Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Actividade física saudable e calidade de vida I Código 620G01023
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Santiago Alonso, Miguel
Correo electrónico
miguel.santiago@udc.es
Profesorado
Santiago Alonso, Miguel
Correo electrónico
miguel.santiago@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenrolo de capacidades que permitan o alumnado configurar nun marco integrador e interrelacional o papel ca actividade física debe xogar na mellora da saúde non só individual sino tamén na colectividade, tratando de facilitar os cambios de conducta e un correcto enfoque e sistemática no consello e prescripción de exercicio que permitan loitar contra o sedentarismo da sociedade actual.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Promover e avaliar a formación de hábitos de actividade física e deporte ao longo do ciclo vital, considerando que a idade, o xénero ou a discapacidade son variables que necesitan da intervención consciente para favorecer a igualdade de oportunidades.
A14 Deseñar, planificar, avaliar técnico-cientificamente e desenvolver programas de exercicios orientados á prevención, a reeducación, a recuperación e readaptación funcional nos diferentes ámbitos de intervención: educativo, deportivo e de calidade de vida, considerando, cando fose necesario as diferenzas por idade, xénero, ou discapacidade.
A15 Coñecer, saber seleccionar e saber aplicar as técnicas de modificación de conduta que pode utilizar o profesional de Educación Física e Deportes nos diferentes ámbitos da súa competencia laboral.
A23 Avaliar técnica e cientificamente a condición física e prescribir exercicios físicos nos ámbitos da saúde, o deporte escolar, a recreación e o rendemento deportivo, considerando as diferenzas biolóxicas por idade e xénero.
A27 Aplicar os principios cinesiolóxicos, fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais nos contextos educativo, recreativo, da actividade física e saúde e do adestramento deportivo, recoñecendo as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero nos hábitos de vida dos participantes.
A28 Realizar e interpretar probas de valoración funcional nos ámbitos da actividade física saudables e do rendemento deportivo.
A29 Identificar os riscos para a saúde que se derivan da práctica de actividade física insuficiente e inadecuada en calquera colectivo ou grupo social.
A30 Aplicar técnicas e protocolos que lle permitan asistir como primeiro interviniente en caso de accidente ou situación de emerxencia, aplicando, de ser necesario, os primeiros auxilios.
A36 Coñecer e saber aplicar as novas tecnoloxías da información e a imaxe, tanto nas ciencias da actividade física e do deporte, como no exercicio profesional.
B1 Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte.
B2 Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
B3 Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo.
B8 Desenvolver hábitos de excelencia e calidade nos diferentes ámbitos do exercicio profesional.
B9 Comprender a literatura científica do ámbito da actividade física e o deporte en lingua inglesa e en outras linguas de presenza significativa no ámbito científico.
B10 Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender as interrelacios existentes entre actividade física , condición física e saúde e a su relación co sedentarismo e as patoloxías ligadas o mesmo, así como a necesidade de unha correcta prescripción de ejercicio como un dos instrumentos terapéuticos na promoción e prevención de alteracios morfofuncionais. A7
A14
B1
B4
B9
B10
C3
C4
Coñecer, comprender e aplicar os aspectos básicos da alimentación e nutrición en relación ca actividade física e deportiva e como medio para millorar a saúde e a calidade de vida. A14
A15
B2
B3
Comprender e identificar os beneficios e riscos que o exercicio e deporte conlevan según a poboación ( xénero, edade, discapacidade) así como ser capaz de intervir de xeito correcto no caso de accidente ou incidente durante a práctica de actividade física. A28
A29
A30
B2
B4
Deseñar, planificar e avaliar técnico-científicamente programas de intervención a través do exercicio e deporte para aumentar a calidade de vida en persoas que viran disminuida a sua saúde por discapacidades funcionais de diversa índole( metabólicas, endocrinas, cardiovasculares, respiratorias etc. A14
A23
A27
A36
B2
B3
B8
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
I.-BASES CONCEPTUAIS DA ACTIVIDADE FÍSICA, CONDICIÓN FÍSICA E SAÚDE: MODELO E CONCEPTOS CRAVE.
1.-Bases conceptuais da Actividade Física, Condición Física e Saúde.
2.-Aspectos biolóxicos e sociais da Actividade Física e Saúde: perspectiva evolutiva.Aspectos epidemiolóxicos dunha sociedade activa ou sedentaria.
3.-Ámbitos de intervención da Actividade Física en relación á saúde.



II.-ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN PARA A SAÚDE E O EXERCICIO. 4.-Importancia da alimentación y nutrición no ser humano: perspectiva histórica.¿Por qué comemos?: os alimentos y suas funcións..
5.-Requerimentos nutricionais e inxestas recomendadas
6.-Macronutrintes aspectos fisiolóxicos, metabólicos e nutricionais
7.-Micronutrintes aspectos fisiolóxicos, metabólicos e nutricionais.
8.-El agua aspectos fisiológicos, metabólicos y nutricionales.
9.-A dieta o longo da vida e en estados fisiolóxicos especiais.
10.-Nutrición e actividade física.Axudas ergoxénicas nutricionais.
P1.-Avaliación da composición corporal.
P2.-Sistemas de determinación do balance enerxético.
P3.-Adecuación de cargas de traballo para equilibrar inxesta e gasto enerxético
P4.-Os grupos de alimentos: teoría e práctica do manexo de táboas nutricionais e bases de datos de composición de alimentos.
P5.-Dieta equilibrada: táboa de equivalencia e dieta por racions.

III.-ACTIVIDADE FÍSICA AO LONGO DO CICLO VITAL.
11.-Nenos, novos e deporte: actividade física en relación ao crecemento e maduración. Indicacións e precaucións.
12.-Actividade física e saúde no adulto san: indicacións e precaucións.
A actividade física e deportiva nas persoas maiores: beneficios e riscos.
13.-Muller e deporte.

IV.-ACTIVIDADE FÍSICA, CONDICIÓN FÍSICA E ENFERMIDADE. Aspectos epidemiolóxicos da actividade física e do deporte en diversas patoloxías.
14.-Exercicio e patoloxías cardiovasculares.
15.-Exercicio e patologías neumológicas
16.-Exercicio e patologías endocrino-metabólicas.
17.-Exercicio e patologías hematolóxicas
18.-Exercicio e patologías nefrolóxicas.
19.-Exercicio e alteraciones neurolóxicas
20.-Exercicio en outras patoloxías e alteracions.
P6.-Prácticas de avaliación e prescripción de exercicio en patoloxías.


V.-BENEFICIOS E RISCOS DA ACTIVIDADE FÍSICA VERSUS INACTIVIDADE: EPIDEMIOLOGÍA DA ACTIVIDADE FÍSICA. PRIMEIROS AUXILIOS. 21.-Riscos do exercicio: lesiones músculo esqueléticas. Prevención e asistencia.
22.-Risco do exercicio: risco cardiovascular. Morte súbita, prevención e asistencia.
23.-Primeiros auxilios: definición e pautas xerais de actuación.
24.-RCP Básica.Inmovilizacions e traslados.
P7.-Pautas xerais de actuación en feridas e traumatismos: inmovilizaciones e traslados.Uso e manexo do DEA.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A29 B1 B9 1 8 9
Actividades iniciais C3 C6 1 0 1
Estudo de casos A14 A15 A23 A27 16 9.6 25.6
Sesión maxistral A7 A15 A27 A29 B1 B8 B10 24 48 72
Prácticas de laboratorio A14 A23 A28 A30 A36 5 7 12
Proba mixta A7 A14 A15 A27 A29 C4 2 16.4 18.4
Traballos tutelados A14 A23 A28 B2 B3 B4 B8 1 10 11
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Análise das diversas fontes bibliograficas, audiovisuais e programas que a rede e as novas tecnoloxías permiten; para coñecer e comprender o papel que cada vez con maior preeminencia outórgase á actividade física como vector principal da saúde así como utilizar as posibilidades que as mesmas brindan para axudar na planificación desenvolvo e control das cargas de traballo ligadas ao exercicio.
Actividades iniciais Constitúen o conxunto de actividades que nunha primeira toma de contacto permiten expor a guía docente, á vez que se explora o coñecemento que o grupo ten da materia en cuestión e que esperan conseguir ao finalizar a mesma , contextualizando a materia dentro do bloque e grao
Estudo de casos Estudo e resolución de casos nos que se tratará de ver diversas solucións aplicables á resolución de problemas que poidan xurdir habitualmente para conseguir unha correcta valoración daqueles aspectos relacionados coa actividade física e a saúde que posibilitan un correcto diagnóstico de situación para unha adecuada proposta de prescrición de exercicio razoada e adaptada ás necesidades individuais.
Sesión maxistral Constitúe unha síntese e actualización dun tema de estudo, tratarase de realizar unha exposición participativa, convidando e alentando o alumnado a tomar parte activa fomentando as cuestións razoadas e o debate dos temas tratados.
Prácticas de laboratorio Realización de prácticas de avaliación daqueles aspectos relacionados coa composición corporal,o gasto enerxético,e o uso de novas tecnoloxías para unha correcta avaliación e axuda na prescrición de exercicio.
Realización de prácticas que permitan unha correcta evaluación de un accidentado, su inmovilización e traslado, así como a realización de unha correcta RCP básica.
Proba mixta Consistirá na realización dun test de resposta única e/ou preguntas curtas máis un exame práctico dun ou varios casos que consistirá no correcto diagnóstico, valoración e prescrición de exercicio e a elaboración de suxestións que permitisen unha mellora en calidade de vida ou rendemento
Traballos tutelados Consistirá en dous traballos un individual e outro grupal e o primeiro versará sobre aspectos inequivocamente relacionados cos descriptores e competencias específicas da materia, debendo acordarse previamente co responsable da mesma.No segundo caso tratarase do deseño planificación e avaliación dun programa de intervención, debendo exporse e defenderse durante o cuadrimestre en que se imparta a materia. Na súa avaliación teranse en conta entre outros os aspectos formais, linguaxe,estructuración adecuación ao tema, calidade da documentación e creatividade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Revisión co alumnado que o solicite das fontes bibliográficas, audioviais e programas, que posibiliten unha correcta evolución e seguimento da materia , recomendando lecturas e posibilitando o coñocemento das ferramentos para unha adecuada valoración funcional que permita axudar na planificación desenrolo e control das cargas de traballo ligadas o exercicio.

Realización de prácticas individualizadas sobre o correcto uso de material de evaluación que deberán utilizar para a realización das prácticas de laboratorio e na realización dos traballos asinados.

Consistirá no seguimento grupal e individualizado da metodoloxía a adquirir e na forma de presentación dos traballos a realizar, adquirindo competencias que permitan ser utilizadas posteriormente na presentación dos mesmos asi como no futuro TFG. Na sua avaliación teranse en conta entre outros cuestións os aspectos formais, lenguaxe,estructuración e adecuación o tema, calidade da documentación e creatividade.

No caso do alumnado de matrícula parcial e aqueles que de xeito xustificado non poidesen facer a avaliación continua prevista ´habilitarase tras xuntanza e acordo un sistema que posibilite alcanzar os coñecementos e competencias da materia.
A atención personalizada realizarase de xeito preferente de forma presencial e de no ser posible a través de Teams

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A29 B1 B9 Análise polo alumnado de fontes que lle permitan afondar no coñecemento dunha parte da materia. 10
Estudo de casos A14 A15 A23 A27 Seguimento individualizado da resolución correcta de cada unha das problemáticas plantexadas. Realización de probas parciais de avaliación e asimilación de contidos. 15
Prácticas de laboratorio A14 A23 A28 A30 A36 Realización por parte dos integrantes do grupo pequeno habitual de prácticas, da búsqueda é aplicación de test de valoración funcional de algún dos compoñentes ou factores da condición física saudable relacionado coa saúde que a posteriori podanse aplicar no desenrolo do traballo grupal.
Realización das prácticas de RCP básica e uso e manexo dos DEA/DESA
10
Proba mixta A7 A14 A15 A27 A29 C4 Consta de duas fases, a primeira consistirá na realización dun exámen dos contidos teóricos habitualmente test de resposta única e/ou preguntas cortas máis un exáme práctico de un ou varios casos, que consistirá no correcto diagnóstico, valoración e prescripción de exercicio e na elaboración de suxerencias que permitisen unha mellora na calidade de vida ou rendemento 50
Traballos tutelados A14 A23 A28 B2 B3 B4 B8 Consistirá en dous traballos, en un dos casos tratarase dunha revisión bibliográfica que versará sobre aspectos inequivocamente relacionados cos descriptores e competencias específicas da materia, debendo acordarse previamente co responsable da mesma.No segundo caso tratarase do deseño, planificación e avaliación dun programa de intervención, debendo expoñerse e defenderse durante o cuadrimestre no que se imparta a materia.Na sua avaliación teranse en conta entre outras cuestios os aspectos formais, lenguaxe,estructuración, adecuación o tema, calidade da documentación e creatividade. 15
 
Observacións avaliación

   Os criterios da avaliación serán os mesmos para as duas
oportunidades de cada curso. Será imprescindible para superar a
asinatura superar tanto os contidos teóricos, como os prácticos, non
poidendo superar a materia si en un de eles non acada a calificación
pertinente. Si a calificación de unha parte non permite superar la
asinatura, manteranse aprobadas aquelas partes da evaluación xa superadas para a seguinte oportunidade de ese ano e en futuras convocatorias de avaliación.

   O estudantado que durante o
cuadrimestre tivesen realizado e superado os contidos prácticos da materia e realizado os traballos
encomendados non deberán realizar a fase práctica da proba
mixta,debendo só  realizar e superar o exámen de contidos
teóricos.

   O alumnado de matrícula parcial, e o
aqueles que de forma xustificada non poidesen seguir unha avaliación continuada (no teñan un 70% de asistencia e participación e superación das avaliacións das prácticas de
estudos de casos e das prácticas de laboratorio, así como aqueles que non
realicen de xeito correcto os traballos asinados), terán
obrigatoriamente que realizar a proba mixta  na sua totalidade(deberá facer obrigatoriamente o exáme práctico) en calquera das seguintes oportunidades
para superar a materia, poidendo alcanzar deste xeito unha cualificación suficiente.

   O  exámen da proba mixta(test , preguntas cortas e casos ) presentarase o estudantado  no idioma de impartición da materia (
castelan). Si algún alumno desexa facelo en outro idioma
oficial da UDC, deberá solicitalo o profesor coordinador con tempo dabondo, 1 mes antes
da data de realización.

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación
obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria
extraordinaria".


Fontes de información
Bibliografía básica BERNARDOT D. (2020). "Manual ACMS Nutrición para ciencias del ejercicio". Barcelona.Ed Wolters Kluwer
MARQUEZ ROSA S., GARATACHEA VALLEJO N. (2010). Actividad física y salud. Madrid. Ed Díaz de Santos
HEYWARD VIVIAN H (2008). Evaluación de la aptitud física y prescripción de ejercicio. Madrid. Ed. médica Panamericana
LOPEZ CHICHARRO J. FERNANDEZ VAQUERO A. (2008). Fisiología del ejercicio. Madrid. Ed. Panamericana
DEVIS DEVIS J. (2001). La Educación Física el deporte y la salud en el siglo XXI. Alicante Ed. Marfil
GONZALEZ GALLEGO J, SANCHEZ COLLADO P, MATAIX VERDÚ J. (2006). Nutrición en el deporte. Ayudas ergogénicas y dopaje. Madrid. Ed Díaz de Santos
BIESALSKI H K, GRIMM P. (2007). Nutrición: texto y atlas. Madrid. Ed. Panamericana
PHYSICAL ACTIVITY GUIDELINES ADVISORY COMMITTEE (2019). Physical Activity, All-Cause and Cardiovascular Mortality, and Cardiovascular Disease. ACSM_Med. Sci. Sports Exerc
CASPERSEN CJ. POWELL KE. CHRISTENSEN GM.N (). Physical Activity, Exercise, and Physical Fitness: Definitions and Distinctions for Health-Related Research. Atlanta. Public health reports
SERRA GRIMA R, BAGUR CALAFAT C. (2004). Prescripción de ejercicio para la salud. Barcelona .Ed. Paidotribo
WOLF-MAY K. (2008). Prescripción de ejercicio: fundamentos fisiológicos. Barcelona. Ed Elsevier Masson
MOREIRAS O, CARBAJAL A, CABRERA L. y CUADRADO C. (2013). Tablas de composición de alimentos. Madrid. Ed. Pirámide
DEVIS, J. y PEIRO, C. (1997). “Ejercicio físico y salud en el currículo de la educación física: modelos e implicaciones para la enseñanza”. En J. Devís y C. Peiró (Eds.). Nuevas perspectivas curriculares en educación física: la sa. Barcelona: Inde.
AMERICAN COLLEGE OF SPORTS MEDICINE. (2006). “Guidelines for Graded Exercise Testing and exercise Prescription)”.. Philadelphia. Lippincott Williams& Wilkins
DE CAMBRA, S.; SERRA, Ll.; TRESSERRAS, R.; RODRÍGUEZ, F.A.; BALIUS, R., y VALLBONA, C. (1991). “Llibre blanc. Activitat física i promoció de la salut”. . Barcelona: Generaliat de Catalunya, Departament de Sanitat i Seguretat Social
BOUCHARD, C.; SHEPHARD, R.J.; STEPHENS, T. (Eds.). (1993). “Physical activity, fitness and health. Consensus statement” . Champaign, Illinois: Human Kinetics Books
RODRÍGUEZ, F.A. (1994). “Recomendaciones para la prescripción de ejercicio físico en personas sanas”. . Barcelona: INEF de Catalunya
WILLIAMS M.H (2002). ” Nutrición para la salud, la condición física y el deporte”. Barcelona. Ed. Paidotribo
Bibliografía complementaria (). .
ASTRAND P-O; RODHAL K; DAHL H A; STROMME S B (2010). "Fisiología del ejercicio" . Barcelona.Ed. Paidotribo
McARDLE W.D.;KATCH F.I.; KATCH V.L. (2011). "Fisiología del ejercicio: Fundamentos". Madrid. Panamericana
MCARDLE, W.D.; KATCH, F., y KATCH, V.L. (2015). "Fisiología del ejercicio: Nutrición rendimiento y salud"". Barcelona. Wolters Kluwer Health
ARANCETA BARTRINA J. (2001). "Nutrición comunitaria". Barcelona. Ed. Masson
BURKE L. (2010). "Nutrición en el deporte". Madrid. Ed. Panamericana
SERRA MAJEM L.; ARANCETA BARTRINA (2006). "Nutrición y salud pública". Barcelona.Ed.Elsevier-Masson
BLAIR,S.N.; KHOL, H.W., y BARLOW, C.E. (1994). “Cardiovascular fitness and cardiovascular disease”. En Cardiovascular Responses to Exercise. Publicado por G.F. Fletcher, Mt. Kisco.. N Y. Futura Publ. Co.,
PUJOL-AMAT, P. (1991). “Nutrición salud y rendimiento deportivo”. . Barcelona. Ed Espats
PAFFENBARGER, R.S.; HYDE, P.H.; WING, A.L.; LEE, I.M.; JUNG, D.L. y KAMPERT, J.B. (1993). “The association of changes in physical-activity level and other lifestyle characteristics with mortality among men”.. N. Engl. J. Med.
RODRIGUEZ, F.A. y ARAGONÉS, M.T. (1992). “Valoración funcional de la capacidad de rendimiento físico” En: González J. (Ed.), Fisiología de la actividad física y del deporte.. Madrid: Interamericana/McGraw-Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía e cinesioloxía do movemento humano/620G01002
Fisioloxía do exercicio I/620G01013
Biomecánica do movemento humano/620G01014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Fisioloxía do exercicio II/620G01025
Teoría e práctica do adestramento deportivo/620G01037

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías