Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Socioloxía da actividade física e do deporte Código 620G01015
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Mosquera Gonzalez, Maria Jose
Correo electrónico
maria.jose.mosquera@udc.es
Profesorado
Mosquera Gonzalez, Maria Jose
Correo electrónico
maria.jose.mosquera@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pertenece ao modulo "Materias básicas da rama de Ciencias Sociais e Xurídicas".
Ten como obxetivo introducir aos alumnos no ámbito da Socioloxía do Deporte, para conquerir que sexan capaces de observar, identificar e aplicar na súa actividade profesional á perspectiva sociolóxica.
Considerando que non existen outros créditos adicados aos coñecementos da Socioloxía Xeral, é necesario introducir de forma sintética as correntes de pensamento da Socioloxía e os conceptos fundamentais que forman parte do proceso de socialización que se da na sociedade e no deporte. Neste sentido, a primeira orientación do programa é macrosociolóxica, pero tamén se considera o individuo e as súas interaccións dende a perspectiva micro, polo tanto recolle posturas integradoras macro-micro.
O descriptor de contido do modulo co que se relaciona a materia, que figura no documento de Grado, é o seguinte: "Bases e perspectiva sociolóxica para a análise socio-cultural da Actividade Física e o Deporte: o deporte como feito social. Cultura deportiva e proceso de socialización: cultura de modernidade e postmodernidade (valores de postmodernidade de resistencia. Postmodernidade de decadencia: violencia). A socialización deportiva en función do xénero. Estructura social da práctica físico-deportiva de ocio e tempo libre: intereses dos grupos sociais e estilos de vida. Fundamentos da recreación e do ocio".

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os beneficios do deporte como experiencia de lecer para ser capaz de incluír os indicadores fundamentais na planificación e atender os mesmos no desenvolvemento da práctica de lecer, considerando o xénero, a idade e a discapacidade, e analizando con enfoque crítico as estratexias de discriminación positiva.
A2 Comprender os procesos históricos das actividades físico-deportivas e a súa influencia na sociedade contemporánea, estudando o caso de España e Galicia, e a presenza diferenciada dos homes e das mulleres.
A3 Coñecer e analizar a cultura deportiva e propoñer os cambios necesarios, na propia e na das persoas coas que traballa, desde a ética e o xogo limpo, as diferenzas de xénero e a visibilidade dos discapacitados.
A7 Promover e avaliar a formación de hábitos de actividade física e deporte ao longo do ciclo vital, considerando que a idade, o xénero ou a discapacidade son variables que necesitan da intervención consciente para favorecer a igualdade de oportunidades.
B3 Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán.
B7 Xestionar a información.
B12 Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles.
B15 Comprender e saber utilizar as importantes posibilidades que a educación física e o deporte teñen para xerar hábitos sociais e valores democráticos (coeducación de xéneros, respecto á diversidade social e cultural, cooperación, competición respectuosa, compromiso co contorno…).
B18 Comprometerse e involucrarse socialmente coa súa profesión e en concreto, coa situación actual da actividade física e o deporte na educación formal; coa xestión do centro educativo; cos seus compañeiros (traballo cooperativo) e con aqueles aos que educa.
B19 Exercer a profesión con responsabilidade, respecto e compromiso.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer, comprender e interpretar as características das persoas e os seus contextos socioculturais, co fin de adecuar a súa intervención profesional ás mesmas, garantindo a igualdade de oportunidades no acceso á práctica físico-deportiva. A1
A3
B3
B5
B7
B12
B15
B18
B19
C4
C7
Comprender e interpretar as expresiones do feito social deportivo en cada cultura para poder intervir nos cambios necesarios para a igualdade de oportunidades, a igualdade de xénero e garantir os principios éticos e de xogo limpio. A1
A3
A7
B5
B12
B15
Acadar as ferramentas necesarias para construir unha “mente sociolóxica” sobre o deporte, entendendo éste dende a concepción postmoderna: como un sistema aberto. A1
A3
Coñecer as aportacións da Socioloxía do Deporte para o exercicio profesional do Licenciado en Ciencias da Actividad Física e do Deporte. A1
A3
A7
B3
B5
B12
B15
B19
C4
C6
C7
Elaborar unha visión do deporte como institución social, entendida como moito máis que práctica deportiva. A1
A3
Construir unha visión macro da sociedad e do deporte para ser capaz de comprender o mapa de relacións entre os elementos, as funcións de cada un e identificar os procesos donde o profesional da Educación Física pode e debe incidir. A1
A3
B5
B15
B19
Ser capaz de observar e identificar o modelo de cultura deportiva da sociedade, de cada deporte, de grupos específicos e de cada persona en particular. A1
A3
A7
B5
B12
Coñecer os factores que determinan o nacimento, evolución e desenvolvemento da Socioloxía e a súa vinculación coa sociedade industrial A2
Coñecer as ideas principais dos sociólogos clásicos: Comte, Durkheim, Weber e Marx, así como a aplicación das súas ideas ao ámbito do deporte. A3
Comprender que o nacimento do Deporte Moderno é un fenómeno “paralelo” ao nacimiento da Socioloxía, e detectar as influencias que reciben da revolución industrial. A2
Expoñer as principais correntes de pensamento da Socioloxía e a súa aplicación ao mundo do deporte. A2
Comprender os antecedentes, nacimento e desenvolvemento da Socioloxía do Deporte a nivel nacional e internacional. A3
Coñecer e diferenciar a cultura deportiva na modernidade e na postmodernidade, e a orientación de decadencia e de resistencia. Saber intervir para transmitir unha cultura de postmodernidade de resistencia A1
A3
A7
B3
B5
B12
B15
B19
C7
Comprender as consecuencias da cultura deportiva da postmodernidade de decadencia nas situacións de violencia e acoso escolar a alumnos e profesores. A3
A7
B5
B12
B15
Comprender os procesos de construcción da cultura de xénero e a súa influencia nas maneiras de relacionarse e comportarse no deporte homes e mulleres. Saber intervir para modificar os modelos tradicionais de xénero A1
A3
A7
B5
B12
B15
Coñecer, e controlar na intervención profesional, as variables socio-demográficas que determinan a práctica deportiva da sociedade española, a súa evolución e cambios, que xeneran o paso de un sistema pechado (moderno) a un sistema aberto (postmodernos). Comprender a relación prácticadeportiva-estilos de vida. A1
A3
A7
B5
B12
B15
B19
Coñecer o significado e principios da recreación deportiva para diseñar unha intervención máis recreativa que deportivizada. A1
A3
A7
B5
B12
B19
Coñecer, saber identificar e desenvolver as características, cualidades e actitudes axeitadas propias do perfil profesional do animador deportivo. A1
A3
A7
B5
B19

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I. O nacimento da Socioloxía, o nacimento do Deporte Moderno: dous procesos vencellados á sociedad industrial
Tema 1. O nacimento da Socioloxía como disciplina científica. 1.1. Factores que determinan o nacimento da Socioloxía.
1.2. Os sociólogos clásicos. As súas ideas e a súa proxección no ámbito do deporte.
1.3. As principais correntes de pensamiento en Socioloxía.
1.4. A sociedade e os seus conceptos: Estado, institucións, cultura, socialización, valores, normas, conciencia individual, conciencia colectiva, consenso, conflicto, grupos de presión e cambio social.
Tema 2. O nacimento do Deporte Moderno.
2.1. O deporte e a sociedade industrial: os procesos de transformación na Inglaterra do século XIX.

BLOQUE II. Nacimento e desenvolvemento da Socioloxía do Deporte.
Tema 3. A Socioloxía do Deporte en España.

BLOQUE III. Cultura deportiva e socialización nas sociedades postmodernas.
Tema 4. Cultura deportiva e valores: sociedades modernas e postmodernas.
Tema 5. A cultura deportiva da sociedad actual de postmodernidade.
5.1. A postmodernidad de decadencia.
5.2. A postmodernidad de resistencia.
5.3. A Educación Física na postmodernidad: orientacións de decadencia e de resistencia.
5.3.1. A violencia e o acoso escolar
Tema 6. A socialización deportiva en función do xénero nas sociedades de postmodernidade.
6.1. Conceptos fundamentais: sexo, xénero, estereotipo, roles hexemónicos, estatus, sexismo, feminismo e machismo.
6.2. A igualdade de oportunidades.
BLOQUE IV. A estructura social da práctica físico-deportiva como actividade de lecer e tempo libre nas sociedades de postmodernidade.
Tema 7. O cambio social e a súa incidencia na transformación estructural do deporte: a evolución da práctica deportiva como actividade de ocio. O paso de un sistema pechado a un sistema aberto.
7.1. Os deportes más practicados e a súa frecuencia.
7.2. A dimensión subxetiva da práctica deportiva.
7.3. A aparición dos novos deportes da postmodernidade: deportes na natureza e “deportes de risco”.
Tema 8. Lecer, deporte e recreación.
8.1. O Ciclo de vida e as prácticas de ocio e deporte: estilos de vida.
8.2. A recreación: concepto, tipos e principios.
8.3. Perfil profesional do animador deportivo: funcións, modelos, erros e actitudes.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A2 A1 A3 A7 B5 B12 B15 B19 C4 C7 20 36 56
Proba mixta B7 C6 2 5.8 7.8
Sesión maxistral A2 A1 A3 A7 B3 B5 B12 B15 B18 B19 C4 C6 C7 20 38 58
Análise de fontes documentais B7 C6 8 12 20
 
Atención personalizada 7.5 0 7.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro * A través desta metodoloxía se propoñen EXAMENES PARCIAIS e as "PRÁCTICAS DE AULA".

* EXAMENES PARCIAIS: Ao longo do cuatrimestre vanse facer varios examenes de preguntas de V-F e/ou de preguntas tipo test, nos que tamén se van a incluir preguntas sobre as prácticas que a continuación se indican. Ter todo-los examenes aprobados ten un valor de 2 puntos.

* "RELACIÓN DE PRÁCTICAS": teñen un valor de 2 puntos.
Relación de prácticas para realizar ao longo do cuatrimestre: aínda que se poden introducir modificacións en función de acontecementos, datas significativas, conferencias na Facultade, etc.

PRACTICA 0.
- Criterios para as citas bibliográficas
- RUC (Repositorio da Universidade da Coruña): http://ruc.udc.es/dspace/

1. Obxetivo da Socioloxía do Deporte e da asigantura dende a perspectiva do profesional da E.F.(Concepto de cultura de Durkheim).

1.1. Entrevista sobre o estereotipo do profesional da E.F. (perspectiva micro e despois macro)
- Tarefa: Preguntar a 3 persoas: alumnos de secundaria, usuarios de ximnasios, alumnos de outras Facultades, traballadores de diferentes ámbitos, etc. (Perspectiva micro-macro).
- Pregunta a realizar: ¿Qué opinión ten do profesional da E.F?: anotar opinión literal.
- Conclusión: a través da posta en común das respostas recollidas polos alumnos: Concretar o estereotipo (aproximación) do profesional de E.F. que ten a sociedade.

1.2. Entrevista: opinión que teñen os alumnos de secundaria da asignatura de E.F. (perspectiva micro e despois macro)
- Tarefa: Pregunta a 3 alumnos: recoller opinión literal.
- Pregunta: "O que che gusta e o que non che gusta da asignatura de E.F":
- Posta en común.

1.2. PRÁCTICA DEPORTIVA POR XÉNERO NA SOCIEDADE ESPAÑOLA (perspectiva macro).
- Tarea: Consultar a "Enquisa de Hábitos Deportivos en España 2010" do CIS-CSD na web do CSD.
- Recoller % de práctica en función do xénero.

2. Exemplos de investigación (sociolóxicos) nos tres paradigmas que poderías levar a cabo como profesional da E.F. e desenvolver como TFG.
- Consultar a web da AEISAD (Asociación Española de Investigación Social Aplicada al Deporte) para recoller ideas.
- Elixe 2 titulos das comunicacións recollidas nos libros de actas dos congresos da AEISAD que reflexen os temas que te gustaría traballar.

3. Maneiras de obrar, pensar e sentir dos homes. Cultura de xénero: tarefas domésticas, deporte, fútbol e relacións afectivas. (Perspectiva macro).

4. Maneiras de obrar, pensar e sentir das mulleres. Cultura de xénero: tarefas domésticas, deporte, fútbol e relacións afectivas. (Perspectiva macro).
4.1. Visualiza el video y busca relaciones con la práctica. Conclusión del video.
https://www.youtube.com/watch?v=ECmW5ctnTfg


5. Modelos de familia da postmodernidade: de Decadencia e de Resistencia (perspectiva macro). Concretar en cada modelo a cultura deportiva que transmiten utilizando a estructura dos indicadores que parecen no libro de "No violencia" de nais e pais.
- Escribe un modelo nunha carilla do folio e o outro modelo na outra carilla.

5.1. Relaciona o siguinte video con: modelos de familia, socialización, cultura, normas, valores, etc. http://www.youtube.com/watch?v=Efc0p0GASFY

6. Xerarquía de valores: personal, do grupo clase, do deporte e da sociedad actual. Indicar un exemplo de "maneiras de obrar" para cada valor. (Perspectiva micro-macro)

7. Xerarquía de valores dende a postmodernidade de resistencia. Indicar un exemplo de conducta para cada valor. (Perspectiva macro).

8. Mapa conceptual da sociedade. (Perspectiva macro)
- Aplicar o mapa da sociedade á Facultade.
- Identificar donde está o profesional da E.F., as súas funcións.
- O profesional de E.F. como axente de cambio social e como grupo de presión.

9. Nacemento do Deporte Moderno.
9.1. Ámbitos nos que interven a sociedade moderna para conseguir que as actividades recreativas se transformen en deportes. Texto Mandell.
9.2. Ámbitos nos que debe intervir un Tecnico Deportivo Municipal, na actualidade, para transformar un xogo popular en deporte.
9.3. Ámbitos-Variables que se poden utilizar para realizar Estratexias de Discriminación Positiva (EDP) na aula de E.F. Conexión coa práctica 26.

10. Identifica os conceptos da asignatura que están presentes na seguinte frase e que sirven para explicala: “O campo de xogo é un auténtico medio educativo”. Explica a relación de cada concepto coa frase.

11.- Características do Deporte Moderno e Postmoderno. Establece as semellanzas e diferenzas.

12. Postmodernidade de decadencia ou de resistencia. Elixe unha das tendencias e elabora o mapa conceptual utilizando os indicadores-características que a definen. (Macro).

13. Concretar a Ética a través de frases que utilizarías para explicarlle o concepto os teus alumnos. Non sirven definicións académicas ou do diccionario.

14. Áreas de investigación da Socioloxía do Deporte en España: indica un exemplo de investigación en cada unha das áreas.

15. Responder ao "Código da Noviolencia" como profesional da E.F. e explica os motivos de desacordo.

15.1. Relaciona o siguinte video co Código da "Noviolencia"
http://www.sport.es/es/noticias/futbol/nino-anos-separa-entrenador-arbitro-medio-partido-2390577

16. Utiliza o "Código da Nonviolencia" como planilla de observación: dun compañeiro, profesor de E.F. entrenador, xogador, etc. Sinala as frases coas que pensas que estaría de acordo e en desacordo.

17. "Código da Nonviolencia". Indica as frases coas que estás de acordo pero que non levas a cabo.

17.1. Explica o que é a "doble moral". Identifica os conceptos sociológicos que están presentes e elabora unha explicación con eles.
17.2. Os "dilemas morais" como estratexia para traballar a ética e a moral. Aplica un dilema moral a un grupo de compañeiros e resume as posturas.

18. Como profesor/entrenador, elabora unha norma para cada subcategoría do “Código da Nonviolencia”.

19. Acoso escolar. Programa "Vía V" Cómo evitar el acoso escolar (cap.413- parte 2- 19/11).
- Tarefa: Tomar apuntes do contido do vídeo para facer unha posta en común en clase: datos, %, conceptos, argumentos, etc.
http://www.vtelevision.es/informativos/viav/2012/11/20/0031_6_159104.htm?utm_source=buscador&utm_medium=buscador

20. GEXAFD: Grupo de Estudios de Xénero, Actividade Física e Deporte. http://www.udc.es/mulleredeporte/actividades.html?language=en
- Consulta a comunicación presentada ás II Xornadas de Innovación en xénero. Docencia e Investigación (Universidade de Vigo): "Deseño dunha estratexia educativa de xénero na Facultade de ciencias do Deporte e a E.F. da Universidade da Coruña: o GEXAFD".
- Relaciona o GEXAFD co "mapa conceptual da sociedade" explicando as funcións que desempeña.

21. Sinala frases, comentarios, actitudes, imáxes, situacións da vida cotiá que reflexen sexismo e machismo. Na sociedade, na publicidad, no deporte (en prensa, radio ou TV) e na Facultade.

22. Igualdade de oportunidades dende a perspectiva do xénero. Identifica as tendencias explicadas na ´Guía de Noviolencia para docentes" e explica os argumentos a favor/en contra de cada unha das posturas.

23. Igualdade de oportunidades: "Ellas también juegan"
http://ellastambienjuegan.wordpress.com/about/
https://es-es.facebook.com/pages/Ellas-tambi%C3%A9n-juegan/184029134983885
- Tarefas: facer seguimento
- De quen é a iniciativa e de donde parte.
- Recoller noticias: deportes, noticias, equipos, deportistas, etc. para posta en común.
- ¿Pode considerarse como unha EDP?

24. "Asociación de Hombres por la Igualdad de Género": AHIGE. http://www.ahige.org/principiosbasicos.html
http://www.ahige.org/ganamosconlaigualdad.html
http://www.ahige.org/decalogo.html

- Identifica nos seus principios básicos/decálogo os conceptos sociolóxicos que son propios da asignatura.
- Sinala as actividades que organizan e que ti tamen poderías organizar ou nas que poderías participar como profesional da E.F.

25. Homes rompendo estereotipos de xénero no deporte. RETOMA A IDEA DOS POSTERS DA ASIGNATURA DE TEORÍA E HISTORIA.
http://www.ahige.org/referentessociales.html
- Por grupos, elaborar un poster dun home que racha cos estereotipos de xénero no deporte.
- Incluir os seguintes datos: datos de identificación, modalidade deportiva, traxectoria, fotografía e fontes de consulta (libros, webs, tv, etc.)

26. Escribe unha estratexia de dicriminación positiva (EDP) dende o punto de vista do xénero para cada un dos ámbios propostos na práctica 9: espacio (dónde), tempo (cánto), actividades (a qué), xogo-reglas (cómo), materiais (con qué), mentalidade (cultura). Engadindo: linguaxe e avaliación.


27. Ventaxas/desventaxas da EDP: “pasar obrigatoriamente ás mulleres antes de tirar a marcar”. A Guía de nonviolencia para docentes facilita argumentos, engade outras consideracións.

28. Discute a idoneidade da seguinte estratéxia: “Utilizar o exercicio físico como castigo no ámbito da E.F e o deporte”.

29. Explica a seguinte frase utilizando conceptos sociolóxicos: "....as pelexas e motes que se poñen son cousas de nenos, non hai que facerlles caso, hai que deixar que eles resolvan as súas cousas".

30. "Plan Integral para la actividad física y el deporte"
http://www.csd.gob.es/csd/estaticos/plan-integral/LIBRO-PLAN-AD.pdf
- Obxetivos.
- Organismos implicados.
- Destinatarios.
- Recomendaciones para o profesional da E.F.

31. Significado do deporte para homes e mulleres. Modernidade ou postmodernidade. Competición ou recreación. ¿Estas diferencias as debe ter en conta o profesional da E.F. para orientar o seu traballo?

32. Características, cualidades dun bo profesional: profesor de E.F ou entrenador-monitor. Concretar a partir dos indicadores da Postmodernidades de Resistencia e engadir outros.

Proba mixta PROBA MIXTA.

* Refírese ao EXAMEN FINAL. (Ver apartado de "AVALIACIÓN")
* Ten un valor de 6 puntos
Sesión maxistral
SESIÓN MAXISTRAL.
Traballaranse os contidos que forman o marco teórico a través de exposicións orais con soporte audiovisuais, debates dirixidos, etc. Realizaranse para cada tema as "Prácticas de Aula" correspondentes.
Análise de fontes documentais Formará parte do traballo que teñan que realizar os alumnos para levar a cabo as "Practicas de Aula". Estas tarefas poden ser tanto a consulta bibliográfica como a visualización de videos, películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
O alumno realizará as "Prácicas de Aula" e as dudas que poda ter resolveránse na aula e tamen na hora de titoría establecida no horario.


As outras horas de titoría para atención personalizada serán publicadas polo centro e tamén indicaránse na porta do despacho.

* Despois de cada examen se fará una titoría colectiva, na hora marcada no horario oficial, para responder as preguntas do examen en voz alta e resolver dúbidas. Tal como indica a normativa académica, non hai opción de ensinar os parciais a todo o alumnado. Ademáis dos argumentos legais están as razóns de xestión do tempo: si se fan 4 exámenes é inviable ensinar 400 exámenes en 4 meses.

* De todas formas, como sempre se fixo, os alumnos con máis dificultades na materia para aprobar serán atendidos en titoría individual no despacho da profesora, sempre que existan motivos obxectivos que expliquen as dificultades para aprobar.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B7 C6 EXAMEN FINAL DE CUATRIMESTRE.

VALOR DO EXAMEN:

* 6 puntos sobre 10

TIPOS DE PREGUNTAS:

Consta de tres partes. Coa calificación de cada unha se fai a media para a nota final (sempre que cada unha das partes esté aprobada).

* Proba de resposta múltiple. Consta de un test de 20-25 preguntas. Cada pregunta vale 1 punto, e de cada 3 preguntas mal se desconta 1 punto. Hay que respostar correctamente á metade das preguntas para acadar o aprobado nesta parte.

* Proba de V-F: o criterio de corrección é acertos menos erros. Para aprobar esta parte hai que respostar correctamente á metade das preguntas.

* Proba de preguntas abertas: non se desconta si as respostas son incorrectas, pero se valora a calidade da redacción e a claridade de ideas. Para aprobar esta parte hai que acadar a metade da puntuación total desta parte.
60
Obradoiro A2 A1 A3 A7 B5 B12 B15 B19 C4 C7 O obradoiro refírese ás PRACTICAS DE AULA e os EXAMENES PARCIAIS.
Lembrase ós alumnos que na planificación da asignatura, para estas actividades se considera necesario invertir aprox. 90 horas non presenciais/traballo autónomo do alumno

1.-PRÁCTICAS:

* VALOR DAS PRÁCTICAS: 2 puntos dos 10 puntos cos que se califica a materia. Se cuñan as practicas que o alumno trae feitas da casa. Como excepción, se pode facer algunha na aula e ser cuñada.

* O OBXECTIVO: a precisión na resposta. Non se trata de escribir moito, se trata de buscar a mellor resposta no menor espacio posible. As prácticas sirven para traballar os conceptos da materia e para saber aplicar esos conceptos o traballo do profesional da E.F.

* EXTENSIÓN: Unha carilla de folio é o espacio máximo que deberá ocupar unha práctica, pero para algunhas será suficiente media carilla. Pode haber algunha que precisará de maior espacio, se indicará na aula.

* RELACIÓN DE PRÁCTICAS: O alumno debe saber facer todas as prácticas que están indicadas no apartado 5. "Metodoloxías" pois serán posibles preguntas do examen final e tamen dos exames parciais.

* AS PRACTICAS SE RECOLLEN A FINAL DE CURSO E SE CONTABILIZAN AS QUE ESTÁN CUÑADAS:
- O alumno debe facelas na casa, como entrenameno para os examenes parciais e para o examen final do cuatrimestre.
- Na clase de grupo reducido o alumno debe preguntar as dúbidas.
- As "Titorías da asignatura" se planifican especialmente para resolver as dúbidas das "Prácticas", aínda que tamen as dos contidos.

2.-EXAMENES PARCIAIS

* Vanse facer examenes-parciais de cada bloque temático, no que tamen se incluien preguntas sobre as prácticas que corresponda, co obxectivo de saber si o alumno é capaz de aplicar os conceptos á realidade profesional.

* O alumno que teña todos os examenes parciais aprobados terá 2 puntos dos 10 puntos sobre os que se califica a asignatura.

* Os examenes parciais con calificación de notable ou sobresaínte: por cada un se engadirá 0,25 para redondear a nota final do cuatrimestre.

* As calificacións dos exámenes parciais se comunican na aula, no día que se traballa cos grupos pequenos co obxectivo de coñecer os alumnos e coñecer tanto os que podan ter dificultades como os que non as teñen. Posteriormente as calificacións se suben a moddle.

* Despois de cada examen se fará una titoría colectiva, na hora marcada no horario oficial, para responder as preguntas do examen en voz alta e resolver dúbidas. Tal como indica a normativa académica, non hai obriga de ensinar os parciais a todo o alumnado. Ademáis dos argumentos legais están as razóns de xestión do tempo: si se fan 4 exámenes a 100 alumnos é inviable dar a opción de ensinar 400 exámenes en 4 meses.
* De todas formas, como sempre se fixo, os alumnos con máis dificultades na materia para aprobar serán atendidos en titoría individual no despacho da profesora, sempre que o suspenso debido ás dificultades personais do alumno e non a: non vir a clase, non elaborar os propios apuntes, non estudiar o suficiente, etc.


OBXECTIVOS XERAIS das PRÁCTICAS E EXAMENES PARCIAIS:

* Que o alumno comence a comprender e a estudar o contido da materia dende os primeiros días de clase.

* Ser capaz de facer reflexións e elaboracións conceptuais propias a partir dos contidos. Non se trata de memorizar para facer os examenes. Non se trata de copiar o que aparece nos materiais da asignatura para elaborar respostas para as prácticas.

* Traballar a síntesis e a elaboración propia nas respostas das prácticas, de cara ao examen parcial e final.

* Ser capaz de aplicar os coñecementos ó traballo do profesional da E.F.


40
 
Observacións avaliación
1.- AVALIACIÓN DA ASIGNATURA: REALIZASE SOBRE 10 PUNTOS. O EXAMEN FINAL VALE 6 PUNTOS, OS EXAMENES PARCIAIS VALEN 2 PUNTOS E AS PRACTICAS DE AULA VALEN 2 PUNTOS

***EXAMENES PARCIAIS:VALEN 2 PUNTOS

-SI O ALUMNO TEN APROBADOS O 100% DOS EXAMENES REALIZADOS CONSEGUE OS 2 PUNTOS.
-SI TEN APROBADOS MENOS EXAMENES CONSEGUE A PUNTUACIÓN PROPORCIONAL.
-O ALUMNO QUE NON FAGA OS EXAMENES PARCIAIS OU QUE NON OS TEÑA APROBADOS PERDE OS 2 PUNTOS DO TOTAL DE 10.
-OS EXAMENES PARCIAIS SE REVISAN NA TITORIA COLECTIVA: CADA ALUMNO RESPONDE A UNHA PREGUNTA,`PERO NON SE ENTREGAN OS EXAMENES A CADA ALUMNO

***PRACTICAS DE AULA: VALEN 2 PUNTOS

- O ALUMNADO DEBE TRAER A PRACTICA FEITA, E SI TEN DÚBIDAS DEBE TRAELAS ANOTADAS PARA PREGUNTAR. - NON SE ACEPTAN PRACTICAS SIN FACER DECINDO QUE NON SE SABE COMO FACELAS.

***A PROBA MIXTA-EXAMEN FINAL CUATRIMESTRE:TEN UN VALOR DE 6 PUNTOS

- AÍNDA QUE UN ALUMNO APROBE O EXAMEN PODE NON APROBAR A ASIGNATURA SI NON TEN OS PUNTOS DOS EXAMENES PARCIAIS APROBADOS (2 PUNTOS)E DAS PRÁCTICAS DE AULA (2 PUNTOS.

- PARA APROBAR O EXAMEN É NECESARIO TER APROBADAS AS TRES PARTES DO EXAMEN. Con algunha parte do examen suspensa non se fará media para poñer a nota final.

- SI O ALUMNADO ESTÁ SUSPENSO DEBE REPETIR TODO O EXAMEN, AS TRES PARTES. NON SE GARDAN AS PARTES QUE TEÑA APROBADAS.



2.- TRABALLOS VOLUNTARIOS.

- Experiencia de Aprendizaxe e Servizo: Participación na mesa informativa sobre "Xénero, feminismo, violencia e deporte" que se colocará nos IES de Oleiros que o desexen nas datas próximas ao 25 de novembro (Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller) e o 8 de marzo (Día da Muller traballadora). Obxectivo: falar co alumnado e profesorado que se achegue e repartir frases para aclarar conceptos.

- Os sonidos do deporte": grabar o sonido dun entrenamento, dunha actividade nun gimnasio, nas gradas dun partido, etc.

A calificación do traballo fará media coa nota acadada no examen final+prácticas+parciais.



3.- OS ALUMNOS SUSPENSOS DO CURSO 2014-2015 PERO QUE TEÑAN PUNTUACIÓN DE PRACTICAS E EXAMENES PARCIAIS SE LLES GARDAN AS PUNTUACIÓNS PARA O CURSO 2015-2016, E SÓ DEBEN FACER O EXAMEN FINAL DE CUATRIMESTRE.



4.-INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO SUSPENSO,

- OS QUE NON TEÑEN APROBADAS AS 3 PARTES DO EXAMEN FINAL. A calificación que lles aparecerá na acta será a puntuación máis baixa acadada na parte do examen suspensa, dado que esa parte é a que determina o suspenso.

- OS QUE TEÑEN O EXAMEN APROBADO PERO NON APROBAN POR NON TER PRACTICAS NIN EXAMENES PARCIAIS: Dado que o examen vale 6 puntos se traduce a nota acadada no examen a esa puntuación.



5.-CALIFICACIÓN DE XUÑO E XULLO
Si un alumno está suspenso en unha das oportunidades, xuño, e en xullo ten NP no seu expediente constará como SUSPENSO.

Fontes de información
Bibliografía básica Martín Horcajo, M. (2006). "Contribución del feminismo de la diferencia sexual a los análisis de género en el deporte" . Revista de Sociología nº 44, pp. 11-131
Moscoso Sánchez, D. (2006). "La sociología del deporte en españa. Estado de la cuestión". Revista de Sociología, nº 44, pp 177-221
Mosquera, Mª J. y Puig, N (2003). "Sociología de la actividad física y el deporte en España" en Dosil (Coord): Ciencias de la Actividad Física y el Deporte. Madrid: Síntesis
Mosquera, Mª J. y Puig, N. (2003). "Sociología de la actividad física y el deporte en España" en Dosil, J. (ED): Ciencias de la actividad física y del deporte. . Madrid: Síntesis
García Ferrando, M. (2006). "Veinticinco años de análisis de comportamiento deportivo de la población española (1980-2005)". Revista Internacional de Sociología nº 44, mayo-agosto, pp15-38
Arce, C. y De Francisco, C. (2008). A realidade da práctica deportiva en Galicia. . Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela-Consellería de Cultura e Deporte. Xunt
López Villar, C. y Fernández Villarino, Mª A. (2008). A realidade físico deportiva das mulleres en Galicia. A Coruña:Xunta de Galicia
Gambau i Pinasa, V. et al. (2008). Comunicación y deporte. Madrid: Librerias Deportivas Esteban Sanz-AEISAD
Picó, J. (1999). Cultura y modernidad. Seducciones y desengaños de la cultura moderna. . Madrid: Alianza Editorial
Martínez del Castillo, J. (Comp) (1998). Deporte y calidad de vida. Madrid: Librerias Deportivas Esteban Sanz-AEISAD
Latiesa Rodriguez, M. et al. (2001). Deporte y cambio social en el umbral del siglo XXI. Madrid: Librerias Deportivas Esteban Sanz-AEISAD
Elias, N. y Dunning,E (1986). Deporte y ocio en el proceso de civilización. Madrid: FCE
Mosquera, Mª J.; Gambau, V; Sánchez, R. y Pujadas, X. (Comp) (2003). Deporte y postmodernidad. Madrid: Librerias deportivas Esteban Sanz_AEISAD. nº 6
Mosquera, González, Mª J. et al. (2003). Deporte y Postmodernidad. Madrid: Librerias Deportivas Esteban Sanz-AEISAD
Vilanova, A. et al. (2009). Deporte, salud y medio ambiente. Madrid: Librerias Deportivas Esteban Sanz-AEISAD
Giner, S., Lamo de Espinosa, E. y Torres, C. (Eds) (1998)). Diccionario de Sociología. Madrid: Alianza Editorial
Sanmartín, J. (Coord) (2004). El laberinto de la violencia. Causas, tipos y efectos.. Barcelona: Centro Reina Sofia para el estudio de la violencia_Ariel
ALFARO GANDARILLAS, Élida.; BENGOECHE BARTOLOMÉ, Mercedes; VÁZQUEZ GÓMEZ, Benilde (2011). Hablamos de Deporte: en femenino y en masculino. . Madrid: Consejo Superior de Deporte
Mandell, R. (1986). Historia cultural del deporte. Barcelona: Bellaterra.
Mosquera González, Mª J. (2012). I, II, II e IV Ciclo de Conferencias de Xénero, Actividade Física e Deporte 2009-2010. A Coruña: Universidade da Coruña http://ruc.udc.es/handle/2183/9053
Inglehart, R (1998). Modernización y posmodernización. El cambio cultural, económico y político en 43 sociedades. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas
Mosquera González, Mª J. (2004). No violencia en el deporte y en la vida. Guía para docentes y personas interesadas. Guía para madres y padres y Guía para escolares y personas curiosas.. A Coruña: Dirección Xeral para o Deporte, Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.
Monteagudo, Mª J. y Puig, N. (Ed) (2004). Ocio y deporte. Un análisis multidisciplinar. Universidad de Deusto: Instituto de Estudios de Ocio
García Ferrando, M. (Coord) (1993). Pensar nuestra sociedad. Fundamentos de sociología. Valencia: Tirant lo Blanch
Fundación Real Madrid (2011). Por una educación real. Valores y Deporte. La alineación de los valores. Cuaderno del alumnado. Cuaderno del profesorado. . Madrid: Ediciones Gráficas Fundación Real Madrid
García Ferrando, M. (2006). Postmodernidad y deporte. Entre la individualización y la masificación. Encuesta sobre hábitos deportivos de los españoles 2005. . Madrid: Consejo Superior de Deportes-Centro de Investigaciones Sociológicas.
Ballesteros (1989). Postmodernidad: decadencia o resistencia. Madrid, Tecnos
Aldaz, J. et al. (2013). Responsabilidad social. Ética y deporte.. Madrid: Ibersaf Industrial-AEISAD
Garcia Ferrando, M.; Puiz Barata, N. y Lagardera Otero, F. (Comp) (2009). Sociología del Deporte. Madrid: Alianza Editorial. 3ª edición
Ritzer, G (1993). Teoría sociológica clásica. Madrid: McGraw-Hill
Ritzer, G. (1993). Teoría sociológica contemporánea. Masdrid: McGraw-Hill
Sánchez Martín (2011). Transformación deportiva: nuevos hábitos ciudadanos y posmodernidad urbana, 1982-2010" en Pujadas, X. (coord.): Atletas y ciudadanos. Historia social del deporte en España. . Madrid: Alianza Editorial
Mosquera, Mª J. y Rodicio, Mª L (2013). “Hábitos deportivos de los estudiantes de la Facultad de Ciencias del Deporte y la Educación Física de la Universidad da Coruña (1992-2012): la influencia de los cambios de la sociedad española”. XI C. Madrid. Disponible en: http://www.fes-web.org/uploads/files/modules/congress/11/papers/1842.doc.
Mosquera González, Mª J. (2014). ¿Las mujeres no hacen deporte porque no quieren? ¿Los hombres practican el deporte que quieren? El género como variable de análisis de la práctica deportiva de las mujeres y de los hombres. en Mosquer. A Coruña: Universidade da Coruña
ALFARO GANDARILLAS, Élida.; BENGOECHE BARTOLOMÉ, Mercedes; VÁZQUEZ GÓMEZ, Benilde (2011): Hablamos de Deporte: en femenino y en masculino. Madrid: Consejo Superior de Deportes. Disponible en:https://sede.educacion.gob.es COMAS, D. (Coord): Jóvenes y estilos de vida. Valores y riesgo en los jóvenes urbanos. Madrid: FAD-INJUVE. Disponible en: http://www.injuve.es/observatorio/economia-consumo-y-estilos-de-vida/jovenes-y-estilos-de-vida-valores-y-riesgos-en-los-jovenes-urbanos-fad" CONSEJO SUPERIOR DE DEPORTES, SUBDIRECCIÓN GENERAL DE PROMOCIÓN DEPORTIVA Y DEPORTE PARALIMPICO, FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS (2011): Guía para la incorporación de la perspectiva de género a la gestión deportiva local. Madrid: Consejo Superior de Deportes. Disponible en: https://sede.educacion.gob.es EUROBAROMETRO DEPORTE Y ACTIVIDAD FISICA 2014. Disponible en: http://ec.europa.eu/public_opinion/archives/ebs/ebs_412_en.pdf" FERNÁNDEZ GARCÍA, Emilia (2010): Guía PAFIC para la promoción de la actividad física en chicas. Consejo Superior de Deportes- Ministerio de Igualdad. Instituto de la mujer-Consejo Superior de Deportes. Presidencia de Gobierno. Disponible en: https://sede.educacion.gob.es GARCÍA FERRANDO, M. Y LLOPIS GOIG, R. (2011). Encuesta sobre los hábitos deportivos en España. Ideal democrático y bienestar social. Madrid, Consejo Superior de Deportes-Centro de Investigaciones Sociológicas. Disponible en: http://www.csd.gob.es JAVALOY, f. (2007): Bienestar y felicidad de la juventud española. Madrid: INJUVE. Disponible en: http://www.injuve.es/observatorio/economia-consumo-y-estilos-de-vida/bienestar-y-felicidad-de-la-juventud-espanola LÓPEZ DÍEZ, Pilar. (2011): Deporte y mujeres en los medios de comunicación: sugerencias y recomendaciones. Madrid: Consejo Superior de Deportes. Disponible en: "https://sede.educacion.gob.es MOSQUERA GONZÁLEZ, Mª J. (2012): I Ciclo de Conferencias: Xénero, Actividade Física e Deporte: 2009-2010. Coruña: Universidade da Coruña. MOSQUERA GONZÁLEZ, Mª J. (2012): II Ciclo de Conferencias: Xénero, Actividade Física e Deporte: 2010-2011. MOSQUERA GONZÁLEZ, Mª J. (2013): III Ciclo de Conferencias: Xénero, Actividade Física e Deporte: 2011-2012. Coruña: Universidade da Coruña. MOSQUERA GONZÁLEZ, Mª J. y RODICIO GARCÍA, Mª L. (2013): “Hábitos deportivos de los estudiantes de la Facultad de Ciencias del Deporte y la Educación Física de la Universidad da Coruña (1992-2012): la influencia de los cambios de la sociedad española”. XI Congreso Español de Sociología “Crisis y cambio. Propuestas desde la sociuología. Madrid. Disponible en: http://www.fes-web.org/uploads/files/modules/congress/11/papers/1842.doc.

OBSERVATORIO INJUVE (2010): Tiempo medio disponible: activiadades a realizar. Disponible en: http://www.injuve.es/observatorio/ocio-y-tiempo-libre/tiempo-medio-disponible-actividades-a-realizar

OBSERVATORIO INJUVE (2010): Entorno familiar. Relaciones de pareja. http://www.injuve.es/observatorio/familia-pareja-e-igualdad-de-genero/entorno-familiar-relaciones-de-pareja

OBSERVATORIO INJUVE (2008): Jóvenes e igualdad de género. Disponible en:

http://www.injuve.es/observatorio/familia-pareja-e-igualdad-de-genero/jovenes-e-igualdad-de-genero

Fernández-Llebrez González, F. (2012): Cambios y persistencia de la igualdad de género de los y las jóvenes en España(1990-2010). Madrid: INJUVE. Disponible:

http://www.injuve.es/observatorio/familia-pareja-e-igualdad-de-genero/cambios-y-persistencias-en-la-igualdad-de-genero-de-los-y-las-jovenes-en-espana


OFICINA DE IGUALDADE DE XÉNERO DA UDC (2012): Informe sobre o diagnóstico de igualdade 2012. Disponible en: http://www.udc.es/arquivos/sites/udc/sociedade/igualdade/oficina/diagnostico_igualdade_Imprimir.pdf

SÁNCHEZ BELLO, Ana E IGLESIAS

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Pedagoxía da actividade física e do deporte/620G01001
Teoría e historia da actividade física e do deporte/620G01003
Xogos e recreación deportiva/620G01005
Psicoloxía da actividade física e do deporte/620G01011
Metodoloxía de investigación en actividade física e deporte/620G01021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Psicoloxía da actividade física e do deporte/620G01011

Materias que continúan o temario
Pedagoxía da actividade física e do deporte/620G01001
Teoría e historia da actividade física e do deporte/620G01003

Observacións
CONSIDERACIOS PREVIAS DE ESPECIAL RELEVANCIA SOBRE OS CONTIDOS *** O temario vaise desenvolver a través de diferentes tipos de clases e de recursos: clases maxistrais, debates, prácticas de aula, lectura de artígos e libros, etc., polo tanto, todos os contidos, ideas, preguntas, etc. que se abordan nal aula se consideran materia de examen. *** Os esquemas que se utilizarán na aula para explicar os diferentes contidos do temario non se poden entender como “os apuntes oficiais” a través dos cuales estudiar o examen.Os esquemas son un guión para ordear as ideas, unha síntesis do contido de cada bloque temático. *** Como recurso, os esquemas axudan a que o alumno centre a súa atención e, dado que están dispoñibles en moodle, evitan que éste teña que tomar apuntes de todo o explicado, facilitando que poda centrarse en comprender as explicacións e realizar as anotacións aclaratorias ao contido que nelas se reflexa. *** Pero nos esquemas no se incluien as explicacións de todos os conceptos, matices, exemplos que se realizan en clase, as comparaciones entre conceptos, os comentarios sobre as referencias bibliográficas, etc. Estas cuestións debe incorporalas o alumno e tomar nota delas para elaborar os seus propios apuntes, do contrario terá unha información incompleta da materia de examen. *** Resulta fundamental para a comprensión do contido da asignatura que o alumno asista as clases con regularidade e manexe e organice os materiais. Ao longo do cuatrimestre se traballará na aula para construir un “pensamento sociolóxico sobre o deporte”, unha “visión cultural do deporte”, e os alumnos que non asisten a clase non adicaron o tempo necesario para entrenarse nese proceso. Esta carencia percibese de manera especial nos resultados do examen. *** Por outra parte, si os alumnos que non asisten a clase estudian polos apuntes doutros compañeiros, non están estudiando o contido que se ten impartido na aula, estudian o que outros compañeiros “entenderon que se ten explicado”. Hai erros semellantes que se detectan nos exámenes, nalgúns casos máis de 15 alumnos teñen o mesmo erro. *** O temario explicarase recurrindo a exemplos dos diferentes deportes e protagonistas deportivos, sen embargo se tratará como tema transversal a violencia no deporte e o xénero. *** Recomendase a seguinte estratexia para favorecer a comprensión da materia: Que o alumno traslade o explicado na aula ao seu deporte, de maneira que entenda a relación e presencia de cada concepto dunha forma práctica, aplicada á sua vida cotiá deportiva. Si este proceso o desenrrola dende o principio de curso vai comprender mellor os contidos e estará mellor preparado para o tipo de reflexións que se plantearán no examen. RECOMENDACIÓNS PARA OS ALUMNOS QUE XA CURSARON A ASIGNATURA. *** Percebese que algúns alumnos que xa cursaron a asignatura en anos anteriores confíanse e se relaxan nas súas esixencias. Os conceptos xa lles resultan familiares e non os traballan o suficiente. O resultado é que non acadan o nivel de precisión esixido. SOBRE A ASISTENCIA A CLASE E O TRABALLO NA AULA *** Resulta sorprendente ter que falar destes temas, pero a experiencia de anos atrás nos leva a recordarlle ós alumnos que asistir a clase implica unha actitude de traballo, de toma de apuntes, de seguimento da materia, etc. Polo tanto é imprescindible estar en silencio durante as intervencións da profesora ou de outros alumnos que fan preguntas: os debates en paralelo non teñen cabida, si algun alumno ten ideas que expor debe facelo para todos. *** Tamen se recorda que para opinar é preciso ter coñecementos e información, e ademáis é bo ser prudente e reflexivo. Os debates da aula non deben semellarse a algúns "debates televisivos" que carecen de datos,orden e respeto e nunca chegan a conclusións. Cada sesión de clase ten unhos obxectivos, polo tanto é preciso orden, escoita e pensamento para poder acadalos. *** O traballo na aula é unha OBRIGA para o alumno e tamén un DEREITO. Polo tanto, aqueles alumnos que impidan que outros compañeiros acaden este dereito e eles non cumplan coa obriga de traballar na aula, despois de lembrarlles esta cuestión se lles pedirá que abandoen a aula e se comunicará o incidente ó Departamento e Decanato. SOBRE CONDICIONS DURANTE A REALIZACIÓN DE EXAMENES. *** Recoméndase revisar a normativa da UDC, "Normas de avaliación, revisión e reclamacións das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario". artigo 14. Non se permite o uso de móviles. A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria da materia. SOBRE COPIAS EN EXAMENES, PRÁCTICAS O TRABAJOS. *** Recoméndase revisar a normativa da UDC, artigo 14. O plaxio poderá ser considerado causa de suspenso na actividades. OBSERVACIÓNS SOBRE OS RESULTADOS DOS EXAMENES *** Hai alumnos que non estudian os documentos da asignatura, só resumenes que "circulan": por este motivo detectanse erros semellantes nos examenes, as mesmas respostas mal elaboradas. *** Hai alumnos que non fan as prácticas que as copian ou estudian por "practicas que están circulando": hai erros que se reproducen nos examenes. Por outra parte, si hai a mesma resposta en varios alumnos hai o risco de que pode entenderse como "copia no examen". (Ver normativa)


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías