Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Dirección e xestión deportiva Código 620G01038
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Gambau i Pinasa, Vicente
Correo electrónico
vicente.gambau@udc.es
Profesorado
Gambau i Pinasa, Vicente
Correo electrónico
vicente.gambau@udc.es
Web
Descrición xeral Unha das poucas materias deste novo plan de estudos que introducen ao ámbito profesional da dirección e xestión deportiva.
Esta materia ofrece unha visión xeral da dirección e xestión no sector da educación física, actividade física e do deporte, traballa as competencias do procedemento de intervención profesional na dirección de servizos deportivos, e desenvolve competencias de análises e diagnose, planificación estratéxica, dirección operativa de proxectos, control e avaliación, e establece a importancia da responsabilidade profesional no exercicio profesional.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 Coñecer os distintos niveis da lexislación educativa e aplicar os fundamentos básicos que promove en canto á Planificación e Programación Didáctica da Educación Física nas etapas educativas.
A29 Identificar os riscos para a saúde que se derivan da práctica de actividade física insuficiente e inadecuada en calquera colectivo ou grupo social.
A32 Dirixir e xestionar servizos, actividades, organizacións, centros, instalacións, programas e proxectos de actividade física e deportiva desde os principios de igualdade de oportunidades, supervisando e avaliando a calidade, as garantías de seguridade e saúde dos usuarios, así como a súa satisfacción e os resultados sociais e económicos.
A33 Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo adecuado para cada tipo de actividade físico-deportiva no contexto educativo, deportivo, recreativo e da actividade física e saúde.
A34 Realizar actos facultativos de elaboración de informes técnicos e peritaxes, asesorar e inspeccionar sobre actividade deportiva, instalacións e programas deportivos.
A36 Coñecer e saber aplicar as novas tecnoloxías da información e a imaxe, tanto nas ciencias da actividade física e do deporte, como no exercicio profesional.
B1 Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte.
B2 Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
B3 Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo.
B5 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán.
B6 Dinamizar grupos nos diferentes ámbitos do exercicio profesional.
B7 Xestionar a información.
B10 Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
B11 Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma.
B12 Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles.
B14 Comprender e aplicar a lexislación vixente relativa ao marco das actividades físicas e deportivas nos distintos ámbitos: educación, deporte, xestión, lecer e saúde.
B16 Dominar habilidades de comunicación verbal e non verbal necesarias no contexto da actividade física e o deporte.
B17 Promover e avaliar actividades de ampliación curricular, referentes á creación de hábitos autónomos de actividade física e deporte.
B19 Exercer a profesión con responsabilidade, respecto e compromiso.
B20 Coñecer, reflexionar e adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e o traballo en equipo a partir das prácticas externas en algún dos principais ámbitos de integración laboral, en relación ás competencias adquiridas no grao que se verán reflectidas no traballo fin de grao.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Dirixir e xestionar servizos, actividades, organizacións, centros, instalacións, programas e proxectos de actividade física e deportiva desde os principios de igualdade de oportunidades, supervisando e avaliando a calidade, as garantías de seguridade e saúde dos usuarios, así como a súa satisfacción e os resultados sociais e económicos A32
A34
Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo adecuado para cada tipo de actividade físico-deportiva no contexto educativo, deportivo, recreativo e da actividade física e saúde A33
Realizar actos facultativos de elaboración de informes técnicos e peritaxes, asesorar e inspeccionar sobre actividade deportiva, instalacións e programas deportivos. A34
Coñecer e saber aplicar as novas tecnoloxías da información e a imaxe, tanto nas ciencias da actividade física e do deporte, como no exercicio profesional A36
Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte B1
Asumir a responsabilidade, ética, respecto e compromiso, no exercicio da profesión B5
B12
B19
C4
C7
Desenvolver habilidades de dirección relativas á resolución de problemas, traballo en equipo e autonomía B2
B3
B4
B6
B11
B17
B20
Xestionar a información e a comunicación B7
B10
B16
Comprender e aplicar a lexislación vixente relativa ao marco das actividades físicas e deportivas nos distintos ámbitos: educación, deporte, xestión, lecer e saúde. A10
B14
Identificar os riscos para a saúde que se derivan da práctica de actividade física insuficiente e inadecuada en calquera colectivo ou grupo social A29

Contidos
Temas Subtemas
1. Fundamentos da dirección e xestión deportiva 1.1. Concepto
1.2. Evolución
1.3. Actividade profesional
1.4. Problemáticas
2. A dirección e xestión deportiva: procedementos profesionais 2.1. Análise e diagnóstico
2.2. A planificación estratéxica
2.3. A planificación operativa
2.4. A execución
2.5. O control
2.6. A avaliación
3. Dirección de proxectos deportivos 3.1. Concepto de proxecto
3.2. A Dirección Integrada de proxectos
3.3. Os grupos de procesos
3.4. As áreas de coñecemento
4. A intervención profesional no ámbito da dirección do deporte. 4.1. Ocupacións profesionais
4.2. O perfil profesional
4.3. As habilidades directivas
4.4. A responsabilidade profesional

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A36 B10 1 1 2
Sesión maxistral A32 A33 A34 B12 B17 B19 B20 C4 C7 12 0 12
Traballos tutelados A29 A32 A33 A34 B4 B14 B16 12 24 36
Proba mixta A32 A33 A34 3 9 12
Estudo de casos A32 A33 A34 10 30 40
Portafolios do alumno A10 A32 A33 A34 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B11 11 33 44
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral PARTICIPACIÓN ACTIVA: Sesións presenciais en aula ou telemáticas sobre teoría da dirección e xestión aplicada aos servizos de educación física e deportiva.

Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados TRABALLO TUTELADO: Elaboración e presentación grupal de temáticas de dirección e xestión deportiva seguindo as pautas do profesor da materia expostas en clase e na documentación do Campus Virtual UDC
Proba mixta EXAMEN OFICIAL: A proba mixta final dispón de dúas partes: una proba obxectiva multiítem sobre os coñecementos da materia(SABER) e una proba obxectiva multiítem sobre os contidos teórico-prácticos (SABER FACER)
Aplicarase un factor corrector do azar.
Os contidos da proba incluirán apuntes de clase e a documentación complementaria da materia.
Estudo de casos PRÁCTICAS DE AULA: Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Portafolios do alumno INFORME DE MÉRITOS: É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
<>

Toda comunicación relacionada coa materia entre profesor e estudante será exclusivamente mediante o SERVIZO DE CHAT PRIVADO DE TEAMS UDC.

As TITORÍAS poderán ser ordinarias (presenciais ou telemáticas), extraordinarias de avaliación, de revisión de notas o de reclamación sobre cualificacións.

a) Titorías presenciais: O profesor atenderá no horario de tutorías calquera consulta, suxestión ou problemática do estudantado. As titorías en período de exames terán horarios diferentes. Deberán confirmarse por anticipado. Para iso as persoas interesadas solicitarán, mediante o servizo de Chat privado de Teams UDC, o día e hora que desexen, dentro do horario de titorías, aportando os seus datos, curso e grupo.
b) Titorías telemáticas: Para calquera suxestión ou petición persoal por escrito disponse exclusivamente do servizo de Chat privado de Teams UDC.
c) Titorías extraordinarias de avaliación: Exposición e defensa de contidos da avaliación a petición do profesor, dentro do horario habitual de titorías.
d) Titorías de revisión de notas: O estudantado poderá revisar os seus contidos de avaliación nas horas convidas para tal fin de forma individualizada.
e) Titorías extraordinarias de reclamación sobre cualificaciones: Calquera problemática respecto de a avaliación de exames ou doutros contidos, será tratada en horario de Revisión de notas. Consultar o procedemento nas NORMAS DE DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIONES DOS ESTUDOS DE GRADO E MAESTRADO UNIVERSITARIO

Para calquera cuestión de interese colectivo ou de debate grupal poderase utilizar o Foro De Novas creado para tal efecto no Campus Virtual UDC.

Ante cualquer tipo de problemática no desenvolvemento da materia, rógase acudir en primeira instancia ao profesor. Si deséxase permanecer no anonimato, é importante insistir aos Representantes de Estudantes que se dirixan en primeira instancia ao profesor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A32 A33 A34 B12 B17 B19 B20 C4 C7 Participación activa nas sesións presenciais 5
Portafolios do alumno A10 A32 A33 A34 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B11 Informe de méritos: Presentación dos méritos realizados e participación activa nas sesións 15
Traballos tutelados A29 A32 A33 A34 B4 B14 B16 Elaboración e presentación grupal de temáticas de dirección e xestión deportiva seguindo as pautas do profesor da materia expostas en clase e na documentación do Campus Virtual UDC 30
Proba mixta A32 A33 A34 A proba mixta final dispón de dúas partes: una proba obxectiva multiítem sobre os coñecementos da materia(SABER) e una proba obxectiva multiítem sobre os contidos teórico-prácticos (SABER FACER)
Aplicarase un factor corrector do azar.
Os contidos da proba incluirán apuntes de clase e a documentación complementaria da materia.
25
Estudo de casos A32 A33 A34 Prácticas de Aula. 25
 
Observacións avaliación

1. Todo o estudantado,incluídos os/as estudantes con dedicación a tempo parcial, opta pola Avaliación oficial DXD. A avaliación da materia consta de catro apartados que corresponden a catro competencias básicas: avaliación dos coñecementos achegados en sesións teóricas de aula (saber), avaliación dos procedementos teórico-prácticos (saber facer), avaliación das actitudes (saber estar), e avaliación da comunicación dos aprendizaxes do propio estudantado (facer saber). 

2. A porcentaxe mínima de asistencia para a avaliación será do 75 %. Valorase a participación activa. 

No caso de estudiantado que, por causa justificada segundo normativa UDC, non alcance a porcentaxe de presencialidad establécese a seguinte alternativa: 
  • Entre 65 e 74 % Lectura complementaria con defensa do contido. 
  • Entre 50 e 64 % Traballo de recensión sobre un libro de dirección e xestión deportiva acordado co profesor con defensa do contido. 
  • Menos do 50 %: Elaboración dun proxecto dun servizo deportivo ou acontecemento deportivo seguindo a actual norma de calidade de proxectos AENOR.

3. Na Avaliación Oficial DXD, o estudantado deberá realizar os contidos mínimos seguindo as directrices da guía docente e das instrucións para a elaboración de traballos de avaliación da plataforma virtual UDC independentemente da 1ª ou 2ªoportunidade.

4. Mantemento de notas na segunda oportunidade e nas convocatorias posteriores 

  • Os criterios de avaliación son iguais para a primeira e segunda oportunidade. As partes aprobadas da materia manteranse durante as dúas oportunidades do mesmo curso académico e, si é o caso, durante a convocatoria adiantada de decembro.
  • Cada estudante deberá adaptarse aos novos criterios da guía docente do curso no que estea matriculado. 
  • Para manter as notas dun curso para outro, é necesario solicitalo no prazo establecido ao comezo do novo curso. 
5. Dispoñibilidade dos idiomas en relación as probas escritas de avaliación 
  • O idioma no que se presentará/n a/s proba/s de avaliación será o galego. A solicitude do idioma da proba en castelán realizarase unha semana antes da convocatoria oficial. 

6. Contemplase a posibilidade de opcións alternativas de avaliación para casos especiais xustificados e contemplados na normativa UDC.

7. Nas probas online, se empregará a plataforma da UDC ou sistemas recoñecidos por esta. 

8. Implicacións de plaxio na realización das probas ou actividades de avaliación: 
  • A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).
9. Criterios de avaliación para todo o estudantado: 
  • A proba escrita final consistirá en unha proba obxectiva multiítem. Preguntas obxectivas, V/F, preguntas de resposta breve e unha pregunta de desenrolo dun tema breve. Aplicarase un factor corrector do azar. Os contidos da proba incluirán contidos de clase e a documentación complementaria da materia. 
  • Os criterios de avaliación de cada contido serán expostos en clase e serán publicados no Campus Virtual UDC. 
  • Os criterios que rexen a avaliación son os que garanten a consecución dos obxectivos do programa, cumprindo cos principios xerais de igualdade, equidade, seguridade documental e boa fe. 
  • A cualificación final obterase da media de todos os contidos, a condición de que cada contido alcance, como mínimo, o 50 % do seu valor. 
  • Establécese entre os requisitos necesarios para superar a materia, pasar correctamente os controis de seguimento, a defensa apropiada dos contidos a petición discrecional do profesor, e non cometer ningún erro grave respecto dos criterios de avaliación.
10. Presentación / entrega de traballos: 
  • Presentación total. Nos contidos que estean constituídos por varios traballos, terase en conta a presentación de todos eles para a elaboración da nota correspondente.
  • A presentación de traballos en soporte dixital realizarase coidando aspectos formais de presentación, estruturais e de contido. Rexeitarase todo soporte dixital que non dispoña da identificación adecuada (nome e apelidos, código da materia, curso, índice de contidos e denominación oficial dos arquivos) ou cando o soporte dixital non teña traballada a súa presentación. 
  • Para valorar integramente os contidos, non poderán aparecer erros tipográficos nin faltas de ortografía. Os arquivos con formato ilexible non poderán ser avaliados. 
  • A entrega de traballos no Campus Virtual UDC e no prazo acordado son requisitos inescusables.

Fontes de información
Bibliografía básica Soucie, Daniel (2002). Administración, Organización y Gestión Deportiva. Barcelona: Inde Publicacione
Luna Aroca, Roberto (2000). Bases para la dirección de entidades deportivas. Valencia. Ed. Promolibro.
Senllé, Andrés (2004). Calidad en las organizaciones deportivas. Todo lo que necesita saber . Barcelona: Gestión 2000
Zeithmal, V. A.; Parasuraman, A; Berry, L. L. (1993). Calidad total en la gestión de servicios. Madrid: Díaz de Santos
Mediavilla, Gerardo (2001). Comunicación corporativa en el deporte. Madrid: Ed. Gymnos
Quesada, Sergio y Díez, Mª Dolores (2002). Dirección de Centros Deportivos. Principales Funciones y Habilidades del Director Deportivo. Barcelona. Ed. Paidotribo
Campos, Carlos. (2004). Dirección y Marketing de servicios deportivos. Barcelona: Ed. Gestió i Promoció Edit.
Velásquez E.; Liliana S. (2015). El contrato de patrocinio deportivo. REUS, S.A
Desbordes, M; Ohl, F; Tribou, G. (2001). Estrategias del marketing deportivo. Análisis del consumo deportivo. Barcelona. Ed. Paidotribo
Sánchez, P.; Barajas, A.; Fraiz J.A. (2006). Guía de indicadores de xestión deportiva en Galiza. A Coruña: Toxosoutos S.L.
Sánchez Buján, Pablo (2004). Hacia una gestión de calidad en los centros deportivos. Madrid: Gymnos
Mullin, B & Hardy, S & Sutton, W. (1993). Marketing deportivo. Barcelona. Ed. Paidotribo
Ferrand, A.C.; Nardi,M.; Gambau, V. (2012). Marketing en el Fitness. Gestión de serviciosdeportivos: fidelizar y captar nuevos clientes. Barcelona: Paidotribo
Grönroos, C. (1994). Marketing y gestión de servicios. Madrid: Díaz de Santos

Bibliografía complementaria
  • Acosta, R. (1999): Dirección, gestión y administraciónde las Organizaciones deportivas. Barcelona: Paidotribo.
  • Alberto, C.; Hernando, V.; Fernández, J.A. (1996): Gestión y dirección de empresas deportivas. Madrid: Gymnos.
  • Aragon, Pedro (1991) Técnicas de dirección y marketing para entidades deportivas. Málaga: UNISPORT / IAD.
  • Ayora, D. y García, E. (2004) Organización de eventos deportivos. Barcelona, INDE.
  • BLOSO. (1984) Las relaciones públicas al servicio del deporte para todos. Barcelona. INEFC.
  • Calonge, Angel Luis (1999) La organización y administración de clubes deportivos: manual práctico de gestión. Modalidad fútbol. Madrid: Civitas Ed.
  • Campos, Carlos. (1997). Marketing y patrocinio deportivo. Barcelona: Ed. Gestió i Promoció Edit.
  • Carroggio, Marc. (1996) Patrocinio Deportivo. Del patrocinio de los Juegos Olímpicos al deporte local. Barcelona: Ed. Ariel Comunicación.
  • Celma, Joan (2004) ABC del gestor deportivo. Barcelona: INDE.
  • Chazaud, Pierre. (1983) Le sport et sa gestion. Paris: Ed. Vigot.
  • Da Boa De Jesús, Manuel (1989). Promoción deportiva. Algunas consideraciones. Málaga: Unisport / IAD.
  • De la Plata, N. (2001) Los Servicios Públicos Deportivos. Serie Estudios Europeos nº 11. Madrid: Universidad Europea - CEES Ediciones. IAD
  • Escuela Canaria del Deporte (1997) Patrocinio y financiación de actividades deportivas. Islas Canarias: Dirección General de Deportes del Gobierno de Canarias
  • Escuela Canaria del Deporte (1998) Organización de eventos deportivos. Islas Canarias: Dirección General de Deportes del Gobierno de Canarias
  • Fernández-Rivera, Iñigo (2000) Consejos para la búsqueda de un patrocinio deportivo. Cuadernos Kirolgi nº 2. Gipuzkoa, Ed. Fundación Kirolgi.
  • Gallardo, Leonor y Jiménez, Antonio (2004)La gestión de los servicios deportivos municipales. Vías para la excelencia. Barcelona, INDE.
  • García Ferrando, M.; Puig, N. y Lagardera, F. (2002) Sociología del Deporte. (2ª edición REVISADA) Madrid: Ciencias Sociales-Alianza Editorial.
  • Gil, Jose (1995):Cómo organizar una competición deportiva. Barcelona. Ed. Flash Books.
  • Heinemann, Klaus (1999). Sociología de las organizaciones voluntarias. El ejemplo del club deportivo. Estudios de economía y sociología. Valencia: Ed. Tirant lo Blanch.
  • Heinemann, Klaus (1999). Introducción a la economía del deporte. Barcelona: Ed. Paidotribo
  • Howell, Denis (CCPR) (1988) Comité de investigación sobre el patrocinio en el deporte. Informe Howell. Málaga: Unisport / IAD.
  • Landaberea, Juan Antonio (1992) El contrato de esponsorización deportiva. Pamplona: Aranzadi.
  • Landaberea, Juan Antonio (2000) Guía práctica para elaborar contratos de patrocinio. Cuadernos Kirolgi nº 1. Gipuzkoa, Ed. Fundación Kirolgi.
  • Loret, Alain (1995) Sport et Management: de l’éthique à la practique. Paris. Revue EPS
  • Martín, Oscar (1996). Manual práctico de organización deportiva: Claves para un rendimiento óptimo. Madrid: Ed. Gymnos.
  • Martinez del Castillo, Jesús (Comp.) (1999) Deporte y calidad de vida. AEISAD. Ed. ESM. Madrid.
  • Mestre Sancho, Juan A. (2004): Estrategias de gestión deportiva local. Barcelona. Ed. INDE.
  • Mestre Sancho, Juan A.; García Sanchez, Eduardo (1997). La gestión del deporte municipal. Barcelona. INDE Publicaciones.
  • Mestre Sancho, Juan A. (1997): Planificación deportiva: teoría y práctica: bases metodológicas para una planificación de la educación física y el deporte. Barcelona. Ed. INDE.
  • Mestre Sancho, Juan A. (2002): Planificación estratégica de la gestión de Piscinas. Barcelona. INDE Publicaciones.
  • Mestre Sancho, Juan A.; Brotóns J. M.; y Álvaro, M. (2002): La gestión deportiva: clubes y federaciones. Colección Gestión y Deporte. Barcelona: INDE Publicaciones.
  • Paris, Fernando (1996) La planificación estratégica en las organizaciones deportivas. Barcelona: Ed. Paidotribo.
  • Parks, Janet B.; Zanger Beverly RK. (1993) Gestión Deportiva: Estudios y especialidades profesionales. Barcelona: Ed. Martinez Roca.
  • Pires, G. (1995): Desporto. Planeamento e gestäo de projectos. Ciencias do desporto. Lisboa. Ed. FMH. Traducción de Blanco, E. (1999) Deporte Planificación y gestión de proyectos.A Coruña, INEFG.
  • Rebollo, Socorro y Latiesa Margarita (Eds). (2002) Salidas Profesionales en el campo del Turismo Deportivo. Málaga: Empresa Pública Turismo Andaluz / Instituto Andaluz del Deporte,
  • Rivas, J.M. (1996): Planificación das actividades deportivas nos concellos. Santiago de Compostela: Ed. Lea D.L.
  • Slack, Trevor (1997) Understanding sport organizations: the application of organization theory. USA: Ed. Human kinetics
  • Solidaridad Olímpica (1992). Escuela Itinerante: Manual de Marketing. Lausanne: Comité Olímpico Internacional.
  • Triadó, Xavier. (1996) El marketing en la gestión deportiva. Barcelona: GPE Colección Gestión Deportiva.
  • Valls, Josep Francesc (2004) Gestión de empresas de turismo y ocio. Barcelona: Gestión 2000 / ESADE
  • Wilkinson, David (1989) Le marketing du sport. Paris: Editions Revue EPS.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estrutura e organización deportiva/620G01026
Creación e dirección de empresas deportivas/620G01029

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1. É moi importante estar ben informado para o correcto seguimento da materia. Recoméndase visitar a Facultade virtual regularmente, ler os documentos que serven de guía para as actividades académicas dirixidas, e asistir ás titorías co profesor.

2. É importante que cada estudante coñeza os órganos de representación e os dereitos e obrigacións do estudantado, así como o funcionamento dos procesos administrativos. Recoméndase coñecer a guía do/a estudante da UDC.

3. Será de aplicación o principio de xerarquización das fontes de Dereito: Para a toma de decisións haberá primacía do Dereito escrito e a primacía da norma emanada dos órganos superiores. É a escala normativa: Os convenios, as normas da materia, esta Guía docente, o Regulamento de Réxime Interno do Departamento CAFyD, os regulamentos e Estatutos da Universidade (UDC) e a lexislación superior.

4. Coa finalidade de mellorar o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería convinte que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto a participar no proceso de avaliación das materias cursadas” e cuxa chamada realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo en responder as enquisas que avalían a docencia do profesorado en cada materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías