Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Actividade física no medio natural Código 620G01039
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Gomez Varela, Joaquin
Correo electrónico
joaquin.gomez.varela@udc.es
Profesorado
Gomez Varela, Joaquin
Correo electrónico
joaquin.gomez.varela@udc.es
Web
Descrición xeral A asignatura Actividade Física no Medio Natural, pertencente ao módulo 5 “Ensino da Educación Física” do título de Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, introduce ao estudante ao coñecemento daquelas actividades que, con carácter educativo, recreativo, deportivo ou turístico, teñen lugar en espazos abertos o aire libre ou escasamente modificados pola man do ser humano.
As actividades na natureza representan desde a orixe da educación física un recurso relevante como instrumento para o desenvolvemento integral das nenas e nenos, como así se pode observar no propio Manifesto da Educación Física en 1970, cando fai referencia ao concepto xeral da Educación Fisica como “parte da educación que utiliza de unha maneira sistematica as actividades físicas e a influencia dos axentes naturais: aire, sol, auga, etc., como medios específicos”. Acomodada esta conceptualización a unha contexto deteminado, revísase a súa visión no manifestó do ano 2000, no que a Educación Física conéctase co resto de elementos e cuestións universáis, como o medio ambiente e a súa problemática, intríncandose para establecer unha íntima relación que chega ata os nosos días. Así póis, o séu capítulo XIX versa integramente sobre a Educación Física e as responsabilidades ante o medio ambiente. Así pois a Educación Física benefíciase dos ambientes naturais, e ao mesmo tempo a través de esta o considera e trata de melloralo, como movemento coherente coa Axenda 21.
Deste xeito, hoxe en día estas prácticas forman parte do curriculum da Educación Física como asignatura, contribuíndo ademáis ao aprecio pola natureza e ao desenvolvemento dunha conciencia ecolóxica.
Por outra banda, tamén se aprecia un incremento das prácticas deportivas no medio natural no ámbito recreativo, deportivo e turístico desde fináis do século XX; corrente que se mantén na actualidade, reflexada nas abundantes referencias científicas, de divulgación, regulacións, plans de formación, etc, ao que a formación de una graduada ou grado en ciencias da actividade física e o deporte non pode ser allea.
Así pois, as prácticas deportivas no medio natural, polo seu vínculo coa actividade física representan un área de desenvolvemento profesional importante no que desenvolver a súa labor as graduadas e graduados en ciencias da actividade física e o deporte.
Fruto de todo isto, o título de Grao recolle, a través das competencias A16, A17 e A21, o deseño, planificación, programación e realización de actividades físicas e deportivas nos medios naturais, que se convirten de este xeito na referencia principal para o desenvolvemento desta guía docente.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os beneficios do deporte como experiencia de lecer para ser capaz de incluír os indicadores fundamentais na planificación e atender os mesmos no desenvolvemento da práctica de lecer, considerando o xénero, a idade e a discapacidade, e analizando con enfoque crítico as estratexias de discriminación positiva.
A2 Comprender os procesos históricos das actividades físico-deportivas e a súa influencia na sociedade contemporánea, estudando o caso de España e Galicia, e a presenza diferenciada dos homes e das mulleres.
A10 Coñecer os distintos niveis da lexislación educativa e aplicar os fundamentos básicos que promove en canto á Planificación e Programación Didáctica da Educación Física nas etapas educativas.
A16 Deseñar, programar e desenvolver actividades esenciais da motricidade humana: o xogo, a danza e a expresión corporal, o exercicio e as actividades no medio natural, no ámbito educativo, recreativo e da actividade física e saúde, promovendo a igualdade de dereitos e oportunidades e evitando a exclusión en función do xénero e a discapacidade.
A17 Programar e desenvolver actividades físico-deportivas no medio natural, no contexto educativo e recreativo, favorecendo a participación á que todos teñen dereito e evitando a invisibilidade por razóns de xénero ou discapacidade.
A21 Deseñar, planificar e realizar actividades físicas e deportivas en lugares ou espazos que implican un risco intrínseco: no medio acuático, na neve ou outros do medio natural ou con animais.
A25 Identificar e comprender os requisitos psicomotores e sociomotores das habilidades deportivas, executando basicamente as habilidades motrices específicas dun conxunto de deportes, considerando as diferenzas por xénero.
A29 Identificar os riscos para a saúde que se derivan da práctica de actividade física insuficiente e inadecuada en calquera colectivo ou grupo social.
A30 Aplicar técnicas e protocolos que lle permitan asistir como primeiro interviniente en caso de accidente ou situación de emerxencia, aplicando, de ser necesario, os primeiros auxilios.
A33 Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo adecuado para cada tipo de actividade físico-deportiva no contexto educativo, deportivo, recreativo e da actividade física e saúde.
B2 Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
B4 Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo.
B6 Dinamizar grupos nos diferentes ámbitos do exercicio profesional.
B10 Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
B11 Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma.
B14 Comprender e aplicar a lexislación vixente relativa ao marco das actividades físicas e deportivas nos distintos ámbitos: educación, deporte, xestión, lecer e saúde.
B15 Comprender e saber utilizar as importantes posibilidades que a educación física e o deporte teñen para xerar hábitos sociais e valores democráticos (coeducación de xéneros, respecto á diversidade social e cultural, cooperación, competición respectuosa, compromiso co contorno…).
B19 Exercer a profesión con responsabilidade, respecto e compromiso.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e analizar o significado das AFMN, tanto na súa evolución, coma no contexto deportivo e social na actualidade A1
A2
A10
B14
B15
Seleccionar e saber utilizar o equipamento individual e de grupo para o disfrute das AFMN, atendendo as diferentes condicións nas que se desenvolvan, así como as normativas con elas relacionadas A33
Coñecer e aplicar axeitadamente as técnicas básicas de orientación, progresión, e conduccion de grupos nos diferentes tipos de entornos naturáis, atendendo aos principios de seguridade e sostenibilidade A25
A33
Interpretar os diferentes entornos naturaís como soporte ambiental para o desenvolmento das prácticas físico-deportivas, así como os seus elementos estructuráis e as dinámicas que se establecen entre eles durante a práctica deportiva A17
Determinar as medidas de sostenibilidade precisas en relacionadas coa práctica e organización de actividades físico-deportivas no medio natural. B15
B19
C4
Evaluar o rol de responsable, dinamizador e formador na práctica profesional das actividades no medio natural, atendendo ás peculiaridades psico-sociales e ambientales nas que teñen lugar B19
Xestionar os riscos para a saúde e a integridade que se derivan da practica inadecuada das actividades físico-deportivo no medio natural en calquer colectivo, e aplicar técnicas e protocolos que lle permitan asistir como primero interviniente en caso de accidente ou situación de emergencia, aplicando, de ser necesario, os primeiros auxilios A29
A30
B2
B19
Aplicar as habilidades ou competencias docentes que faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe nos diferentes entornos nos que teñen lugar as actividades físico-deportivas no medio natural, co necesario grao de seguridade, sostenibilidade e éxito no seu desenvolvemento B11
B14
Elaborar propostas curriculares sobre as actividades físico-deportivas no medio natural para as distintas etapas da enseñanza obligatoria, desenvolvendo os elementos da programación didáctica da área de Educación Física, con arranxo á lexislación vixente e ó proxecto educativo de centro. A16
A17
B14
B15
C3
Elaborar programas de actividades físico-deportivas nos entornos naturais, nos ámbitos recreativo e turístico con arranxo á legislación vixente, e de acordó cos principios de seguridad e sostenibilidade. A16
A21
B4
B6
B10
C3
Coñecer e comprender diversas AFMN como recursos facilitadores do desenvolvemento e disfrute persoal nos ámbitos educativo, recreativo e turístico A17
A25
A29
A33

Contidos
Temas Subtemas
Tema 0. Presentación do programa 0.1.. A asignatura Actividade Física no Medio Natural no Grao en Ciencias da Actividadde Física e do Deporte e o seu desenvolvemento
Tema 1. Introducción ás Actividades Físicas no Medio Natural (AFMN) 1.1. Evolución e desenvolvemento das prácticas físico-deportivas no medio natural.

1.2. As actividades físico-deportivas no medio natural: ¿a qué facemos referencia?: Contextualización e conceptualización.

1..3. Motivos para a desenvolvemento das AFMN, e justificación para o seu desenvolvemento.

1.4. As AMN no contexto educativo: Marco normativo e curricular.

1.5. As AMN no contexto recreativo e turistico: Marco normativo e de xestión
Tema 2. Actividades de aire libre e fundamentáis no medio natural 2.1. Permanencia nos entornos naturáis: equipamiento, satisfacción das necesidades básicas para a permanencia na natureza e pernocta.

2.2. Moverse na natureza, técnicas de progresión e conducción de grupos por sendeiros e itinerarios de baixa e media montaña

2.3. Orientación no medio natural: Balizas, cartografía, busolas e GPS, e o seu uso no recorrido dun itinerario pola natureza
Tema 3. Entornos naturais: Coñecemento, interpretación, uso e impacto en relación as AFMN 3.1. O Medio natural: Elementos, interpretación da paisaxe e interpretación do medio ambente

3.2. O clima e a meteoroloxía e a súa influenza sobor das AFMN

3.3. Las AFMN sostenibles: Integración da educación ambiental y das estrategias de minimización dos impactos nas AFMN
Tema 4. Seguridade nas AFMN: pautas de prevención e actuación 4.1. Seguridade e risco nas AFMN: Elementos e variables que inciden no desenrolo das AFMN

4.2. Xestión do risco nas AFMN: Axpectos normativos e procedimentáis

4.3. Protocolos e medidas de actuación ante accidentes no medio natural
Tema 5. Programación en desenvolvemento das AFMN no ámbito educativo, recreativo e turístico 5.1. Programación e desenvolvemento das AFMN no entorno escolar

5.2. Programación e desenvolvemento de actividades campamentáis e de aire libre para a xuventude.

5.3. Programación e desenvolvemento das AFMN no marco do Turismo Activo
Tema 6. Prácticas deportivo-recreativas no medio natural 6.1. Plantexamentos dinamizadores de grupo no medio natural: Outdoor training e a pedagoxía da aventura

6.2. Practicas deportivas de progresión fundamentalmente no medio terrestre.

6.3. Prácticas deportivas de progresión fundamentalmente no medio acuático.

6.4. Prácticas deportivas multiaventura.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A1 A10 A16 A33 B15 19 19 38
Práctica de actividade física A21 A25 A29 A30 A33 B2 B4 B6 B11 13 13 26
Saídas de campo A16 A17 A21 A25 A29 A30 A33 B2 B4 B6 B10 B11 B14 B19 C4 16 16 32
Traballos tutelados A16 A17 A21 B4 B10 C3 0 21 21
Lecturas A1 A29 0 5 5
Proba mixta A2 A1 A10 A25 A30 A33 B2 B14 2 0 2
Prácticas a través de TIC A16 A17 A21 B10 C3 0 15 15
Prácticas de laboratorio A25 A33 B2 B11 B19 5 0 5
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Práctica de actividade física Actividades desenvolvidas tanto no espacios da Universidade da Coruña, como nos entornos naturáis próximos a Facultade de Ciencias do Deporte (praia, monte, campo, etc.). Consistentes no desenvolvemento de actividades físicas e deportivas relacionadas coas habilidades fundamentáis e específicas características das AFMN
Saídas de campo Actividades desenvolvidas en entornos naturáis, relacionadas co ámbito de estudio da materia; centradas no desenvolvemento de capacidades relativas ó deseño, organización e posta en práctica de actividades físicas no medio natural con carácter educativo/recreativo/deportivo/turístico, tendo en conta os principios de seguridade e sostenibilidade ambiental das mesmas.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Vincularánse principalmente as prácticas de actividade física e as saídas de campo
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Prácticas a través de TIC Participación a través da plataforma Moodle, que implicará o desenvolvemento de tarefas de diseño de actividades e proxectos, acceso e trabalo con contidos e aplicacións da rede. Xestión da súa evolución na adquisición de competencias e aprendizaxes.
Prácticas de laboratorio Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Os/as estudantes disporán tanto das horas de tutoría particular, como das horas de tutoría grupal para consultar ou ser asesorados polo profesor de cara ao desenvolvemento da asignatura

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A1 A10 A16 A33 B15 Participación no 70% das sesións 7
Práctica de actividade física A21 A25 A29 A30 A33 B2 B4 B6 B11 Participación no 70% das sesións 7
Saídas de campo A16 A17 A21 A25 A29 A30 A33 B2 B4 B6 B10 B11 B14 B19 C4 Participación nunha saida a un espacio natural/Traballo alternativo 20
Traballos tutelados A16 A17 A21 B4 B10 C3 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
20
Proba mixta A2 A1 A10 A25 A30 A33 B2 B14 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
30
Prácticas de laboratorio A25 A33 B2 B11 B19 Participación no desenvolvemento de estudos ou proxectos de investigación relacionados cos contidos e actividades da asignatura 6
Prácticas a través de TIC A16 A17 A21 B10 C3 Desevolvemento de tarefas sobre a plataforma Moodle relacionadas con sesión maxistráis, prácticas e as saídas de campo. 10
 
Observacións avaliación

- Enténdese por asistencia ás actividades de saídas de campo, práctica de actividade física e sesión maxistral a presenza na aulta e o desenvolvemento en prazo e forma das tarefas que se prantexen en relación ós contidos relacionados coas sesións.

- Nas dúas primeiras semanas do cuatrimestre os estudiantes confirmarán a súa participación na/s saída/s de campo o bien no desenvolvemento dun traballo alternativo sobre a programación dunha saída organizada en un espacio natural. De igual xeito, no caso de que algún estudante por enfermidade, lesión o impedimento xustificado non poda participar nalgunha das saídas de campo levadas a cabo desde a asignatura, poderá tomar parte en esta evaluación alternativa.

- Se por algún motivo justificado o estudiante non poidese participar no apartado de investigación, o bien este apartado no poidera levarse a cabo, o porcentaxe de avaliación correspondiente vincularías e ao porcentaxe dos traballos tutelados.

- Entenderáse en calquer caso que para a superación da asignatura será preciso ter aprobados cada un dos apartados da avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica Los mejores nudos de escalada Núñez, Tino Madrid: Desnivel, 2005 (). .
Long, J. (1994). Escalar en rocódromos. Madrid: Desnivel (). .
Aspas, J. M. (2000). Los deportes de aventura. Consideraciones jurídicas sobre el turismo activo. Za (). .
Errores en escalada : 101 casos reales de accidentes e incidentes : clásica, deportiva, rocódromo C (). .
Blanchard, K. & Cheska, A. (1986). Antropología del Deporte. Barcelona: Bellaterra. (). .
Camps, A., Carretero, J. L. & Perich, M. J. (1995). Aspectos normativos que inciden en las activ (). .
Cornejo, C. (2001). J. J. Rousseau y la Educación Física. En García, S. (Ed.), VIII Simposium Histor (). .
Cruz, J. (2001). El Yunque Azul. Frente de Juventudes y Sistema Educativo. Razones de un Fracaso. Ma (). .
Diem, C. (1966). Historia de los Deportes. Barcelona: Luís de Caralt (). .
García Ferrando, M. (2006). Posmodernidad y deporte: Entre la individualización y la masificación. E (). .
Gutiérrez Sanmartín, M. y González de Martos, M. (1995) Deportes de riesgo y aventura: una perspecti (). .
Ortega, N. (2001). Paisaje y Excursiones. Francisco Giner, la Institución Libre de Enseñanza y la Si (). .
Sánchez Martín, R (1996): "Los usos sociales del riesgo: el deporte de aventura como configurad (). .
Santos, M. L. & Martínez, L. F. (2002). La Educación Física y las actividades en el medio natur (). .
Turini, H. (2002). Deporte y naturaleza: la experiencia sensible, (3-14) en Rebollo et al. (Eds.). N (). .
Villalvilla, H. et al. (2001). Deporte y naturaleza. El impacto de las actividades deportivas y de o (). .
Aparicio, M. (1997). Aire libre: un medio educativo. Pedagogía, Técnicas y Experiencias. Madrid: Edi (). .
Bharat, J. (1982). Vivir la naturaleza con los niños. Barcelona: Ediciones 29. (). .
Colorado, J. (2001). Montañismo y Trekking. Manual completo. Madrid: Desnivel (). .
Corbellini, G. (1998). Manual de orientación. El mapa, la brújula, el cielo, el GPS. Madrid: Tutor. (). .
García, E. (2000). Orientación. Desde el mapa y la brújula hasta el GPS y las carreras de orientació (). .
García, E. (2001). Carreras de orientación. El deporte del siglo XXI. Madrid: Desnivel (). .
Graydon, D. & Hanson, K. (1998). Montañismo. La libertad en las cimas. Madrid: Desnivel. (). .
Long, J. (1996). Anclajes en escalada. Madrid: Desnivel. (). .
López, P. (2000). La educación ambiental en las actividades físico-deportivas y recreativo-turística (). .
Melendo, J. A. et al. (2002). Manual de técnicas de montaña e interpretación de la naturaleza. Barc (). .
Meyer, K. (1999). Cómo cagar en el monte. Madrid: Desnivel. (). .
Mugarra, A. (2000). Sin dejar huella. Madrid: Desnivel. (). .
Murcia, M. (1996). Prevención, seguridad y autorrescate. Madrid: Desnivel. (). .
Puch, C. (2000). Manual práctico de GPS. Introducción al sistema global de posición. Madrid: Desnive (). .
Puch, C. (2002). GPS. Aplicaciones prácticas. Madrid: Desnivel. (). .
Shubert, P. (1996). Seguridad y riesgo. Análisis y prevención de accidentes de escalada. Madrid: Des (). .
Escalada deportiva segura Guerra, Toño Madrid : Desnivel, 2013 (). .
Winter, S. (2000). Escalada deportiva con niños y adolescentes. Madrid: Desnivel. (). .
Juegos de escalada : más de 120 actividades con las que poner a prueba y entrenar las manos, los pie (). .
Sánchez, J. y Otalora, J. (2006). Fundamentos de Trabajo en Equipo para equipos de trabajo. McGraw Hill
Bordens, K. S. y Abbott, B. B. (2011). Research design and methods. A process approach. McGraw Hill
Cinnamon, J. (2000). The complete Climber's Handbook. McGraw Hill

 


Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías