Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Expresión corporal e danza Código 620G01028
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Bobo Arce, Marta
Correo electrónico
marta.bobo@udc.es
Profesorado
Bobo Arce, Marta
Correo electrónico
marta.bobo@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral No Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, a materia Expresión Corporal Danza atópase no Módulo denominado "Motricidade humana e rendemento deportivo". Módulo mixto que inclúe seis matrerias das cales a Expresión Corporal Danza ten carácter obrigatorio e os seis créditos asinados impártense ao longo dun cuadrimestre.
O deseño curricular da asignatura Expresión Corporal e Danza é un intento de racionalización que fundamente a relación entre o contexto e a acción.
Por unha banda o contexto o definen os descritores do plano de estudos do grao que para a materia inclúen: Bases da expresión corporal e da danza como manifestación da motricidade humana. Dimensións e compoñentes do movemento expresivo. Actividades corporais de expresión a través de propostas didácticas para a utilización ata a idade puberal. Fundamentos técnicos e artísticos da danza como recursos educativos. Introducción a execución, análisis e composición coreográfica na danza. Propostas educativas para o uso de diferentes formas de danza na educación física escolar.Danzas galegas tradicionais.
Por outra banda, a acción ou desenrolo do proceso de aprensizaxe na asignatura relacionase coa consolidación da expresión corporal e la danza como un campo científico de coñecementos teórico-prácticos dentro da educación física. Este intento esixe un esforzo, especialmente importante, si consideramos que os conceitos da expresión e da danza aséntanse na complexidade e na diversificación dos mesmos.
Entendida a expresión como unha conducta que arraigase nos sentimentos e nas emocións das persoas, como acción identifícase coa idea de exercer a expresión de forma activa, reflectindo no persoal referido ao sensitivo e emotivo. Este plantexamento esixe o compromiso nunha introspección auto-reflexiva, na que os conceitos, a práctica e a reflexión deben configurar a dinámica da aula.

Competencias do título
Código Competencias do título
A16 Deseñar, programar e desenvolver actividades esenciais da motricidade humana: o xogo, a danza e a expresión corporal, o exercicio e as actividades no medio natural, no ámbito educativo, recreativo e da actividade física e saúde, promovendo a igualdade de dereitos e oportunidades e evitando a exclusión en función do xénero e a discapacidade.
A18 Deseñar e aplicar métodos adecuados para o desenvolvemento e a avaliación técnico-científica das habilidades motrices básicas nas diferentes etapas evolutivas do ser humano, considerando o xénero.
A27 Aplicar os principios cinesiolóxicos, fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais nos contextos educativo, recreativo, da actividade física e saúde e do adestramento deportivo, recoñecendo as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero nos hábitos de vida dos participantes.
B1 Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte.
B2 Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
B3 Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo.
B5 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán.
B6 Dinamizar grupos nos diferentes ámbitos do exercicio profesional.
B7 Xestionar a información.
B10 Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
B11 Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma.
B16 Dominar habilidades de comunicación verbal e non verbal necesarias no contexto da actividade física e o deporte.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender os fundamentos das actividades de expresión corporal e da danza como manifestación da motricidade humana A16
A18
B1
B3
B7
B11
B16
C2
C6
C7
Comprender, deseñar e aplicar as dimensións e os compoñentes do movemento expresivo e da danza no eido educativo A16
A18
A27
B1
B2
B3
B4
C1
C3
C7
Deseñar, describir e executar actividades de expresión corporal e danza considerando a compoñente expresiva, técnica e artística, e os aspectos didácticos A16
A18
A27
B1
B6
B11
C2
C8
Executar correctamente as acciós motrices propias da danza, sendo capaz de identificar os erros máis frecuentes e saber correxirlos A18
A27
B11
C6
Dominar e aplicar os principios expresivos, técnicos e artísticos da composición coreográfica tanto a nivel individual como colectivo A16
A18
A27
B4
B6
B11
C4
Utilizar con creatividade os recursos materiais, tecnolóxicos e humanos no eido da expresión coporal e a danza A16
A18
A27
B2
B3
B4
B5
B7
B10
C2
C3
C5
C8

Contidos
Temas Subtemas
PRESENTACIÓN DA MATERIA
0.1. Datos descritivos
0.2. Programa xeral da asignatura
0.3. Recúrsos
0.4. Evaluación
0.5. Creación de grupos de traballo
BLOQUE TEMÁTICO I: CONSIDERACIÓNS BÁSICAS DO CORPO E DA COMUNICACIÓN Tema 1: O CORPO
1.1. Primeras reflexións. Significado do corpo
1.2. Conceitos. O corpo visto dende diferentes enfoques
1.3. O corpo na Educación Físiica
1.4. Campos con mais influenza nas concepcións do corppo.

Tema 2: A LINGUAXE CORPORAL
1.1 Consideracións xerais sobre a comunicación. Comunicación verbal e non verbal ¿excluintes ou complementarias?
2.2. Funcións da Comunicación Non Verbal
2.3. Canais de comunicación non verbal: Espazo, Posturas e Mirada
2.4. Posibilidades de interpretación das mensaxes corporais
BLOQUE TEMÁTICO II: EXPRESIÓN CORPORAL DANZA: APROXIMACIÓN TEORICA E PLANTEXAMENTO DIDÁCTICO Tema 1: BASES TEORICAS DA EXPRESIÓN CORPORAL DANZA
1.1. Orientacións na práctica da expresión corporal e da danza. Os contextos
1.2. Aproximación a unha definición de expresión corporal e de danza
1.3. As compoñentes do movemento expresivo
1.4. A técnica e a creatividade na expresión corporal e na danza

Tema 2: EXPRESIÓN CORPORAL DANZA E EDUCACIÓN FÍSICA
2.1 Marco legal. Ubicación da expresión corporal danza no Deseño Curricular Base (DCB) para Educación Primaria e Secundaria, Área de Educación Física
2.2. Finalidade da expresión corporal danza no ámbito da Educación Física
2.3. Obxectivos das actividades corporais de expresión neste ámbito
2.4. Características da expresión corporal danza na Educación Física
2.5. Competencias propias da expresión corporal danza na educación física formal

BLOQUE TEMÁTICO III: AS DIMENSIÓNS E AS COMPOÑENTES DO MOVEMENTO EXPRESIVO
Tema 1: OS PRELIMINARES
1.1. Conceito e finalidades
1.2. Obxectivos
1.3. Proposta de actividades

Tema 2: A DIMENSIÓN COPRPORAL. A TOMA DE CONCIENCIA DO CORPO EXPRESIVO: HABILIDADES MOTRICES EXPRESIVAS
2.1. Recoñecemento corporal interno e externo
2.2. A relaxación
2.3. A respiración
2.4. A concentración
2.5. A sensopercepción

Tema 3: A DIMENSIÓN ESPACIAL. EXPLORACIÓN EXPRESIVA DO ESPAZO.
3.1. Percepción e organización do espazo
3.2. Uso expresivo do espazo. Composicións nas que amósase o dominio das compoñentes e as posibles combinacións para dotar de expresividade ao movemento.

Tema 4: A DIMENSIÓN TEMPORAL. EXPLORACIÓN EXPRESIVA DO TEMPO
4.1. Estructuración métrica e non métrica
4.2. Uso expresivo do tempo. Composicións nas que amósase o dominio das compoñentes e as posibles combinacións para dotar de expresividade ao movemento.

Tema 5: A DIMENSION DINÁMICA. CALIDADE DO MOVEMENTO
5.1. Sub-compoñentes da enerxía. As acciones básicas do esforzo
5.2. Utilización expresiva da enerxía. Composicións nas que amósase o dominio das compoñentes e as posibles combinacións para dotar de expresividade ao movemento.

Tema 6: A DIMENSIÓN EXTENSIVA. FUNCIÓN EXPRESIVA DOS OBXECTOS E DA MÚSICA EN EXPRESIÓN CORPORAL.
6.1. Os obxectos en expresión corporal. Pluralidade funcional. Recursos sensoriais, lúdicos e simbólicos
6.2. Sonido, Música e Movemento. Percepción de estímulos sonoros e resposta corporal. Música e emocións
BLOQUE TEMÁTICO IV: A PRÁCTICA, A ANÁLISE E A INVESTIGACIÓN NA DANZA EDUCATIVA Tema 1:A DANZA EDUCATIVA E AS HABILIDADES TÉCNICAS
1.1. Control corporal-postural básico
1.2. Accións Motrices na Danza
1.3. Frases de Movemento

Tema 2: A DANZA EDUCATIVA E AS HABILIDADES CREATIVAS
2.1. A exploración e a manipulación do movemento
2.2. Fundamentos da composición coreográfica
2.3. Do contido a improvisación. Transformación da composición estructurada
2.4. Da improvisación ao contido. Estructuración da composición hacia un estilo

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A16 B1 B4 B7 B10 3 4.5 7.5
Sesión maxistral A16 A18 A27 B1 B3 B7 6 3 9
Práctica de actividade física A16 A18 A27 B1 B2 B3 B4 B6 B11 C4 C5 C7 C8 29 43.5 72.5
Discusión dirixida A16 A27 B2 B4 B6 B7 B10 C1 C2 C3 C6 4 6 10
Portafolios do alumno A16 B1 B7 B10 B11 C1 C2 C3 C6 0 3 3
Aprendizaxe colaborativa A16 A18 B2 B4 B6 B11 B16 C7 12 18 30
Proba práctica A16 A18 A27 B2 B4 B5 B7 B11 B16 C4 C5 C6 C7 C8 0 7 7
Proba mixta A16 A18 A27 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B10 0 7 7
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Nesta metodoloxía incluénse os seguintes aspectos:
Presentación da profesora e da guía docente da asignatura.
Creación de grupos de traballo estables para a realización dos diferentes traballos teóricos, debates e coreografías grupais.
Realización de enquisas de experiencias previas na Expresión Corporal e Danza, así como expectativas do alumnado respeito a materia.
Sesións prácticas de desinhibición e creación dunha boa dinámica grupal.
Sesión maxistral Impartición de contidos teóricos por parte da profesora.
Práctica de actividade física Sesións prácticas de expresión corporal danza dirixidas pola profesora nas que se realizara dende un traballo más básico técnico ata un traballo de composición creativa a nivel individual, por parellas ou grupal. Os contidos abordados levarán ata a elaboración dunha coreografía individual e dunha coreografía grupal que computarán na calificación final da materia.
Discusión dirixida Debates coordinados pola profesora nos que os diferentes grupos de alumn@s cos seus correspondentes temas presentarán un traballo do mesmo que será obxecto de debate e discusión na aula e cuxo desenrrolo e conclusións deben rexistrarse por escrito e incluirse no portafolios da materia.
Portafolios do alumno Arquivador ou cartafol no que o alumnado recollerá cronolóxicamente todas as actividades de ensinanza-aprendizaxe realizadas ao longo do cuadrimestre: Diario de sesións coa definición de obxectivos, contidos e valorcaión persoal, traballos individuais e grupais, producións audiovisuais, resumos de debates realizados na aula, material de estudo entregado pola profesora, rexistro de sesións de traballo tutelado, entre outros. Este traballo servirá de guía e fundamento para o examen teórico e as coreografías finais.
Aprendizaxe colaborativa A partires de diferentes propostas os grupos traballarán na composición de diferentes coreografías de danza.
As coreografías grupais presentaránse nas sesións prácticas e recolleranse en formato audiovisual para a posterior visualización conxunta e a inclusión no portafolios.
Proba práctica Examen práctico da materia que consiste na relalización de dous coreografías de expresión corporal danza nas que se amosa o dominio dos contidos técnicos, expresivos e artísticos da materia. Unha coreografía executaráse de xeito grupal e a outra de xeito individual.
Proba mixta Exámen teórico da asignatura que poderá inserir diferentes tipos de preguntas: desenrrolo, curtas, test, test de opción múltiple, asocaiar, ordear, completar, etc.
Neste exámen entran todos os contidos e actividades realizadas ao longo do cuadrimestre, tendo especial importancia para a preparación tanto a asistencia diaria as clases como o seguemento da asignatura a través do portafolios.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Titorías colectivas solicitadas en data e hora para desenrrolar o traballo tutelado que presentarase de forma práctica e ou oral e cos recursos audiovisuais nos diferentes debates da asignatura.
Titoría individual solicitada en data e hora para revisar a evolución das temáticas teoricas e prácticas, e ou dúbidas que poidan xurdir ao longo do cuadrimestre.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A16 A27 B2 B4 B6 B7 B10 C1 C2 C3 C6 Presentación oral dun tema de debate diante do grupo de clase para discusón, análise e obtención de conclusións. 10
Aprendizaxe colaborativa A16 A18 B2 B4 B6 B11 B16 C7 Elaboración de coreografías grupáis vinculadas a os temas prácticos da asignatura e presentadas ante o resto da clase 10
Proba mixta A16 A18 A27 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B10 Examen escrito con diferentes formatos de preguntas, que inclúe todo o temario da asignatura e todas as actividades da mesma (30%)
30
Proba práctica A16 A18 A27 B2 B4 B5 B7 B11 B16 C4 C5 C6 C7 C8 Examen práctico Coreografía Grupal (25%)

Examen práctico Coreografía Individual (25%)
50
 
Observacións avaliación

Para aprovar a materia hay que superar tódalas metodoloxías.

Tamén é rquisito indispensable a asistencia ao 70% do total das sesións presenciais.

En calqueira caso cunha calificación
inferior ao 4.5 en algunha ou en varias metodoloxías el/la alumno/a deberá repetir
dita prova para acadar o aprovado na asignatura. Gardaránse todas as
calificacións parciais e únicamente terá que repetir as provas
suspensas.

Tamén aqueles alumnos/as que o desexen poderán realizar un portafolios da asignatura e/ou un comentario crítico dun espectaculo expresivo-artístico para subir a nota final.


Aqueles alumnos/as que non cumpran cos requisitos de asistencia do 70% terán a posibilidade de presentarse a dúas probas:  un examen práctico individual (50% da avaliación) e un examen teórico (50% da avaliación). Para  obter o apto (aprovado 5) na asignatura deberán haber obtido como mínimo unha calificación de 7 puntos en cada unha das provas.


Aqueles alumnos/as que xa cursaron a asignatura (cumprindo cos requisitos de asistencia) únicamente teñen que presentarse as provas que teñan pendentes, sin necesidade de asistir a clase de novo.


Aqueles alumnos/as que non cumpriron cos requisitos de asistencai terán que repetir a materia por completo.

En situacións excepcionais, lesión ou enfermidade, valoraráse o cómputo da asistencia coa acreditación dos certificados oficiáis correspondentes.


Fontes de información
Bibliografía básica

TODA A TELEDOCUMENTACIÓN RECOLLIDA NO MOODLE, incluÍdos os PDF, Words, Power Points, páginas web E revistas diXITAIS.

BLOQUE TEMÁTICO I
  • Davis, F. (1980) La comunicación no verbal. Ed. Alianza, Madrid· Descamps, M.A. (1990) El lenguaje del cuerpo y la comunicación corporal. Ed. Deusto, Bilbao
  • · Dropsy, J. (1987) Vivir en su cuerpo. Expresión corporal y relaciones humanas. Ed. Paidos, Barcelona
  • · Fast, J. (1986) El lenguaje del cuerpo. Ed. Kairos, Barcelona
  • · Lora Risco, J. (1991) La educación corporal. Ed. Paidotribo, Barcelona
  • · Pease, A. (1994) El lenguaje del cuerpo. Ed Altaya, Barcelona
  • - Pease,A, Pease, B. (2011) El lenguaje del cuerpo en el trabajo. Ed. Amat, Barcelona
  • - Ruckle, H. /2000). Cómo entender el lenguaje del cuerpo


BLOQUE TEMÁTICO II:
  • Learreta, B., Ruano, K. (2005) Los contenidos de la expresión corporal.Ed Inde, Barcelona
  • Learreta, B.; Sierra, M.A. y Ruano, K. (2006). Didáctica de la Expresión Corporal Talleres Monográficos. Ed. Inde, Barcelona
  • Montesinos Ayala, D. (2004) La expresión corporal, Su enseñanaza por el método natural evolutivo. Ed Inde, Barcelona
  • Motos, T. (1983) Iniciación a la expresión corporal. Teoría, técnica y práctica Ed. Humanitas, Barcelona
  • Ortíz Camacho, M. (2002). Expresión Corporal Una propuesta para el profesorado de educación física. Ed. Grupo Editorial Universitario, Granada.
  • Salzer, J. (1984) La expresión corporal. Ed. Herder, Barcelona
  • Santiago, P. (1985) De la expresión corporal a la comunicación interpersonal. Teoría y práctica de un programa. Ed. Narcea, Madrid
  • Sefchovich, G. y Waisburd, G. (1992) Expresión corporal y creatividad. Ed. Trillas, México
  • Schinca, M. (1988) Expresión corporal. Bases para una programación teórico-práctica. Ed. Escuela Española, S.A. Madrid
  • Stokoe, P. (1986) Expresión Corporal. Guía didáctica para el docente. Ed Ricordi, Buenos Aires.
  • Stokoe, P. (1990) Expresión corporal. Arte, salud y educación. Ed Humanitas, Barcelona.
  • Stokoe, P. y Harf, R. (1992) La expresión corporal en el jardín de infantes. Ed. Paidos, Barcelona
  • Stokoe, P. y Schächter, A. (1994) La expresión corporal. Ed Paidos, Barcelona

BLOQUE TEMÁTICO III:


  • · Bossu, H. y Chalaguier, C. (1986) La expresión corporal. Método y práctica. Ed. Martínez Roca, Barcelona.
  • · Castañer, M. (2002) Expresión corporal y danza. Ed. Inde, Barcelonana
  • · Choque, J. (1990). Yoga y expresión corporal para niños y adolescentes. Ed. Paidos, Barcelona
  • · Hernández, V. Y Rodríguez, P. (1997) Expresión corporal con adolescentes. Sesiones para tutoría y talleres. Ed. CCS, Madrid
  • · Idla, E. (1989) Movimiento y ritmo. Juego y recreación. Ed. Paidós, Barcelona
  • · Lamour, H. (1991) Pédagogie du rythme. Ed Revue EPS, Paris
  • · Moccio, F. (1994) El taller de terapias expresivas. Ed. Paidos, México
  • · Montesinos, D. (1999) Unidades didácticas para bachillerato III. Expresión corporal. Ed. Inde, Barcelona
  • · Motos, T. (1985) Juegos y experiencias de expresión corporal. Ed. Humanitas, Barcelona
  • · Motos, T. y Tejedo, F. (1987) Prácticas de dramatización. Ed Humanitas, Barcelona
  • · Prado de, D., Charaf, M. (2000). Relajación Creativa. Ed. Inde, Barcelona
  • · Quintana, A. (1997) Ritmo y educación física: de la condición física a la expresión corporal. Ed. Gymnos, Madrid
  • · Schinca, M. (1989) Psicomotricidad, ritmo y expresión corporal. Ed. Escuela Española, S.A. Madrid
  • · Stokoe, P. y Harf, R. (1992) La expresión corporal en el jardín de infantes. Ed. Paidos, Barcelona
  • · Zimmermann, S. (1983) El laboratorio de danza y movimiento creativo. Ed. Humanitas, Buenos Aires


BLOQUE TEMATICO IV


  • - Fahlbusch, H. (1990) Dança. Moderna-contemporânea. Ed. Sprint, Rio de Janeiro
  • - Guerber Walsh, N. (1991) Danse. Ed. Revue EPS, Paris
  • - Guillot, G. (1974) Gramática de la Danza Clásica. Ed. Hachette, Buenos Aires
  • - Horton, S. y Hanstein, P. (1999) Researching Dance: Evolving Modes of Inquiry. Dance Books LTD, University of Pittsburg Press, London.
  • - Joyce, M. (1987) Técnica de Danza para Niños. Ed. Martínez Roca, Barcelona
  • - Laban, R. (1993) Danza Educativa Moderna. Ed. Paidós. Técnicas y Lenguajes Corporales, Barcelona
  • - Ossona, P. (1981) Danza Moderna: La Conquista Técnica. Ed. Hachette. Buenos Aires, Argentina.
  • - Robinson, J. (1981) Élements du language choreographyque. Ed. Vigot, Paris
  • - Smith-Autard, J. (2000) Dance Composition. Ed. A & C Black, London
  • - Viciana, V. (1999) Las Actividades Coreográficas en la Escuela: Danzas, Bailes, Funky, Gimnasia-Jazz.... Ed. Inde, Barcelona
  • - Waehner, K. (1993) Outillage Choreographique. Manuel de composition. Ed. Vigot, Paris

Bibliografía complementaria

Toda a documentación recollida na plataforma virtual Moodle, artículos, power points, pdf e traballos.

Tamén todos os recúrsos audiovisuais da asignatura catalogados por ano de edición e localizados na biblioteca da Facultade.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xogos e recreación deportiva/620G01005
Teoría e práctica do exercicio/620G01016

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Metodoloxía de investigación en actividade física e deporte/620G01021
Actividade física saudable e calidade de vida I/620G01023
Metodoloxía do rendemento deportivo/620G01024

Materias que continúan o temario
Teoría e práctica do adestramento deportivo/620G01037

Observacións

Dentro dos diferentes contidos que estudianse ao longo da asignatura el/la alumno/a debe prestar especial atención a relación que establécese entre práctica e teoría, que no caso da expresión corporal e a danza exixe unha implicación persoal referida a sensibilidade e emotividade das persoas.

Dado o carácter práctico da asignatura faise moi necesaria a vivencia persoal das diferentes situacións motrices de aprendizaxe propostas nas sesiones presenciáis para acadar o dominio da materia, de isto despréndese a importancia da asistencias as clases.

Recomendase tamén a implicación do alumnado na práctica de actividades motrices artísticas que poidan ofertarse ao longo do curso, ase mesmo recomendase a asistencia a diferentes espectáculos expresivos e de danza que estean na oferta cultural da cidade, e a participación nos eventos relacionados coa danza e a expresión artística na Facultade: seminarios, cursos, actuacións, performances,...



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías