Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte Código 620G01022
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Alsina Santasusana, Maria del Carmen
Correo electrónico
m.alsina@udc.es
Profesorado
Alsina Santasusana, Maria del Carmen
Correo electrónico
m.alsina@udc.es
Web
Descrición xeral Está materia está incluída no MODULO 5. A formación do profesorado experimentou unha evolución tanto polo que respecta ás súas formulacións téoricos como ás súas técnicas de aplicación. Está a configurarse un modelo crítico de formación que pon énfase naquelas capacidades do profesor que lle poderán axudar a dar respostas concretas ás situacións de traballo en que se atope. As paradigmas máis analizados actualmente no campo da investigación en ciencias da educación son o proceso-produto, o do pensamento do profesor, o de etnografía educativa, o de investigación-acción e o da análise dos procesos cognitivos dos alumnos e a mediación do ensino.
De acordo con estas tendencias educativas actuais baseadas nunha escola comprensiva, unha escola para todos e todas, que de resposta efectiva á atención á diversidade e baixo a paradigma competencial esta materia exponse unha serie de obxectivos:
Dotar ao alumno cos coñecementos básicos que lle permitan abordar o ensino das actividades físicas cunha visión actual, eficaz e innovadora.
O alumno ten que descubrir, analizar e levar á práctica os conceptos que definen o proceso educativo, así como as interaccións propias do mesmo.
Debe adquirir as técnicas precisas para a sistematización do proceso de ensino e aprendizaxe da actividade física.
Contrastar e regular a realidade docente, mediante a análise e a reflexión crítica.
Esta materia impartirase en castelán

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Deseñar e ordenar estratexias e espazos de aprendizaxe que respondan á diversidade social (sexo, xénero, idade, discapacidade, culturas…) e ao respecto dos dereitos que conforman os valores que aporta a educación física e deportiva á formación integral dos cidadáns.
A7 Promover e avaliar a formación de hábitos de actividade física e deporte ao longo do ciclo vital, considerando que a idade, o xénero ou a discapacidade son variables que necesitan da intervención consciente para favorecer a igualdade de oportunidades.
A8 Deseñar, desenvolver, e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe, relativos á actividade física e o deporte, con atención e titorización segundo as características individuais e contextuais das persoas (xénero, idade, discapacidade, culturas, etc.).
A9 Elaborar propostas curriculares para as distintas etapas no marco institucional dun centro educativo, desenvolvendo os elementos da programación didáctica da área de E. Física, con arranxo á lexislación vixente e ao proxecto educativo de centro.
A11 Posuír o conxunto de habilidades ou competencias docentes que faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe na aula de educación física.
A12 Avaliar e elaborar instrumentos de recollida de datos que atendan aos aprendizaxes do alumno, ao proceso de ensino en sí e á función del docente.
A13 Identificar as principais tarefas do profesor de educación física dentro e fóra da aula, resaltando as que fan referencia á súa labor titorial, orientadora e departamental.
A16 Deseñar, programar e desenvolver actividades esenciais da motricidade humana: o xogo, a danza e a expresión corporal, o exercicio e as actividades no medio natural, no ámbito educativo, recreativo e da actividade física e saúde, promovendo a igualdade de dereitos e oportunidades e evitando a exclusión en función do xénero e a discapacidade.
B1 Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte.
B2 Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
B3 Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo.
B5 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán.
B6 Dinamizar grupos nos diferentes ámbitos do exercicio profesional.
B7 Xestionar a información.
B8 Desenvolver hábitos de excelencia e calidade nos diferentes ámbitos do exercicio profesional.
B10 Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
B11 Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma.
B12 Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles.
B15 Comprender e saber utilizar as importantes posibilidades que a educación física e o deporte teñen para xerar hábitos sociais e valores democráticos (coeducación de xéneros, respecto á diversidade social e cultural, cooperación, competición respectuosa, compromiso co contorno…).
B16 Dominar habilidades de comunicación verbal e non verbal necesarias no contexto da actividade física e o deporte.
B18 Comprometerse e involucrarse socialmente coa súa profesión e en concreto, coa situación actual da actividade física e o deporte na educación formal; coa xestión do centro educativo; cos seus compañeiros (traballo cooperativo) e con aqueles aos que educa.
B19 Exercer a profesión con responsabilidade, respecto e compromiso.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o marco teórico do proceso de E/A e os seus modelos nos diferentes ámbitos de aplicación. A7
A9
A16
B7
B10
B12
B15
B18
C1
C2
C4
C6
C7
Coñecer, deseñar e desenvolver os aspectos metodolóxicos específicos aplicables á actividade física e o deporte, principalmente en elo concernente aos estilos de Ensino-Aprendizaxe A6
A8
A9
A11
B1
B2
B7
B10
B12
B18
C1
C2
C4
C6
C7
Programar, desenvolver e levar ás práctica sesións de Educación Física e Deportes, contemplando todos os elementos do proceso de Ensino-Aprendizaxe, e avaliando as diferentes fases e tarefas que a compoñen. A6
A7
A8
A9
A11
A12
A13
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B10
B11
B12
B16
B18
B19
C1
C2
C4
C6
Coñecer, deseñar e desenvolver os elementos do proceso de E/A e os seus ámbitos de aplicación, priorizando a teoría de Obxectivo e a súa avaliación. A7
A8
A9
A11
A12
A13
B1
B2
B7
B10
B15
B18
C1
C2
C4
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
Elementos do proceso de ensino-aprendizaxe 1 Obxectivos da actividade física e o deporte.
2 Contidos da actividade física e o deporte.
3 Tarefas da actividade física e o deporte.
4 A sesión de educación fisica e deportes.
Proceso de ensino-aprendizaxe 1 As condicións de aprendizaxe.
2 A comunicación no proceso de ensino-aprendizaxe.
3 A interación no proceso de ensino-aprendizaxe.
4 As interaciones na educación física. A estrutura dun estilo.
Aplicación práctica do proceso de ensino-aprendizaxe 1 Deseñar obxectivos de ensañanza - aprendizaxe da educación física e do deporte.
2 Elaborar sesións de educación física e deportes.
3 Avaliar sesións de educación física e deportes.
Marco teórico do proceso de ensino-aprendizaxe 1.O proceso de ensino aprendizaxe da educación física e do deporte
2. Modelos didácticos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 A9 A11 A12 A13 A16 B1 B2 B7 B10 B12 B15 B18 C1 C2 C4 C6 C7 32 64 96
Traballos tutelados A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B16 B18 B19 C1 C2 C4 C6 C7 4 8 12
Aprendizaxe colaborativa A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B16 B18 B19 C1 C2 C4 C6 C7 4 12 16
Presentación oral A6 A7 A9 A11 A12 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B15 B16 B18 B19 C1 C2 C4 C6 C7 4 10 14
Discusión dirixida A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B15 B16 B18 B19 C1 C2 C4 C6 C7 3 3 6
Proba mixta A11 A12 A13 B1 B2 B3 B5 B11 B12 B15 B16 C1 2 0 2
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Documentos desenvolvidos para introducir o tema e presentación de contidos teóricos prácticos. O alumno deberá buscar información relativa aos contidos expostos na sesión maxistral. Deberá ler comprensivamente a información atopada, asentando as ideas fundamentais.
Traballos tutelados Exporanse traballos de reforzo aos contidos teóricos da materia. Exporanse sesións utilizando os elementos didácticos expostos na materia.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
As tutorías e os demais medios de comunicación profesor alumno, realizaranse na aula ou no despacho da profesora
Os traballos tutelados, requirirán a tutorización personalizada para adecuar a elección do modelo de práctica e o caso obxecto de estudo, para adecuar a elección de obxectivos, o contido e guiar a totalidade do proceso. Para iso disporanse de clases prácticas, tutorías e a atención contínua.
Realizaranse presentacións orais dos traballos e materias desenvolvidos polo alumno na materia.
Os alumnos con matrícula parcial organizaráselles-adaptase individualmente a materia ás súas caraterístcas para que poidan cumprir os mesmos requisitos que o resto do alumnado

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B16 B18 B19 C1 C2 C4 C6 C7 Analizaranse os traballos presentados polos alumnos nos que se valorará a interpretación do alumno dos métodos utilizados en relación ao temario elixido.
Constará de traballos obrigatorios en grupos reducidos a determinar polo profesor en relación ao contido do programa. Será necesario aprobar este apartado para aprobar a materia.
Traballos voluntarios (individuais ou grupales) sobre temas de interese relacionados coa materia elixidos polo alumno e aceptados para o seu desenvolvemento e avaliación polo profesor, poderán supor un incremento da cualificación final obtida polos alumnos dun 10%, unha vez superada a materia nos apartados obrigatorios.

10
Proba mixta A11 A12 A13 B1 B2 B3 B5 B11 B12 B15 B16 C1 Realización dun exame final , composto dunha parte conceptual e doutra parte de desenvolvemento aplicativo-práctico da materia, sendo necesario aprobar cada unha das partes para poder superar a materia. 90
 
Observacións avaliación

En segunda oportunidade manteranse as partes aprobadas.

En cursos sucesivos deberanse presentar á totalidade das partes obrigatorias contempladas na guía docente correspondente.

Os documentos de avaliación deberán realizarse no idioma de impartición da materia, no caso de que o alumno queira optar á realización noutro idioma deberá solicitalo con dúas semanas de antelación.


Fontes de información
Bibliografía básica Riera, J. (1989). Aprendizaje motor. Madrid. Alhambra
Famose, J. P. (1992). Aprendizaje motor y dificultad en la tarea. Barcelona. Paidotribo
Ruiz Pérez, L. M. (1995). Competencia motriz. Elementos para comprender el aprendizaje motor en la educación física escolar. Madrid. Gymnos
Gimeno Sacristán, J. y Pérez Gómez, A. I. (1992). Comprender y transformar la enseñanza. Madrid. Morata
Contreras, O. R. (1998). Didáctica de la educación física. Un enfoque constructivista. Barcelona. INDE
Pierón, M. (1988). Didáctica de las actividades físicas y deportivas. Madrid. Gymnos
Torre, S. (1993). Didáctica y currículum: bases y componentes del proceso educativo.. Madrid. Dykinson
Hernández Hernández, P. (1989). Diseñar y enseñar. La Laguna. ICE
Zabalza, M. A. (1987). Diseño y desarrollo curricular. Madrid. Narcea
Arnod, P. J. (1991). Educación física, movimiento y curriculum. Madrid. Morata
Díaz, J. (1994). El curriculum de la educación física en la reforma educativa. Barcelona. INDE
Lorenzo, M. (1994). El diseño curricular base. Alcoy. Marfil
Romero, S. (1998). Fundamentación de los contenidos en la educación física escolar. Sevilla. Wanceulen
Benedito, V (1987). Introducción a la didáctica. Fundamentación teórica y diseño curricular. Barcelona. Barcanova
Stenhouse, L. (1984). Investigación y desarrollo del currículum. Madrid. Morata
Sánchez Bañuelos, F. (1996). La actividad física orientada hacia la salud. Madrid. Biblioteca Nueva
Pérez Gómez, A. (1998). La cultura escolar en la sociedad neoliberal. Madrid. Morata
Imbernon, F. (1997). La formación del profesorado. Barcelona. Paidós
Imbernon, F. (1994). La formación y el desarrollo profesional del profesorado. Hacia una nueva cultura profesional. Barcelona. GRAO
Escudero, J. M. (1981). Modelos didácticos. Planificación sistemática y autogestión educativa. Barcelona. Oikos-Tau
Cratty. B. J. (1979). Motricidad y psiquismo en la educación y el deporte. Valladolid. Miñón
Benedito, V (1982). Sistematización del proceso didáctico. Barcelona. SE
Ferrández, A. Sarramona, J y Tarin L. (1981). Tecnología didáctica. Teoría y práctica de la programación escolar. Barcelona. CEAC
Gimeno Sacristán, J. (1981). Teoría de la enseñanza y desarrollo del curriculum. Madrid. Anaya
Bertalanffy, LV (1980). Teoría general de sistemas. Madrid. Fondo de cultura económica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Prácticum/620G01040

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías