Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Estrutura e organización deportiva Código 620G01026
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Clavel San Emeterio, Iván
Correo electrónico
ivan.clavel@udc.es
Profesorado
Clavel San Emeterio, Iván
Correo electrónico
ivan.clavel@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura analiza o sistema deportivo e os seus compoñentes. Isto comprende o coñecemento básico do seu ordenamento xurídico, da estrutura asociativa do deporte, das fundacións, da organización administrativa do deporte e das infraestruturas deportivas. Pretende que o alumno coñeza a lexislación vixente, a estrutura privada do deporte e a organización administrativa do deporte que lle permitirán dirixir e xestionar servizos, organizacións e instalacións no ámbito do deporte.

Competencias do título
Código Competencias do título
A32 Dirixir e xestionar servizos, actividades, organizacións, centros, instalacións, programas e proxectos de actividade física e deportiva desde os principios de igualdade de oportunidades, supervisando e avaliando a calidade, as garantías de seguridade e saúde dos usuarios, así como a súa satisfacción e os resultados sociais e económicos.
A34 Realizar actos facultativos de elaboración de informes técnicos e peritaxes, asesorar e inspeccionar sobre actividade deportiva, instalacións e programas deportivos.
B4 Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo.
B12 Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles.
B14 Comprender e aplicar a lexislación vixente relativa ao marco das actividades físicas e deportivas nos distintos ámbitos: educación, deporte, xestión, lecer e saúde.
B19 Exercer a profesión con responsabilidade, respecto e compromiso.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
a) Sensibilizar sobre o desempeño profesional na área da dirección, organización e xestión do deporte, no eido público e privado do sistema deportivo. B4
B12
B19
C4
C7
b) Adquirir os coñecementos básicos sobre a ordenación xurídica do deporte e demais normas sectoriaes de aplicación no desempeño da dirección e xestión deportiva. A32
A34
B14
c) Determinar a estructura e organización administrativa do deporte nos distintos ámbitos territoriais e as competencias en materia deportiva da Administración Xeral do Estado, Comunidades Autónomas e Entidades Locais. A32
A34
B14
d) Distinguir os tipos ou figuras xurídicas que constituen a estructura asociativa, fundacional e empresarial nos modelos deportivos estatal e autonómicos. A32
A34
B14
e) Analizar os tipos de instalacións e espazos deportivos, os seus elementos básicos e seu réxime xurídico de aplicación. A32
A34
B14

Contidos
Temas Subtemas
1. O SISTEMA DEPORTIVO E A SUA XESTIÓN 1.1 O deporte e as súas manifestacións
1.2 O Sistema Deportivo. Elementos e estrutura
1.3 A xestión deportiva: sectores e ámbitos
2. A ORDENACIÓN XURÍDICA DO DEPORTE 2.1 Introducción a o Ordenamento Xurídico Español. Conceptos básicos
2.2 A ordenación xurídica do deporte, coñecemento e analise
3. A ESTRUCTURA DEPORTIVA PRIVADA 3.1 O modelo asociativo. Concepto, creación e funcionamiento
3.2 O modelo deportivo estatal
3.3 O modelo deportivo autonómico
3.4 As fundacións deportivas. Organización e Xestión
3.5 As empresas deportivas
4. A ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA DO DEPORTE 4.1 O Consejo Superior de Deportes
4.2 A organización administrativa autonómica
4.3 A organización administrativa local
4.4 Outras formas de xestión pública do deporte
5. AS INSTALACIONES E ESPAZOS DEPORTIVOS 5.1 Orixe e evolución das instalacións deportivas
5.2 A infraestrutura deportiva. Tipos e usos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A32 A34 B14 2 10 12
Eventos científicos e/ou divulgativos A32 A34 B14 C7 5 20 25
Sesión maxistral A32 A34 B12 B14 B19 C7 26 40 66
Aprendizaxe colaborativa A32 A34 B4 B14 C4 13 30 43
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba que integra unha pregunta aberta de desenvolvemento e unha proba obxectiva con varias preguntas de discriminación.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividade que implica que o alumno/a asista ou participe en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundizar no coñecemento da estrutura e organización do deporte.

Estas actividades proporcionan ao alumnado experiencias e coñecementos actuais que incorporan as novidades no ámbito da xestión deportiva.
Sesión maxistral Exposición oral que pode apoiarse en ferramentas audiosvisuais e preguntas ao estudantado co fin de transmitir o coñecemento e facilitar a aprendizaxe
Aprendizaxe colaborativa Procedementos de ensino-aprendizaxe maneira presencial e/ou apoiados con tecnoloxía da información e as comunicación. Ten como obxectivo facer máis significativo e práctico o proceso de ensino-aprendizaxe.

Organización da clase en pequenos grupos para que o alumno traballe conxuntamente na resolución das tarefas propostas, que mellore a súa aprendizaxe para el e para o grupo

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Eventos científicos e/ou divulgativos
Descrición
A atención personalizada para as actividades que se desenvolverán en torno a estas metodoloxías concíbense como momentos de traballo presencial co profesor para a atención e seguimento do traballo realizado. Implican unha participación obrigatoria do alumnado. A forma e o momento no que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.


Alumnado con dedicación a tempo parcial segundo establece a “NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012). Este alumnado terá que realizar as mesmas actividades que o resto de estudantes. Poderán solicitar modificacións en datas e prazos de entrega previo acordo co profesor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A32 A34 B4 B14 C4 A participación en traballos das clases presenciais organizadas por grupos medianos e a súa entrega en documento.
20
Proba mixta A32 A34 B14 Proba que avalía os coñecementos teóricos e que se compoñe dunha pregunta aberta de desenvolvemento e unha proba obxectiva con varias preguntas de discriminación no que o erro na resposta desconta o valor de unha ou varias preguntas correctas 60
Eventos científicos e/ou divulgativos A32 A34 B14 C7 Actividade que implica que o alumno asista ou participe en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.). Entregarase unha memoria descritiva da actividade.


Nos casos que fora imposible participar en estes eventos ou actividades, deberá presentar un traballo sobre un tema relacionado cos contidos da materia acordado co profesor.
20
 
Observacións avaliación

1.  No se esixe asistencia para a avaliación. Non obstante, a asistencia ás clases de grupos medianos será necesaria para a avaliación desa parte.

2.  Será requisito para superar a materia que a suma total de todos os apartados sexa igual o superior ao 50% da avaliación. Estes requisitos serán tanto para a 1ª como a 2º oportunidade e de acordo coas seguintes especificacións:

2.1. Proba mixta. A pregunta aberta de desenvolvemento supón o 30% e as preguntas de discriminación (test) un 70% da nota da proba. As respostas incorrectas descontarán das respostas correctas. Será necesario aprobar esta proba para superar a materia.

2.2. Participación na organización de eventos científicos e/ou divulgativos cunha dedicación estimada de 20h. Entregarase unha memoria descritiva da actividade.

Nos casos que fora imposible participar nestes eventos ou actividades, deberá presentar un traballo sobre un tema relacionado cos contidos da materia acordado co profesor. 

2.3. A participación en traballos das clases presenciais organizadas por grupos medianos e a súa entrega en documento. Será preciso asistir ao 75% destas clases de grupos medianos para superar esta parte da asignatura. 

3. Será necesario superar a proba mixta para poder sumar o resto de apartados da avaliación.

4. Os apartados da avaliación superados na primeira oportunidade manteranse superados nas seguintes convocatorias pertencentes ao mesmo curso académico.

5. O alumnado con matrícula parcial terá que realizar as mesmas actividades que o resto de estudiantes. Poderán solicitar modificacións en datas e prazos de entrega previo acordo co profesor.

6. O exame estará no idioma de impartición da materia, se se desexa no outro idioma oficial da UDC, solicitarase unha semana antes da data de realización

7. No caso de realizar probas on-line,  emplearase a plataforma da UDC ou sistemas recoñecidos por esta

8. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria

Ademais, segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumprimento; así como, a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (art. 11).


Fontes de información
Bibliografía básica Varios Autores (2005). El Derecho Deportivo en España: 1975 - 2005. Sevilla: Signatura Ediciones
Espartero Casado, J. (Coordinador) (2009). Introducción al derecho del deporte . Madrid: Dykinson
Paramio, J.L. (Coord.) (2010). Manual de equipamientos e instalaciones deportivas. Madrid: Síntesis
Blanco Pereira, E. et. Al (1999). Manual de la Organización Institucional del Deporte. Barcelona: Paidotribo
Ayora Pérez, D. y García Sánchez, E. (2013). Planificación, diseño y construcción de una instalación deportiva. Valencia:Universitat de Vàlencia

.

WEBS DE INTERESE

www.iusport.es

www.fagde.org

www.munideporte.com

www.agaxede.org

www.csd.gob.es

www.deporte.xunta.es

www.colefgalicia.com

www.aedd.es

www.coe.es www.noticiasjuridicas.com

www.paralimpicos.es

www.deporteespana.es

Bibliografía complementaria González Cueto, T (2003). Comentarios a la Ley de Fundaciones. Ley 50/2002, de 26 de diciembre. Navarra: Aranzadi
Gonzalez Pérez, J. y Fernández Farreres, G. (2002). Derecho de Asociación. Comentarios a la Ley Orgánica 1/2002, de 22 de marzo. Navarra: Aranzadi
Real Ferrer, G. (1991). Derecho Público del Deporte. Madrid: Cívitas
Durántez, Conrado (1999). El Comité Olímpico Español. Orígenes y Naturaleza Jurídica. Madrid: Comité Olímpico Español
Terol Gómez, R.(Dir) (2006). El deporte universitario en España: actualidad y perspectivas de futuro. Madrid: Dykinson
Zagálaz Sanchez, Mª L. (1999). Fundamentos Legales de la Actividad Física en España. Jaén: Universidad de Jaén
Blanco Pereira, E. (2006). Instalaciones Deportivas de la Comunidad Autónoma de Galicia. Consejo Superior de Deportes
Espartero Casado, J. (Coordinador) (2009). Introducción al derecho del deporte . Madrid: Dykinson
Cuchi Denia, Javier M. (2005). La distribución de competencias deportivas en España. Barcelona: Bosch
Camps Povill, Andreu (1996). Las Federaciones Deportivas. Régimen Jurídico. Madrid: Cívitas
De la Plata Caballero, N. (Dir) (2002). Las leyes del deporte de la democracia: Bases para una Ley del siglo XXI. Madrid: Dykinson
Terol Gómez, R. (1998). Las Ligas Profesionales. Navarra: Aranzadi
De la Plata Caballero, N. (2001). Los servicios públicos deportivos. Madrid: Instituto Andaluz del Deporte
Tejedor Bielsa, J. (2003). Público y privado en el deporte. Barcelona: Bosch
Iglesia Prados, Gonzalo de la (2004). Régimen jurídico del deporte en edad escolar. Barcelona: Bosch


REVISTAS DE INTERESE

Revista Española de Derecho Deportivo
Revista Jurídica del Deporte y Entretenimiento
Revista Sport Management
Revista digital "Dirección y Gestión del Deporte" (FAGDE)

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Coa finalidade de mellorar o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería convinte que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto a participar no proceso de avaliación das materias cursadas e cuxa chamada realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo en responder as enquisas que avalían a docencia do profesorado en cada materia



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías