Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Socioloxía da actividade física e do deporte Código 620G01015
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Mosquera Gonzalez, Maria Jose
Correo electrónico
maria.jose.mosquera@udc.es
Profesorado
Mosquera Gonzalez, Maria Jose
Correo electrónico
maria.jose.mosquera@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pertenece ao modulo "Materias básicas da rama de Ciencias Sociais e Xurídicas".
Ten como obxetivo introducir aos alumnos no ámbito da Socioloxía do Deporte, para conquerir que sexan capaces de observar, identificar e aplicar na súa actividade profesional á perspectiva sociolóxica.
Considerando que non existen outros créditos adicados aos coñecementos da Socioloxía Xeral, é necesario introducir de forma sintética as correntes de pensamento da Socioloxía e os conceptos fundamentais que forman parte do proceso de socialización que se da na sociedade e no deporte. Neste sentido, a primeira orientación do programa é macrosociolóxica, pero tamén se considera o individuo e as súas interaccións dende a perspectiva micro, polo tanto recolle posturas integradoras macro-micro.
O descriptor de contido do modulo co que se relaciona a materia, que figura no documento de Grado, é o seguinte: "Bases e perspectiva sociolóxica para a análise socio-cultural da Actividade Física e o Deporte: o deporte como feito social. Cultura deportiva e proceso de socialización: cultura de modernidade e postmodernidade (valores de postmodernidade de resistencia. Postmodernidade de decadencia: violencia). A socialización deportiva en función do xénero. Estructura social da práctica físico-deportiva de ocio e tempo libre: intereses dos grupos sociais e estilos de vida. Fundamentos da recreación e do ocio".

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os beneficios do deporte como experiencia de lecer para ser capaz de incluír os indicadores fundamentais na planificación e atender os mesmos no desenvolvemento da práctica de lecer, considerando o xénero, a idade e a discapacidade, e analizando con enfoque crítico as estratexias de discriminación positiva.
A2 Comprender os procesos históricos das actividades físico-deportivas e a súa influencia na sociedade contemporánea, estudando o caso de España e Galicia, e a presenza diferenciada dos homes e das mulleres.
A3 Coñecer e analizar a cultura deportiva e propoñer os cambios necesarios, na propia e na das persoas coas que traballa, desde a ética e o xogo limpo, as diferenzas de xénero e a visibilidade dos discapacitados.
A7 Promover e avaliar a formación de hábitos de actividade física e deporte ao longo do ciclo vital, considerando que a idade, o xénero ou a discapacidade son variables que necesitan da intervención consciente para favorecer a igualdade de oportunidades.
B3 Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán.
B7 Xestionar a información.
B12 Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles.
B15 Comprender e saber utilizar as importantes posibilidades que a educación física e o deporte teñen para xerar hábitos sociais e valores democráticos (coeducación de xéneros, respecto á diversidade social e cultural, cooperación, competición respectuosa, compromiso co contorno…).
B18 Comprometerse e involucrarse socialmente coa súa profesión e en concreto, coa situación actual da actividade física e o deporte na educación formal; coa xestión do centro educativo; cos seus compañeiros (traballo cooperativo) e con aqueles aos que educa.
B19 Exercer a profesión con responsabilidade, respecto e compromiso.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer, comprender e interpretar as características das persoas e os seus contextos socioculturais, co fin de adecuar a súa intervención profesional ás mesmas, garantindo a igualdade de oportunidades no acceso á práctica físico-deportiva. A1
A3
B3
B5
B7
B12
B15
B18
B19
C4
C7
Comprender e interpretar as expresiones do feito social deportivo en cada cultura para poder intervir nos cambios necesarios para a igualdade de oportunidades, a igualdade de xénero e garantir os principios éticos e de xogo limpio. A1
A3
A7
B5
B12
B15
Acadar as ferramentas necesarias para construir unha “mente sociolóxica” sobre o deporte, entendendo éste dende a concepción postmoderna: como un sistema aberto. A1
A3
Coñecer as aportacións da Socioloxía do Deporte para o exercicio profesional do Licenciado en Ciencias da Actividad Física e do Deporte. A1
A3
A7
B3
B5
B12
B15
B19
C4
C6
C7
Elaborar unha visión do deporte como institución social, entendida como moito máis que práctica deportiva. A1
A3
Construir unha visión macro da sociedad e do deporte para ser capaz de comprender o mapa de relacións entre os elementos, as funcións de cada un e identificar os procesos donde o profesional da Educación Física pode e debe incidir. A1
A3
B5
B15
B19
Ser capaz de observar e identificar o modelo de cultura deportiva da sociedade, de cada deporte, de grupos específicos e de cada persona en particular. A1
A3
A7
B5
B12
Coñecer os factores que determinan o nacimento, evolución e desenvolvemento da Socioloxía e a súa vinculación coa sociedade industrial A2
Coñecer as ideas principais dos sociólogos clásicos: Comte, Durkheim, Weber e Marx, así como a aplicación das súas ideas ao ámbito do deporte. A3
Comprender que o nacimento do Deporte Moderno é un fenómeno “paralelo” ao nacimiento da Socioloxía, e detectar as influencias que reciben da revolución industrial. A2
Expoñer as principais correntes de pensamento da Socioloxía e a súa aplicación ao mundo do deporte. A2
Comprender os antecedentes, nacimento e desenvolvemento da Socioloxía do Deporte a nivel nacional e internacional. A3
Coñecer e diferenciar a cultura deportiva na modernidade e na postmodernidade, e a orientación de decadencia e de resistencia. Saber intervir para transmitir unha cultura de postmodernidade de resistencia A1
A3
A7
B3
B5
B12
B15
B19
C7
Comprender as consecuencias da cultura deportiva da postmodernidade de decadencia nas situacións de violencia e acoso escolar a alumnos e profesores. A3
A7
B5
B12
B15
Comprender os procesos de construcción da cultura de xénero e a súa influencia nas maneiras de relacionarse e comportarse no deporte homes e mulleres. Saber intervir para modificar os modelos tradicionais de xénero A1
A3
A7
B5
B12
B15
Coñecer, e controlar na intervención profesional, as variables socio-demográficas que determinan a práctica deportiva da sociedade española, a súa evolución e cambios, que xeneran o paso de un sistema pechado (moderno) a un sistema aberto (postmodernos). Comprender a relación prácticadeportiva-estilos de vida. A1
A3
A7
B5
B12
B15
B19
Coñecer o significado e principios da recreación deportiva para diseñar unha intervención máis recreativa que deportivizada. A1
A3
A7
B5
B12
B19
Coñecer, saber identificar e desenvolver as características, cualidades e actitudes axeitadas propias do perfil profesional do animador deportivo. A1
A3
A7
B5
B19

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I. O nacimento da Socioloxía, o nacimento do Deporte Moderno: dous procesos vencellados á sociedad industrial
1.1. Factores que determinan o nacimento da Socioloxía.
1.2. Os sociólogos clásicos. As súas ideas e a súa proxección no ámbito do deporte.
1.3. As principais correntes de pensamiento en Socioloxía.
BLOQUE II. A sociedade e os seus conceptos. O deporte como institución.
2.1. A sociedade e os seus conceptos: Estado, institucións, cultura, socialización, valores, normas, conciencia individual, conciencia colectiva, consenso, conflicto, grupos de presión e cambio social.
BLOQUE III. O nacimento do Deporte Moderno.
3.1. Introducción. modernidad histórica y analítica
3.2. O deporte e a sociedade industrial: os procesos de transformación na Inglaterra do século XIX.
3.3. Características do Deporte Moderno.
BLOQUE IV. Modernidade-Postmodernidade: Postmodernidade de Decadencia- Postmodernidade de Resistencia 4.1. Modernidade-Postmodernidade. Conexións e diferencias.
4.2. O Deporte como institución social: modernidade-postmodernidade.
4.3. Sociedade Moderna-Deporte Moderno. Sociedade Postmoderna-Deporte Postmoderno.
4.4. Postmodernidade: De Decadencia e de Resistencia.
4.5. A E.F. na Postmodernidade.

BLOQUE V. Postmodernidade de Decadencia: violencia no deporte, acoso escolar e violencia de xénero.
5.1. Acoso escolar.
5.2. Violencia no deporte.
5.3. Violencia de xénero: relación co deporte e a Educación Física.
BLOQUE VI. A socialización en función do xénero. Da modernidade á postmodernidade.
6.1. Conceptos fundamentais: sexo, xénero, transxénero, estereotipo, etiquetas sociais, roles hexemónicos, estatus, sexismo, feminismo, machismo, micromachismo, postmachismo.
6.2. Coeducación, Escola mixta, Escola Segregada.
6.3. A igualdade de oportunidades: as Estratexias de Discriminación Positiva (EDP).
6.4. Novas masculinidades, novas feminidades.
BLOQUE VII. A estructura social da práctica físico-deportiva como actividade de lecer e tempo libre nas sociedades de postmodernidade.

7.1. A práctica deportiva en función do xénero, idade e estudios.
7.2. Motivos da práctica deportiva
7.3. Os deportes más practicados e a súa frecuencia.
A influencia da postmodernidade.
7.3.1. O paseo como actividade física: as andainas como oferta deportiva.
7.4. O paso de un sistema pechado a un sistema aberto: do deporte federado o deporte recreativo.
7.5. Perfil do profesional: cultura de modernidade ou de postmodernidade.




Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta B7 C6 2 5.8 7.8
Obradoiro A2 A1 A3 A7 B5 B12 B15 B19 C4 C7 20 36 56
Sesión maxistral A2 A1 A3 A7 B3 B5 B12 B15 B18 B19 C4 C6 C7 20 38 58
Aprendizaxe servizo A1 A3 A7 B3 B5 0 0 0
Proba obxectiva A2 A1 A3 A7 B3 B5 B7 B12 B15 B18 B19 C4 4 0 4
Análise de fontes documentais B7 C6 5 7.5 12.5
 
Atención personalizada 10.5 0 10.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta PROBA MIXTA.
* Refírese ao EXAMEN FINAL. (Ver apartado de "AVALIACIÓN")
* Ten un valor de 4 puntos.






Obradoiro * A través desta metodoloxía de OBRADOIRO se propoñen as "PRÁCTICAS DE AULA".
- E necesario a realización das mesmas dado que serán materia de examen e son un instrumento para comprender os contidos.
- Xa non teñen o valor de 2 puntos como en cursos anteriores. O alumnado que acadara esta puntuación en cursos anteriores non se lle considera dado que cambiou o sistema de avaliación.
- Motivo de eliminar o valor de 2 puntos: o alumnado se dedicaba a copiar as prácticas do curso anterior ou as facian de calquera xeito, co obxectivo de buscar a firma da profesora, pero non se realizaban en serio e con interés de aprender.

* "RELACIÓN DE PRÁCTICAS":
Se indica a relación de prácticas para realizar ao longo do cuatrimestre: aínda que se poden introducir modificacións en función de acontecementos, datas significativas, conferencias na Facultade, etc.

PRACTICA 0. Identificar 2 temas de socioloxía uo de socioloxía del deporte en cada web:
- RUC (Repositorio da Universidade da Coruña): http://ruc.udc.es/dspace/
- CIS (Centro de Investigaciones Sociológicas): http://www.cis.es/cis/opencms/ES/index.html
- CSD (Consejo Superior de Deportes): http://www.csd.gob.es/
- AEISAD (Asociación Española de Investigación Social Aplicada al Deporte): http://www.aeisad.org/

1. Obxetivo da Socioloxía do Deporte e da asignatura.(Concepto de cultura de Durkheim).

1.1. Entrevista sobre o estereotipo do profesional da E.F. (perspectiva micro e despois macro)
- Tarefa: Preguntar a 3 persoas: alumnos de secundaria, usuarios de ximnasios, alumnos de outras Facultades, traballadores de diferentes ámbitos, etc. (Perspectiva micro-macro).
- Pregunta a realizar: ¿Qué opinión ten do profesional da E.F?: anotar opinión literal.
- Conclusión: a través da posta en común, que se realizará na aula, das respostas recollidas polos alumnos: Concretar o estereotipo (aproximación) do profesional de E.F. e do profesorado de E.F. que ten a sociedade.

2. Exemplos de investigación (sociolóxicos) nos tres paradigmas que poderías levar a cabo como profesional da E.F. e desenvolver como TFG.
- Consultar a web da AEISAD e do CSD para recoller ideas.
- Elixe 2 titulos das comunicacións recollidas nos libros de actas dos congresos da AEISAD ou de traballos do CSD que reflexen os temas que te gustaría traballar.




3. Maneiras de obrar, pensar e sentir dos homes. Cultura de xénero: tarefas domésticas, deporte, fútbol e relacións afectivas. (Perspectiva macro).

4. Maneiras de obrar, pensar e sentir das mulleres. Cultura de xénero: tarefas domésticas, deporte, fútbol e relacións afectivas. (Perspectiva macro)

- Para facer as prácticas 3 e 4 podes consultar a "Enquisa de Hábitos Deportivos en España" do CIS-CSD na web do CSD. para coñecer as diferencias de % de práctica en función do xénero. http://www.csd.gob.es/

- Visualiza os videos e busca relacións coas prácticas 3 e 4.
"Como una niña" https://www.youtube.com/watch?v=ECmW5ctnTfg
"Rosa y azul". https://www.youtube.com/watch?v=7hBX7YUAx2I&sns=fb
Sexo débil -sexo fuerte? https://www.facebook.com/USASevens/videos/10153475837232856/?fref=nf



- Busca en internet "Imágenes de estereotipos de genero Yang Liu". A autora sintetiza nun libro, a través de pictogramas, os estereotipos de xénero.




5. Modelos de familia da postmodernidade: de Decadencia e de Resistencia (perspectiva macro). Concretar en cada modelo a cultura deportiva que transmiten utilizando a estructura dos indicadores que aparecen no libro de "Non violencia no deporte e na vida. Guía para nais e pais".

- Escribe un modelo nunha carilla do folio e o outro modelo na outra carilla.

5.1. Relaciona o siguinte video con: modelos de familia, socialización, cultura, normas, valores, etc. http://www.youtube.com/watch?v=Efc0p0GASFY



6. Xerarquía de valores: personal, do grupo clase, do deporte e da sociedad actual. Indicar un exemplo de "maneiras de obrar" para cada valor. (Perspectiva micro-macro).



7. Xerarquía de valores dende a postmodernidade de resistencia. Indicar un exemplo de conducta para cada valor. (Perspectiva macro).
- Dividir a clase en postmodernidade de Decadencia e de Resistencia.



8. Mapa conceptual da sociedade. (Perspectiva macro)
- Aplicar o mapa da sociedade á Facultade.
- Identificar donde está o profesional da E.F., as súas funcións.
- Identificar o profesional de E.F. como axente de cambio social e como grupo de presión: ¿qué xerarquía de valores debe ter?



9. Nacemento do Deporte Moderno.
9.1. Respostar as preguntas do documento colgado en moodle sobre o libro de Mandell.
9.2. Análise macro do proceso de trasnformación das actividades recreativas en deportes. Identifica os ámbitos nos que interven a sociedade moderna para conseguir que as actividades recreativas se transformen en deportes. Texto Mandell.
9.3. Dos ámbitos identificados no apartado anterior, sinala os ámbitos nos que debe intervir un Tecnico Deportivo Municipal, na actualidade, para transformar un xogo popular en deporte.
9.4. Ámbitos-Variables que se poden utilizar para realizar Estratexias de Discriminación Positiva (EDP) na aula de E.F. Conexión coa práctica 26.



10. Identifica os conceptos da asignatura (mapa conceptual) que están presentes na seguinte frase e que sirven para explicala: “O campo de xogo é un auténtico medio educativo”. Explica a relación de cada concepto coa frase.



11.- Características do Deporte Moderno e Postmoderno. Identifica a través de guións as características de cada modelo. Despois establece as semellanzas e diferenzas.



12. Postmodernidade de decadencia ou de resistencia. Elixe unha das tendencias e elabora o mapa conceptual utilizando os indicadores-características que a definen (retomar indicadores da Practica 5). (Macro).




13. Concretar a Ética a través de frases ou instruccións que utilizarías para explicarlle o concepto o teu alumnado. Non sirven definicións académicas ou do diccionario.




14. Os "dilemas morais" como estratexia para traballar a ética e a moral. Aplica os seguintes dilemas morais a un grupo de compañeiros e resume as posturas:
- "Entrenas a un equipo e te piden que entrenes determinadas trampas".
- "Eres xogador/a e pidenche que te dopes".
- "Eres entrenador/a e ofrecenche cartos por perder un partido".

Documentos e webs para consulta da AEPSAD (Agencia Española de Protección de la Salud en el Deporte)
- "Vive sin trampas". Programa educativo http://www.aepsad.gob.es/aepsad/educacion/programa-vive-sin-trampas.html

-"Contra el dopaje colabora". http://www.aepsad.gob.es/aepsad/formulario-contacto.html





15. Responder ao "Código da Noviolencia" como profesional da E.F. e explica os motivos de desacordo.

15.1. Relaciona o siguinte video co Código da "Noviolencia"
http://www.sport.es/es/noticias/futbol/nino-anos-separa-entrenador-arbitro-medio-partido-2390577




16. Utiliza o "Código da Nonviolencia" como planilla de observación: dun compañeiro, profesor de E.F. entrenador, xogador, etc. Sinala as frases coas que pensas que estaría de acordo e en desacordo.




17. "Código da Nonviolencia". Indica as frases coas que estás de acordo pero que non levas a cabo.

17.1. Explica o que é a "doble moral". Identifica os conceptos sociológicos (do mapa conceptual) que están presentes na dobre moral.




18. 1. Como profesor/a elabora unha norma para cada subcategoría do “Código da Nonviolencia”.
10.2. E para cada tipo das normas explicadas no temario (Institucionais, cívico-sociais e ético-morais).



19. Acoso escolar. Programa "Vía V" Cómo evitar el acoso escolar (cap.413- parte 2- 19/11).
- Tarefa: Tomar apuntes do contido do vídeo para facer unha posta en común en clase: datos, %, conceptos, argumentos, etc.
http://www.vtelevision.es/informativos/viav/2012/11/20/0031_6_159104.htm?utm_source=buscador&utm_medium=buscador




20. GEXAFD: Grupo de Estudios de Xénero, Actividade Física e Deporte. http://www.udc.es/mulleredeporte/actividades.html?language=en
- Consulta a comunicación presentada ás II Xornadas de Innovación en xénero. Docencia e Investigación (Universidade de Vigo): "Deseño dunha estratexia educativa de xénero na Facultade de ciencias do Deporte e a E.F. da Universidade da Coruña: o GEXAFD".
- Relaciona o GEXAFD co "mapa conceptual da sociedade" explicando as funcións que desempeña.




21. Sinala frases, comentarios, actitudes, imáxes, situacións da vida cotiá que reflexen sexismo, machismo, postmachismo, micromachismo e feminismo. Na sociedade, na publicidad, no deporte (en prensa, radio ou TV) e na Facultade.

MACHISMO INVISIBLE Y MICROMACHISMO: https://www.youtube.com/watch?t=221&v=-oLWb0021P8


21.1. ¿Quién es machista? ¿Quién es feminista?


21.2. Violencia de xénero. Relacionar con Prácticas 3 e 4.
https://www.facebook.com/elpais/videos/10154327390421570/?pnref=story
Gabilondo. El País. Día Internacional de la Mujer. Explica la razón por la cual la violencia de género la desarrollan los hombres.




22. Igualdade de oportunidades dende a perspectiva do xénero. Identifica as tendencias explicadas na ´Guía de Noviolencia para docentes" e explica os argumentos a favor/en contra de cada unha das posturas.

22.1. Visiona o video da Diputación da Coruña sobre o deporte femenino e identifica os conceptos da asignatura que están presentes.
https://www.dicoruna.es/servizos-sociais/area-igualdade/proxectos-propios/sensibilizacion-e-igualdade-xenero/2016/contra-os-elementos/


23. Igualdade de oportunidades: "Ellas también juegan"
http://ellastambienjuegan.wordpress.com/about/
https://es-es.facebook.com/pages/Ellas-tambi%C3%A9n-juegan/184029134983885
- ¿Pode considerarse como unha EDP?



24. "Asociación de Hombres por la Igualdad de Género": AHIGE. http://www.ahige.org/principiosbasicos.html
http://www.ahige.org/ganamosconlaigualdad.html
http://www.ahige.org/decalogo.html

- Identifica nos seus principios básicos/decálogo os conceptos sociolóxicos que son propios da asignatura.
- Sinala as actividades que organizan e que ti tamen poderías organizar ou nas que poderías participar como profesional da E.F.


25. Homes rompendo estereotipos de xénero no deporte.
- Identificar un deportista que racha cos estereotipos de xénero no deporte.
- Incluir os seguintes datos: datos de identificación, modalidade deportiva, traxectoria, fotografía.

https://www.youtube.com/watch?v=Mt27UvP6x1k
https://www.youtube.com/watch?v=OxAWVgBL7ns



26. Escribe unha estratexia de dicriminación positiva (EDP) dende o punto de vista do xénero para cada un dos ámbios propostos na práctica 9: espacio (dónde), tempo (cánto), actividades (a qué), xogo-reglas (cómo), materiais (con qué), mentalidade (cultura). Engadindo: linguaxe e avaliación.




27. Ventaxas/desventaxas da EDP: “pasar obrigatoriamente ás mulleres antes de tirar a marcar”. A Guía de nonviolencia para docentes facilita argumentos, engade outras consideracións.



28. Discute a idoneidade da seguinte estratéxia: “Utilizar o exercicio físico como castigo no ámbito da E.F e o deporte”.



29. Explica a seguinte frase utilizando conceptos sociolóxicos: "....as pelexas e motes que se poñen son cousas de nenos, non hai que facerlles caso, hai que deixar que eles resolvan as súas cousas".



30. Significado do deporte para homes e mulleres. Modernidade ou postmodernidade. Competición ou recreación. ¿Estas diferencias as debe ter en conta o profesional da E.F. para orientar o seu traballo?



31. Características, cualidades dun bo profesional: profesor de E.F ou entrenador-monitor. Concretar a partir dos indicadores da Postmodernidades de Resistencia e engadir outros.

Sesión maxistral SESIÓN MAXISTRAL.
Traballaranse os contidos que forman o marco teórico a través de exposicións orais con soporte audiovisuais, debates dirixidos, etc. Realizaranse para cada tema as "Prácticas de Aula" correspondentes.
Aprendizaxe servizo Trabajo voluntario en el centro "Padre Rubinos" para personas sin techo.
- Actividad: participar cómo ayudante-monitor/a entrenando el equipo que participa en una liga de fútbol.
- La calificación del trabajo, sobre 10 puntos, hará media con la calificación final obtenida en la asignatura a través de los examenes, siempre que esa calificación sea de aprobado.

Para hacer este trabajo voluntario (o cualquier otro) el alumnado debe tener la autorización de la profesora.
Proba obxectiva Refírese os "Examenes Parciais". Teñen un valor de 6 puntos
Faranse tantos examenes como bloques temáticos hai, ainda que cada un ten diferente valor dado que o contido de cada bloque tamen é diferente:
- Bloque I: 5%
- Bloque II: 10%
- Bloque III: 10%
- Bloque IV: 20%
- Bloque V: 20%
- Bloque VI: 20%
- Bloque VII: 15%

O alumnado ten que ter todos os examenes aprobados para poder presentarse na convocatoria de xuño. Si non teñen todos aprobados deben ter todos feitos e polo menos 5 aprobados dos 7 totales.
Análise de fontes documentais Formará parte do traballo que teñan que realizar os alumnos para levar a cabo as "Practicas de Aula". Estas tarefas poden ser tanto a consulta bibliográfica como a visualización de videos, películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Aprendizaxe servizo
Descrición
O alumno realizará as "Prácicas de Aula" e as dudas que poda ter resolveránse na aula e tamen na hora de titoría establecida no horario.


As outras horas de titoría para atención personalizada serán publicadas polo centro e tamén indicaránse na porta do despacho. Estas titorias son para tratar problemáticas persoais na materia ou resolver dúbidas dos traballos voluntarios.

* Antes de cada examen parcial-probas obxectiva se fará una titoría colectiva, na hora marcada no horario oficial, para responder as dúbidas da materia.

* Como sempre se fixo, o alumnado con máis dificultades na materia para aprobar serán atendidos en titoría individual no despacho da profesora, sempre que existan motivos obxectivos que expliquen as dificultades para aprobar.

* Aqueles que non acuden a clase con regularidade, non toman apuntes e na aula están como meros espectadores non serán atendidos en titorias individualizadas para explicarlles o contido. A asistencia a clase é obrigatoria.

TITORIA EXAMEN FINAL XUNIO E XULLO

* Unhos días antes da data do examen final da convocatoria de xunio e de xullo, convocarase una Titoría voluntaria para resolver dúbidas do examen.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 A1 A3 A7 B3 B5 B7 B12 B15 B18 B19 C4



**Refírese os "Examenes Parciais". Teñen un valor de 6 puntos.
Faranse tantos examenes como bloques temáticos hai, ainda que cada un ten diferente valor dado que o contido de cada bloque tamen é diferente:
- Bloque I: 5%
- Bloque II: 10%
- Bloque III: 10%
- Bloque IV: 20%
- Bloque V: 20%
- Bloque VI: 20%
- Bloque VII: 15%

Estas Probas obxectivas realizaranse a través da plataforma de tele-formación da UDC (Moodle) na aula e durante un tempo adaptado ao número de preguntas. Polo tanto, o alumnado debe traer a aula os aparellos necesarios para poder realizar o examen.

O alumnado ten que ter todos os examenes aprobados para poder presentarse na convocatoria de xuño. Si non teñen todos aprobados deben ter todos feitos e polo menos 5 aprobados dos 7 totales realizados.



60
Proba mixta B7 C6 CONVOCATORIA DE XUNIO:
- Só poden presentarse a este examen o alumnado que ten aprobados todos os examenes parciais ou polo menos ten aprobados 5 parciais e tense presentado a todos.
- Valor do examen final: 4 puntos sobre 10
- Para aprobar o examen final hai que aprobar as tres partes do examen. Non se fará media si hai dúas partes aprobadas e unha suspensa.

CONVOCATORIA DE XULLO:
** O alumnado que sigue a AVALIACION CONTINUA e non superou o examen en xuño fara de novo o examen en xullo para acadar o aprobado.
- Se lle gardan as calificacións dos parciais ( valor total 6 puntos).
- O examen final ten un valor de 4 puntos sobre 10.

** O alumnado que NON fixo AVALIACIÓN CONTINUA.
- O examen de xullo ten un valor do 100%.
- Para aprobar deben sacar un 6 como media das tres partes do examen. Pero coa condición de que cada unha das partes do examen esté aprobada.

TIPOS DE PREGUNTAS EXAMEN FINAL:

O examen consta de tres partes. Coa calificación de cada unha se fai a media para a nota final (sempre que cada unha das partes esté aprobada).

* Proba de resposta múltiple. Consta de un test de 20-25 preguntas, cada pregunta terá 4 posible respostas que se puntuan como sigue.
- Cada acerto valerá 1/nº opcións verdadeiras.
- Cada erro valerá -1/nº de opcións falsas.

* Proba de V-F: o criterio de corrección é acertos menos erros. Para aprobar esta parte hai que respostar correctamente á metade das preguntas.

* Proba de preguntas abertas: non se desconta si as respostas son incorrectas, pero se valora a calidade da redacción e a claridade de ideas. Para aprobar esta parte hai que acadar a metade da puntuación total.

ADVERTENCIA: Esta parte de preguntas abertas é a que máis suspende o alumnado que non fixo as prácticas en serio, que as copiou de compañeiros, que non acudiu a clase con regularidade e que non tomou apuntes do que se explica na clase.



40
Obradoiro A2 A1 A3 A7 B5 B12 B15 B19 C4 C7


O obradoiro refírese ás PRACTICAS DE AULA
Lembrase ós alumnos que na planificación da asignatura, para estas actividades se considera necesario invertir aprox. 90 horas non presenciais/traballo autónomo do alumno

1.-PRÁCTICAS DE AULA:

* EVALUACIÓN: As Prácticas de Aula se evaluan a través das preguntas que se incluirán nos examenes parciais (preguntas de resposta múltiple e preguntas de V-F).
- Os examenes parciais teñen un valor de 6 puntos.
- Si se suspenden os examenes parciais se perde a puntuación que corresponde a ese examen.

* O OBXECTIVO DA REALIZACIÓN DAS PRÁCTICAS: a precisión na resposta. Non se trata de escribir moito, se trata de buscar a mellor resposta no menor espacio posible. As prácticas sirven para traballar os conceptos da materia e para saber aplicar esos conceptos o traballo do profesional da E.F.

* EXTENSIÓN: Unha carilla de folio é o espacio máximo que deberá ocupar unha práctica, pero para algunhas será suficiente media carilla. Pode haber algunha que precisará de maior espacio, se indicará na aula.

* RELACIÓN DE PRÁCTICAS: O alumnado debe saber facer todas as prácticas realizadas na aula que están indicadas no apartado 5. "Metodoloxías" pois serán posibles preguntas do examen final (Proba mixta) e tamen dos exames parciais (Proba obxectiva).

* METODOLOXÍA DAS PRACTICAS. O alumno debe facer as practicas na casa, como entrenamento para os examenes parciais e para o examen final do cuatrimestre.
- Na clase de grupo reducido o alumno debe preguntar as dúbidas.
- As "Titorías da asignatura" se planifican especialmente para resolver as dúbidas das "Prácticas" antes do examen, aínda que tamen as dos contidos de cada bloque.

OBXECTIVOS XERAIS das PRÁCTICAS.

* Que o alumno comence a comprender e a estudar e a aplicar o contido da materia dende os primeiros días de clase.

* Ser capaz de facer reflexións e elaboracións conceptuais propias a partir dos contidos. Non se trata de memorizar para facer os examenes. Non se trata de copiar o que aparece nos materiais da asignatura para elaborar respostas para as prácticas. Non se trata de copiar as prácticas feitas polos compañeiros do ano anterior.

* Traballar a síntesis e a elaboración propia nas respostas das prácticas, de cara ao examen parcial e final.

* Ser capaz de aplicar os coñecementos ó traballo do profesional da E.F.





0
Aprendizaxe servizo A1 A3 A7 B3 B5

Traballo voluntario no centro "Padre Rubinos" para persoas sin teito.

- Actividade: participar como axudante-monitor/a entrenando o equipo que participa nunha liga de fútbol.

- A calificación do traballo, sobre 10 puntos, fará media coa calificación final obtida na asignatura a través dos examenes, sempre que esa calificación sexa de aprobado.

Non se indica neste apartado o valor na avaliación pois é un traballo voluntario.

Para facer este traballo voluntario (ou calquera outro) o alumnado debe ter a autorización da profesora.

Outros temas para TRABALLOS VOLUNTARIOS: aplicar os conceptos da asignatura a un partido (espectadore-xogadoras), club-equipo, facer entrevistas a persoas do colectivo LGTBIQ, etc.





0
 
Observacións avaliación

1.- AVALIACIÓN DA ASIGNATURA: REALIZASE SOBRE 10 PUNTOS. O EXAMEN FINAL VALE 4 PUNTOS,  E OS EXAMENES PARCIAIS VALEN 6 PUNTOS 


*A PROBA MIXTA-EXAMEN FINAL CUATRIMESTRE:TEN UN VALOR DE 4 PUNTOS
- Para poder presentarse na convocatoria de xuño é preciso ter feita a avaliación continua, coas condicións que se indican no apartado de Avaliación. 
- PARA APROBAR O EXAMEN É NECESARIO TER APROBADAS AS TRES PARTES DO EXAMEN. Con algunha parte do examen suspensa non se fará media para poñer a nota final. 

 
2.- TRABALLOS VOLUNTARIOS. 
 A).-- Experiencia de Aprendizaxe e Servizo: Participación na experiencia do albergue "Padre Rubinos" para persoas sin teito organizada pola Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da UDC. Os asistentes ao albergue participan nunha liga de fútbol formada por outras entidades que tamen traballan con persoas en risco de exclusión social: Cruz Vermella, Equs Cebra, etc.

- Ofrécese a dous alumnos a posibilidade de participar ocomo axudante do entrenador.
- O traballo voluntario consistirá en identificar os conceptos da asignatura na experiencia na que participan. 
 B).-- O alumnado que esté entrenando equipos ou levando actividades extraescolares pode organizar unha entrevista en grupo para falar sobre os conceptos de sexismo, machismo, feminismo,etc.
- Debe grabar a entrevista debate e despois transcribila.
- A continuación debe identificar en ese texto os conceptos da asignatura. 
C).-- Os sonidos do deporte": grabar o sonido dun entrenamento, dunha actividade nun gimnasio, nas gradas dun partido, etc.
- Transcribir a grabación.
- Identificar os conceptos da asignatura. 

VALOR DO TRABALLO VOLUNTARIO.
- A calificación do traballo fará media coa nota acadada na materia (examen final + parciais). É necesario ter aprobada a materia para facer media.

 3.- OS ALUMNOS SUSPENSOS DO CURSO 2016-2017 AINDA QUE TEÑAN PUNTUACIÓN DE PRACTICAS E EXAMENES PARCIAIS NON SE LLES GARDAN AS PUNTUACIÓNS PARA O CURSO 2017-2018 POSTO QUE EMPEZAMOS UN NOVO SISTEMA DE AVALIACIÓN.

4.-INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO SUSPENSO NO 2017-18,
- OS QUE NON TEÑEN APROBADAS AS 3 PARTES DO EXAMEN FINAL. A calificación que lles aparecerá na acta será a puntuación máis baixa acadada na parte do examen FINAL que está suspensa, dado que esa parte é a que determina o suspenso. 

5.-CALIFICACIÓN DE XUÑO E XULLO

- Si un alumno está suspenso en xuño, e en xullo ten NP no seu expediente constará como SUSPENSO. 

6.- IDIOMA DO EXAMEN.
O examen final farase en castelán, si alguen desexa facer o examen en galego deben notificalo con una semana de antelación enviando un correo a profesora.

7.- ALUMNADO CON MATRICULA PARCIAL.
Deben falar coa profesora a principio de curso para atender os casos individualmente.

8.- ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL. Deben poñerse en contacto coa profesora para buscar solucións axeitadas a cada situación. 

Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Martín Horcajo, M. (2006). "Contribución del feminismo de la diferencia sexual a los análisis de género en el deporte" . Revista de Sociología nº 44, pp. 11-131
Moscoso Sánchez, D. (2006). "La sociología del deporte en españa. Estado de la cuestión". Revista de Sociología, nº 44, pp 177-221
Mosquera, Mª J. y Puig, N (2003). "Sociología de la actividad física y el deporte en España" en Dosil (Coord): Ciencias de la Actividad Física y el Deporte. Madrid: Síntesis
Mosquera, Mª J. y Puig, N. (2003). "Sociología de la actividad física y el deporte en España" en Dosil, J. (ED): Ciencias de la actividad física y del deporte. . Madrid: Síntesis
García Ferrando, M. (2006). "Veinticinco años de análisis de comportamiento deportivo de la población española (1980-2005)". Revista Internacional de Sociología nº 44, mayo-agosto, pp15-38
Arce, C. y De Francisco, C. (2008). A realidade da práctica deportiva en Galicia. . Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela-Consellería de Cultura e Deporte. Xunt
López Villar, C. y Fernández Villarino, Mª A. (2008). A realidade físico deportiva das mulleres en Galicia. A Coruña:Xunta de Galicia
Gambau i Pinasa, V. et al. (2008). Comunicación y deporte. Madrid: Librerias Deportivas Esteban Sanz-AEISAD
LLopis Goig, R. (Dir) (2014). Crisis, cambio social y deporte. XIII Congreso Internacional AEISAD. Nau LLibres.
Picó, J. (1999). Cultura y modernidad. Seducciones y desengaños de la cultura moderna. . Madrid: Alianza Editorial
Martínez del Castillo, J. (Comp) (1998). Deporte y calidad de vida. Madrid: Librerias Deportivas Esteban Sanz-AEISAD
Latiesa Rodriguez, M. et al. (2001). Deporte y cambio social en el umbral del siglo XXI. Madrid: Librerias Deportivas Esteban Sanz-AEISAD
Piedra de la Cuadra, J (2016). Deporte y género. Manual de iniciación. Barcelona: Inde
Elias, N. y Dunning,E (1986). Deporte y ocio en el proceso de civilización. Madrid: FCE
Mosquera, Mª J.; Gambau, V; Sánchez, R. y Pujadas, X. (Comp) (2003). Deporte y postmodernidad. Madrid: Librerias deportivas Esteban Sanz_AEISAD. nº 6
Mosquera, González, Mª J. et al. (2003). Deporte y Postmodernidad. Madrid: Librerias Deportivas Esteban Sanz-AEISAD
Vilanova, A. et al. (2009). Deporte, salud y medio ambiente. Madrid: Librerias Deportivas Esteban Sanz-AEISAD
Giner, S., Lamo de Espinosa, E. y Torres, C. (Eds) (1998)). Diccionario de Sociología. Madrid: Alianza Editorial
Sanmartín, J. (Coord) (2004). El laberinto de la violencia. Causas, tipos y efectos.. Barcelona: Centro Reina Sofia para el estudio de la violencia_Ariel
Castillo, M y Palacios, J. (2014). El socorrismo desde el punto de vista del género.. http://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/13593
Morales Caneiro, R. (2014). Estrategias coeducativas en el aula formal de E.F. Una experiencia práctica. http://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/13592
Soler, Sussana (2015). Estrategias de promoción del deporte femenino. http://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/15519
Mosquera, Mª J. y Puig, N. (2009). Género y edad en el deporte. Madrid: Alianza Editorial
FERNÁNDEZ GARCÍA, Emilia (2010). Guía PAFIC para la promoción de la actividad física en chicas.. Consejo Superior de Deportes- Ministerio de Igualdad. Instituto de la mujer-Consejo Superior de Depo
ALFARO GANDARILLAS, Élida.; BENGOECHE BARTOLOMÉ, Mercedes; VÁZQUEZ GÓMEZ, Benilde (2011). Hablamos de Deporte: en femenino y en masculino. . Madrid: Consejo Superior de Deporte
Mandell, R. (1986). Historia cultural del deporte. Barcelona: Bellaterra.
Mosquera González, Mª J. (2012). I, II, II e IV Ciclo de Conferencias de Xénero, Actividade Física e Deporte 2009-2010. A Coruña: Universidade da Coruña http://ruc.udc.es/handle/2183/9053
Piedra de la Cuadra, J (2015). Masculinidades en E.F. El nuestro es un deporte de machos. . http://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/15518
Inglehart, R (1998). Modernización y posmodernización. El cambio cultural, económico y político en 43 sociedades. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas
Mosquera González, Mª J. (2004). No violencia en el deporte y en la vida. Guía para docentes y personas interesadas. Guía para madres y padres y Guía para escolares y personas curiosas.. A Coruña: Dirección Xeral para o Deporte, Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.
Monteagudo, Mª J. y Puig, N. (Ed) (2004). Ocio y deporte. Un análisis multidisciplinar. Universidad de Deusto: Instituto de Estudios de Ocio
Vázquez Pardal, R. (). Participación masculina en deportes tradicionais femenino: o caso da ximnasia rítmicas: . http://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/13591
García Ferrando, M. (Coord) (1993). Pensar nuestra sociedad. Fundamentos de sociología. Valencia: Tirant lo Blanch
Fundación Real Madrid (2011). Por una educación real. Valores y Deporte. La alineación de los valores. Cuaderno del alumnado. Cuaderno del profesorado. . Madrid: Ediciones Gráficas Fundación Real Madrid
García Ferrando, M. (2006). Postmodernidad y deporte. Entre la individualización y la masificación. Encuesta sobre hábitos deportivos de los españoles 2005. . Madrid: Consejo Superior de Deportes-Centro de Investigaciones Sociológicas.
Ballesteros (1989). Postmodernidad: decadencia o resistencia. Madrid, Tecnos
Aldaz, J. et al. (2013). Responsabilidad social. Ética y deporte.. Madrid: Ibersaf Industrial-AEISAD
Garcia Ferrando, M.; Puiz Barata, N. y Lagardera Otero, F. (Comp) (2009). Sociología del Deporte. Madrid: Alianza Editorial. 3ª edición
García ferrando, M; Puig, N.; Lagardera, F.; LLopis, R.y Vilanova, A. (2017). Sociología del Deporte. Madrid: Alianza. 4ª edición
Ritzer, G (1993). Teoría sociológica clásica. Madrid: McGraw-Hill
Ritzer, G. (1993). Teoría sociológica contemporánea. Masdrid: McGraw-Hill
Sánchez Martín (2011). Transformación deportiva: nuevos hábitos ciudadanos y posmodernidad urbana, 1982-2010" en Pujadas, X. (coord.): Atletas y ciudadanos. Historia social del deporte en España. . Madrid: Alianza Editorial
Mosquera, Mª J. y Rodicio, Mª L (2013). “Hábitos deportivos de los estudiantes de la Facultad de Ciencias del Deporte y la Educación Física de la Universidad da Coruña (1992-2012): la influencia de los cambios de la sociedad española”. XI C. Madrid. Disponible en: http://www.fes-web.org/uploads/files/modules/congress/11/papers/1842.doc.
Mosquera González, Mª J. (2014). ¿Las mujeres no hacen deporte porque no quieren? ¿Los hombres practican el deporte que quieren? El género como variable de análisis de la práctica deportiva de las mujeres y de los hombres. en Mosquer. A Coruña: Universidade da Coruña.http://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/13594

En moodle estará a disposición a bibliografía complementaria

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Pedagoxía da actividade física e do deporte/620G01001
Teoría e historia da actividade física e do deporte/620G01003
Xogos e recreación deportiva/620G01005
Psicoloxía da actividade física e do deporte/620G01011
Metodoloxía de investigación en actividade física e deporte/620G01021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Psicoloxía da actividade física e do deporte/620G01011

Materias que continúan o temario
Pedagoxía da actividade física e do deporte/620G01001
Teoría e historia da actividade física e do deporte/620G01003

Observacións

CONSIDERACIOS PREVIAS DE ESPECIAL RELEVANCIA para o alumnado


*** O temario vaise desenvolver a través de diferentes tipos de clases e de recursos: clases maxistrais, debates, prácticas de aula, lectura de artígos e libros, etc., polo tanto, todos os contidos, ideas, preguntas, etc. que se abordan nal aula se consideran materia de examen. 
 *** Os esquemas que se utilizarán na aula para explicar os diferentes contidos do temario non se poden entender como “os apuntes oficiais” a través dos cuales estudiar o examen.Os esquemas son un guión para ordear as ideas, unha síntesis do contido de cada bloque temático. 
*** Como recurso, os esquemas axudan a que o alumno centre a súa atención e, dado que están dispoñibles en moodle, evitan que éste teña que tomar apuntes de todo o explicado, facilitando que poda centrarse en comprender as explicacións e realizar as anotacións aclaratorias ao contido que nelas se reflexa. 
 *** Pero nos esquemas no se incluien as explicacións de todos os conceptos, matices, exemplos que se realizan en clase, as comparaciones entre conceptos, os comentarios sobre as referencias bibliográficas, etc. Estas cuestións debe incorporalas o alumnado e tomar nota delas para elaborar os seus propios apuntes, do contrario terá unha información incompleta da materia de examen.
 *** Resulta fundamental para a comprensión do contido da asignatura que o alumnado asista as clases con regularidade e manexe e organice os materiais. Ao longo do cuatrimestre se traballará na aula para construir un “pensamento sociolóxico sobre o deporte”, unha “visión cultural do deporte”, e os alumnos que non asisten a clase non adicaron o tempo necesario para entrenarse nese proceso. Esta carencia percibese de manera especial nos resultados do examen. 
*** Por outra parte, si o alumnado que non asiste a clase estudia polos apuntes doutros compañeiros, non están estudiando o contido que se ten impartido na aula, estudian o que outros compañeiros “entenderon que se ten explicado”. Hai erros semellantes que se detectan nos exámenes, nalgúns casos máis de 15 alumnos teñen o mesmo erro.  
*** O temario explicarase recurrindo a exemplos dos diferentes deportes e protagonistas deportivos, sen embargo se tratará como tema transversal a violencia no deporte e o xénero.  
*** Recomendase a seguinte estratexia para favorecer a comprensión da materia: Que o alumnado traslade o explicado na aula ao seu deporte, de maneira que entenda a relación e presencia de cada concepto dunha forma práctica, aplicada á sua vida cotiá deportiva. Si este proceso o desenrrola dende o principio de curso vai comprender mellor os contidos e estará mellor preparado para o tipo de reflexións que se plantearán no examen. 

 RECOMENDACIÓNS PARA OS ALUMNADO QUE XA CURSOU A ASIGNATURA. 
*** Percebese que algúns alumnos que xa cursaron a asignatura en anos anteriores confíanse e se relaxan nas súas esixencias. Os conceptos xa lles resultan familiares e non os traballan o suficiente. O resultado é que non acadan o nivel de precisión esixido. 

 SOBRE A ASISTENCIA A CLASE E O TRABALLO NA AULA
*** Resulta sorprendente ter que falar destes temas, pero a experiencia de anos atrás nos leva a recordarlle o alumnado que asistir a clase implica unha actitude de traballo, de toma de apuntes, de seguimento da materia, etc. Polo tanto é imprescindible estar en silencio durante as intervencións da profesora ou de outros compañeiros que fan preguntas: os debates en paralelo non teñen cabida, si algun alumno ten ideas que expor debe facelo para todos. 
 *** Tamen se recorda que para opinar é preciso ter coñecementos e información, e ademáis é bo ser prudente e reflexivo. Os debates da aula non deben semellarse a algúns "debates televisivos" que carecen de datos,orden e respeto e nunca chegan a conclusións. Cada sesión de clase ten unhos obxectivos, polo tanto é preciso orden, escoita e pensamento para poder acadalos. 
*** O traballo na aula é unha OBRIGA para o alumnado e tamén un DEREITO. Polo tanto, aqueles que impidan que outros compañeiros/as acaden este dereito e eles non cumplan coa obriga de traballar na aula, despois de lembrarlles esta cuestión se lles pedirá que non acudan a clase para non interferir non dereitos das demáis persoas.

SOBRE CONDICIONS DURANTE A REALIZACIÓN DE EXAMENES.
 *** Recoméndase revisar a normativa da UDC, "Normas de avaliación, revisión e reclamacións das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario". artigo 14. Non se permite o uso de móviles. A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria da materia. 

 SOBRE COPIAS EN EXAMENES, PRÁCTICAS O TRABAJOS. 
*** Recoméndase revisar a normativa da UDC, artigo 14. O plaxio poderá ser considerado causa de suspenso na actividade. 

OBSERVACIÓNS SOBRE OS RESULTADOS DOS EXAMENES *** Hai alumnado que non estudian os documentos da asignatura, só resumenes que "circulan": por este motivo detectanse erros semellantes nos examenes, as mesmas respostas mal elaboradas. 
*** Hai alumnos que non fan as prácticas que as copian ou estudian por "practicas que están circulando": hai erros que se reproducen nos examenes. Por outra parte, si hai a mesma resposta en varios alumnos hai o risco de que pode entenderse como "copia no examen". (Ver normativa)


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías