Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fisioloxía do exercicio I Código 620G01013
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Giraldez Garcia, Manuel Avelino
Correo electrónico
manuel.avelino.giraldez.garcia@udc.es
Profesorado
Giraldez Garcia, Manuel Avelino
Márquez Sánchez, Gonzalo José
Oro Claro, Luis Alberto
Santiago Alonso, Miguel
Correo electrónico
manuel.avelino.giraldez.garcia@udc.es
gonzalo.marquez@udc.es
a.oro@udc.es
miguel.santiago@udc.es
Web
Descrición xeral A Fisioloxía do exercicio I é unha materia cuadrimestral, de 6 créditos ECTS, que pertence ao Módulo 3, Anatomía e fisioloxía (formación básica).

Como o seu propio nome indica, encárgase de estudar o comportamento dos diferentes aparatos e sistemas durante o exercicio, entendéndoo no seu sentido máis amplo, desde a actividade física máis espontánea e informal ata os máis elevados niveis de adestramento e competición deportivos. Coñecer como responde o corpo humano e como é capaz de adaptarse constitúe a base para a avaliación da condición física e para axustar os parámetros do adestramento aos obxectivos desexados.

A fisiología do exercicio impártese no segundo e no terceiro cursos do Grao dividida en dúas materias, Fisiología do exercicio I e Fisiología do exercicio II.

Na que nos ocupa agora, a Fisiología do exercicio I, de carácter máis analítico, ocuparémonos de estudar a anatomía e a fisioloxía dos diferentes aparatos e sistemas e cales son as súas respostas agudas fronte ao exercicio. Na Fisioloxía do exercicio II faise un enfoque máis aplicado e integral, abordando cuestións relacionadas co adestramento, desde os fundamentos fisiolóxicos ata as probas de avaliación e as situacións ambientais especiais, as cuestións relacionadas coa idade e o xénero e outras como a fatiga e as axudas ergoxénicas e o doping.

Os contidos da Fisioloxía do exercicio I están divididos en 5 módulos:

Módulo 1, INTRODUCIÓN: aspectos xerais da organización e funcionamento do corpo humano, aproximación conceptual e histórica á fisioloxía do exercicio, xeneralidades sobre as respostas e adaptacións ao exercicio.

Módulo 2, CONTROL NEUROLÓXICO DO MOVEMENTO: estudo do sistema nervioso e dos órganos dos sentidos para comprender como se procesa a información e como se producen o control motor e a regulación nerviosa da homeostasis durante o repouso e o exercicio. Nesta materia veranse os contidos sobre anatomía e estrutura necesarios para comprender a fisioloxía, que se aborda na materia de “Aprendizaxe e control motor”.

Módulo 3, METABOLISMO E ENERXÍA: estudo do aparato dixestivo e dos procesos que permiten a incorporación ao organismo dos nutrientes contidos nos alimentos e o seu comportamento durante o exercicio; estudo do metabolismo e dos sistemas básicos de obtención da enerxía; estudo da regulación hormonal do metabolismo durante o repouso e o exercicio.

Módulo 4, FUNCIÓN CARDIORRESPIRATORIA E EXERCICIO: estudo da anatomía e a fisiología do sistema cardiovascular e do aparato respiratorio, así como as súas respostas durante o exercicio.

Módulo 5, FUNCION RENAL E MEDIO INTERNO: estudo da anatomía e a fisiología dos riles e as vías urinarias; estudo dos mecanismos de regulación dos líquidos e do pH corporais en repouso e durante o exercicio (aínda que estes últimos contidos veranse con máis profundidade na asignatura de Fisioloxía do exercicio II).
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
No se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
As que figuran na Guía docente

*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesiónes maxistrais: no caso de que chegasen a impartirse de forma presencial, pasarían a ser non presenciais a través de Teams.
Prácticas de laboratorio: pasarían a ser non presenciais e impartiríanse a través de Teams.
En ambos os casos as sesións gravaríanse e quedarían dispoñibles de forma asíncrona, a través dunha canle específica de Stream e coas ligazóns correspondentes en Moodle.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle, e-correo, chat de Teams e chat de Whatsapp. Xeralmente atenderase de forma asíncrona, en días laborables, cun tempo de resposta menor de 24 horas.
Videconferencia en Teams: concertarase previa cita e tentarase atender, dependendo da demanda e a dispoñibilidade de titorías, nun tempo de 24-48 horas.

4. Modificacións na avaliación
Non haberá variacións porque as características que estable a Guía docente xa son compatibles coa súa realización telemática non presencial.
A única excepción podería ser o número de probas da avaliación continua porque parte dos contidos prácticos poderían integrarse nas sesións maxistrais e xa non requirirían unha atención independente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
En caso de imposibilidade de acceso aos recursos específicos de carácter físico dispoñibles na Biblioteca da Facultade, buscaríanse alternativas en formatos dixitais que se facilitarían ao alumnado a través de Moodle ou o equipo específico de Teams.

Competencias do título
Código Competencias do título
A14 Deseñar, planificar, avaliar técnico-cientificamente e desenvolver programas de exercicios orientados á prevención, a reeducación, a recuperación e readaptación funcional nos diferentes ámbitos de intervención: educativo, deportivo e de calidade de vida, considerando, cando fose necesario as diferenzas por idade, xénero, ou discapacidade.
A27 Aplicar os principios cinesiolóxicos, fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais nos contextos educativo, recreativo, da actividade física e saúde e do adestramento deportivo, recoñecendo as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero nos hábitos de vida dos participantes.
A29 Identificar os riscos para a saúde que se derivan da práctica de actividade física insuficiente e inadecuada en calquera colectivo ou grupo social.
B1 Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte.
B7 Xestionar a información.
B9 Comprender a literatura científica do ámbito da actividade física e o deporte en lingua inglesa e en outras linguas de presenza significativa no ámbito científico.
B11 Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a organización e funcionamento xeral do corpo humano e utilizar correctamente a terminoloxía propia da fisioloxía, especialmente a relacionada coa fisioloxía do exercicio. A27
B1
B7
B9
B11
C3
Coñecer os acontecementos e feitos máis relevantes na historia da fisioloxía do exercicio. A27
B1
B7
B9
B11
C3
C6
Coñecer e dominar os conceptos e procesos básicos da fisioloxía humana aplicados á práctica de exercicio físico. A14
A27
B1
B7
B9
B11
C3
C6
Identificar e coñecer os métodos de estudo e técnicas de rexistro máis utilizadas na fisioloxía humana, e interpretar os seus datos e gráficos. A27
B1
B7
B9
B11
C3
C6
Coñecer, comprender e aplicar a anatomía e a fisioloxía dos sistemas corporais implicados no movemento humano. A14
A27
A29
B1
B7
B9
B11
C3
C6
Comprender, analizar e interpretar as respostas agudas provocadas polo exercicio físico. A14
A27
A29
B1
B7
B9
B11
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO 1: INTRODUCIÓN. Tema 1. Aspectos xerais da organización e funcionamento do corpo humano.
Tema 2. Aproximación conceptual e histórica á fisioloxía do exercicio.
MÓDULO 2: CONTROL NEUROLÓXICO DO MOVEMENTO. Tema 3. Introdución e estudo xeral da organización do sistema nervioso.
Tema 4. A medula espiñal e os nervios espiñais.
Tema 5. O encéfalo e os nervios craniais.
Tema 6. Fisiología xeral dos sistemas sensoriais e dos receptores.
Tema 7. Sensibilidade somatosensorial.
Tema 8. Órganos dos sentidos. Sistema vestibular. Fisioloxía do equilibrio.
Tema 9. Niveis de integración e vías da motricidade.
Tema 10. Integración vexetativa. Sistema nervioso autónomo.
MÓDULO 3: METABOLISMO E ENERXÍA. Tema 11. Aparato dixestivo.
Tema 12. Metabolismo e sistemas básicos de obtención de enerxía.
Tema 13. Sistema endocrino. Regulación hormonal do metabolismo.
MÓDULO 4: FUNCIÓN CARDIORRESPIRATORIA E EXERCICIO. Tema 15. Aparato circulatorio: introdución e xeneralidades. O sangue.
Tema 16. Anatomía e fisioloxía cardíacas.
Tema 17. Vasos sanguíneos. Hemodinámica.
Tema 18. Respostas cardiovasculares ao exercicio.
Tema 19. Aparato respiratorio: introdución e xeneralidades. Vías aéreas. Os pulmóns.
Tema 20. Fisioloxía da respiración.
Tema 21. Respostas respiratorias ao exercicio.
MÓDULO 5: FUNCIÓN RENAL E MEDIO INTERNO.
Tema 22. Aparato urinario: introdución e xeneralidades. O ril e as vías urinarias.
Tema 23. Fisioloxía renal.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A27 2 3 5
Sesión maxistral A14 A27 A29 B1 B7 B9 B11 C3 C6 30 45 75
Prácticas de laboratorio A14 A27 A29 B1 B7 B9 B11 C3 C6 22.5 33.75 56.25
Solución de problemas A14 A27 A29 B1 B7 C3 C6 1 4 5
Proba obxectiva A14 A27 A29 B1 B7 B9 B11 C3 C6 3.875 3.875 7.75
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Proponse unha actividade de avaliación inicial sobre coñecementos previos necesarios para progresar adecuadamente na materia. Se existisen deficiencias, daríanse a orientación e os consellos necesarios para superalos durante as titorías de grupo grande ou de forma personalizada.

Con anterioridade á primeira sesión maxistral, o alumnado deberá ler a Guía Docente da materia e responder exitosamente a un cuestionario sobre a mesma.

Na primeira sesión maxistral presentarase a materia e resolveranse as cuestións que expoñan os/as estudantes sobre a mesma e de maneira específica sobre os aspectos da Guía Docente que precisen aclaracións.

Proporcionaranse orientacións e consellos xerais para o estudo adecuado da materia.

Tentaranse coñecer as motivacións e intereses do alumnado respecto da materia.
Sesión maxistral Serán sesións de grupo grande (60 estudantes).

A asistencia non será obrigatoria e non se terá en conta para a avaliación.

Previamente, o alumnado deberá ter preparados e lidos os materiais necesarios para a adquisición dos coñecementos e competencias correspondentes aos temas que se tratarán en cada sesión.

Na plataforma Moodle dispoñerase dos obxectivos detallados para cada tema e a bibliografía recomendada, así como doutros materiais de apoio: presentacións audiovisuais, lecturas básicas e complementarias e probas de avaliación.

Durante a sesión, o profesor irá explicando, coa axuda de recursos audiovisuais, os contidos nos que o alumnado atopase dificultades. Para iso deberá manter unha participación activa, o que significa expor dúbidas razoadas xurdidas dun traballo previo de lectura e reflexión sobre dos contidos.

Así mesmo, os/ as estudantes deberán responder de modo axeitado ás preguntas que formule o profesor ou calquera das persoas presentes na actividade e resolver as pequenas tarefas ou problemas que vaia expoñendo o profesor.

En todas ou algunhas das sesións, sen aviso previo, propoñerase a realización de probas obxectivas (entre 5 e 22 ao longo do cuadrimestre) sobre os contidos do tema tratado nesa mesma sesión ou nas precedentes. Os resultados obtidos teranse en conta para a cualificación final na modalidade de avaliación continua presencial.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio realizaranse en grupos medianos (de 20 estudantes) e nelas abordarase o estudo de diversos contidos da materia coa axuda de maquetas e outros recursos.

A asistencia non será obrigatoria e non se terá en conta para a avaliación.

Previamente, os/as estudantes deberán ter preparados e lidos os materiais necesarios para a adquisición dos coñecementos e competencias correspondentes aos contidos que se tratarán en cada práctica.

Na plataforma Moodle dispoñerán dos obxectivos detallados para cada tema e de probas de avaliación.

Acudirán á práctica cos materiais que utilizaron no estudo previo.

O profesor atenderá dun modo personalizado ou en pequenos grupos aos alumnos e alumnas a fin de axudarlles a resolver as dificultades que atopen.

Durante a práctica os/as estudantes deberán manter unha participación activa e cumprir os obxectivos e as tarefas que se propuxeron con antelación suficiente.

En todas ou algunhas das prácticas, sen aviso previo, propoñerase ao alumnado a realización de probas obxectivas (entre 8 e 15 ao longo do cuadrimestre) sobre os contidos do tema tratado nesa mesma práctica ou nas precedentes (se fose o caso). Os resultados obtidos teranse en conta para a cualificación final na modalidade de avaliación continua presencial.
Solución de problemas A través da plataforma Moodle, e só nalgúns temas, o profesor irá expoñendo problemas relacionados coa análise do comportamento de diferentes variables fisiolóxicas durante o esforzo, cálculos sobre intensidades de exercicio, gasto calórico, utilización de substratos, etc.

A participación e resolución destes problemas non serán obrigatorias nin computarán para a avaliación, a súa finalidade é contribuír á mellor comprensión e aplicación práctica dos coñecementos e as competencias adquiridos.

Con todo, os contidos e competencias traballados si serán obxecto de avaliación nas probas correspondentes.
Proba obxectiva A través da plataforma Moodle, o estudantado deberá realizar diferentes probas de avaliación que consistirán en cuestionarios online de entre 5 e 15 preguntas para a avaliación formativa e de 95 para as probas globais ou exames finais. Poderán ser de diferentes tipos: test de opción única ou múltiple, verdadeiro-falso, de relacionar, de ordenar ou de completar, de calcular... O tempo de realización será, en xeral, de 1 minuto por pregunta, coa excepción daquelas preguntas nas que se requira a realización de cálculos, nas que se facilitará un tempo maior.

A modo de exemplo:
- Cada pregunta tipo test de opción única e 4 posibles respostas puntuarase de xeito que cada acerto valerá 1 punto e cada erro -0,25 (probabilidade de acerto polo azar).
- Cada pregunta tipo test de opción múltiple terá 4 posibles respostas e puntuarase como segue: cada acerto valerá 1/nº de opcións verdadeiras e cada erro valerá -1/nº de opcións falsas. Desta forma, nunha pregunta con 1 opción verdadeira, o acerto valerá + 1 punto e cada erro - 0,33 puntos; con 2 opcións verdadeiras, cada acerto valerá + 0,50 e cada erro - 0,50 puntos; con 3 opcións verdadeiras, cada acerto valerá 0,33 e cada erro - 1 puntos; con catro opcións verdadeiras, cada acerto valerá + 0,25 puntos.
- No caso das preguntas de verdadeiro-falso ou de completar, cada acerto valerá + 1 punto e cada erro - 0,50 puntos (probalidade de acerto polo azar).

No apartado de Avaliación; explícanse estas probas con maior detalle.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Actividades iniciais
Descrición
A atención personalizada implica actividades que, ben de forma individual ou ben en pequenos grupos, teñen como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe e para a preparación das probas obxectivas.
Esta atención personalizada pode desenvolverse de forma presencial (directamente na aula -titorías de grupo- e nos momentos que o profesor ten asignados a titorías de despacho) ou de forma non presencial (a través do correo electrónico,do campus virtual ou de aplicacións como Teams ou Whatsapp).
O alumnado con matrícula a tempo parcial poderá contactar co profesor a través do seu e-mail para concretar unha cita que podería ser presencia ou virtual, según mellor lle conveña.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A14 A27 A29 B1 B7 B9 B11 C3 C6 Ver a continuación. 100
 
Observacións avaliación

IDIOMA. Todas as probas de avaliación
desenvolveranse en CASTELÁN. Con todo, se algún estudante
desexase realizar a proba global ou o exame final en galego, deberá solicitalo con 30
días de antelación
 á data da súa celebración. Por dificultades
técnicas, este exame constará de preguntas seleccionadas polos profesores e non
terán o carácter aleatorio da versión en castelán.



Avaliación inicial



Proponse unha
avaliación inicial, que non se terá en conta para a cualificación final.
Constará de probas NON PRESENCIAIS desenvolvidas a través da plataforma de
tele-ensino da UDC (Moodle). Servirá para que cada alumno ou alumna identifique
o grao de coñecemento previo sobre os contidos necesarios para un progreso
adecuado na materia. A través da plataforma ou por medio de titorías, o
profesor proporcionará orientación e consellos para axudar a superar as
deficiencias detectadas.



PRIMEIRA OPORTUNIDADE (xaneiro)



SÓ SE CONTEMPLA UNHA
AVALIACIÓN CONTINUA
 que incluirá
actividades de avaliación formativa (ao longo do cuadrimestre) e unha
actividade final (proba global) na data da primeira oportunidade (xaneiro). A avaliación
formativa supoñerá o 80% da cualificación final e a proba global o 20%
restante. Para aprobar a materia será necesario obter unha cualificación final
igual ou superior ao 50% da máxima posible.



Avaliación formativa
(80%)



Na avaliación
formativa contémplanse dúas modalidades complementarias: presencial e non
presencial. A primeira supoñerá o 60% da cualificación final e, a segunda, o
20%. Os resultados obtidos na avaliación formativa presencial non condicionarán
a posibilidade de manter a avaliación continua; en cambio, para manter a
avaliación continua e acceder á proba global da primeira oportunidade
(xaneiro), será necesario que a puntuación media ponderada de todos os módulos
na avaliación formativa non presencial alcance ou supere o 70% e a de ningún
módulo sexa inferior ao 50%.



avaliación FORMATIVA PRESENCIAL consistirá na realización de
probas obxectivas durante as sesións maxistrais ou durante as prácticas de
laboratorio. En todas ou algunhas das sesións ou clases prácticas, sen aviso
previo, propoñerase ao alumnado a realización de probas obxectivas (entre 13 e
32 ao longo do cuadrimestre) sobre os contidos e competencias tratados nesa
mesma sesión ou nas precedentes. O único requisito esixido para a realización
destas probas é a presenza física na aula no momento da súa celebración ou estar
conectado/a a Teams, segundo as circunstancias. En caso de ausencia e salvo por
causas debidamente xustificadas, de acordo coa normativa da UDC, non se
concederán máis oportunidades. O 60% da puntuación media de todas as probas
sumarase á cualificación final (máximo de 6 puntos). Para o cálculo da media
dividirase a suma de todas as puntuacións obtidas entre o número de probas
celebradas (incluíndo, por tanto, aquelas ás que o alumnado non se presentou).



Para participar na avaliación FORMATIVA NON PRESENCIAL será
necesario responder de forma ordenada e secuencial á proba obxectiva de todos e
cada un dos temas a través da plataforma de tele-formación. Cada estudiante
dispoñerá de 3 intentos en cada tema que poderá responder de forma NON
PRESENCIAL en 3 días diferentes (terán que transcorrer polo menos 24 horas
entre un intento e o seguinte).



Antes de acceder á proba do primeiro tema, o alumnado deberá contestar ás
probas que se contemplan nas actividades iniciais. A continuación, comezará
polo tema 1 e só poderá acceder ao seguinte, en orde sucesiva, sempre que polo
menos nun dos intentos acade unha puntuación igual ou superior ao 30% (3 puntos
sobre 10).  Se non superase o 30%, perdería o dereito á avaliación
formativa e para aprobar a materia o alumno ou alumna só podería optar ao exame
final da segunda oportunidade (xullo). Para que este proceso teña un carácter
verdadeiramente formativo, establecerase un calendario o suficientemente
flexible, cunhas datas límite nas que deberán completarse as probas de cada
módulo.



Para superar a avaliación formativa non presencial, a media ponderada de todos
os módulos terá que ser igual ou superior ao 70% e a de ningún módulo poderá
ser inferior ao 50%. En caso contrario, perderase o dereito á avaliación
continua e non se poderá optar ao aprobado na primeira oportunidade (xaneiro);
neste caso só se poderá superar a materia no exame final da segunda
oportunidade.



Para calcular a media ponderada, o peso dos módulos será: M1 = 5,26 %; M2 =
15,79 %; M3 = 26,31 %; M4 = 36,84 %; M5 = 15,79 %. A cualificación de cada
módulo calcularase utilizando a media simple das puntuacións máis altas obtidas
en cada un dos seus temas.



A avaliación
formativa non presencial sumará o 20% da cualificación final (máximo 2 puntos
sobre 10).



Cada proba obxectiva (presencial
ou non presencial) consistirá nun cuestionario online de entre 5 e 15 preguntas
que poderán ser de diferentes tipos: test de opción única ou múltiple,
verdadeiro-falso, de relacionar, de ordear, de completar, de calcular... De
forma xeral, o tempo de realización será de 1 minuto por pregunta, aínda que,
nalgunhas delas, que requiran cálculos, permitirase un tempo maior.



A modo de exemplo:



  • Cada pregunta tipo
    test de opción única terá 4 posibles respostas e puntuarase como segue: cada
    acerto valerá 1 punto e cada erro -0,25 puntos (para contrarrestar a
    probabilidade de acerto polo azar).
  • Cada pregunta tipo
    test de opción múltiple terá 4 posibles respostas e puntuarase como segue: cada
    acerto valerá 1/nº de opcións verdadeiras e cada erro valerá -1/nº de opcións
    falsas. Desta forma, nunha pregunta con 1 opción verdadeira, o acerto valerá +
    1 punto e cada erro - 0,33 puntos; con 2 opcións verdadeiras, cada acerto
    valerá + 0,50 e cada erro - 0,50 puntos; con 3 opcións verdadeiras, cada acerto
    valerá 0,33 e cada erro - 1 puntos; con catro opcións verdadeiras, cada acerto
    valerá + 0,25 puntos.
  • No caso das
    preguntas de verdadeiro-falso ou de completar, cada acerto valerá + 1 punto e
    cada erro - 0,50 puntos (para contrrrestar a probabilidad de acerto polo azar).







Actividade de
avaliación final (proba global) (20%)



Esta actividade ten
carácter PRESENCIAL na aula ou por conexión a Teams segundo as
circunstancias. 



No caso de que se
celebre na aula SERA OBRIGATORIO INSCRIBIRSE E ELIXIR HORARIO CUNHA ANTELACIÓN
MÍNIMA DE 48 HORAS Á SÚA CELEBRACIÓN. Considerando o elevado número de alumnos
e alumnas que se matriculan anualmente nesta materia, este requisito obedece á
necesidade de organizar na plataforma os grupos e os horarios de celebración do
exame, que serán de entre 25 e 50 persoas segundo a dispoñibilidade de espazo
na aula. Para iso, avisarase a todo o alumnado con suficiente antelación e
poderase realizar a inscrición a través dunha lista (enquisa) habilitada na
plataforma Moodle.



Só poderá realizar a
proba global (convocatoria da primeira oportunidade, en xaneiro) quen teña
superada a avaliación formativa non presencial. 



Para que esta proba
se téña en conta no cálculo da cualificación final, a media ponderada de todos
os módulos terá que ser igual ou superior ao 50% e a de ningún módulo poderá
ser inferior ao 40%. En caso contrario, non se superará a avaliación continua e
para poder aprobar a materia habería que acudir á segunda oportunidade.
Utilizaranse os mesmos criterios de ponderación que na avaliación formativa non
presencial.



A proba consistirá
nun cuestionario de 95 preguntas coas características, forma de puntuación e
dispoñibilidade de tempo indicadas máis arriba. Repartiranse da seguinte forma:
5 para o módulo 1; 15 para o módulo 2; 25 para o módulo 3; 35 para o módulo 4;
15 para o módulo 5.



Cualificación final



A cualificación final
obterase sumando o 60% da puntuación acadada na avaliación formativa
presencial, o 20% da puntuación obtida na avaliación formativa non presencial e
o 20% da proba global, sempre que se cumpran os requisitos mínimos esixidos
para cada unha delas.



Alumnado con matrícula
a tempo parcial



Para asegurar a posibilidade de
avaliación continua do alumnado con matrícula a tempo parcial, sempre que teña
a dispensa preceptiva para non asistir ás actividades presenciais, permitirase
de maneira excepcional, e previa concertación co profesor, a realización das
probas da avaliación formativa presencial en momentos diferentes ao resto dos
seus compañeiros e nun horario razoable.



Para as demais actividades non se
contemplan alternativas específicas porque a única actividade presencial
obrigatoria é o exame final e nas restantes disponse de suficiente flexibilidade
de datas e horarios para que cada persoa poida organizarse segundo mellor
conveña ás súas circunstancias.



Alumnado con diversidade
funcional



Considerando que a
diversidade funcional pode ser moi variada, non se propón unha solución
concreta, pero si se contempla a posibilidade de establecer as adaptacións
necesarias para atender de forma persoal e específica a cada un dos casos que
se poidan presentar para garantir a igualdade de oportunidades. Nestes casos, o
alumno ou alumna solicitaría unha titoría co profesor para que este poida
prestarlle a atención personalizada que requira e ofrecer as solucións máis
adecuadas.



SEGUNDA OPORTUNIDADE
(xullo)



Esta actividade ten
carácter PRESENCIAL na aula ou por conexión a Teams segundo as circunstancias.



No caso de celebrarse
na aula, SERÁ OBRIGATORIO INSCRIBIRSE E ELIXIR HORARIO CUNHA ANTELACIÓN MÍNIMA
DE 48 HORAS Á SÚA CELEBRACIÓN. Considerando o elevado número de alumnos e
alumnas que se matriculan anualmente nesta materia, este requisito obedece á
necesidade de organizar na plataforma os grupos e os horarios de celebración do
exame, que serán de entre 25 e 50 persoas segundo a dispoñibilidade de espazo
na aula. Para iso, avisarase a todo o alumnado con suficiente antelación e
poderase realizar a inscrición a través dunha lista (enquisa) habilitada na
plataforma Moodle. 



Para os alumnos que tendo
aprobada a avaliación formativa durante o mesmo curso suspendesen a proba
global na primeira oportunidade, contémplase a realización doutra proba global
na que se respectarán as mesmas condicións que na primeira ocasión, aínda que na
oportunidade de xullo só terían que examinarse dos módulos nos que non tivesen
alcanzado un 40% na primeira oportunidade.



Para os/as estudantes
que  non tiveran aprobada ou non tiveran realizada a avaliación formativa,
só se contempla un EXAME FINAL (exame único) que supoñerá o 100% da
cualificación final e para superalo deberán obter unha puntuación de polo menos
un 50% en todos e cada un dos módulos. A cualificación final calcularase cos
mesmos criterios de ponderación que na avaliación formativa non presencial.



Ambas as probas consistirán
nun cuestionario das mesmas características que na primeira oportunidade.



OPORTUNIDADES
POSTERIORES (cursos seguintes)



Para os cursos
posteriores conservarase a cualificación obtida na avaliación formativa, sempre
que esta fose aprobada, polo tanto, as persoas que reunisen dita condición só
terían que presentarse á proba global, nas mesmas condición que o alumnado do
ano académico en curso.



EN NINGÚN caso se
conservarán módulos aprobados de forma illada, tanto na avaliación formativa
como nas avaliacións final ou global.



COLABORACIÓN OPTATIVA
CON GRUPOS DE INVESTIGACIÓN (máximo 1 punto)



Na Facultade de
Ciencias do Deporte e a Educación Física desenvolven o seu labor investigador e
docente varios grupos de investigación cuxas áreas de traballo están vinculadas
co control motor e as respostas e adaptacións ao exercicio: Motor Control
Group, Performance and Health Group e INCIDE (Investigación en Ciencias do
Deporte).



Unha vez superada a
materia, pódese obter 1 punto extraordinario, que se sumará á cualificación
final, colaborando activamente nas tarefas de investigación dalgún destes grupos
e/ou participando nos seminarios específicos que ofertan a tal fin. Esta
colaboración será de carácter voluntario (NON É OBRIGATORIA) e non se terá en
conta para alcanzar o aprobado. 



Participar nas
devanditas actividades supón a posibilidade de aplicar na práctica os
coñecementos e competencias adquiridos na materia e de profundar nos conceptos
e no dominio técnico de moitos dos seus contidos. 



Finalizada a
colaboración, o Director do grupo que corresponda outorgará a cada alumno unha
cualificación entre 0 e 1 punto que se trasladará á cualificación final.



CUALIFICACIÓNS FINAIS



As cualificacións
finais expresaranse mediante cualificación numérica, de acordo co establecido
no artigo 5 do RD 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se
establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas
titulacións universitarias de carácter oficial. Estas cualificacións serán:
0-4,9=Suspenso; 5-6,9=Aprobado; 7-8,9=Notable; 9-10=Sobresaliente; a partir de
9 a Matrícula de Honra corresponderá (dentro do número máximo permitido) ás
mellores cualificacións.


Fontes de información
Bibliografía básica Thibodeau, G.A. y Patton, K.T. (2013). Anatomía y fisiología.. Barcelona: Elsevier España
McArdle, W., Katch, F.I. y Katch, V. (2014). Exercise physiology. Nutrition, Energy & Human Performance.. Philadelphia: Wolters Kluwer Health/Lippincot Williams & Wilkins
López Chicharro, J. y Fernández Vaquero, Almudena (2006). Fisiología del ejercicio. Madrid: Médica Panamericana
Kenney, W.L., Wilmore, J.H. y Costill, D.L. (2012). Fisiología del esfuerzo y del deporte.. Madrir: Médica Panamericana
Wilmore, J.H., Costill, D.L. y Kenney, W.L. (2015). Fisología del ejercicio. Nutrición, rendimiento y salud.. Philadelphia: Lippincot Williams & Wilkins
Astrand, P.O., Rodahl, K., Dahl, H.A. y Strome, S.B. (2010). Manual de fisiología del ejercicio.. Badalona: Paidotribo
Kenney, W.L., Wilmore, J.H. y Costill, D.L. (2015). Physiology of sport and exercise. Ghampaign: Human Kinetics
Kenney, W.L., Wilmore, J.H. y Costill, D.L. (2015). Physiology of sport and exercise. Ghampaign: Human Kinetics
Tortora, G.J. y Derrickson, B. (2018). Principios de anatomía y fisiología.. Madrid: Médica Panamericana

Bibliografía complementaria American College of Sports Medicine (2011). Advanced exercise physiology. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins
Koeppen, B.M. y Stanton, B.A. (2009). Berne y Levy. Fisiología. Barcelona: Elsevier España
Dvorkin, M.A. y Cardinali, D.P. (2010). Best & Taylor. Bases fisiológicas de la práctica médica. Madrid: Médica Panamericana
Nolte, J. (1994). El cerebro humano : introducción a la anatomí­a funcional.. Barcelona: Mosby/Doyma
Garret, W.E. y Kirkendall, D.T. (2000). Exercise & Sport Science.. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins
Thompson, P.D. (2001). Exercise & sports cardiology. Singapur: McGraw Hill
Hansen, J.T. & Koeppen, B.M. (2002). Netter's Atlas of Human Physiology. California: Icon Learning Systems
Shepherd, G. (1994). Neurobiology. Oxford: Oxford University Press
Bear, M. (2008). Neurociencia: la exploración del cerebro. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins
Ponz Piedrafita, F. y Barber Cárcamo, A.M. (1989). Neurofisiologí­a. Madrid: Sí­ntesis
Kandel, E. (2001). Principios de neurociencia. McGraw Hill
Wasserman, K.; Hansen, J.E.; Sue, D.Y.; Stringer, W.W. & Whipp, B.J. (2011). Principles of exercise testing and interpretation. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins
Gilroy, A.M.; MacPherson, B.R.; Ross, L.M.; Schünke, M.; Schulte, E. y Schumacher, U. (2008). Prometheus. Atlas de Anatomía. Madrid: Médica Panamericana
Pabst, R. y Putz, R. (2006). Sobotta. Atlas de Anatomí­a Humana. Tomo 1. Cabeza, cuello y miembro superior.. Madrid: Médica Panamericana
Pabst, R. y Putz, R. (2006). Sobotta. Atlas de Anatomí­a Humana. Tomo 2. Tronco, ví­sceras y miembro inferior. . Madrid: Médica Panamericana
Guyton, A.C. y Hall, J.E. (2011). Tratado de fisiología médica. Barcelona: Elsevier


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía e cinesioloxía do movemento humano/620G01002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Aprendizaxe e control motor/620G01012

Materias que continúan o temario
Fisioloxía do exercicio II/620G01025
Actividade física saudable e calidade de vida I/620G01023
Metodoloxía do rendemento deportivo/620G01024
Tecnoloxía en actividade física e deporte/620G01034
Actividade física saudable e calidade de vida II/620G01036
Teoría e práctica do adestramento deportivo/620G01037
Avances no adestramento de forza e resistencia (optativa)/620G01043

Observacións
O acceso do alumnado aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pode darse dende calquera dos itinerarios de bacharelato. Esta asignatura precisa que o alumnado posúa uns certos coñecementos previos no ámbito da bioquímica, a citoloxía e a histoloxía, que se corresponden cos niveis educativos previos. No caso de non cursar previamente materias cos contidos mencionados, sería conveniente que o alumnado procurase ler os devanditos contidos nos primeiros días de clase. Para iso, pode consultarse a bibliografía específica recomendada polos profesores no espazo da materia na plataforma Moodle da UDC.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías