Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Creación e dirección de empresas deportivas Código 620G01029
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Agullo Leal, Fernando
Correo electrónico
fernando.agullo@udc.es
Profesorado
Agullo Leal, Fernando
Correo electrónico
fernando.agullo@udc.es
Web http://fagullo.info
Descrición xeral A asignatura de Creación e Dirección de Empresas intégrase no plan de estudos do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte con carácter optativo. Para xustificar a súa inclusión neste plan de estudos pódese dicir que é unha maneira de facer fronte a situación na que se atopan os mozos ao tratar de se incorporar ao mercado de traballo e as dificultades que teñen que superar quenes pertencen ao devandito colectivo e ademaís son titulados universitarios.
Coa asignatura preténdese que os alumnos desenvolvan actitudes éticas e críticas fronte ao papel da empresa na sociedade, recoñecer o valor social do espirito emprendedor.
A Integración desta asignatura no plan de estudos queda plenamente xustificada porque:
1. Contesta á importante demanda social que nos últimos tempos esixe un coñecemento máis científico e técnico do ámbito da Actividade Física e o Deporte, á vez que se requiere dar resposta a problemas tan ineludibles como é o paro xuvenil e o desemprego ou subemprego dos universitarios.
2. Responde á letra e ao espírito da normativa legal que regula a creación e funcionamento dos Institutos Nacionais de Educación Física, así como o contido esencial da Lei de Reforma Universitaria e a súa reforma cando considera que a universidade ha de servir para xerar coñecemento pero, ademais, debe transmitir ou transferir ese coñecemento á sociedade que a sustenta.

Competencias do título
Código Competencias do título
A32 Dirixir e xestionar servizos, actividades, organizacións, centros, instalacións, programas e proxectos de actividade física e deportiva desde os principios de igualdade de oportunidades, supervisando e avaliando a calidade, as garantías de seguridade e saúde dos usuarios, así como a súa satisfacción e os resultados sociais e económicos.
A34 Realizar actos facultativos de elaboración de informes técnicos e peritaxes, asesorar e inspeccionar sobre actividade deportiva, instalacións e programas deportivos.
B3 Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo.
B5 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán.
B6 Dinamizar grupos nos diferentes ámbitos do exercicio profesional.
B19 Exercer a profesión con responsabilidade, respecto e compromiso.
B20 Coñecer, reflexionar e adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e o traballo en equipo a partir das prácticas externas en algún dos principais ámbitos de integración laboral, en relación ás competencias adquiridas no grao que se verán reflectidas no traballo fin de grao.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir as habilidades e competencias necesarias para poñer en marcha unha pequena empresa ou a incorporación ao mercado de laboral como traballador autónomo. Coñecer de forma integrada a realidade da problemática da creación dunha empresa. Coñecer e aplica-los principios de formación básica na etapa de iniciación dun proxeto empresarial. Vivencia-lo esforzo do proceso de reflexión que supón a posta en marcha dun proxecto empresarial. Desenvolver no alumno o nivel de autonomía e competencia necesario para a creación de empresas e o autoemprego. Introducir ao alumno na análise e interpretación da bibliografía en torno ao eido da creación de empresas. Estimula-lo interese do alumno na procura de fontes de información primarias e secundarias, así como o manexo da documentación necesaria para a elaboración do plan de empresa e a súa presentación. Analiza-lo proceso de aprendizaxe na adquisición de habilidades necesarias para o funcionamento exitoso dunha empresa. Saber definir obxetivos, meios, estratexias axeitadas para o tipo de empresa que se proxecta creare a súa contorna. Experimentar e supera-las dificultades que supón elabora-lo plan de empresa dun proxecto empresarial e adquirir a capacidade de esforzo e reflexión necesarios. Adquirir habilidades para traballar en grupo e facer exposicións públicas dos traballos realizados. Valorar socialmente a iniciativa emprendedora e recoñecemento do importante labor social. Valorar e entede-lo traballo dos compñeiros na facilitación da aprendizaxe. Integración do alumnos no traballo grupal. Saber aplica-las diferentes técnicas de observación da realidade para detectar ideas de empresa. Coñecer e saber aplica-las diferentes ferramentas de análise de mercados. Coñecer e aplica-las técnicas do análise DAFO. Coñecer-las diferntes estratexias posibels para unha pequena empresa. Saber defini-las variables da mercadotecnia e aplica-las ao caso dunha pequena empresa ou dunha empresa de servizos do eido laboral. Coñece-las diferencias entre unhas formas xurídicas e outras, en canto a responsabilidade, requisitos, funcionamento, toma de dicisións, etc. Coñece-la ficalidade á que vaise ver sometida a empresa no seu funcionamento, tanto a imposición directa como indirecta. Adquirir competencias e habilidades que permitan atopar axudas para levar a cabo o proxecto. Saber facer o plan de empresa de unah pequena ou mediana empresa. A32
A34
B3
B4
B5
B6
B19
B20
C4
C5

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A creación de empresas e a iniciativa emprendedora. 1. Introducción: o emprendemento e o valor social da creación de empresas
2. Os elementos esenciais no proceso de creación de empresas
2.1 A idea de empresa e manantiais para obtela. A validación da idea. O modelo de negocio ou deseño empresarial.
2.2. O emprendedor: características do emprendedor e consecuencias da decisión de emprender
2.3 O plan de empresa: qué é, para qué e cómo se elabora.
2.4 Aspectos legais da creación dunha empresa

Tema 2. A elaboración do plan de empresa
1. Introdución
2. O estudio de mercado
2.1 Obxetivos e fases da elaboración
2.2 O entorno e a creación de empresas
3. O análise DAFO
4. A mercadotecnia
4.1 O producto/servicio
4.2 O precio
4.3 A distribución
4.4 A comunicación
5. A segmentación e a estratexia
6.A previsión de ventas.
Tema 3. A viabilidade do proxecto empresarial A viabilidade do proxecto empresarial
1. Introdución á análise económica-financeira dun proxecto empresarial
2. A análise financiera
2.1 O balance
2.2 Técnicas de análise
3. A análise económica
3.1 A conta de resultados (PeG)
3.2 Técnicas de análise
Anexo. Guía para a elaboración do plan de empresa Guía para a elaboración do plan de empresa
1. Introdución
2. O estudio de mercado
3. O plan comercial
4. O plan de organización e de recursos humanos
5. Os aspectos legais
6. A análise económica-financeira
7. Conclusións
8. Anexos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A32 A34 B5 C4 C5 21 57.5 78.5
Simulación A32 A34 B3 B4 B5 B6 B19 B20 C5 21 48 69
Proba obxectiva A32 A34 2 0 2
 
Atención personalizada 0.5 0 0.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral É a información ou desenvolvemento de contidos que incide sobre o nivel de coñecementos do alumno e que serven de punto de partida para a consolidación das aprendizaxes.
A lección maxistral consiste na exposición oral e sistematizada por parte do profesor, có fin de transmitir certos coñecementos ao alumno. É un recurso didáctico que permite ao profesor transmitir con precisión os conceptos mais importantes da materia, e debera polo xeral, reflectir coñecementos que lles sería difícil de atopar aos alumnos por outros meios.
A lección maxistral servirá fundamentalmente para transmiti-los contidos do programa dunha forma sistematizada e respetando unha orde expositiva que teña en conta os aspectos seguintes:
- Exposición dun marco global inicial que permita centra-lo tema.
- Análise dos aspectos principais que integran o tema.
- Síntese integradora do exposto.
- Fixación breve e sinóptica do tema.
Simulación Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse ao suxeito ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
En concreto a simulación consistirá en elaborar un plan de empresa de forma grupal e abreviada, co que se analice a viabilidad de un proxecto de empresa de servizos deportivos.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Sesión maxistral
Descrición
Para un mellor rendimento na aprendizaxe e realización da simulación é importante consultar co profesor os avances que se vaian realizando progresivamente para ofrecer as orientacións necesarias en cada caso e asegurar a calidade do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Esta recomendación está especialmente indicada no caso de estudantes con dedicación ao estudo a tempo parcial.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A32 A34 B3 B4 B5 B6 B19 B20 C5 Desenvolverase unha simulación ao longo do curso que consistirá nun xogo de simulación emprendedora.
Esta simulación constitúe un exercicio completo e integrador, tanto pola diversidade dos aspecto que aborda como do número de variables que se manexan ao plantexar unha inicativa emprendedora en grupo. Os alumnos, integrantes de cada un dos grupos de traballo, terán tamen o reto de asumir un determinado rol dentro do grupo co que, en función das sus competencias e coñecementos sobre determinados aspectos do traballo a desenvolver, cada un optimice as súas habelencias individualis poñendoas ao servicio do grupo para acadar os obxetivos propostos.
O xogo de simulación emprendedora consistirá na posta en marcha dun proxecto empresarial para o que se fará o deseño empresarial e se elaborará un plan de empresa co correspondente análise da viabilidade.
O traballo farase en catro fases, as tres primeiras de forma grupal e a última, individualmente. Estas fases serán as seguintes:
1ª. Diseño do modelo de negocio (CANVAS)
2ª Elaboración dun plan de empresa abreviado sen análise economica-financeira
3ª Estudo de viabilidade do proxecto que se analiza co plan de empresa.
4ª Presentación e entrega dun portafolios individual co Plan de Empresa e todo o traballo desenvolvido polo alumno no curso, tanto individual como grupal, no que se deberá incluir un resume dos contidos necesarios para elaborar a producción de cada fase, e unha valoración personal do traballo realizado na simulación.
As produccións do xogo de simulación terán unha valoración de 40 puntos que serán otorgados polo profesor en función da participación activa nas sesións presenciais, ás que deberá aistir, como mínimo nun 80%, e a clidade do resultado acadado co traballo grupal e coa entrega individual na derradeira fase.
40
Proba obxectiva A32 A34 Farase unha proba obxetiva nas datas establecidas para exame final da asignatura que englobará os contidos da materia.
A proba será un cuestionario de preguntas tipo test ou preguntas abertas ou ambas. O test será de resposta pechada con catro alternativas, soio unha certa, e os erros restarán ¼ do valor dun acerto. As preguntas de resposta aberta poderán ser unha breve explicación, un resumo, unha representación e interpretación de gráficas, a resolución de problemas, etc.
60
 
Observacións avaliación

A proba obxetiva formularase en castelán e se poderá respostar e calquera das linguas oficiais da udc. En caso de desexala en galego, deberá indicarllo ao profesor una semana antes da súa realización.   

Os estudantes con dedicación ao estudo a tempo parcial, aos que se lles recomenda seguir un plan de titorías personalizado, terán o mesmo sistema de avaliación que os estudantes a tempo completo.

A calificación de APTO acadarase con 50 puntos. Se non se realizar a proba obxetiva ou non se entrega o portafolios individual da simulación, a calificación nesa oportunidade será NON PRESENTADO. No caso dos estudantes a tempo paracial que, con dispensa académica, non asistan as sesión presenciais poderán entregar o portafolios coas produccións das diferntes fases da simulación non máis tarde da data do exame da oportunidade na que se presenten. 

As calificación das diferentes metodoloxías de avaliaciónda da primeira oportunidade da convocatoria se manterán para a segunda oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
EQUIPO DE ECONOMISTAS DVE (1.991). Cómo crear su propia empresa. Editorial De Vecchi, S.A. Barcelona
LUDEVID, M. Y OTRO (1994). Como crear su propia empresa. Editorial Marcombo. Madrid
BAYÓN, Mº I. Y OTROS (1.986). Cómo crear una empresa. Editorial CEOE-CEPYME. Madrid
GIL ESTALLO, Mª A. Y OTRO (1993). Cómo crear y hacer funcionar una empresa. Editorial ESIC. Madrid
ALONSO JULIÁN, JOSÉ Mª (1997). Creación y gestión de la propia empresa. Editorial Santillana. Madrid
AGULLÓ LEAL, FERNANDO L. (2017). Curso de Creación e Dirección de Empresas deportivas. moodle.udc: https://moodle.udc.es/course/view.php?id=44887
HALLORAN, JAMES W (2000). Curso McGraw-Hill de creación de empresa. Editorial McGraw-Hill. Madrid
ASENSIO DEL ARCO, EVA Y OTRO (2009). Empresa e iniciativa emprendedora. Editorial Paraninfo. Madrid
PENALONGA, ANXO (2010). Empresa e iniciativa emprendedora. Editorial Santillana. Madrid
SALINAS SÁNCHEZ. JOSÉ MANUEL Y OTROS (2009). Empresa e iniciativa emprendedora. Editorial McGraw-Hill. Madird
CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO E INDUSTRIA DE MADRID (2000). Guía para la creación de empresas. Editorial Cámara de Comercio e Industria de Madrid. Madrid
GUERRERO, MARIBEL Y OTROS (2017). Informe GEM España 2016. Editorial Universidad de Cantabria. Santander
BERMEJO, MANUEL Y OTROS (1996). La creación de la empresa propia. Consejos prácticos para su puesta en marcha con éxito. Editorial McGraw-Hill. Madrid
ALMOGUERA, JOSÉ ANTONIO Y OTRO (2000). Manual práctico de creación de empresas. Editorial SA de Promociones y Ediciones. Madrid
SOUFI GÓMEZ, S (1.997). Manual práctico de creación de empresas. Editorial Cinco Días. Madrid
BELMONTE SÁNCHEZ, INMACULADA Y OTRO (1998). Proyecto empresarial. Editorial Editex, SA, Madrid

Bibliografía complementaria

La bibliografía complementaria para preparar cada uno de los temas de esta asignatura se facilitarán con los contenidos que se pueden descargar de la web http://fagullo.info


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para cursar esta asignatura (optativa) non é imprescindible ter coñecementos previos sobre temas económicos. Pero é unha asignatura de moito proveito cando o alumno ten idea de poñer en marcha un proxecto empresarial como vía para de acceso ao mercado laboral. A materia de Creación de empresas permitirá ao alumno coñecer como llevar a cabo a posta en marcha e comprender o proceso de elaboración do plan de empresa e experimentar o traballo de reflexión que conleva.

Para un mellor rendimento na aprendizaxe é importante facer titorías grupais e individuais. Esta recomendación está especialmente indicada no caso de estudantes con dedicación ao estudo a tempo parcial.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías