte a materia (castelán):
    • Quen desexe realizar a proba mixta noutra lingua oficial da UDC deberán solicitala durante o primeiro mes do cuadrimestre no que se imparte a materia.
8. Alternativas de avaliación para casos especiais xustificados:
  • Cada caso existente será tratado de forma particular, atendendo ás súas circunstancias, sen menoscabo dos resultados de aprendizaxe.

9. Para a realización de probas on-line, se houbese, empregarase a plataforma da UDC ou sistemas recoñecidos por esta.

10. Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación:     

A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo. 4 b). 

Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo. g).


Fontes de información
Bibliografía básica Kandel, Eric R., Schwartz, James H. y Jessell, Thomas M. (2001). Principios de neurociencia (4ª ed.). Madrid: McGraw-Hill
Schmidt, Richard A. y Lee, Timothy D. (2011). Motor control and learning: a behavioral emphasis (5ª ed). Champaign, IL: Human Kinetics
Magill, Richard y Anderson, David (2017). Motor Learning and Control: Concepts and Applications. New York: McGraw-Hill Education
Schmidt, Richard A. y Wrisberg, Craig A. (2008). Motor learning and performance: A situation-based learning approach (4ª ed). Champaign, IL: Human Kinetics
Fernández del Olmo, Miguel Á. (2012). Neurofisiología aplicada a la actividad física. Madrid: Síntesis
Latash, Mark L. (1998). Neurophysiological basis of movement. Champaign, IL: Human Kinetics

Bibliografía complementaria Felten, David L., Shetty, Anyl N. y Netter, Frank. (2010). Atlas de Neurociencia. Barcelona: Masson
Rothwell, John C. (1994). Control of human voluntary movement (2ª ed). London: Chapman & Hall
Oña Sicilia, Antonio (1999). Control y aprendizaje motor. Madrid: Síntesis
Martens, Rainer (2002). El entrenador de éxito. Barcelona: Paidotribo
Shumway-Cook, Anne y Woollacott, Marjorie H. (2007). Motor control: translating research into clinical practice. Philadelphia : Lippincott Williams & Wilkins
Cardinali, Daniel P. (2007). Neurociencia aplicada: sus fundamentos. Madrid: Médica Panamericana
Ponz Piedrafita, Francisco y Barber Cárcamo, A. María (1989). Neurofisiología. Madrid: Síntesis
Goldstein, E. Bruce (2006). Sensación y percepción. Madrid : Thomson-Paraninfo


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Anatomía e cinesioloxía do movemento humano/620G01002
Psicoloxía da actividade física e do deporte/620G01011
Fisioloxía do exercicio I/620G01013

Materias que continúan o temario
Metodoloxía de investigación en actividade física e deporte/620G01021
Tecnoloxía en actividade física e deporte/620G01034

Observacións

Coa finalidade de mellorar o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería convinte que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto a participar no proceso de avaliación das materias cursadas e cuxa chamada realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo en responder as enquisas que avalían a docencia do profesorado en cada materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías