Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Habilidades de loita e a súa didáctica Código 620G01020
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Dopico Calvo, Xurxo
Correo electrónico
xurxo.dopico@udc.es
Profesorado
Dopico Calvo, Xurxo
Iglesias Soler, Eliseo
Correo electrónico
xurxo.dopico@udc.es
eliseo.iglesias.soler@udc.es
Web
Descrición xeral A presente asignatura como compoñente do módulo FUNDAMENTO DOS DEPORTES ten como obxetivo principal desenvolver no estudante as seguinte competencias:

- Identificar e comprender os requisitos psico e sociomotores das habilidades de loita
- Identifitar e comprender os elementos técnico-tácticos que estructuran os deportes de loita
- Adquirir unha competencia básica na execución das habilidades de loita
- Deseñar, desenvolver e avaliar procesos básicos de ensino-aprendizaxe relativos ás actividades de loita.

Atendendo a este plantexamento, os contidos da asignatura abordaran fundamentalmente cuestións referidas ó emprego das habilidades de loita como compoñentes procedimentáis na Educación Física e na iniciación deportiva, así como as peculiaridades didácticas derivadas das mesmas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Coñecer e comprender as bases que aporta a educación física á formación das persoas.
A5 Fomentar a convivencia, estimulando e poñendo en valor a capacidade de constancia, esforzo e disciplina dos participantes nas actividades de educación física e deportiva.
A7 Promover e avaliar a formación de hábitos de actividade física e deporte ao longo do ciclo vital, considerando que a idade, o xénero ou a discapacidade son variables que necesitan da intervención consciente para favorecer a igualdade de oportunidades.
A8 Deseñar, desenvolver, e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe, relativos á actividade física e o deporte, con atención e titorización segundo as características individuais e contextuais das persoas (xénero, idade, discapacidade, culturas, etc.).
A9 Elaborar propostas curriculares para as distintas etapas no marco institucional dun centro educativo, desenvolvendo os elementos da programación didáctica da área de E. Física, con arranxo á lexislación vixente e ao proxecto educativo de centro.
A11 Posuír o conxunto de habilidades ou competencias docentes que faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe na aula de educación física.
A18 Deseñar e aplicar métodos adecuados para o desenvolvemento e a avaliación técnico-científica das habilidades motrices básicas nas diferentes etapas evolutivas do ser humano, considerando o xénero.
A25 Identificar e comprender os requisitos psicomotores e sociomotores das habilidades deportivas, executando basicamente as habilidades motrices específicas dun conxunto de deportes, considerando as diferenzas por xénero.
A26 Identificar e aplicar as peculiaridades didácticas de cada especialidade deportiva na intención pedagóxica dos diferentes ámbitos de intervención.
A27 Aplicar os principios cinesiolóxicos, fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais nos contextos educativo, recreativo, da actividade física e saúde e do adestramento deportivo, recoñecendo as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero nos hábitos de vida dos participantes.
A33 Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo adecuado para cada tipo de actividade físico-deportiva no contexto educativo, deportivo, recreativo e da actividade física e saúde.
A36 Coñecer e saber aplicar as novas tecnoloxías da información e a imaxe, tanto nas ciencias da actividade física e do deporte, como no exercicio profesional.
B1 Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte.
B2 Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
B3 Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B7 Xestionar a información.
B10 Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
B16 Dominar habilidades de comunicación verbal e non verbal necesarias no contexto da actividade física e o deporte.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar e comprender os requisitos psico e sociomotores das habilidades de loita. A4
A7
A8
A9
A11
A25
A27
A33
B1
B2
Coñecer os elementos técnico-tácticos básicos das habilidades de loita. A25
A26
B1
B2
Executar habilidades de loita cumprindo criterios de eficacia específicos. A5
A25
A26
B2
Deseñar, desenvolver e avaliar procesos básicos de ensinanza-aprendizaxe das habilidades de loita, con atención ás suas peculiaridades didácticas, e tendo en consideración a diversidade: xénero, idade, discapacidade. A4
A7
A8
A9
A11
A18
A25
A26
A27
A33
A36
B3
B7
B10
B16
C1

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE TEMÁTICO I

CONCEPTUALIZACIÓN DAS HABILIDADES DE LOITA
TEMA 1.- APROXIMACIÓN CONCEPTUAL E TERMINOLÓXICA: ORIXE E DESENVOLVEMENTO DA LOITA.

1.1. Análise do descriptor da asignatura.
1.2. Acotación terminolóxica.
1.3. Características xeráis da loita.

TEMA 2.- HABILIDADES DE LOITA: ALCANCE E DIMENSIÓN.

2.1.Concepto de habilidade.
2.2.Clasificación das habilidades.
2.3.A habilidade motriz na loita.
2.4.Características das habilidades de loita.
2.5.Clasificación das habilidades específicas de loita.
BLOQUE TEMÁTICO II

AS HABILIDADES DE LOITA COMO RECURSO DIDÁCTICO NA INICIACIÓN
TEMA 3.- O PROCESO DE INICIACIÓN AOS DEPORTES DE LOITA.

3.1. Concepto da iniciación deportiva.
3.2. A iniciación aos deportes de loita: consideracións xeráis.
3.3. Contidos a manexar na iniciación aos deportes de loita.
3.4. Secuenciación de contidos no proceso de iniciación aos deportes de loita.

TEMA 4.- TRATAMENTO E EMPREGO DOS PARÁMETROS DE INICIACIÓN

4.1. Metodoloxía para a construcción de exercicios psicomotores específicos. Deseño de tarefas.
4.2. Metodoloxía para a construcción de xogos de oposición/loita. Deseño de tarefas.
4.3. Metodoloxía para a construcción de situacións de práctica das habilidades específicas de loita. Deseño de tarefas.
BLOQUE TEMÁTICO III

FUNDAMENTOS MOTRICES DAS HABILIDADES DE LOITA
TEMA 5. HABILIDADES CON XIRO LIMITADO E DOUS APOIOS.

5.1. Criterios fundamentais de execución.
5.2. Secuenciación práctica.
5.3. Variacións na execución.

TEMA 6. HABILIDADES CON XIRO COMPLETO E DOUS APOIOS.

6.1. Criterios fundamentais de execución.
6.2. Secuenciación práctica.
6.3. Variacións na execución.

TEMA 7. HABILIDADES CON XIRO LIMITADO E UN APOIO.

7.1.Criterios fundamentais de execución.
7.2.Secuenciación práctica.
7.3.Variacións na execución.

TEMA 8. HABILIDADES SEN XIRO NO ESPAZO LATERAL, UN APOIO E PROXECCIÓN POSTERIOR.

8.1. Criterios fundamentais de execución.
8.2. Secuenciación práctica.
8.3. Variacións na execución.

TEMA 9. HABILIDADES SEN XIRO NO ESPAZO CENTRAL, UN APOIO E PROXECCIÓN POSTERIOR.

9.1. Criterios fundamentais de execución.
9.2. Secuenciación práctica.
9.3. Variacións na execución.

TEMA 10. HABILIDADES SEN XIRO NO ESPAZO LATERAL, UN APOIO E PROXECCIÓN ANTERIOR.

10.1. Criterios fundamentais de execución.
10.2. Secuenciación práctica.
10.3. Variacións na execución.

TEMA 11. HABILIDADES QUE PERMITEN O VOLTEO E O CONTROL CORPORAL.

11.1. Criterios fundamentais de execución.
11.2. Secuenciación práctica.
11.3. Variacións na execución.

TEMA 12. HABILIDADES QUE PERMITEN O CONTROL SEGMENTARIO.

12.1. Criterios fundamentais de execución.
12.2. Secuenciación práctica.
12.3. Variacións na execución.
BLOQUE TEMÁTICO IV

APROXIMACIÓN AOS DEPORTES DE LOITA

TEMA 13.-LOITAS CON AGARRE PREDETERMINADO: CANARIA E LEONESA.

13.1. Aproximación reglamentaria.
13.2. Fundamentos motores.
13.3. Habilidades características.

TEMA 14.-LOITAS CON AGARRE LIBRE: JUDO, GRECORROMANA E LIBRE-OLÍMPICA.

14.1. Aproximación reglamentaria.
14.2. Fundamentos motores.
14.3. Habilidades características.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A4 B1 B7 1 0 1
Proba mixta A4 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 B2 B16 C1 2 20 22
Sesión maxistral A4 A7 A8 A9 A18 A25 A26 A27 B1 B2 B3 B7 3 4.5 7.5
Simulación A5 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B2 B3 B7 B16 C1 1.5 15 16.5
Práctica de actividade física A4 A5 A7 A8 A11 A25 A26 A27 B1 B2 B7 B16 43.5 32.5 76
Prácticas clínicas A7 A8 A11 A18 A25 A26 A33 B1 B2 B3 0 10 10
Prácticas a través de TIC A5 A11 A18 A25 A27 A33 A36 B7 B10 B16 C1 0 15 15
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da asignatura: oxectivos, desenvolvemento dos contidos, das sesións, do sistema e proceso de avaliación, e explicación do traballo do estudante.
Proba mixta Exame teórico dos contidos teórico-prácticos desenvolvidos durante o cuadrimestre, mais dos traballos solicitados, e Exame práctico de competencia motriz sobre os contidos prácticos expostos.
Sesión maxistral Presentación dos contidos de xeito expositivo e demostrativo por parte do docente. Poderá tratarse de contidos exclusivamente teóricos e/ou de execución práctica.
Simulación Os e as estudantes deberán preparar a exposición de algún contido teórico-práctico concreto, para a súa posteriór presentación e realizacón por parte do resto do grupo.
Práctica de actividade física Desenvolvemento dos contidos teórico-prácticos que incluirán os aspectos teóricos en relación aos criterios motrices básicos de execución, así como a execución das habilidades para a obtención da competencia motriz específica.
Prácticas clínicas O/A estudante asistirá a sesións de ensino/aprendizaxe/adestramento nas que, mediante planillas de observación deseñadas ao efecto, recollerá información pertinente relativa ao desenvolvemento didáctico e metodolóxico da sesión. A sesión desenvolverase en clubes e/ou escolas onde teña lugar un proceso da natureza anteriromente descrita. O responsable da actividade asinará a Planilla de Observación dando fé da tarefa realizada.
Prácticas a través de TIC Consiste na elaboración e entrega dun traballo en formato video das habilidades de pe e de chan presentadas nos contidos, e executadas polo alumno/a. A montaxe do video terá unha duración máxima de 20'.

Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Prácticas a través de TIC
Proba mixta
Sesión maxistral
Simulación
Práctica de actividade física
Descrición
Para cada metodoloxía contemplada, o estudante poderá acceder a atención personalizada por diferentes canles como titorías, correo electrónico, Moodle ou calquera outra que se estableza para este cometido.
No caso de estudantes con matrícula parcial, os criterios serán os mesmos que para os estudantes con matrícula total ou ordinaria.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A5 A11 A18 A25 A27 A33 A36 B7 B10 B16 C1 O alumno entregará na data oficial do exame o traballo descrito no apartado Metodoloxía. Na súa avaliación terase en conta a calidade dos contidos, da execución, e aspectos formais na edición do video. 10
Proba mixta A4 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 B2 B16 C1 Exame teórico de pregunta curta e/ou a desenvolver, sobre os contidos teórico-rácticos expostos. A puntuación é de 0 a 10, e será preciso obter o 50% para superar a proba. A realización desta proba é obrigatoria. 30
Simulación A5 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B2 B3 B7 B16 C1 Se avaliará o contido da sesión, a metodoloxía didáctica empregada, a calidade na exposición dos contidos e a conducción e resolución de cuestións plantexadas polo grupo. A realización é optativa, e a puntuación é de 0 a 10. 10
Práctica de actividade física A4 A5 A7 A8 A11 A25 A26 A27 B1 B2 B7 B16 Estes contidos serán avaliados mediante 5 Probas de Valoración Motriz (PVM) (realización optativa) en avaliación continua (puntuación de 0 a 10). Suporán o 40% do total (necesario superar mínimo 3 delas para poder sumar no cómputo xeral final) cada proba considerarase superada cando a puntuación sexa igual ou superior a 5 puntos.

40
Prácticas clínicas A7 A8 A11 A18 A25 A26 A33 B1 B2 B3 O/a estudante asistirá a sesións de ensino/aprendizaxe/adestramento nas que, mediante planillas de observación deseñadas para o efecto, recollerá información pertinente relativa ao desenvolvemento didáctico e metodolóxico da sesión. A sesión desenvolverase en clubs e/ou escolas onde teña lugar un proceso da natureza anteriromente descrita. O responsable da actividade asinará a Planilla de Observación dando fé da tarefa realizada.
O/a estudante deberá completar polo menos 6 planillas de observación que terán que ser entregada ao profesor da materia nalgunha das datas oficiais de examen establecidas para a primeira ou segunda oportunidade

10
 
Observacións avaliación

Será de obrigado cumprimento a asistencia a un mínimo do 70% das sesións da asignatura (60% no caso de estudantes con adicación a tempo parcial) para que o apartado de Probas de Valoración Motriz (40%), e o de Simulación (10%) podan ser sumados no cómputo xeral final. Unha vez que o 70% (60%) da asistencia sexa obtido, poderase sumar: a) O 40% da puntuación obtida nas Probas de Valoración Motriz, toda vez que 3 probas sexan superadas (5 puntos), ainda que a media final de todas as probas sexa menor de 5. b) O 10% do valor da Proba de Simulación, ainda que a puntuación sexa menor de 5 puntos.

No caso de non ter o 70% mínimo de asistencia (ou 60% nos estudantes con matrícula a tempo parcial) , e considerando as circunstancias, o/a estudnte poderá obter a porcentaxe do 40% das Probas de Valoración Motriz, no caso de dispoñer de mais dun 7 neste apartado.

Nen as Prácticas a través de TIC nen as Prácticas Clínicas precisan asistencia para a súa avaliación.

A única parte da avaliación que é obrigatoria realizar (e aprobar) para sumar un mínimo de 5 puntos necesarios para superar a asignatura é a Proba Mixta. O resto pódese obter en función das decisións e organización dos e das estudantes. A calificación final (entre 0 e 10) virá determinada pola suma dos valores que poidan ser tomados en conta, e en virtude do anteriomente exposto. A asignatura estará superada ao acadar un mínimo de 5 puntos. Cada unha das partes superadas, incluida a asistencia, será mantida en sucesivas oportunidades, e en sucesivos anos (ata novo aviso en inicio de curso, ou previo cambio do sistema de avaliación). Os casos de lesión crónica ou transitoria, así como os de estudantes con discapacidade, serán tratados e resoltos individualmente polos profesores da asignatura.

En cada oportunidade, o non concorrer á proba mixta, en caso de que esta non fose superada previamente, 
implicará a calificación do alumno como non presentado.

Non se contemplan probas de avaliación on-line pola natureza dos contidos.

Os exames da Proba Mixta (teóricos) serán entregados nas dúas linguas oficiáis da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Dopico, J., Iglesias, E, (1997). Clasificación y organización de los contenidos de enseñanza específicos del Judo, para la intervención en la iniciación. En: VV.AA: El Judo y las ciencias de la actividad física y del deporte. Págs. 8. Vitoria. IVEF
Ruíz Pérez, L (1994). Deporte y aprendizaje. Madrid: Visor
Amador, F., Alamo, J.M., Dopico, X. e Iglesias, E. (2009). Fundamentos estructurales y pedagógicos del Judo. Las Palmas de Gran Canaria. Servicio de Publicaciones y Difusión Científica de la ULPGC
Dopico, J., Iglesias, E, Clavel, I (2002). Habilidades de lucha: introducción a las habilidades específicas de judo . A Coruña. Centro galego de documentación e edicións deportivas.
López Rodríguez C, Flórez de Celis A (1995). La Lucha Leonesa de Hoy. Manual Didáctico. Leon. Diputación Provincial de León
Amador (1996). Manual Completo de Lucha Canaria. Madrid. Edeca
Iglesias, E,Dopico, J., (). Propuestas metodológicas para el desarrollo y optimización de la habilidad en judo en atención a las capacidades coordinativas. En: VV.AA: El Judo y las ciencias de la actividad física y del deporte. . Vitoria. IVEF

Bibliografía complementaria Kashiwazaki K, Nakanishi H (1995). Atacar en Judo. Guía de combinaciones y contraataques. Barcelona. Paidotribo
Castarlenas JL, Pere M (coordinadores) (2002). El Judo en la Educación Física Escolar. Barcelona. Hispano Europea
Villamón M (director) (1999). Introducción al Judo. Barcelona. Hispano Europea
Taira S, Herguedas J, Román FI (1992). Judo (I). Madrid. Comité Olimpico Español
Garcia JM, del Valle S, Díaz P, Velázquez R (2006). Judo. Juegos para la mejora del aprendizaje de las técnicas. Barcelona. Paidotribo
Carratalá V, Carratalá E (2000). La Actividad Física y Deportiva Extraescolar en los Centros Educativos. Judo. Madrid. Consejo Superior de Deportes
Amador F, Dopico J, Iglesias E (2000). Requerimientos Motrices de la Lucha Leonesa. Consideraciones generales sobre el proceso de Enseñanza Aprendizaje. pag 255-294. En López Rodríguez C. El entrenamiento en los deportes de Lucha. León. Federación Territorial de Lucha


ENLACES DE INTERÉS:

http://www.fgjudo.com/arbitraje_GAL.html

http://www.fegaloita.org/regulamento/

http://www.federaciondeluchacanaria.com/index.php?option=com_content&view=frontpage&Itemid=1

http://www.luchaleonesa.es/reglamento.html

http://www.rfejudo.com/

http://www.judovision.org/

http://www.arajudo.com/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Aprendizaxe e control motor/620G01012
Biomecánica do movemento humano/620G01014

Materias que continúan o temario
Bases da educación física e deportiva/620G01004

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías