Identifying Data 2023/24
Subject (*) Teaching/Learning Processes in Physical Activity and Sport Code 620G01022
Study programme
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Educación Física e Deportiva
Coordinador
López Alonso, Virginia
E-mail
virginia.lopez.alonso@udc.es
Lecturers
Gomez Varela, Joaquin
López Alonso, Virginia
E-mail
joaquin.gomez.varela@udc.es
virginia.lopez.alonso@udc.es
Web http://http://campusvirtual.udc.es/moodle/
General description Esta materia está incluída no MODULO 5. A formación do profesorado experimentou unha evolución tanto polo que respecta ás súas formulacións téoricos como ás súas técnicas de aplicación. Está a configurarse un modelo crítico de formación que pon énfase naquelas capacidades do profesor que lle poderán axudar a dar respostas concretas ás situacións de traballo en que se atope. As paradigmas máis analizados actualmente no campo da investigación en ciencias da educación son o proceso-produto, o do pensamento do profesor, o de etnografía educativa, o de investigación-acción e o da análise dos procesos cognitivos dos alumnos e a mediación do ensino.
De acordo con estas tendencias educativas actuais baseadas nunha escola comprensiva, unha escola para todos e todas, que de resposta efectiva á atención á diversidade e baixo a paradigma competencial esta materia exponse unha serie de obxectivos:
Dotar ao alumnado cos coñecementos básicos que lle permitan abordar o ensino das actividades físicas cunha visión actual, eficaz e innovadora.
O alumnado ten que descubrir, analizar e levar á práctica os conceptos que definen o proceso educativo, así como as interaccións propias do mesmo.
Debe adquirir as técnicas precisas para a sistematización do proceso de ensino e aprendizaxe da actividade física.
Contrastar e regular a realidade docente, mediante a análise e a reflexión crítica.
Esta materia impartirase en castelán.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A4 Coñecer e comprender as bases que aporta a educación física á formación das persoas.
A6 Deseñar e ordenar estratexias e espazos de aprendizaxe que respondan á diversidade social (sexo, xénero, idade, discapacidade, culturas…) e ao respecto dos dereitos que conforman os valores que aporta a educación física e deportiva á formación integral dos cidadáns.
A7 Promover e avaliar a formación de hábitos de actividade física e deporte ao longo do ciclo vital, considerando que a idade, o xénero ou a discapacidade son variables que necesitan da intervención consciente para favorecer a igualdade de oportunidades.
A8 Deseñar, desenvolver, e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe, relativos á actividade física e o deporte, con atención e titorización segundo as características individuais e contextuais das persoas (xénero, idade, discapacidade, culturas, etc.).
A9 Elaborar propostas curriculares para as distintas etapas no marco institucional dun centro educativo, desenvolvendo os elementos da programación didáctica da área de E. Física, con arranxo á lexislación vixente e ao proxecto educativo de centro.
A11 Posuír o conxunto de habilidades ou competencias docentes que faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe na aula de educación física.
A12 Avaliar e elaborar instrumentos de recollida de datos que atendan aos aprendizaxes do alumno, ao proceso de ensino en sí e á función del docente.
A13 Identificar as principais tarefas do profesor de educación física dentro e fóra da aula, resaltando as que fan referencia á súa labor titorial, orientadora e departamental.
A16 Deseñar, programar e desenvolver actividades esenciais da motricidade humana: o xogo, a danza e a expresión corporal, o exercicio e as actividades no medio natural, no ámbito educativo, recreativo e da actividade física e saúde, promovendo a igualdade de dereitos e oportunidades e evitando a exclusión en función do xénero e a discapacidade.
B1 Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte.
B2 Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
B3 Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo.
B5 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán.
B6 Dinamizar grupos nos diferentes ámbitos do exercicio profesional.
B7 Xestionar a información.
B8 Desenvolver hábitos de excelencia e calidade nos diferentes ámbitos do exercicio profesional.
B10 Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
B11 Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma.
B12 Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles.
B15 Comprender e saber utilizar as importantes posibilidades que a educación física e o deporte teñen para xerar hábitos sociais e valores democráticos (coeducación de xéneros, respecto á diversidade social e cultural, cooperación, competición respectuosa, compromiso co contorno…).
B16 Dominar habilidades de comunicación verbal e non verbal necesarias no contexto da actividade física e o deporte.
B18 Comprometerse e involucrarse socialmente coa súa profesión e en concreto, coa situación actual da actividade física e o deporte na educación formal; coa xestión do centro educativo; cos seus compañeiros (traballo cooperativo) e con aqueles aos que educa.
B19 Exercer a profesión con responsabilidade, respecto e compromiso.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Identificar e explicar o marco teórico relacionado cos procesos de E/A na actividade física e o deporte, e os seus modelos nos diferentes ámbitos de actuación A4
A13
B1
B4
B10
B12
B15
B16
C1
C2
C4
C6
C7
Distinguir e analizar os elementos do proceso de E/A e os seus ámbitos de aplicación A7
A9
A11
A12
A16
B1
B2
B7
B10
B12
B15
B16
B18
C1
C2
C6
Coñecer, deseñar e desenvolver os aspectos metodolóxicos específicos aplicables á actividade física e o deporte, principalmente no concernente aos estilos de Ensino-Aprendizaxe A6
A7
A8
A9
A11
A12
A13
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B10
B11
B12
B16
B18
B19
C1
C2
C4
C6
Programar, desenvolver e levar ás práctica sesións de Educación Física e Deportes, contemplando todos os elementos do proceso de Ensino-Aprendizaxe, e avaliando as diferentes fases e tarefas que a compoñen. A6
A8
A9
A11
B1
B2
B7
B10
B12
B18
C1
C2
C4
C6
C7

Contents
Topic Sub-topic
Marco teórico do proceso de ensino-aprendizaxe na educación física e o deporte 1.O proceso de ensino aprendizaxe da educación física e do deporte
2. Modelos pedagógicos aplicados a educación física e o deporte
Elementos estructuráis e metodolóxicos do proceso de ensino-aprendizaxe no contexto da educación física e o deporte 1 Contexto de desenvolvimiento do proceso de ensino-aprendizaxe
2. Elementos estructurais do proceso de ensino-aprendizaxe
3 A interacción no proceso de ensino-aprendizaxe.
Diseño e aplicación da intervención no proceso de ensino-aprendizaxe 1 Elaboración e planteamiento de obxectivos/resultados de aprendizaxe na educación física e o deporte.
2 Deseño e desenvolvemiento de sesións na educación física e deportes.
3 Avaliación de sesións na educación física e deportes.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A4 A7 A9 A11 A12 A13 A16 B1 B2 B7 B10 B12 B15 B16 C1 C2 C4 C6 C7 32 64 96
ICT practicals A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B19 B18 B16 B12 B11 B10 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C4 C6 C7 4 12 16
Supervised projects A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B19 B18 B16 B12 B11 B10 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C4 C6 C7 4 8 12
Practical test: A6 A7 A9 A11 A12 A13 B19 B18 B16 B15 B12 B11 B10 B8 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C4 C6 C7 4 10 14
Directed discussion A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B3 B4 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B15 B16 B18 B19 C1 C2 C4 C6 C7 3 3 6
Mixed objective/subjective test A11 A12 A13 B1 B2 B3 B5 B11 B12 B15 B16 C1 2 0 2
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Documentos desenvolvidos para introducir o tema e presentación de contidos teóricos prácticos. O alumno deberá buscar información relativa aos contidos expostos na sesión maxistral. Deberá ler comprensivamente a información atopada, asentando as ideas fundamentais.
ICT practicals Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Supervised projects Exporanse traballos de reforzo aos contidos teóricos da materia. Exporanse sesións utilizando os elementos didácticos expostos na materia.
Practical test: Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Directed discussion Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Mixed objective/subjective test Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Personalized attention
Methodologies
Directed discussion
Practical test:
Supervised projects
Description
As tutorías e os demais medios de comunicación profesorado/alumnado, realizaránse personalmente no despacho da profesora, correo electrónico, moodle o teams
Os traballos tutelados, requirirán a tutorización personalizada para adecuar a elección do modelo de práctica e o caso obxecto de estudo, para adecuar a elección de obxectivos, o contido e guiar a totalidade do proceso. Para iso disporanse de clases prácticas, tutorías e a atención contínua.
Realizaranse presentacións orais dos traballos e materias desenvolvidos polo alumno na materia.
Ó alumnado con matrícula parcial organizaráselles-adaptaráselle individualmente a materia ás súas características para que poidan cumprir os mesmos requisitos que o resto do alumnado
As titorías e demáis medios de comunicación profesor/alumno realizaránse por correo electrónico, teams, moodle, ou presencial no despacho do/a profesor/a.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Practical test: A6 A7 A9 A11 A12 A13 B19 B18 B16 B15 B12 B11 B10 B8 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C4 C6 C7 Deseño e desenvolvemento de sesións de intervención relacionadas cos diferentes elementos do proceso de ensinanza-aprendizaxe 20
Mixed objective/subjective test A11 A12 A13 B1 B2 B3 B5 B11 B12 B15 B16 C1 Realización dunha proba escrita desenvolta na plataforma da Universidade da Coruña sobre os contidos desenvoltos nos diferentes sesións teóricas e prácticas da materia 30
ICT practicals A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B19 B18 B16 B12 B11 B10 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C4 C6 C7 Levaranse a cabo diferentes actividades no propio desenvolvemiento das sesións nas que, de xeito individual ou por grupos, se profundizará nos contidos relacionados con diferentes temas. 10
Supervised projects A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B19 B18 B16 B12 B11 B10 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C4 C6 C7 Presentación dun traballo de deseño, análise e avaliación dos diferentes aspectos relacionados cos procesos de ensino-aprendizaxe levados a cabo na proba práctica

40
 
Assessment comments

Considérase obrigatoria a asistencia ás diferentes actividades lectivas da materia

A porcentaxe requirida para a superación da materia será do 70% considerado en relación á participación proporcionalmente ás diferentes sesións presenciais (expositivas e interactivas)

A superación da materia implicará a superación dos seguintes apartados tanto na 1ª como na 2ª oportunidade, ou convocatorias posteriores nas condiciones que se expoñen a continuación: 

PARTICIPACIÓN

- Enténdese por participación nas prácticas de actividade física ou sesións maxistraís e o desenvolvemento en prazo e forma das tarefas que se expoñan en relación aos contidos relacionados coas sesións. O non cumprimento por motivos xustificados do 70% da asistencia pode implicar a non superación da materia, constando o estudante como "Non Presentado" na cualificación final. Dita falta de participación non xustificada pode inhabilitar igualmente para a superación da materia na segunda oportunidade ou sucesivas convocatorias, ata que esta cúmprase. No caso de que non se alcance o 70% de asistencia e participación por motivos xustificados na avaliación da 1ª oportunidade poderase establecer para a/o estudante unha alternativa equivalente en relación ao desenvolvemento de tarefas e alcance de competencias relacionado cos contidos desenvolvidos nas sesións ás que non asistiu.  

A superación deste apartado manterase de cara á 2ª oportunidade, e sucesivas convocatorias,  en canto se mantéña a presente distribución metodolóxica, avaliacións e cualificación na guía docente correspondente.

PROBAS PRÁCTICAS

- Nas tres primeiras semanas do cuadrimestre os estudantes confirmarán o grupo e as datas de participación na/s proba/s práctica/s.

A superación deste apartado manterase de cara á 2ª oportunidade, e sucesivas convocatorias,  en canto se manteña a presente distribución metodolóxica, avaliacións e cualificación na guía docente correspondente.


TRABALLOS TUTELADOS

Proporase os primeiros días de clase unha rúbrica para a elaboración, supervisión e corrección de dito traballo tutelado, que poderá ser moficado a proposta d@s estudante e co visto bo do profesor

A superación deste apartado manterase de cara á 2ª oportunidade, e sucesivas convocatorias,  en canto mantéñase a presente distribución metodolóxica, avaliacións e cualificación na guía docente correspondente.


PROBA MIXTA

A proba mixta terá lugar nas datas asignadas no calendario oficial, como parte de avaliación final da materia. Esta proba poderáse levar a cabo ben sobre papel presencialmente na facultade, ou ben no campus virtual ou Teams, para o que os/as estudantes deberán traer e utilizar os seus propios computadores portátiles ou tabletas dixitais. 

As diferentes preguntas ou tarefas desta proba mixta distribuiranse de maneira ponderada considerando os diferentes temas, prácticas ou traballos da materia.

O idioma escrito desta proba será o de impartición da materia; facilitarase noutro idioma (español, galego) aos estudantes que o soliciten con dúas semanas de antelación.

A superación deste apartado manterase de cara á 2ª oportunidade, e sucesivas convocatorias,  en canto mantéñase a presente distribución metodolóxica, avaliacións e cualificación na guía docente correspondente.

Entenderase en calquera caso que para a superación da materia será preciso ter superados os diferentes apartados da avaliación


ESTUDANTES DE DEDICACIÓN A tempo PARTCIAL 

En función das suas posibilidades de asistencia e participación acordarase, por escrito, cos/as estudantes de dedicación a tempo parcial, un modelo alternativo das diferentes actividades de desenvolvemento e avaliación dos diferentes temas e apartados de avaliación, atendendo a un plantexamento de horas de dedicación equivalente aos/as estudantes de matricula a tempo completo.

En concordancia cos plantexamentos de sosteniblidade que está a promover a Universidade da Coruña, na medida do posible seguiránse as seguintes pautas:

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 

1.2. Realizarase a través de Moodle ou Teams, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais


En termos xerais, ao realizar probas on-line, empregarase a plataforma da UDC ou sistemas recoñecidos por esta

A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).   


Sources of information
Basic Famose, J. P. (1992). Aprendizaje motor y dificultad en la tarea. Barcelona. Paidotribo
Ruiz Pérez, L. M. (1995). Competencia motriz. Elementos para comprender el aprendizaje motor en la educación física escolar. Madrid. Gymnos

Blázquez Sánchez, D. (2013). Diez competencias docentes para ser mejor profesor de Educación Física. INDE.

Fernandez-Río, J., Calderón, A., Hortigüela Alcalá, D., Pérez-Pueyo, A., y Aznar Cebamanos, M. (2016). Modelos pedagógicos en educación física: consideraciones teórico-prácticas para docentes. Revista Española De Educación Física Y Deportes, 413:55–75.

Ferriz, R., Gonza?lez-Cutre, D., y Sicilia, A. (2015). Revisio?n de la Escala del Locus Percibido de Causalidad (PLOC) para la inclusio?n de la medida de la regulacio?n integrada en educacio?n fi?sica. Revista de Psicologi?a del Deporte, 24, 329-338.

Fierro-Suero, S., Almagro, B. J., Castillo, I., & Sáenz-López, P. (2020). Herramienta de Observación del Clima Interpersonal Motivacio-nal (OCIM) para docentes de Educación Física. Cultura, Ciencia y Deporte, 15(46), 575-596.

Fuentes García, J. P., García González, L., Sanz Rivas, D., Moreno Arroyo, M. P., y Del Villar Álvarez, F. (2005). Estudio del feedback docente de los entrenadores de tenis de alta competición. Kronos: Revista Universitaria de la actividad física y el deporte, 4(7), 57-62.

García-González, L., Abós Catalán, A., y Sevil-Serrano, J. (2020). Acción docente en educación física y actividades físico-deportivas. Teoría basada en evidencias científicas. Prensas de la Universidad de Zaragoza.

Labrandero, M., Pompa Mansilla, M., Hernandez, F., y Sánchez-Mendiola, M. (2019). Una experiencia de formación: La Educación basada en evidencias A training experience: Evidence-Based Education. Revista Digital Universitaria, 20(6).

Moreno, J. A., González-Cutre, D., Chillón, M., y Parra, N. (2008). Adaptación a la educación física de la escala de las necesidades psicológicas básicas en el ejerci- cio. Revista Mexicana de Psicología, 25(2), 295–303.

Navarro, D., Collado, J.A., y Pellicer, I. (2020). Modelos pedagógicos en educación física. Autor editor.

Pieron, M. (1988). Didáctica de las actividades físicas y deportivas. Gymnos Editorial.

Sánchez-Oliva, D., Leo, F.M., Amado, D., Cuevas, R., y García-Calvo, T. (2013). Desarrollo y validación del cuestionario de apoyo a las necesidades psicológicas básicas en educación física. Motricidad. European Journal of Human Movement, 30, 53-71.

Sicilia, A. (2004). La interacción didáctica en EF. En Fraile, A. (coord.), Didáctica de la Educación Física. Una perspectiva crítica y transversal (pp. 237-263). Biblioteca Nueva.

Velázquez, C. (2013). Análisis de la implementación del aprendizaje cooperativo durante la escolarización obligatoria en el área de educación física (Tesis Doctoral). UVA.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
Cara mellorar o proceso docente, recomendase aos estudantes levar a cabo as enquisas “AVALÍA” propostas dende os servizos centraís da UDC.  


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.