Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Dirección e xestión deportiva Código 620G01038
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Gambau i Pinasa, Vicente
Correo electrónico
vicente.gambau@udc.es
Profesorado
Gambau i Pinasa, Vicente
Correo electrónico
vicente.gambau@udc.es
Web
Descrición xeral Unha das poucas materias deste novo plan de estudos que introducen ao ámbito profesional da dirección deportiva e da xestión deportiva.
Esta materia ofrece unha visión xeral da dirección e xestión no sector deportivo, traballa as competencias do procedemento de intervención profesional na dirección de servizos deportivos, e desenvolve competencias de análises e diagnose, planificación estratéxica, dirección de proxectos, e establece a importancia da responsabilidade profesional no exercicio profesional.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 Coñecer os distintos niveis da lexislación educativa e aplicar os fundamentos básicos que promove en canto á Planificación e Programación Didáctica da Educación Física nas etapas educativas.
A29 Identificar os riscos para a saúde que se derivan da práctica de actividade física insuficiente e inadecuada en calquera colectivo ou grupo social.
A32 Dirixir e xestionar servizos, actividades, organizacións, centros, instalacións, programas e proxectos de actividade física e deportiva desde os principios de igualdade de oportunidades, supervisando e avaliando a calidade, as garantías de seguridade e saúde dos usuarios, así como a súa satisfacción e os resultados sociais e económicos.
A33 Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo adecuado para cada tipo de actividade físico-deportiva no contexto educativo, deportivo, recreativo e da actividade física e saúde.
A34 Realizar actos facultativos de elaboración de informes técnicos e peritaxes, asesorar e inspeccionar sobre actividade deportiva, instalacións e programas deportivos.
A36 Coñecer e saber aplicar as novas tecnoloxías da información e a imaxe, tanto nas ciencias da actividade física e do deporte, como no exercicio profesional.
B1 Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte.
B2 Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
B3 Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo.
B5 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán.
B6 Dinamizar grupos nos diferentes ámbitos do exercicio profesional.
B7 Xestionar a información.
B10 Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
B11 Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma.
B12 Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles.
B14 Comprender e aplicar a lexislación vixente relativa ao marco das actividades físicas e deportivas nos distintos ámbitos: educación, deporte, xestión, lecer e saúde.
B16 Dominar habilidades de comunicación verbal e non verbal necesarias no contexto da actividade física e o deporte.
B17 Promover e avaliar actividades de ampliación curricular, referentes á creación de hábitos autónomos de actividade física e deporte.
B19 Exercer a profesión con responsabilidade, respecto e compromiso.
B20 Coñecer, reflexionar e adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e o traballo en equipo a partir das prácticas externas en algún dos principais ámbitos de integración laboral, en relación ás competencias adquiridas no grao que se verán reflectidas no traballo fin de grao.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Dirixir e xestionar servizos, actividades, organizacións, centros, instalacións, programas e proxectos de actividade física e deportiva desde os principios de igualdade de oportunidades, supervisando e avaliando a calidade, as garantías de seguridade e saúde dos usuarios, así como a súa satisfacción e os resultados sociais e económicos A32
A34
Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo adecuado para cada tipo de actividade físico-deportiva no contexto educativo, deportivo, recreativo e da actividade física e saúde A33
Realizar actos facultativos de elaboración de informes técnicos e peritaxes, asesorar e inspeccionar sobre actividade deportiva, instalacións e programas deportivos. A34
Coñecer e saber aplicar as novas tecnoloxías da información e a imaxe, tanto nas ciencias da actividade física e do deporte, como no exercicio profesional A36
Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte B1
Asumir a responsabilidade, ética, respecto e compromiso, no exercicio da profesión B5
B12
B19
C4
C7
Desenvolver habilidades de dirección relativas á resolución de problemas, traballo en equipo e autonomía B2
B3
B4
B6
B11
B17
B20
Xestionar a información e a comunicación B7
B10
B16
Comprender e aplicar a lexislación vixente relativa ao marco das actividades físicas e deportivas nos distintos ámbitos: educación, deporte, xestión, lecer e saúde. A10
B14
Identificar os riscos para a saúde que se derivan da práctica de actividade física insuficiente e inadecuada en calquera colectivo ou grupo social A29

Contidos
Temas Subtemas
1. Fundamentos da dirección e xestión deportiva 1.1. Concepto
1.2. Evolución
1.3. Actividade profesional
1.4. Problemáticas
2. A planificación deportiva 2.1. Análise e diagnóstico
2.2. A planificación estratéxica
2.3. A planificación operativa
2.4. A execución
2.5. O control
2.6. A avaliación
3. Dirección de proxectos deportivos 3.1. Concepto de proxecto
3.2. A Dirección Integrada de proxectos
3.3. Os grupos de procesos
3.4. As áreas de coñecemento
4. A intervención profesional no ámbito da dirección do deporte. 4.1. Ocupacións profesionais
4.2. Procedemento de intervención
4.3. O perfil profesional
4.4. As habilidades directivas
4.5. A responsabilidade profesional

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A36 B10 1 2 3
Sesión maxistral A32 A33 A34 B12 B17 B19 B20 C4 C7 9 0 9
Prácticas a través de TIC B10 B16 5 15 20
Traballos tutelados A29 A32 A33 A34 B4 B14 10 25 35
Proba mixta A32 A33 A34 1 3 4
Portafolios do alumno A10 A32 A33 A34 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B11 25 50 75
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Presentación dun videocurriculum persoal e dun convenio de avaliación
Sesión maxistral Sesións presenciais en aula sobre teoría da xestión aplicada ao deporte .

Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Traballos tutelados Elaboración dun proxecto deportivo de intervención seguindo as pautas da materia expostas en clase
Proba mixta A proba escrita final consistirá en unha proba obxectiva multiítem. Aplicarase un factor corrector do azar. Os contidos da proba incluirán apuntes de clase e a documentación complementaria da materia.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
<>

As titorías presenciais deberán confirmarse por anticipado. Para iso as persoas interesadas solicitarán mediante a plataforma virtual UDC o día e hora que desexen dentro do horario de titorías aportando os seus datos, curso e grupo.

Para calquera suxestión ou petición persoal pódese enviar unha mensaxe pola plataforma virtual UDC ou, por escrito, disponse do buzón de correos do profesor

As TITORÍAS poderán ser virtuales, ordinarias e extraordinarias.

a) Titorías virtuales: Para calquera suxestión ou petición persoal por escrito disponse exclusivamente do servizo de mensaxes da plataforma Moodle UDC.
b) Titorías ordinarias: O profesor atenderá no horario de tutorías calquera consulta, suxestión ou problemática do alumnado. As titorías en período de exames terán horarios diferentes.
c) Titorías extraordinarias de avaliación: Exposición e defensa de contidos a evaluar a petición do profesor, dentro do horario habitual de titorías.
d) Titorías extraordinarias de avaliación: ou titorías extraordinarias de revisión de notas: O alumnado poderá revisar os seus contidos de avaliación nas horas convindas/convidas para tal fin.
e) Titorías extraordinarias de reclamación sobre cualificaciones: Calquera problemática respecto de a avaliación de exames ou doutros contidos, será tratada en horario de Revisión de notas. Consultar o procedemento nas NORMAS DE DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIONES DOS ESTUDOS DE GRADO E MAESTRADO UNIVERSITARIO (Aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013)


Ante cualquer tipo de problemática no desenvolvemento da materia, rógase acudir en primeira instancia ao profesor. Si deséxase permanecer no anonimato, é importante insistir aos Representantes de Alumnos que se dirixan en primeira instancia ao profesor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC B10 B16 Elaboración do videocurriculo e presentación dos contidos de evaluación 15
Portafolios do alumno A10 A32 A33 A34 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B11 Presentación dos méritos realizados 15
Traballos tutelados A29 A32 A33 A34 B4 B14 Elaboración dun proxecto dun servizo deportivo ou dun acontecemento deportivo 35
Proba mixta A32 A33 A34 A proba escrita final consistirá en unha proba obxectiva multiítem.
Aplicarase un factor corrector do azar.
Os contidos da proba incluirán apuntes de clase e a documentación complementaria da materia.
35
 
Observacións avaliación

1. Existen dúas alternativas de avaliación: A modalidade “Avaliación Guía Docente DXD” e a modalidade opcional “Convenio de avaliación DXD”. Todo o alumnado, incluidos os/as estudantes
con dedicación a tempo parcial, opta pola Avaliación “Guía Docente DXD”, exceptuando aqueles que, dentro do prazo establecido, presenten por escrito o convenio da súa avaliación e este quede aprobado por parte do profesor. A avaliación da materia consta de catro apartados que corresponden a catro competencias básicas: avaliación dos coñecementos achegados en sesións teóricas de aula (saber), avaliación dos procedementos teórico-prácticos (saber facer), avaliación das actitudes (saber estar), e avaliación autónoma do propio alumnado (facer saber).

2. MODALIDADE AVALIACIÓN GUÍA DOCENTE. Na primeira opción, denominada AVALIACIÓN GUÍA DOCENTE, o alumnado deberá realizar os seguintes contidos mínimos seguindo as directrices da guía docente e da plataforma virtual UDC de forma INDIVIDUAL:


2.1) Competencia Saber / Apartado de Coñecementos: Proba escrita final sobre os coñecementos da materia / Valor: 35 % / Data de entrega: Convocatoria oficial


2.2) Competencia Saber facer / Apartado de Procedementos: Elaboración dun proxecto dun servizo deportivo ou dun acontecemento deportivo proposto polo profesor/ Valor: 35 % / Data de entrega: Convocatoria oficial


2.3) Competencia Saber estar / Apartado de Actitudes: Contido adicional de carácter voluntario / Valor: 15 % / Data de entrega: Convocatoria oficial


2.4) Competencia Facer saber / Apartado de Comunicación: Presentación dun video-currículum vitae e deportivo, informe de autoevaluación e autocalificación cunha tabla de control del tempo utilizado nas tareas da materia/ Valor: 15 % / Data de entrega: Convocatoria oficial

3. MODALIDADE CONVENIO DE AVALIACIÓN. Na segunda alternativa, que se concreta mediante un CONVENIO DE AVALIACIÓN, o alumnado deberá asinar un documento, consensuado co profesor, presentado en prazo, onde concretarán os contidos escollidos para cada apartado e a porcentaxe de nota para cada un deles.

a) Para esta modalidade é requisito imprescindible superar o 80 % de participación activa.

b) Se por calquera incidencia, xustificada ou non, se alcanzase entre o 75 e o 80 % da participación activa, o alumnado o alumnado deberá realizar un traballo extraordinario consensuado co profesor. Si só alcanzase entre o 60 e o 75 % da participación, engadiríase ao convenio de avaliación a elaboración dunha recensión con defensa seguindo as pautas da materia.

c) Nos casos que non se poidan cumprir as condicións do convenio ou se a participación fose menor do 60 %, por calquera circunstancia xustificada ou non, as persoas implicadas pasarán automaticamente á “Avaliación Guía Docente DXD”

d) Os contidos de avaliación na vía convenio escolleranse da listaxe proporcionada polo profesor no documento: “Modelo convenio de avaliación”

e) Os apartados mínimos obrigatorios son:


3.1) Competencia Saber / APARTADO: Coñecementos / CONTIDO ORIENTATIVO: Contido teórico / VALOR MÁXIMO: 35 % / DATA ENTREGA: Convocatoria oficial


3.2) Competencia Saber facer / APARTADO: Procedementos / CONTIDO ORIENTATIVO: Traballo Teórico-práctico / VALOR MÁXIMO: 35 % / DATA ENTREGA: Convocatoria oficial


3.3) Competencia Saber estar / APARTADO: Actitudes / CONTIDO ORIENTATIVO: Avaliación Autónoma e autocalificación coa memoria de todas as tarefas realizadas durante o curso  / VALOR MÁXIMO: 15 % / DATA ENTREGA: Convocatoria oficial

3.4) Competencia Querer Facer (OPTATIVO) / APARTADO: Comunicación / CONTIDO ORIENTATIVO: Informe de méritos acreditados relacionados coa materia - Colaboracións, Formación permanente, Procuras bibliográficas, recensións... / VALOR MÁXIMO: 15 % / DATA ENTREGA: Convocatoria oficial

4. Criterios de avaliación para todo o alumnado.


4.1) A proba escrita final consistirá en unha proba obxectiva multiítem. Preguntas obxectivas, V/F, preguntas de resposta breve e unha pregunta de desenrolo dun tema breve. Aplicarase un factor corrector do azar. Os contidos da proba incluirán apuntes de clase e a documentación complementaria da materia.


4.2) O traballo teórico-práctico consistirá na elaboración dun proxecto o na realización das prácticas de aula que estarán relacionados cos contidos de intervención dentro da dirección deportiva.


4.3) Os criterios que rexen os convenios son os que garanten a consecución dos obxectivos do programa, cumprindo cos principios xerais de igualdade, equidade, seguridade documental e boa fe.


4.4) A cualificación final obterase da media de todos os contidos, a condición de que cada contido alcance, como mínimo, o 50 % do seu valor.

4.5) Establécese entre os requisitos necesarios para superar a materia, pasar correctamente os controis de seguimento, a defensa apropiada dos contidos a petición discrecional do profesor, e non cometer ningún erro grave respecto dos criterios de avaliación.

4.6) O idioma no que se presentará/n a/s proba/s de avaliación será o galego. No convenio de avaliación, o interesado solicitará o idioma no que prefire realizar as probas de avaliación. Para o resto de estudantes, a solicitude do idioma no que realizarán as probas realizarase unha semana antes da convocatoria oficial.

5. Presentación / entrega de traballos:


5.1) Presentación total. Nos contidos que estean constituídos por varios traballos, terase en conta a presentación de todos eles para a elaboración da nota correspondente


5.2) A presentación de traballos en soporte dixital realizarase coidando aspectos formais de presentación, estruturais e de contido. Rexeitarase todo soporte dixital que non dispoña da identificación adecuada (nome e apelidos, código de alumno, materia, curso, índice de contidos e denominación oficial dos arquivos) ou cando o soporte dixital non teña traballada a súa presentación.


5.3) Para valorar integramente os contidos, non poderán aparecer erros tipográficos nin faltas de ortografía. Os arquivos con formato ilexible non poderán ser avaliados.


5.4) A entrega de traballos na plataforma virtual UDC e no prazo acordado son requisitos inescusables.


5.5) A irregularidade no seguimento da asistencia será considerada como falta grave para os implicados.

6. Mantemento de notas en convocatorias posteriores


6.1. Os criterios de avaliación son iguais para a primeira e segunda oportunidade. As partes aprobadas da materia manteranse durante as dos oportunidades do mesmo curso académico.


6.2. Os alumnos deberán adaptarse aos novos criterios da guía docente do curso no que estean matriculados.


6.3. Para manter as notas dun curso para outro, é necesario asinar un novo convenio de avaliación no prazo establecido ao comezo de cada cuadrimestre no novo curso.

 

 

 


Fontes de información
Bibliografía básica Soucie, Daniel (2002). Administración, Organización y Gestión Deportiva. Barcelona: Inde Publicacione
Luna Aroca, Roberto (2000). Bases para la dirección de entidades deportivas. Valencia. Ed. Promolibro.
Senllé, Andrés (2004). Calidad en las organizaciones deportivas. Todo lo que necesita saber . Barcelona: Gestión 2000
Zeithmal, V. A.; Parasuraman, A; Berry, L. L. (1993). Calidad total en la gestión de servicios. Madrid: Díaz de Santos
Quesada, Sergio y Díez, Mª Dolores (2002). Dirección de Centros Deportivos. Principales Funciones y Habilidades del Director Deportivo. Barcelona. Ed. Paidotribo
Campos, Carlos. (2004). Dirección y Marketing de servicios deportivos. Barcelona: Ed. Gestió i Promoció Edit.
Velásquez E.; Liliana S. (2015). El contrato de patrocinio deportivo. REUS, S.A
Desbordes, M; Ohl, F; Tribou, G. (2001). Estrategias del marketing deportivo. Análisis del consumo deportivo. Barcelona. Ed. Paidotribo
Sánchez, P.; Barajas, A.; Fraiz J.A. (2006). Guía de indicadores de xestión deportiva en Galiza. A Coruña: Toxosoutos S.L.
Sánchez Buján, Pablo (2004). Hacia una gestión de calidad en los centros deportivos. Madrid: Gymnos
Mullin, B & Hardy, S & Sutton, W. (1993). Marketing deportivo. Barcelona. Ed. Paidotribo
Ferrand, A.C.; Nardi,M.; Gambau, V. (2012). Marketing en el Fitness. Gestión de serviciosdeportivos: fidelizar y captar nuevos clientes. Barcelona: Paidotribo
Grönroos, C. (1994). Marketing y gestión de servicios. Madrid: Díaz de Santos

&amp; Campos, Carlos. (2004). Dirección y Marketing de servicios deportivos. Barcelona: Ed. Gestió i Promoció Edit.

&amp; Desbordes, M; Ohl, F; Tribou, G. (2001) “Estrategias del marketing deportivo. Análisis del consumo deportivo”. Barcelona. Ed. Paidotribo

&amp; Grönroos, c. (1994) Marketing y gestión de servicios. Madrid: Díaz de Santos.

&amp; LUNA Aroca, Roberto (2000) Bases para la dirección de entidades deportivas. Valencia. Ed. Promolibro.

&amp; mediavilla, gerardo (2001) “Comunicación corporativa en el deporte”. Madrid: Ed. Gymnos

&amp; MULLIN, B &amp; HARDY, S &amp; SUTTON, W. (1993) Marketing deportivo. Barcelona. Ed. Paidotribo.

&amp; QUESADA, SERGIO y DÍEZ, Mª DOLORES. (2002)"Dirección de Centros Deportivos. Principales Funciones y Habilidades del Director Deportivo". Barcelona: PAIDOTRIBO.

&amp; Sánchez Buján, Pablo (2000) Márketing Deportivo. La clave del éxito en la Gestión de los Centros de Actividades Físico-Deportivas y Recreativas. Madrid: Dirección general de Deportes de la Comunidad de Madrid.

&amp; Sánchez Buján, P. (2004) Técnicas de Márketing Deportivo. Madrid: Gymnos.

&amp; Sánchez Buján, P. (2004) Hacia una gestión de calidad en los centros deportivos.Madrid: Gymnos.

&amp; SENLLE, ANDRÉS (2004) Calidad en las organizaciones deportivas. Todo lo que necesita saber . Barcelona: Gestión 2000.

&amp; soucie, D. (2002) Administración, Organización y Gestión Deportiva. Barcelona: Inde Publicaciones.

&amp; Zeithmal, V. A.; Parasuraman, A; Berry, L. L. (1993) Calidad total en la gestión de servicios. Madrid: Díaz de Santos.

Bibliografía complementaria

&amp; Acosta, R. (1999): Dirección, gestión y administraciónde las Organizaciones deportivas. Barcelona: Paidotribo.

&amp; Alberto, C.; Hernando, V.; Fernández, J.A. (1996): Gestión y dirección de empresas deportivas. Madrid: Gymnos.

&amp; ARAGON, PEDRO. (1991) Técnicas de dirección y marketing para entidades deportivas. Málaga: UNISPORT / IAD.

&amp; AYORA, D. y GARCÍA, E. (2004) Organización de eventos deportivos. Barcelona, INDE.

&amp; BLOSO. (1984) Las relaciones públicas al servicio del deporte para todos. Barcelona. INEFC.

&amp; calonge, angel luis (1999) La organización y administración de clubes deportivos: manual práctico de gestión. Modalidad fútbol. Madrid: Civitas Ed.

&amp; Campos, Carlos. (1997). Marketing y patrocinio deportivo. Barcelona: Ed. Gestió i Promoció Edit.

&amp; Carroggio, Marc. (1996) Patrocinio Deportivo. Del patrocinio de los Juegos Olímpicos al deporte local. Barcelona: Ed. Ariel Comunicación.

&amp; celma, j. (2004) ABC del gestor deportivo. Barcelona: INDE.

&amp; Chazaud, Pierre. (1983) Le sport et sa gestion. Paris: Ed. Vigot.

&amp; DA BOA DE JESÚS, Manuel (1989). Promoción deportiva. Algunas consideraciones. Málaga: Unisport / IAD.

&amp; de la plata, n. (2001) Los Servicios Públicos Deportivos. Serie Estudios Europeos nº 11. Madrid: Universidad Europea - CEES Ediciones. IAD

&amp; Escuela canaria del Deporte (1997) Patrocinio y financiación de actividades deportivas. Islas Canarias: Dirección General de Deportes del Gobierno de Canarias

&amp; Escuela canaria del Deporte (1998) Organización de eventos deportivos. Islas Canarias: Dirección General de Deportes del Gobierno de Canarias

&amp; Fernández-Rivera, Iñigo (2000) Consejos para la búsqueda de un patrocinio deportivo. Cuadernos Kirolgi nº 2. Gipuzkoa, Ed. Fundación Kirolgi.

&amp; GALLARDO, LEONOR Y JIMÉNEZ, ANTONIO(2004)La gestión de los servicios deportivos municipales. Vías para la excelencia. Barcelona, INDE.

&amp; GARCÍA FERRANDO, M.; PUIG, N. y LAGARDERA, F. (2002) Sociología del Deporte. (2ª edición REVISADA) Madrid: Ciencias Sociales-Alianza Editorial.

&amp; Gil, Jose (1995):Cómo organizar una competición deportiva. Barcelona. Ed. Flash Books.

&amp; Heinemann, Klaus (1999). Sociología de las organizaciones voluntarias. El ejemplo del club deportivo. Estudios de economía y sociología. Valencia: Ed. Tirant lo Blanch.

&amp; Heinemann, Klaus (1999). Introducción a la economía del deporte. Barcelona: Ed. Paidotribo

&amp; HOWELL, DENIS. (CCPR) (1988) Comité de investigación sobre el patrocinio en el deporte. Informe Howell. Málaga: Unisport / IAD.

&amp; LANDABEREA, JUAN ANTONIO (1992) El contrato de esponsorización deportiva. Pamplona: Aranzadi.

&amp; LANDABEREA, Juan Antonio (2000) Guía práctica para elaborar contratos de patrocinio. Cuadernos Kirolgi nº 1. Gipuzkoa, Ed. Fundación Kirolgi.

&amp; loret, alain (1995) Sport et Management: de l’éthique à la practique. Paris. Revue EPS

&amp; Martín, Oscar (1996). Manual práctico de organización deportiva: Claves para un rendimiento óptimo. Madrid: Ed. Gymnos.

&amp; Martinez del castillo, Jesús (Comp.) (1999) Deporte y calidad de vida. AEISAD. Ed. ESM. Madrid.

&amp; Mestre sancho, Juan A. (2004): Estrategias de gestión deportiva local. Barcelona. Ed. INDE.

&amp; Mestre Sancho, Juan A.; García Sanchez, Eduardo (1997). La gestión del deporte municipal. Barcelona. INDE Publicaciones.

&amp; Mestre sancho, Juan A. (1997): Planificación deportiva: teoría y práctica: bases metodológicas para una planificación de la educación física y el deporte. Barcelona. Ed. INDE.

&amp; Mestre sancho, Juan A. (2002): Planificación estratégica de la gestión de Piscinas. Barcelona. INDE Publicaciones.

&amp; Mestre sancho, Juan A.; Brotóns J. M.; y Álvaro, M. (2002): La gestión deportiva: clubes y federaciones. Colección Gestión y Deporte. Barcelona: INDE Publicaciones.

&amp; Paris, fernando (1996) La planificación estratégica en las organizaciones deportivas. Barcelona: Ed. Paidotribo.

&amp; Parks, Janet B.; Zanger Beverly RK. (1993) Gestión Deportiva: Estudios y especialidades profesionales. Barcelona: Ed. Martinez Roca.

&amp; Pires, G. (1995): Desporto. Planeamento e gestäo de projectos. Ciencias do desporto. Lisboa. Ed. FMH. Traducción de Blanco, E. (1999) Deporte Planificación y gestión de proyectos.A Coruña, INEFG.

&amp; REBOLLO, SOCORRO y LATIESA MARGARITA (Eds). (2002) Salidas Profesionales en el campo del Turismo Deportivo. Málaga: Empresa Pública Turismo Andaluz / Instituto Andaluz del Deporte,

&amp; Rivas, J.M. (1996): Planificación das actividades deportivas nos concellos. Santiago de Compostela: Ed. Lea D.L.

&amp; slack, trevor (1997) Understanding sport organizations: the application of organization theory. USA: Ed. Human kinetics

&amp; Solidaridad Olímpica (1992). Escuela Itinerante: Manual de Marketing. Lausanne: Comité Olímpico Internacional.

&amp; Triadó, Xavier. (1996) El marketing en la gestión deportiva. Barcelona: GPE Colección Gestión Deportiva.

&amp; Valls, Josep Francesc (2004) Gestión de empresas de turismo y ocio. Barcelona: Gestión 2000 / ESADE

&amp; WILKINSON, DAVID. (1989) Le marketing du sport. Paris: Editions Revue EPS.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Estrutura e organización deportiva/620G01026
Creación e dirección de empresas deportivas/620G01029

Observacións

1. É moi importante estar ben informado para o correcto seguimento da materia. Recoméndase visitar a Facultade virtual regularmente, ler os documentos que serven de guía para as actividades académicas dirixidas, e asistir ás titorías co profesor.

2. É importante que o alumno coñeza os órganos de representación e os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o funcionamento dos procesos administrativos. Recoméndase coñecer a guía do alumno da UDC.

3. Será de aplicación o principio de xerarquización das fontes de Dereito: Para a toma de decisións haberá primacía do Dereito escrito e a primacía da norma emanada dos órganos superiores. É a escala normativa: Os convenios, as normas da materia, esta Guía docente, o Regulamento de Réxime Interno do Departamento CCAFYDE, os regulamentos e Estatutos da Universidade (UDC) e a lexislación superior.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías