Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Habilidades de loita e a súa didáctica Código 620G01020
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Dopico Calvo, Xurxo
Correo electrónico
xurxo.dopico@udc.es
Profesorado
Carballeira Fernández, Eduardo
Dopico Calvo, Xurxo
Correo electrónico
eduardo.carballeira@udc.es
xurxo.dopico@udc.es
Web
Descrición xeral A presente asignatura como compoñente do módulo FUNDAMENTOS DOS DEPORTES ten como obxectivo principal desenvolver no/na estudinte as seguintes competencias:

- Identificar e comprender os requisitos psico e sociomotores das habilidades de loita
- Identifitar e comprender os elementos técnico-tácticos que estruturan os deportes de loita
- Adquirir unha competencia básica na execución das habilidades de loita
- Deseñar, desenvolver e avaliar procesos básicos de ensino-aprendizaxe relativos ás actividades de loita.

Atendendo a este plantexamento, os contidos da asignatura abordarán, fundamentalmente, cuestións referidas á utilización das Habilidades de Loita como compoñente procedimental na Educación Física e na iniciación deportiva, así como as peculiaridades didácticas derivadas das mesmas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Coñecer e comprender as bases que aporta a educación física á formación das persoas.
A5 Fomentar a convivencia, estimulando e poñendo en valor a capacidade de constancia, esforzo e disciplina dos participantes nas actividades de educación física e deportiva.
A7 Promover e avaliar a formación de hábitos de actividade física e deporte ao longo do ciclo vital, considerando que a idade, o xénero ou a discapacidade son variables que necesitan da intervención consciente para favorecer a igualdade de oportunidades.
A8 Deseñar, desenvolver, e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe, relativos á actividade física e o deporte, con atención e titorización segundo as características individuais e contextuais das persoas (xénero, idade, discapacidade, culturas, etc.).
A9 Elaborar propostas curriculares para as distintas etapas no marco institucional dun centro educativo, desenvolvendo os elementos da programación didáctica da área de E. Física, con arranxo á lexislación vixente e ao proxecto educativo de centro.
A11 Posuír o conxunto de habilidades ou competencias docentes que faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe na aula de educación física.
A18 Deseñar e aplicar métodos adecuados para o desenvolvemento e a avaliación técnico-científica das habilidades motrices básicas nas diferentes etapas evolutivas do ser humano, considerando o xénero.
A25 Identificar e comprender os requisitos psicomotores e sociomotores das habilidades deportivas, executando basicamente as habilidades motrices específicas dun conxunto de deportes, considerando as diferenzas por xénero.
A26 Identificar e aplicar as peculiaridades didácticas de cada especialidade deportiva na intención pedagóxica dos diferentes ámbitos de intervención.
A27 Aplicar os principios cinesiolóxicos, fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais nos contextos educativo, recreativo, da actividade física e saúde e do adestramento deportivo, recoñecendo as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero nos hábitos de vida dos participantes.
A33 Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo adecuado para cada tipo de actividade físico-deportiva no contexto educativo, deportivo, recreativo e da actividade física e saúde.
A36 Coñecer e saber aplicar as novas tecnoloxías da información e a imaxe, tanto nas ciencias da actividade física e do deporte, como no exercicio profesional.
B1 Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte.
B2 Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
B3 Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B7 Xestionar a información.
B10 Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
B16 Dominar habilidades de comunicación verbal e non verbal necesarias no contexto da actividade física e o deporte.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar e comprender os requisitos psico e sociomotores das habilidades de loita. A4
A7
A8
A9
A11
A25
A27
A33
B1
B2
C3
Coñecer os elementos técnico-tácticos básicos das habilidades de loita. A25
A26
B1
B2
C3
Executar habilidades de loita cumprindo criterios de eficacia específicos. A5
A25
A26
B2
C3
Deseñar, desenvolver e avaliar procesos básicos de ensinanza-aprendizaxe das habilidades de loita, con atención ás suas peculiaridades didácticas, e tendo en consideración a diversidade: xénero, idade, discapacidade. A4
A7
A8
A9
A11
A18
A25
A26
A27
A33
A36
B3
B7
B10
B16
C1
C3

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE TEMÁTICO I

ANÁLISE DAS HABILIDADES DE LOITA: CONTEXTO E CONCEPTO
TEMA 1.- AS HABILIDADES DE LOITA E O SEU PROCESO FORMATIVO

1.1. Análise do descriptor da asignatura.
1.2. Análise das competencias da materia.
1.3. Características xeráis do proceso didáctico da loita.

TEMA 2.- ANÁLISE DEPORTIVA E DIDÁCTICA DAS HABILIDADES DE LOITA

2.1.Concepto de habilidade.
2.2.Clasificación das habilidades.
2.3.A habilidade motriz na loita.
2.4.Características das habilidades de loita.
2.5.Clasificación das habilidades específicas de loita.
BLOQUE TEMÁTICO II

AS HABILIDADES DE LOITA COMO RECURSO DIDÁCTICO NA INICIACIÓN
TEMA 3.- O PROCESO DE INICIACIÓN AOS DEPORTES DE LOITA.

3.1. Concepto da iniciación deportiva.
3.2. A iniciación aos deportes de loita: consideracións xeráis.
3.3. Contidos a manexar na iniciación aos deportes de loita.
3.4. Secuenciación de contidos no proceso de iniciación aos deportes de loita.

TEMA 4.- TRATAMENTO E EMPREGO DOS PARÁMETROS DE INICIACIÓN

4.1. Metodoloxía para a construcción de exercicios psicomotores específicos. Deseño de tarefas.
4.2. Metodoloxía para a construcción de xogos de oposición/loita. Deseño de tarefas.
4.3. Metodoloxía para a construcción de situacións de práctica das habilidades específicas de loita. Deseño de tarefas.
BLOQUE TEMÁTICO III

FUNDAMENTOS MOTRICES DAS HABILIDADES DE LOITA
TEMA 5. INTRODUCCIÓN Á APRENDIZAXE DAS HABILIDADES DE LOITA

5.1. Criterios de organización e análise das habilidades de loita
5.2. Elementos motrices das habilidades de loita (pe e chan)
5.3. Organización do proceso de aprendizaxe das habilidades de loita

TEMA 6: HABILIDADES CON XIRO LIMITADO E DOUS APOIOS.

6.1. Criterios fundamentais de execución.
6.2. Secuenciación práctica.
6.3. Variacións na execución.

TEMA 7. HABILIDADES CON XIRO COMPLETO E DOUS APOIOS.

7.1. Criterios fundamentais de execución.
7.2. Secuenciación práctica.
7.3. Variacións na execución.

TEMA 8. HABILIDADES CON XIRO LIMITADO E UN APOIO.

8.1.Criterios fundamentais de execución.
8.2.Secuenciación práctica.
8.3.Variacións na execución.

TEMA 9. HABILIDADES SEN XIRO NO ESPAZO LATERAL, UN APOIO E PROXECCIÓN POSTERIOR.

9.1. Criterios fundamentais de execución.
9.2. Secuenciación práctica.
9.3. Variacións na execución.

TEMA 10. HABILIDADES SEN XIRO NO ESPAZO CENTRAL, UN APOIO E PROXECCIÓN POSTERIOR.

10.1. Criterios fundamentais de execución.
10.2. Secuenciación práctica.
10.3. Variacións na execución.

TEMA 11. HABILIDADES SEN XIRO NO ESPAZO LATERAL, UN APOIO E PROXECCIÓN ANTERIOR.

11.1. Criterios fundamentais de execución.
11.2. Secuenciación práctica.
11.3. Variacións na execución.

TEMA 12. HABILIDADES QUE PERMITEN O VOLTEO E O CONTROL CORPORAL.

12.1. Criterios fundamentais de execución.
12.2. Secuenciación práctica.
12.3. Variacións na execución.

TEMA 13. HABILIDADES QUE PERMITEN O CONTROL SEGMENTARIO.

13.1. Criterios fundamentais de execución.
13.2. Secuenciación práctica.
13.3. Variacións na execución.
BLOQUE TEMÁTICO IV

APROXIMACIÓN AOS DEPORTES DE LOITA

TEMA 14.-LOITAS CON AGARRE PREDETERMINADO: CANARIA E LEONESA.

14.1. Aproximación regulamentaria.
14.2. Fundamentos motores.
14.3. Habilidades características.

TEMA 15.-LOITAS CON AGARRE LIBRE: JUDO, GRECORROMANA E LIBRE-OLÍMPICA.

15.1. Aproximación reglamentaria.
15.2. Fundamentos motores.
15.3. Habilidades características.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A4 B1 B7 1 0 1
Proba mixta A4 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 B2 B16 C1 1 8 9
Sesión maxistral A4 A7 A8 A9 A18 A25 A26 A27 B1 B2 B3 B7 3 10 13
Simulación A5 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B2 B3 B7 B16 C1 6 8 14
Práctica de actividade física A7 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B2 B3 B7 C1 37 49 86
Prácticas clínicas A7 A8 A11 A18 A25 A26 A33 B1 B2 B3 0 10 10
Prácticas a través de TIC A5 A11 A18 A25 A27 A33 A36 B7 B10 B16 C1 C3 0 15 15
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia: obxectivos, desenvolvemento dos contidos, das sesións, do sistema e proceso de avaliación, e explicación do traballo do/da estudante.
Proba mixta Exame teórico dos contidos teóricos e prácticos presentados e desenvolvidos nas diferentes metodoloxías empregadas. As Prácticas de Valoración Motriz (PVM), que avalían os contidos presentados, e as competencias adquiridas, nas Prácticas de actividade física, tamén se inclúen dentro deste apartado.
Sesión maxistral Presentación dos contidos de xeito expositivo e demostrativo por parte do PDI. Poderá tratarse de contidos exclusivamente teóricos e/ou de execución práctica.
Simulación Os e as estudantes deberán preparar e expoñer contidos teórico-prácticos da materia, que serán presentados en sesión presencial diante do resto do grupo.
Práctica de actividade física Desenvolvemento dos contidos teórico-prácticos que incluirán os aspectos relativos aos criterios motrices de execución, á didáctica específica, á adquisición de competencia motriz nas habilidades, e á realización de tarefas para a adquisición das competencias requeridas da materia.
Prácticas clínicas O/a estudante asistirá a sesións de ensino/aprendizaxe/adestramento nas que, mediante planillas de observación deseñadas polo PDI para tal efecto, recollerá información pertinente relativa ao desenvolvemento didáctico e metodolóxico da sesión.

A sesión desenvolverase en clubs e/ou escolas onde teña lugar un proceso da natureza anteriormente descrita. O responsable da actividade asinará a Planilla de Observación dando fé da tarefa realizada.

Estas prácticas tamén poderán realizarse mediante observación on-line de sesións, con outra estrutura (planilla) deseñada polo PDI a tal efecto.
Prácticas a través de TIC Consiste na elaboración e entrega dun traballo en formato video das habilidades de pe e de chan presentadas nos contidos, e executadas polo/a estudante (ou formato alternativo, previa solicitude). A montaxe do video didáctico terá unha duración máxima de 20'.

Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Prácticas a través de TIC
Proba mixta
Sesión maxistral
Simulación
Práctica de actividade física
Descrición
Para cada metodoloxía contemplada, o/a estudante poderá acceder á atención personalizada solicitando unha cita previa (on-line ou presencial) a través de mensaxe no TEAMS ao PDI.

No caso de estudantes con matrícula parcial, os criterios serán os mesmos que para os/as estudantes con matrícula total ou ordinaria.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A5 A11 A18 A25 A27 A33 A36 B7 B10 B16 C1 C3 O/a estudante entregará na data oficial do exame, da primeira ou segunda oportunidade, o traballo descrito no apartado Metodoloxía. Na súa avaliación terase en conta a calidade dos contidos, a execución (de ser o caso), easpectos formais, e valor didáctico, na edición do video. 10
Proba mixta A4 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 B2 B16 C1 Exame teórico de pregunta test, curta e/ou a desenvolver, sobre os contidos teórico-prácticos expostos. A puntuación é de 0 a 10, e será preciso obter o 50% para superar a proba. A realización desta proba é obrigatoria.

No caso de ter que realizar esta proba de xeito on-line, realizarase a través das plataformas oficiais da UDC.
20
Simulación A5 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B2 B3 B7 B16 C1 Se avaliará o contido da sesión, a metodoloxía didáctica empregada, a calidade na exposición dos contidos e a conducción e resolución de cuestións plantexadas polo grupo. A realización é optativa, e a puntuación é de 0 a 10. 15
Práctica de actividade física A7 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B2 B3 B7 C1 Estes contidos serán avaliados mediante 5 Probas de Valoración Motriz (PVM) (realización optativa) en avaliación continua (puntuación de 0 a 10 cada unha das probas). Suporán o 45% do total (necesario superar mínimo 3 delas para poder sumar no cómputo xeral final), e cada proba considerarase superada cando a puntuación sexa igual ou superior a 5 puntos.

É necesario un mínimo do 80% de asistencia ás sesións da materia (60% no caso de estudantes a tempo parcial) para poder avaliar esta sección.
45
Prácticas clínicas A7 A8 A11 A18 A25 A26 A33 B1 B2 B3 O/a estudante asistirá a sesións de ensino/aprendizaxe/adestramento nas que, mediante planillas de observación deseñadas polo PDI para tal efecto, recollerá información pertinente relativa ao desenvolvemento didáctico e metodolóxico da sesión. A sesión desenvolverase en clubs e/ou escolas onde teña lugar un proceso da natureza anteriormente descrita. O responsable da actividade asinará a Planilla de Observación dando fé da tarefa realizada.

O/a estudante deberá completar polo menos 6 planillas de observación que terán que ser entregadas ao PDI da materia nalgunha das datas oficiais de examen establecidas para a primeira ou segunda oportunidade.

Previa solcitude individual ao PDI da asignatura, e en situacións especiais, estas prácticas tamén poderán realizarse mediante observación on-line de sesións, con outra estrutura (planilla) deseñada polo PDI a tal efecto.

10
 
Observacións avaliación

CONSIDERACIÓNS RELATIVAS Á PRIMEIRA OPORTUNIDADE PARA ESTUDANTES CON MATRÍCULA TOTAL E PARCIAL

Será de obrigado cumprimento a asistencia con participación a un mínimo do 80% das sesións da asignatura (60% no caso de estudantes con adicación a tempo parcial) para que o apartado de Probas de Valoración Motriz poida ser sumado no cómputo xeral final, é decir, unha vez que o 80% (ou 60%) da asistencia sexa obtido, poderase sumar a porcentaxe da puntuación obtida nas Probas de Valoración Motriz (Prácticas de actividade física), toda vez que 3 probas sexan superadas (5 puntos), ainda que a media final de todas as probas sexa menor de 5.

A única parte da avaliación que é obrigatoria realizar (e aprobar) para sumar a porcentaxe correspondente, e superar a asignatura, é a Proba Mixta. O resto pódese obter en función das decisións e organización dos e das estudantes. A cualificación final (entre 0 e 10) virá determinada pola suma dos valores que poidan ser tomados en consideración, e en virtude do anteriomente exposto. A asignatura estará superada ao acadar un mínimo de 5 puntos. Cada unha das partes superadas, incluida a asistencia con participación, será mantida en sucesivas oportunidades, e en sucesivos anos (ata novo aviso ao inicio do curso, ou previo cambio do sistema de avaliación). 

Os casos de lesión crónica ou transitoria, así como os relativos a estudantes con algunha discapacidade (e/ou calquera outro caso especial), serán tratados e resoltos individualmente polo PDI da asignatura.

En cada oportunidade, o non concorrer á Proba Mixta (salvo que xa fose superada previamente), implicará a cualificación do/da estudante como Non Presentado na oportunidade.

CONSIDERACIÓNS RELATIVAS Á SEGUNDA OPORTUNIDADE PARA ESTUDANTES CON MATRÍCULA TOTAL E PARCIAL

As probas de avaliación serán as mesmas que para a primeira oportunidade. No caso de non ter realizado a proba denominada "Práctica de actividade física" (ou tela suspensa), os/as estudantes poderían, previa solicitude, presentarse a un exame final global desta proba, sendo necesario obter un 5 para superar a mesma. No caso de non dispoñer da procentaxe de asistencia con participación requerida (80% en matrícula total e 60% en matrícula parcial) os/as estudantes poderían igualmente presentarse, pero sen opción de poder sumar a porcentaxe establecida para esa proba ata obter o mínimo de asistencia con participación requerida na materia (esta situación non impediría a superación da materia, atendendo aos criterios xerais de avaliación).

CONSIDERACIÓNS RELATIVAS Á PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE, E ESTUDANTES CON MATRÍCULA TOTAL E PARCIAL

Os exames das diferentes probas estarán en castelán, e se se desexa no outro idioma oficial da UDC, solicitarase unha semana antes das datas de realización.

Todas as probas que precisen para a súa realización dunha plataforma que permita a execución on-line, serán realizadas polas ferramentas oficiáis da UDC. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación (incluido o plaxio) implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación.

Ademais, segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumprimento, así como a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (art. 11).


Fontes de información
Bibliografía básica Mayo X, Dopico-Calvo X, Iglesias-Soler E (2019). An Analysis Model for Studying the Determinants of Throwing Scoring Actions During Standing Judo. Sports
Carballeira E, Iglesias-Soler E, Dopico-Calvo X (2008). Analysis of the acute effects of the confrontation in the judo, through the study of the association between metabolic and mechanical parameters. Fitness Performance & Journal
Dopico X, Iglesias E (1997). Clasificación y organización de los contenidos de enseñanza específicos del Judo, para la intervención en la iniciación. En: VV.AA: El Judo y las ciencias de la actividad física y del deporte. Págs. 8. Vitoria. IVEF
Dopico-Calvo X, Iglesias-Soler E, Carballeira E (2014). Classification of judo motor skills tactical and motor criteria approach. Archives of Budo Science of Martial Arts and Extreme Sports
Krabben K, Orth D, Kamp JVD (2019). Combat as an Interpersonal Synergy: An Ecological Dynamics Approach to Combat Sports. Sports Medicine
Ruíz Pérez L (1994). Deporte y aprendizaje. Madrid: Visor
Iglesias-Soler E, Mayo X, Dopico X, Fernández del Olmo M, Carballeira E, Fariñas J, Fernández-Uribe (2018). Effects of bilateral and non-dominant practices on the lateral preference in judo matches. Journal of Sports Science
Amador F, Alamo JM, Dopico X, Iglesias E (2009). Fundamentos estructurales y pedagógicos del Judo. Las Palmas de Gran Canaria. Servicio de Publicaciones y Difusión Científica de la ULPGC
Carballeira E (2018). Fundamentos para el aprendizaje motor de habilidades específicas de proyección en judo. Wanceulen Editorial
Dopico X, Iglesias E, Clavel I (2002). Habilidades de lucha: introducción a las habilidades específicas de judo . A Coruña. Centro galego de documentación e edicións deportivas.
López Rodríguez C, Flórez de Celis A (1995). La Lucha Leonesa de Hoy. Manual Didáctico. Leon. Diputación Provincial de León
Amador F (1996). Manual Completo de Lucha Canaria. Madrid. Edeca
Schmidt RA, Lee TD (2011). Motor Control and Learning. United States. Human Kinetics
Morales J, Fukuda DH, Curto C, Iteya M, Kubota H, Pierantozzi E, La Monica M (2020). Progression of Combat Sport Activities for Youth Athletes. Strength and Conditional Journal
Iglesias E, Dopico X (). Propuestas metodológicas para el desarrollo y optimización de la habilidad en judo en atención a las capacidades coordinativas. En: VV.AA: El Judo y las ciencias de la actividad física y del deporte. . Vitoria. IVEF
Otte FW, Millar Sk, Klatt S (2019). Skill Training Periodization in “Specialist” Sports Coaching—An Introduction of the “PoST” Framework for Skill Development. Frontiers Sports Active Living
International Judo Federation (2020). Sport and Organization Rules. https://www.ijf.org/documents
Dopico X, Iglesias-Soler E, Carballeira E, Mayo X, Ardá A, González-Freire M (2014). The relationship between motoric dominance and functional dominance while executing judo techniques: a study on laterality. Archives of Budo Science of Martial Arts and Extreme Sports

Bibliografía complementaria Kashiwazaki K, Nakanishi H (1995). Atacar en Judo. Guía de combinaciones y contraataques. Barcelona. Paidotribo
Castarlenas JL, Pere M (coordinadores) (2002). El Judo en la Educación Física Escolar. Barcelona. Hispano Europea
Villamón M (director) (1999). Introducción al Judo. Barcelona. Hispano Europea
Taira S, Herguedas J, Román FI (1992). Judo (I). Madrid. Comité Olimpico Español
Garcia JM, del Valle S, Díaz P, Velázquez R (2006). Judo. Juegos para la mejora del aprendizaje de las técnicas. Barcelona. Paidotribo
Carratalá V, Carratalá E (2000). La Actividad Física y Deportiva Extraescolar en los Centros Educativos. Judo. Madrid. Consejo Superior de Deportes
Amador F, Dopico X, Iglesias E (2000). Requerimientos Motrices de la Lucha Leonesa. Consideraciones generales sobre el proceso de Enseñanza Aprendizaje. pag 255-294. En López Rodríguez C. El entrenamiento en los deportes de Lucha. León. Federación Territorial de Lucha


ENLACES DE INTERÉS:

Reglamentos:

Judo: https://www.ijf.org/documents 

Lucha Olímpica y Grecorromana: http://www.fegaloita.org/regulamento/

Lucha Leonesa: http://www.luchaleonesa.es/reglamento.html

Lucha Canaria: http://www.federaciondeluchacanaria.com/index.php?option=com_content&view=frontpage&Itemid=1

Habilidades de judo (vídeos, gif):

http://www.judovision.org/

https://www.judoenlignes.com

https://www.judo-ch.jp/english/dictionary/technique/

Noticias y Seguimiento de Competiciones de Judo (acceso a eliminatorias, estadísticas, combates):

http://www.ippon.org

https://www.judodata.com

https://judoinside.com

https://judotraining.info

Federaciones autonómicas, nacional e internacionales:

https://www.fgjudo.com

http://www.rfejudo.com

https://www.eju.net

https://www.ijf.org


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bases da educación física e deportiva/620G01004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Aprendizaxe e control motor/620G01012
Teoría e práctica do exercicio/620G01016

Materias que continúan o temario
Metodoloxía do rendemento deportivo/620G01024
Planificación do proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte/620G01035
Prácticum/620G01040
Traballo fin de grao/620G01041

Observacións

Para un aproveitamento óptimo da materia, recoméndase:

1. Asistir ás sesións presenciais co material axeitado (judogui, cinto, chanclas e auga). A limpeza do material e a hixiene persoal son esenciais. As uñas deberían estar curtas para evitar danos nas prácticas.

2. Realizar o traballo de xeito continuo ao longo do curso.

3. Colaborar co PDI, e colaborar cos compañeiros/as para aprender máis e mellor.

4. Preguntar nas titorías ou a través do equipo TEAMS en caso de dúbidas.

5. Revisar a literatura básica para unha mellor comprensión dos contidos.

6. Practicar e buscar información de xeito autónomo para preparar os contidos da materia.

7. Avaliar a docencia impartida en AVALÍA despois de realizar o curso: para mellorar o Sistema de Garantía Interna de Calidade do noso centro, sería conveniente que os estudantes respondesen á solicitude da UDC, cada catro meses, relativa á participación na proceso de avaliación das materias cursadas, e cuxa chamada se fai baixo o nome de AVALÍA, consistente en respostar aos cuestionarios que avalían o ensino do profesorado en cada materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías