// Fin modificacion
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fisioloxía do exercicio II Código 620G01025
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Giraldez Garcia, Manuel Avelino
Correo electrónico
manuel.avelino.giraldez.garcia@udc.es
Profesorado
Carballeira Fernández, Eduardo
Giraldez Garcia, Manuel Avelino
Oro Claro, Luis Alberto
Correo electrónico
eduardo.carballeira@udc.es
manuel.avelino.giraldez.garcia@udc.es
a.oro@udc.es
Web
Descrición xeral A Fisioloxía do exercicio II é unha materia cuadrimestral, de 6 créditos ECTS, que pertence ao Módulo 3, Anatomía e fisioloxía (formación básica).
Como o seu propio nome indica, a Fisioloxía do exercicio encárgase de estudar o comportamento dos diferentes aparellos e sistemas durante o exercicio, entendéndoo no seu sentido máis amplo, desde a actividade física máis espontánea e informal ata os máis elevados niveis de adestramento e competición deportivos. Coñecer como responde o corpo humano e como é capaz de adaptarse constitúe a base para a avaliación da condición física e para axustar os parámetros do adestramento aos obxectivos desexados.
A Fisioloxía do exercicio impártese no segundo e nos terceiro cursos do Grao dividida en dúas materias, Fisioloxía do exercicio I e Fisioloxía do exercicio II.
Na que nos ocupa agora, a Fisioloxía do exercicio II, de carácter máis aplicado e integrador, ocuparémonos de estudar as adaptacións estruturais e funcionais do organismo tras un proceso de adestramento. Abordaranse cuestións relacionadas coa valoración funcional que permitirán avaliar e monitorar os diferentes compoñentes da condición física relacionada coa saúde e o rendemento deportivo. Ademais, estudarase a fisioloxía en situacións ambientais especiais, os aspectos relacionados coa idade e o xénero e outros como a fatiga e as axudas ergoxénicas e o doping.
O estudo da fisioloxía do exercicio é imprescindible para o alumnado de Ciencias da Actividade Física e o Deporte e outros profesionais da colectividade deportiva. Adquirir coñecementos e competencias baseados na evidencia científica permitiralles deseñar e supervisar exercicios e adestramentos afastados de xuízos apriorísticos e actuacións intuitivas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
No se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
As que figuran na Guía docente

*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesiónes maxistrais: no caso de que chegasen a impartirse de forma presencial, pasarían a ser non presenciais a través de Teams.
Prácticas de laboratorio: pasarían a ser non presenciais e impartiríanse a través de Teams.
En ambos os casos as sesións gravaríanse e quedarían dispoñibles de forma asíncrona, a través dunha canle específica de Stream e coas ligazóns correspondentes en Moodle.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle, e-correo, chat de Teams e chat de Whatsapp. Xeralmente atenderase de forma asíncrona, en días laborables, cun tempo de resposta menor de 24 horas.
Videconferencia en Teams: concertarase previa cita e tentarase atender, dependendo da demanda e a dispoñibilidade de titorías, nun tempo de 24-48 horas.

4. Modificacións na avaliación
Non haberá variacións porque as características que estable a Guía docente xa son compatibles coa súa realización telemática non presencial.
A única excepción podería ser o número de probas da avaliación continua porque parte dos contidos prácticos poderían integrarse nas sesións maxistrais e xa non requirirían unha atención independente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
En caso de imposibilidade de acceso aos recursos específicos de carácter físico dispoñibles na Biblioteca da Facultade, buscaríanse alternativas en formatos dixitais que se facilitarían ao alumnado a través de Moodle ou o equipo específico de Teams.

Competencias do título
Código Competencias do título
A14 Deseñar, planificar, avaliar técnico-cientificamente e desenvolver programas de exercicios orientados á prevención, a reeducación, a recuperación e readaptación funcional nos diferentes ámbitos de intervención: educativo, deportivo e de calidade de vida, considerando, cando fose necesario as diferenzas por idade, xénero, ou discapacidade.
A18 Deseñar e aplicar métodos adecuados para o desenvolvemento e a avaliación técnico-científica das habilidades motrices básicas nas diferentes etapas evolutivas do ser humano, considerando o xénero.
A22 Comprender os fundamentos neurofisiolóxicos e neuropsicolóxicos subxacentes ao control do movemento e, de ser o caso, ás diferenzas por xénero. Ser capaz de realizar a aplicación avanzada do control motor na actividade física e o deporte.
A23 Avaliar técnica e cientificamente a condición física e prescribir exercicios físicos nos ámbitos da saúde, o deporte escolar, a recreación e o rendemento deportivo, considerando as diferenzas biolóxicas por idade e xénero.
A27 Aplicar os principios cinesiolóxicos, fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais nos contextos educativo, recreativo, da actividade física e saúde e do adestramento deportivo, recoñecendo as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero nos hábitos de vida dos participantes.
A28 Realizar e interpretar probas de valoración funcional nos ámbitos da actividade física saudables e do rendemento deportivo.
A29 Identificar os riscos para a saúde que se derivan da práctica de actividade física insuficiente e inadecuada en calquera colectivo ou grupo social.
B1 Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte.
B7 Xestionar a información.
B9 Comprender a literatura científica do ámbito da actividade física e o deporte en lingua inglesa e en outras linguas de presenza significativa no ámbito científico.
B10 Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
B11 Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os efectos do adestramento sobre o organismo e as adaptacións estruturais e fisiolóxicas que provoca A22
A23
B1
B7
B9
B11
C3
C6
C8
Saber avaliar e monitorar os efectos do adestramento sobre os diferentes compoñentes da condición física relacionada coa saúde e co rendemento deportivo. A14
A18
A23
A28
B1
B7
B9
B10
B11
C3
C6
Coñecer as características anatómicas e fisiolóxicas diferenciais segundo a idade e o xénero e a súa relación coas respostas ao exercicio e as adaptacións ao adestramento. A14
A22
A27
A29
B1
B7
B9
B11
C3
C6
Coñecer os efectos ambientais sobre a resposta, tolerancia e adaptación do corpo humano durante a práctica de exercicio, o adestramento e a competición. A14
A29
B1
B7
B9
B11
C3
C6
C8
Saber que factores explican a aparición de fatiga durante a práctica de exercicio, o adestramento e a competición e aprender a manexalos. A14
A23
A28
A29
B1
B7
B9
B11
C3
C6
C8
Coñecer e saber utilizar as principais estratexias e axudas ergoxénicas lícitas. A14
A27
A29
B1
B7
B9
B10
B11
C3
C6
C8
Coñecer e saber identificar e evitar as condutas relacionadas coa dopaxe. A14
A29
B1
B7
B9
B10
B11
C3
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
Módulo 1. Obtención e transferencia de enerxía
Tema 1.1. Repaso sobre obtención e a transferencia de enerxía
Tema 1.2. Regulación neuroendocrina do metabolismo
Tema 1.3. Adaptacións metabólicas ao adestramento
Módulo 2. Adaptacións e avaliación dos compoñentes da condición física Tema 2.1. Introdución e conceptos preliminares.
Tema 2.2. Adaptacións, avaliación e monitoraxe da capacidade cardiorrespiratoria.
Tema 2.3. Adaptacións, avaliación e monitoraxe do compoñente neuromuscular.
Tema 2.4. Adaptacións, avaliación e monitoraxe a mobilidade articular e a flexibilidade.
Tema 2.5. Adaptacións, avaliación e monitoraxe do equilibrio e a axilidade.
Tema 2.6. Adaptacións, avaliación e monitoraxe da composición corporal. Valoración cineantropométrica.
Modulo 3. Fatiga e axudas ergoxénicas Tema 3.1. Fatiga: mecanismos e tipos
Tema 3.2. Estratexias e axudas ergoxénicas lícitas
Tema 3.3. Estratexias e axudas ergoxénicas ilícitas: dopaxe
Módulo 4. Exercicio e condicións ambientais Tema 4.1. Exercicio, temperatura e humidade
Tema 4.2. Exercicio e variacións de presión atmosférica
Módulo 5. Exercicio, idade e xénero Tema 5.1. Fisioloxía do exercicio na infancia e a adolescencia
Tema 5.2. Fisioloxía do exercicio nas persoas maiores
Tema 5.3. Fisioloxía do exercicio nas mulleres

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A14 A28 A29 B1 B7 B9 B10 B11 C3 2 3 5
Sesión maxistral B7 B9 B11 C3 C6 C8 30 45 75
Prácticas de laboratorio A14 A18 A22 A23 A27 A28 A29 B1 B7 B9 B10 B11 C3 C6 C8 22.5 33.75 56.25
Solución de problemas A22 A23 A27 A28 A29 B1 B7 B9 B10 B11 C3 C6 C8 1 4 5
Proba obxectiva A14 A18 A22 A23 A27 A28 A29 B1 B7 B9 B10 B11 C3 C6 C8 3.875 3.875 7.75
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Proponse unha actividade de avaliación inicial sobre coñecementos previos necesarios para progresar adecuadamente na materia. Se existisen deficiencias, daríanse a orientación e os consellos necesarios para superalos durante as titorías de grupo grande ou de forma personalizada.

Con anterioridade á primeira sesión maxistral, o alumnado deberá ler a Guía Docente da materia e responder exitosamente a un cuestionario sobre a mesma.

Na primeira sesión maxistral presentarase a materia e resolveranse as cuestións que expoñan os/as estudantes sobre a mesma e de maneira específica sobre os aspectos da Guía Docente que precisen aclaracións.

Proporcionaranse orientacións e consellos xerais para o estudo adecuado da materia.

Tentaranse coñecer as motivacións e intereses do alumnado respecto a a materia.
Sesión maxistral Serán sesións de grupo grande (60 estudantes).

A asistencia non será obrigatoria e non se terá en conta para a avaliación.

Previamente, o alumnado deberá ter preparados e lidos os materiais necesarios para a adquisición dos coñecementos e competencias correspondentes aos temas que se tratarán en cada sesión.

Na plataforma Moodle dispoñerase dos obxectivos detallados para cada tema e a bibliografía recomendada, así como doutros materiais de apoio: presentacións audiovisuais, lecturas básicas e complementarias e probas de avaliación.

Durante a sesión, o/a profesor/a irá explicando, coa axuda de recursos audiovisuais, os contidos nos que o alumnado atopase dificultades. Para iso deberá manter unha participación activa, o que significa expor dúbidas razoadas xurdidas dun traballo previo de lectura e reflexión sobre dos contidos.

Así mesmo, os/ as estudantes deberán responder de modo adecuado ás preguntas que formule o profesor ou calquera das persoas presentes na actividade e resolver as pequenas tarefas ou problemas que vaia expondo o profesorado.

En todas ou algunhas das sesións, sen aviso previo, propoñerase a realización de probas obxectivas (entre 5 e 17 ao longo do cuadrimestre) sobre os contidos do tema tratado nesa mesma sesión ou nas precedentes. Os resultados obtidos teranse en conta para a cualificación final na modalidade de avaliación continua presencial.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio realizaranse en grupos medianos (de 20 estudantes) e nelas abordarase o estudo e a aplicación práctica de diversos contidos da materia con diversos recursos.

Consistirán fundamentalmente en tarefas relacionadas coa avaliación e monitoraxe dos diferentes compoñentes da condición física e na realización de bebidas e preparados destinados á hidratación e recuperación.

A asistencia non será obrigatoria e non se terá en conta para a avaliación.

Previamente, o alumnado deberán ter preparados e lidos os materiais necesarios para a adquisición dos coñecementos e competencias correspondentes aos contidos que se tratarán en cada práctica.

Na plataforma Moodle dispoñerán dos obxectivos detallados para cada tema e de probas de avaliación.

Acudirán á práctica cos materiais que utilizaron no estudo previo.

O profesorado atenderá dun modo personalizado ou en pequenos grupos aos/as estudantes a fin de axudarlles a resolver as dificultades que atopen.

Durante a práctica o alumnado deberán manter unha participación activa e cumprir os obxectivos e as tarefas que se propuxeron con antelación suficiente.

En todas ou algunhas das prácticas, sen aviso previo, propoñerase ao alumnado a realización de probas obxectivas (entre 5 e 15 ao longo do cuadrimestre) sobre os contidos do tema tratado nesa mesma práctica ou nas precedentes (se fose o caso). Os resultados obtidos teranse en conta para a cualificación final na modalidade de avaliación continua presencial.

Do mesmo xeito, o alumnado deberá rexistrar os resultados das probas de condición física nun libro de Excel e finalmente entregará un informe completo coas medidas e avaliacións, de acordo coas instrucións puntuais que se irán facilitando. Estas tarefas teranse en conta para a cualificación final na modalidade de avaliación continua non presencial.
Solución de problemas
A través da plataforma Moodle, e só nalgúns temas, o profesorado irá plantexando problemas relacionados con calculos enerxéticos e metabólicos, cálculos de consumo, intensidades de carga e esforzo, estimacións de perdas hídricas e necesidades de rehidratación, etc.

A participación e resolución destes problemas non serán obrigatorias nin computarán para a avaliación, a súa finalidade é contribuír a mellorar a comprensión e aplicación práctica dos coñecementos e as competencias adquiridos.

Con todo, os contidos e competencias traballados si serán obxecto de avaliación nas probas correspondentes.
Proba obxectiva A través da plataforma Moodle, o alumnado deberá realizar diferentes probas de avaliación que consistirán en cuestionarios online de entre 5 e 15 preguntas para a avaliación formativa e de 90 para os exames global e final. Poderán ser de diferentes tipos: test de opción única ou múltiple, de verdadeiro-falso, de relacionar, de ordenar, de completar, de calcular... O tempo de realización será, en xeral, de 1 minuto por pregunta, coa excepción daquelas preguntas nas que se requira a realización de cálculos, nas que se facilitará un tempo maior.

A modo de exemplo:
- Cada pregunta tipo test de opción única e 4 posibles respostas puntuarase de forma que o acerto valerá 1 punto e cada erro -0,25 (probabilidade de acerto por azar).
- Cada resposta múltiple terá 4 posibles respostas e puntuarase como segue: cada acerto valerá 1/nº de opcións verdadeiras e cada erro valerá -1/nº de opcións falsas. Desta forma, nunha pregunta con 1 opción verdadeira, o acerto valerá + 1 punto e cada erro - 0,33 puntos; con 2 opcións verdadeiras, cada acerto valerá + 0,50 e cada erro - 0,50 puntos; con 3 opcións verdadeiras, cada acerto valerá 0,33 e cada erro - 1 puntos; con catro opcións verdadeiras, cada acerto valerá + 0,25 puntos.
- No caso das preguntas de verdadeiro-falso ou de completar, cada acerto valerá + 1 punto e cada erro - 0,50 puntos (probabilidade de acerto por azar).

No apartado de "Avaliación" explícanse estas probas con maior detalle.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada implica actividades que, ben de forma individual ou ben en pequenos grupos, teñen como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe e para a preparación das probas obxectivas.
Esta atención personalizada pode desenvolverse de forma presencial (directamente na aula -titorías de grupo- e nos momentos que o profesor ten asignados a titorías de despacho) ou de forma non presencial (a través do correo electrónico,do campus virtual ou de aplicacións como Teams ou Whatsapp).
O alumnado con matrícula a tempo parcial poderá contactar co profesor a través do seu e-mail para concretar unha cita que podería ser presencia ou virtual, según mellor lle conveña.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A14 A18 A22 A23 A27 A28 A29 B1 B7 B9 B10 B11 C3 C6 C8 Ver a continuación 75
Prácticas de laboratorio A14 A18 A22 A23 A27 A28 A29 B1 B7 B9 B10 B11 C3 C6 C8 Ver a continuación 25
 
Observacións avaliación

IDIOMA

Todas
as probas de avaliación desenvolveranse en CASTELÁN. Con todo, se algún/algunha
estudante desexase realizar a proba global ou o exame final en galego, deberá
solicitalo con 30 días de antelación á data da súa celebración. Por
dificultades técnicas, este exame constará de preguntas seleccionadas polo
profesorado e non terán o carácter aleatorio da versión en castelán.

AVALIACIÓN INICIAL

Proponse
unha avaliación inicial, que non se terá en conta para a cualificación final.
Constará de probas NON PRESENCIAIS desenvolvidas a través da plataforma de
tele-ensino da UDC (Moodle). Servirá para que cada alumno ou alumna identifique
o grao de coñecemento previo sobre os contidos necesarios para un progreso
adecuado na materia. A través da plataforma ou por medio de titorías, o
profesorado proporcionará orientación e consellos para axudar a superar as
deficiencias detectadas.

PRIMEIRA OPORTUNIDADE (xaneiro)

CONTÉMPLASE
SÓ UNHA AVALIACIÓN CONTINUA que incluirá actividades de avaliación formativa
(ao longo do cuadrimestre) e unha actividade final (proba global) na data da
primeira oportunidade (xaneiro). A avaliación formativa supoñerá o 80% da
cualificación final e a proba global o 20% restante. Para aprobar a materia
será necesario obter unha cualificación final igual ou superior ao 50% da
máxima posible. Todos os elementos teranse en conta para o cálculo da
cualificación final nas seguintes proporcións:

  • Avaliación formativa, 80
    %:
    • Avaliación formativa non presencial, 20%.
    • Avaliación formativa presencial, 60 %:
      • Probas obxectivas, 35 %.
      • Informe das clases
        prácticas, 25 %.
  • Proba global (proba
    obxectiva fina): 20%.

 

Avaliación formativa (80%)

Na
avaliación formativa contémplanse dúas modalidades complementarias: non
presencial e presencial. A primeira supoñerá o 20% da cualificación final e, a
segunda, o 60%.

Para
manter a avaliación continua e acceder á proba global da primeira oportunidade
(xaneiro), será necesario que a puntuación media ponderada de todos os módulos
na avaliación formativa non presencial alcance ou supere o 70% e a de ningún
módulo sexa inferior ao 50%. En cambio, os resultados da avaliación formativa
presencial non condicionarán a posibilidade de manter a avaliación continua.

Para
participar na avaliación FORMATIVA NON PRESENCIAL será necesario
responder de forma ordenada e  secuencial
á proba obxectiva de todos e cada un dos temas (teóricos e prácticas) a través
da plataforma de tele-formación.  O seu
número máximo será de 32 probas, aínda que poden darse circunstancias ao longo
do curso que aconsellen a súa redución. Cada estudante dispoñerá de 3 intentos
en cada tema que poderá responder de forma NON PRESENCIAL en 3 días diferentes
(terán que transcorrer polo menos 24 horas entre un intento e o seguinte).

Antes
de acceder á proba do primeiro tema, o alumnado deberá contestar as probas que
se contemplan nas actividades iniciais. A continuación, comezará polo tema 1 e
só poderá acceder ao seguinte, en orde sucesiva, sempre que polo menos nun dos
intentos alcance unha puntuación igual ou superior ao 30% (3 puntos sobre
10).  Se non superase o 30%, perdería o
dereito á avaliación formativa e para aprobar a materia o alumno ou alumna só
podería optar ao exame final da segunda oportunidade (xullo). Para que este
proceso teña un carácter verdadeiramente formativo, establecerase un calendario
o suficientemente flexible, cunhas datas límite nas que deberán completarse as
probas de cada módulo.

Para
superar a avaliación formativa non presencial, a media ponderada de todos os
módulos terá que ser igual ou superior ao 70% e a de ningún módulo poderá ser
inferior ao 50%. En caso contrario, perderase o dereito á avaliación continua e
non se poderá optar ao aprobado na primeira oportunidade (xaneiro); neste caso
só se poderá superar a materia no exame final da segunda oportunidade.

Para
calcular a media ponderada, o peso dos módulos será:   M1 = 17,65 %;   M2 = 35,30 %;   M3 = 17,65 %;   M4 = 11,75 %;   M5 = 17,65 %. A cualificación de cada módulo
calcularase utilizando a media simple das puntuacións máis altas obtidas en
cada un dos seus temas.

A avaliación formativa non
presencial sumará o 20% da cualificación final (máximo 2 puntos sobre 10).

A
avaliación FORMATIVA PRESENCIAL consistirá na realización de probas
obxectivas durante as sesións maxistrais ou durante as prácticas de laboratorio
(35 %) e na elaboración dun informe cos datos recollidos nas clases prácticas
(25 %).

En
todas ou algunhas das sesión maxistrais ou clases prácticas, sen aviso previo, propoñerase
ao alumnado a realización de probas obxectivas (entre 13 e 32 ao longo do
cuadrimestre) sobre os contidos e competencias tratados nesa mesma sesión ou
nas precedentes. O único requisito esixido para a realización destas probas é a
presenza física na aula no momento da súa celebración ou estar conectado/á  Teams, segundo as circunstancias. En caso de
ausencia e salvo por causas debidamente xustificadas, de acordo coa normativa
da UDC, non se concederán máis oportunidades. O 35 % da puntuación media de
todas as probas sumarase á cualificación final (máximo de 3,5 puntos). Para o
cálculo da media dividirase a suma de todas as puntuacións obtidas entre o
número de probas celebradas (incluíndo, por tanto, aquelas a as que o alumnado
non se presentou).

Cada
proba obxectiva (presencial ou non presencial) consistirá nun cuestionario  online de entre 5 e 15 preguntas que poderán
ser de diferentes tipos: test de opción única ou múltiple, verdadeiro-falso, de
relacionar, de ordenar, de completar, de calcular... De forma xeral, o tempo de
realización será de 1 minuto por pregunta, aínda que, nalgunhas delas, que
requiran cálculos, permitirase un tempo maior.

A modo de exemplo:

  • Cada pregunta tipo test
    de opción única terá 4 posibles respostas e puntuarase como segue: cada acerto
    valerá 1 punto e cada erro -0,25 puntos (para contrarrestar a probabilidade de
    acerto polo azar).
  • Cada pregunta tipo test
    de opción múltiple terá 4 posibles respostas e puntuarase como segue: cada
    acerto valerá 1/nº de opcións verdadeiras e cada erro valerá -1/nº de opcións
    falsas. Desta forma, nunha pregunta con 1 opción verdadeira, o acerto valerá +
    1 punto e cada erro – 0,33 puntos; con 2 opcións verdadeiras, cada acerto
    valerá + 0,50 e cada erro – 0,50 puntos; con 3 opcións verdadeiras, cada acerto
    valerá 0,33 e cada erro – 1 puntos; con catro opcións verdadeiras, cada acerto
    valerá + 0,25 puntos.
  • No caso das preguntas de
    verdadeiro-falso ou de completar, cada acerto valerá + 1 punto e cada erro –
    0,50 puntos (para contrarrestar a probabilidade de acerto polo azar).

Informe
das clases prácticas (NON OBRIGATORIO)
. Na maioría das sesións
prácticas explicaranse e realizarán diferentes probas para a avaliación e
monitoraxe dos compoñentes da condición física. O alumnado, en grupos de 4 persoas,
deberá recoller os datos obtidos nun libro de Excel (modelo facilitado polo
profesorado) e subir o documento á tarefa correspondente en Moodle. Finalmente,
concluídas todas as sesións prácticas, deberá presentar un informe completo
sobre cada unha das persoas avaliadas (segundo as instrucións facilitadas polo
profesorado), que tamén fará chegar a través dunha tarefa de Moodle.  O único requisito esixido para permitir a
entrega das tarefas correspondentes ao traballo tutelado é a asistencia ás
sesións prácticas nas que se realice a toma de datos. Se por circunstancias
derivadas da Covid-19 non fose posible a presenza física, prevese unha
alternativa a través de  Teams e da
gravación de vídeos nos que se poida comprobar a execución das medicións. A
cualificación final do informe das clases prácticas (50 % follas de datos e 50
% informe), supoñerán o 25 % da cualificación final (máximo 2,5 puntos).

Actividade
de avaliación final (proba global) (20%)

Esta
actividade ten carácter PRESENCIAL na aula ou por conexión a  Teams segundo as circunstancias.

No caso
de que se celebre na aula SERÁ OBRIGATORIO INSCRIBIRSE E ELIXIR HORARIO CUNHA
ANTELACIÓN MÍNIMA DE 48 HORAS Á SÚA CELEBRACIÓN. Considerando o elevado número
de alumnos e alumnas que se matriculan anualmente nesta materia, este requisito
obedece á necesidade de organizar na plataforma os grupos e os horarios de
celebración do exame, que serán de entre 25 e 50 persoas segundo a
dispoñibilidade de espazo na aula. Para iso, avisarase a todo o alumnado con
suficiente antelación e poderase realizar a inscrición a través dunha lista
(enquisa) habilitada na plataforma Moodle.


poderá realizar a proba global (convocatoria da primeira oportunidade, en
xaneiro) quen teña superada a avaliación formativa non presencial.

Para
que esta proba se téña en conta no cálculo da cualificación final, a media
ponderada de todos os módulos terá que ser igual ou superior ao 50% e a de
ningún módulo poderá ser inferior ao 40%. En caso contrario, non se superará a
avaliación continua e para poder aprobar a materia habería que acudir á segunda
oportunidade. Utilizaranse os mesmos criterios de ponderación que na avaliación
formativa non presencial.

A proba
consistirá nun cuestionario de 90 preguntas coas características, forma de
puntuación e dispoñibilidade de tempo indicadas máis arriba. Repartiranse da
seguinte forma: 15 para o módulo 1; 35 para o módulo 2; 15 para o módulo 3; 10
para o módulo 4; 15 para o módulo 5.

Cualificación
final

A
cualificación final obterase sumando o 60% da puntuación alcanzada na
avaliación formativa presencial, o 20% da puntuación conseguida na avaliación
formativa non presencial e o 20% da proba global, sempre que se cumpran os
requisitos mínimos esixidos para cada unha delas.

Alumnado
con matrícula a tempo parcial

Para asegurar
a posibilidade de avaliación continua do alumnado con matrícula a tempo
parcial, sempre que teñan dispénsaa preceptiva para non asistir ás actividades
presenciais, permitirase de maneira excepcional, e previa concertación co
profesorado, a realización das probas da avaliación formativa presencial en
momentos diferentes ao resto dos seus compañeiros e nun horario razoable.

Para as
demais actividades non se contemplan alternativas específicas porque a única
actividade presencial obrigatoria é o exame final e nas restantes disponse de suficiente
flexibilidade de datas e horarios para que cada persoa poida organizarse
segundo mellor conveña ás súas circunstancias.

Alumnado
con diversidade funcional

Considerando
que a diversidade funcional pode ser moi variada, non se propón unha solución concreta,
pero si se contempla a posibilidade de establecer as adaptacións necesarias
para atender de forma persoal e específica a cada un dos casos que se poidan
presentar para garantir a igualdade de oportunidades. Nestes casos, o alumno ou
alumna solicitaría un titoría co profesorado para que este poida prestarlle a
atención personalizada que requira e ofrecer as solucións máis adecuadas.

SEGUNDA
OPORTUNIDADE (xullo)

Esta
actividade ten carácter PRESENCIAL na aula ou por conexión a  Teams, segundo as circunstancias.

No caso
de celebrarse na aula, SERÁ OBRIGATORIO INSCRIBIRSE E ELIXIR HORARIO CUNHA
ANTELACIÓN MÍNIMA DE 48 HORAS Á SÚA CELEBRACIÓN. Considerando o elevado número
de alumnos e alumnas que se matriculan anualmente nesta materia, este requisito
obedece á necesidade de organizar na plataforma os grupos e os horarios de
celebración do exame, que serán de entre 25 e 50 persoas segundo a
dispoñibilidade de espazo na aula. Para iso, avisarase a todo o alumnado con
suficiente antelación e poderase realizar a inscrición a través dunha lista
(enquisa) habilitada na plataforma Moodle.

Para o
alumnado que aprobando a avaliación formativa durante o mesmo curso suspendera
a proba global na  primeira oportunidade,
contémplase a realización doutra proba global na que se respectarán as mesmas
condicións que na primeira ocasión, aínda que na oportunidade de xullo só tería
que examinarse dos módulos nos que non tivera alcanzado un 40% na primeira
oportunidade.

Para
os/as estudantes que  non aprobaran ou
non realizaran a avaliación formativa, só se contémpla un EXAME FINAL (exame
único) que supoñerá o 100% da cualificación final e para superalo deberán obter
unha puntuación de polo menos un 50% en todos e cada un dos módulos. A cualificación
final calcularase cos mesmos criterios de ponderación que na avaliación
formativa non presencial.

Ambas
as probas consistirán nun cuestionario das mesmas características que na
primeira oportunidade.

OPORTUNIDADES
POSTERIORES (seguintes cursos)

Para os
cursos posteriores conservarase a cualificación obtida na avaliación formativa,
sempre que esta fose aprobada, por tanto, as persoas que reunisen dita
condición só terían que presentarse á proba global, nas  mesmas condicións que os alumnos do ano académico
en curso.

EN
NINGÚN caso se conservaran módulos que se aprobaron de forma illada, tanto na
avaliación formativa como nas avaliacións final ou global.

COLABORACIÓN
OPTATIVA CON GRUPOS DE INVESTIGACIÓN (máximo 1 punto)

Na
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física desenvolven o seu labor
investigador e docente varios grupos de investigación cuxas áreas de traballo
están vinculadas co control motor e as respostas e adaptacións ao exercicio:
Motor Control   Group,   Performance  
and   Health   Group e INCIDE (Investigación en Ciencias do
Deporte).

Unha
vez superada a materia, pódese obter 1 punto extraordinario, que se sumará á
cualificación final, colaborando activamente nas tarefas de investigación
dalgún destes grupos e/ou participando nos seminarios específicos que ofertan a
tal fin. Esta colaboración será de carácter voluntario (NON É OBRIGATORIA) e
non se terá en conta para alcanzar o aprobado.

Participar
nas devanditas actividades supón a posibilidade de aplicar na práctica os
coñecementos e competencias adquiridos na materia e de profundar nos conceptos
e no dominio técnico de moitos dos seus contidos.

Finalizada
a colaboración, o/a directora/a de o grupo que corresponda outorgará a cada
estudante unha cualificación entre 0 e 1 punto que se trasladará á
cualificación final.

CUALIFICACIÓNS
FINAIS

As
cualificacións finais expresaranse mediante cualificación numérica, de acordo
co establecido no artigo 5 do   RD
1125/2003 do 5 de setembro  (BOE 18 de
setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de
cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial. Estas
cualificacións serán: 0-4,9=Suspenso; 5-6,9=Aprobado; 7-8,9=Notable;
9-10=Sobresaliente; a partir de 9 a Matrícula de Honra corresponderá (dentro do
número máximo permitido) ás mellores cualificacións.

 


Fontes de información
Bibliografía básica McArdle, W., Katch, F.I. y Katch, V. (2014). Exercise physiology. Nutrition, Energy & Human Performance.. Philadelphia: Wolters Kluwer Health/Lippincot Williams & Wilkins
López Chicharro, J. y Fernández Vaquero, Almudena (2006). Fisiología del ejercicio. Madrid: Médica Panamericana
Wilmore, J.H., Costill, D.L. y Kenney, W.L. (2015). Fisiología del ejercicio. Nutrición, rendimiento y salud.. Philadelphia: Lippincot Williams & Wilkins
Astrand, P.O., Rodahl, K., Dahl, H.A. y Strome, S.B. (2010). Manual de fisiología del ejercicio.. Badalona: Paidotribo
Kenney, W.L., Wilmore, J.H. y Costill, D.L. (2015). Physiology of sport and exercise. Ghampaign: Human Kinetics
Tortora, G.J. y Derrickson, B (2018). Principios de anatomía y fisiología.. Madrid: Médica Panamericana

Bibliografía complementaria American College of Sports Medicine (2011). Advanced exercise physiology. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins
Koeppen, B.M. y Stanton, B.A. (2009). Berne y Levy. Fisiología. Barcelona: Elsevier España
Dvorkin, M.A. y Cardinali, D.P. (2010). Best & Taylor. Bases fisiológicas de la práctica médica. Madrid: Médica Panamericana
Garret, W.E. y Kirkendall, D.T. (2000). Exercise & Sport Science. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins
Thompson, P.D. (2001). Exercise & Sports Sardiology. Singapur: McGraw Hill
Wasserman, K.; Hansen, J.E.; Sue, D.Y.; Stringer, W.W. & Whipp, B.J. (2011). Principles of exercise testing and interpretation. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins
Guyton, A.C. y Hall, J.E. (2011). Tratado de fisiología médica. Barcelona: Elsevier España


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía e cinesioloxía do movemento humano/620G01002
Fisioloxía do exercicio I/620G01013
Biomecánica do movemento humano/620G01014
Teoría e práctica do adestramento deportivo/620G01037

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Metodoloxía do rendemento deportivo/620G01024

Materias que continúan o temario
Actividade física saudable e calidade de vida I/620G01023
Actividade física saudable e calidade de vida II/620G01036

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías