Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Actividade física no medio natural Código 620G01039
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Gomez Varela, Joaquin
Correo electrónico
joaquin.gomez.varela@udc.es
Profesorado
Gomez Varela, Joaquin
Correo electrónico
joaquin.gomez.varela@udc.es
Web
Descrición xeral A asignatura Actividade Física no Medio Natural, pertencente ao módulo 5 “Ensino da Educación Física” do título de Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, introduce ao estudante ao coñecemento daquelas actividades que, con carácter educativo, recreativo, deportivo ou turístico, teñen lugar en espazos abertos o aire libre ou escasamente modificados pola man do ser humano.
As actividades na natureza representan desde a orixe da educación física un recurso relevante como instrumento para o desenvolvemento integral das nenas e nenos, como así se pode observar no propio Manifesto da Educación Física en 1970, cando fai referencia ao concepto xeral da Educación Fisica como “parte da educación que utiliza de unha maneira sistematica as actividades físicas e a influencia dos axentes naturais: aire, sol, auga, etc., como medios específicos”. Acomodada esta conceptualización a unha contexto deteminado, revísase a súa visión no manifestó do ano 2000, no que a Educación Física conéctase co resto de elementos e cuestións universáis, como o medio ambiente e a súa problemática, intríncandose para establecer unha íntima relación que chega ata os nosos días. Así póis, o séu capítulo XIX versa integramente sobre a Educación Física e as responsabilidades ante o medio ambiente. Así pois a Educación Física benefíciase dos ambientes naturais, e ao mesmo tempo a través de esta o considera e trata de melloralo, como movemento coherente coa Axenda 21.
Deste xeito, hoxe en día estas prácticas forman parte do curriculum da Educación Física como asignatura, contribuíndo ademáis ao aprecio pola natureza e ao desenvolvemento dunha conciencia ecolóxica.
Por outra banda, tamén se aprecia un incremento das prácticas deportivas no medio natural no ámbito recreativo, deportivo e turístico desde fináis do século XX; corrente que se mantén na actualidade, reflexada nas abundantes referencias científicas, de divulgación, regulacións, plans de formación, etc, ao que a formación de una graduada ou grado en ciencias da actividade física e o deporte non pode ser allea.
Así pois, as prácticas deportivas no medio natural, polo seu vínculo coa actividade física representan un área de desenvolvemento profesional importante no que desenvolver a súa labor as graduadas e graduados en ciencias da actividade física e o deporte.
Fruto de todo isto, o título de Grao recolle, a través das competencias A16, A17 e A21, o deseño, planificación, programación e realización de actividades físicas e deportivas nos medios naturais, que se convirten de este xeito na referencia principal para o desenvolvemento desta guía docente.

A impartición da docencia será en Castelán, se ben a atención ao estudantado levarase a cabo no idioma preferente de cada estudante. Do mesmo xeito os estudantes poderán elaborar e presentar os diferentes traballos, presentacións, probas de avaliación, etc, en calquera das linguas da UDC, e mesmo en Inglés.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os beneficios do deporte como experiencia de lecer para ser capaz de incluír os indicadores fundamentais na planificación e atender os mesmos no desenvolvemento da práctica de lecer, considerando o xénero, a idade e a discapacidade, e analizando con enfoque crítico as estratexias de discriminación positiva.
A2 Comprender os procesos históricos das actividades físico-deportivas e a súa influencia na sociedade contemporánea, estudando o caso de España e Galicia, e a presenza diferenciada dos homes e das mulleres.
A10 Coñecer os distintos niveis da lexislación educativa e aplicar os fundamentos básicos que promove en canto á Planificación e Programación Didáctica da Educación Física nas etapas educativas.
A16 Deseñar, programar e desenvolver actividades esenciais da motricidade humana: o xogo, a danza e a expresión corporal, o exercicio e as actividades no medio natural, no ámbito educativo, recreativo e da actividade física e saúde, promovendo a igualdade de dereitos e oportunidades e evitando a exclusión en función do xénero e a discapacidade.
A17 Programar e desenvolver actividades físico-deportivas no medio natural, no contexto educativo e recreativo, favorecendo a participación á que todos teñen dereito e evitando a invisibilidade por razóns de xénero ou discapacidade.
A21 Deseñar, planificar e realizar actividades físicas e deportivas en lugares ou espazos que implican un risco intrínseco: no medio acuático, na neve ou outros do medio natural ou con animais.
A25 Identificar e comprender os requisitos psicomotores e sociomotores das habilidades deportivas, executando basicamente as habilidades motrices específicas dun conxunto de deportes, considerando as diferenzas por xénero.
A29 Identificar os riscos para a saúde que se derivan da práctica de actividade física insuficiente e inadecuada en calquera colectivo ou grupo social.
A30 Aplicar técnicas e protocolos que lle permitan asistir como primeiro interviniente en caso de accidente ou situación de emerxencia, aplicando, de ser necesario, os primeiros auxilios.
A33 Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo adecuado para cada tipo de actividade físico-deportiva no contexto educativo, deportivo, recreativo e da actividade física e saúde.
B2 Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
B4 Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo.
B6 Dinamizar grupos nos diferentes ámbitos do exercicio profesional.
B11 Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma.
B14 Comprender e aplicar a lexislación vixente relativa ao marco das actividades físicas e deportivas nos distintos ámbitos: educación, deporte, xestión, lecer e saúde.
B15 Comprender e saber utilizar as importantes posibilidades que a educación física e o deporte teñen para xerar hábitos sociais e valores democráticos (coeducación de xéneros, respecto á diversidade social e cultural, cooperación, competición respectuosa, compromiso co contorno…).
B19 Exercer a profesión con responsabilidade, respecto e compromiso.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e analizar o significado das AFMN, tanto na súa evolución, coma no contexto deportivo e social na actualidade A1
A2
B15
Seleccionar e saber utilizar o equipamento individual e de grupo para o disfrute das AFMN, atendendo as diferentes condicións nas que se desenvolvan, así como as normativas con elas relacionadas A33
Coñecer e aplicar axeitadamente as técnicas básicas de orientación, progresión, e conduccion de grupos nos diferentes tipos de entornos naturáis, atendendo aos principios de seguridade e sostenibilidade A25
A29
A30
A33
B4
B6
Interpretar os diferentes entornos naturaís como soporte ambiental para o desenvolmento das prácticas físico-deportivas, así como os seus elementos estructuráis e as dinámicas que se establecen entre eles durante a práctica deportiva A17
B15
Determinar as medidas de sostenibilidade precisas en relacionadas coa práctica e organización de actividades físico-deportivas no medio natural. B19
C4
Evaluar o rol de responsable, dinamizador e formador na práctica profesional das actividades no medio natural, atendendo ás peculiaridades psico-sociales e ambientales nas que teñen lugar B19
Xestionar os riscos para a saúde e a integridade que se derivan da practica inadecuada das actividades físico-deportivo no medio natural en calquer colectivo, e aplicar técnicas e protocolos que lle permitan asistir como primero interviniente en caso de accidente ou situación de emergencia, aplicando, de ser necesario, os primeiros auxilios A29
A30
B2
B19
Aplicar as habilidades ou competencias docentes que faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe nos diferentes entornos nos que teñen lugar as actividades físico-deportivas no medio natural, co necesario grao de seguridade, sostenibilidade e éxito no seu desenvolvemento A29
B11
B14
Elaborar propostas curriculares sobre as actividades físico-deportivas no medio natural para as distintas etapas da enseñanza obligatoria, desenvolvendo os elementos da programación didáctica da área de Educación Física, con arranxo á lexislación vixente e ó proxecto educativo de centro. A10
A16
A17
B14
B15
Elaborar programas de actividades físico-deportivas nos entornos naturais, nos ámbitos recreativo e turístico con arranxo á legislación vixente, e de acordó cos principios de seguridad e sostenibilidade. A16
A17
A21
B4
C3
Coñecer e comprender diversas AFMN como recursos facilitadores do desenvolvemento e disfrute persoal nos ámbitos educativo, recreativo e turístico A17
A25
A29
A33

Contidos
Temas Subtemas
Tema 0. Presentación do programa 0.1.. A asignatura Actividade Física no Medio Natural no Grao en Ciencias da Actividadde Física e do Deporte e o seu desenvolvemento
Tema 1. Introducción ás Actividades Físicas no Medio Natural (AFMN) 1.1. Evolución e desenvolvemento das prácticas físico-deportivas no medio natural.

1.2. As actividades físico-deportivas no medio natural: ¿a qué facemos referencia?: Contextualización e conceptualización.

1..3. Motivos para a desenvolvemento das AFMN, e justificación para o seu desenvolvemento.

1.4. As AMN no contexto educativo: Marco normativo e curricular.

1.5. As AMN no contexto recreativo e turistico: Marco normativo e de xestión

1.6. Titulacións e profesionáis das AFMN
Tema 2. Actividades de aire libre e fundamentáis no medio natural 2.1. Permanencia nos entornos naturáis: equipamiento, satisfacción das necesidades básicas para a permanencia na natureza e pernocta.

2.2. Moverse na natureza, técnicas de progresión e conducción de grupos por sendeiros e itinerarios de baixa e media montaña

2.3. Orientación no medio natural: Balizas, cartografía, busolas e GPS, e o seu uso no recorrido dun itinerario pola natureza
Tema 3. Entornos naturais: Coñecemento, interpretación, uso e impacto en relación as AFMN 3.1. O Medio natural: Elementos, interpretación da paisaxe e interpretación do medio ambente

3.2. O clima e a meteoroloxía e a súa influenza sobor das AFMN

3.3. Las AFMN sostenibles: Integración da educación ambiental y das estrategias de minimización dos impactos nas AFMN
Tema 4. Seguridade nas AFMN: pautas de prevención e actuación 4.1. Seguridade e risco nas AFMN: Elementos e variables que inciden no desenrolo das AFMN

4.2. Xestión do risco nas AFMN: Axpectos normativos e procedimentáis

4.3. Protocolos e medidas de actuación ante accidentes no medio natural
Tema 5. Programación en desenvolvemento das AFMN no ámbito educativo, recreativo e turístico 5.1. Programación e desenvolvemento das AFMN no entorno escolar

5.2. Programación e desenvolvemento de actividades campamentáis e de aire libre para a xuventude.

5.3. Programación e desenvolvemento das AFMN no marco do Turismo Activo
Tema 6. Prácticas deportivo-recreativas no medio natural 6.1. Practicas deportivas de progresión fundamentalmente no medio terrestre.

6.2. Prácticas deportivas de progresión fundamentalmente no medio acuático.

6.3. Prácticas deportivas multiaventura.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 A17 A21 A25 A29 1 0 1
Lecturas A1 A29 0 9 9
Práctica de actividade física A21 A25 A29 A30 A33 B2 B4 B6 B11 14 21 35
Prácticas a través de TIC A16 A17 A21 B10 C3 0 15 15
Sesión maxistral A2 A1 A10 A16 A33 B15 13 13 26
Proba mixta A2 A1 A10 A25 A30 A33 B2 B14 2 0 2
Saídas de campo A16 A17 A21 A25 A29 A30 A33 B2 B4 B6 B11 B14 B19 C4 10 20 30
Traballos tutelados A16 A17 A21 B4 C3 0 24 24
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado:

- Presentación e avaliación do coñecemento da guía docente
- Determinación por parte d@s estudiantes do tipo de avaliación a realizar
- Cumplimentación da ficha de estudante na plataforma Moodle
Lecturas Representan a lectura e reflexión sobre diferentes tipos de textos en papel ou formato dixital, que poderá implicar a presentación dun entregable avaliable ou avaliación a través da plataforma moodle no cómputo da avaliación contínua
Práctica de actividade física Actividades desenvolvidas tanto no espacios da Universidade da Coruña, como nos entornos naturáis próximos a Facultade de Ciencias do Deporte (praia, monte, campo, etc.). Consistentes no desenvolvemento de actividades físicas e deportivas relacionadas coas habilidades fundamentáis e específicas características das AFMN. O desenvolvemento da participación nestas sesión poderá conlevar a presentación de tarefas e participación en avaliacións a través da plataforma Moodle, e que formarán parte da avaliación continua na participación nas sesións prácticas.
Prácticas a través de TIC Participación a través da plataforma Moodle, que implicará o desenvolvemento de tarefas de diseño de actividades e proxectos, acceso e trabalo con contidos e aplicacións da rede. Xestión da súa evolución na adquisición de competencias e aprendizaxes.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. O desenvolvemento da participación nestas sesión poderá conlevar a presentación de tarefas e participación en avaliacións a través da plataforma Moodle, e que formarán parte da avaliación continua na participación nas sesión teóricas
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas en entornos naturáis, relacionadas co ámbito de estudio da materia; centradas no desenvolvemento de capacidades relativas ó deseño, organización e posta en práctica de actividades físicas no medio natural con carácter educativo/recreativo/deportivo/turístico, tendo en conta os principios de seguridade e sostenibilidade ambiental das mesmas. Antes, durante e despóis das mesmas os estudantes levarán a cabo unha serie de tarefas que formarán parte da avaliación contínua en relación á participación na asignatura.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Vincularánse principalmente as prácticas de actividade física e as saídas de campo. Implicará o desejo dunha actividade no medio natural; véase o caso dun roteiro, no que se aplicarán os diferentes coñecementos teóricos e competéncias prácticas plantexadas ao longo dos diferentes temas. Dito traballo implicará tanto o desenvolvemento e entrega de tarefas relacionadas, ao longo do cuatrimestre, ao longo as salidas formativas relacionadas, e como documento completo ao finalizar o cuatrimestre formando parte da calificacion final.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Práctica de actividade física
Saídas de campo
Traballos tutelados
Descrición
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudiantado, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está refereida prioritariamente á aprendizaxe de "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polo estudiantado da responsabiliad da súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudiantado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

O estudantado disporá tanto das horas de tutoría particular, como das horas de de tutoría grupal para consultar ou ser asesorados polo profesor de face ao desenvolvemento da materia.

De acordo coas propostas de sustentabilidade promovidas pola Universidade da Coruña, seguiranse as seguintes pautas tanto como sexa posible:

4.- De acordo coas diferentes regulacións de aplicación para o ensino universitario, incorporarase a perspectiva de xénero nesta materia (utilizarase unha linguaxe non sexista, utilizarase a bibliografía de autores de ambos os sexos, a intervención na clase do estudiantado ... )

5.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirá no ambiente para modificalos e promover valores de respecto e igualdade.

6. Débense detectar situacións de discriminación de xénero e propor accións e medidas para corrixilas.

7. A plena integración do estudiantado que, por razóns físicas, sensoriais, psicolóxicas ou socioculturais, facilitarase na medida do posible o acceso aos seus dereitos en igualdade de condiciones á vida universitaria.

ESTUDIANTADO CON MATRÍCULA PARCIAL. Atendendo a norma que regula o régime de dedicación ao estudo e permanencia e l progresión dos estudantes de grao e máster universitario na Universidade dá Coruña e ao artigo 7, punto 3 das normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, concertarase unha tutoría co estudiantado de matrícula parcial de face a configurar un programa de asistencia, seguimento e avaliación da materia que permita desenvolver a mesma en termos equivalentes de alcance de competencias e avaliación das mesmas ao resto do estudiantado de matrícula ordinaria.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A1 A10 A16 A33 B15 Participación no 70% das sesións 10
Práctica de actividade física A21 A25 A29 A30 A33 B2 B4 B6 B11 Participación polo menos no 70% das sesións 10
Saídas de campo A16 A17 A21 A25 A29 A30 A33 B2 B4 B6 B11 B14 B19 C4 Participación nunha saida a un espacio natural/Traballo alternativo, no que os/as estudantes poderan levar a cabo tarefas de toma de datos, asunción de roles de participante, conductor de actividade, organizador, etc, sobre o que poden ser solicitados entregables como soporte para a avaliación. Atenderán para elo aos criterios de ajuste da súa actuación as esixencias das tarefas, aspectos formáis na presentación do entregable, e pertinencia, contido e fundamentación dos mesmos a través das correspondentes referencias bibliográficas. 10
Traballos tutelados A16 A17 A21 B4 C3 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios simulados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
O entregable consistirá nun documento que será avaliado en relación aos aspectos formáis e de presentación, desenvolvemento do seu contido en relación ao traballo propósto na planificación, organización e deseño dunha actividades no medio natural.
30
Proba mixta A2 A1 A10 A25 A30 A33 B2 B14 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
30
Prácticas a través de TIC A16 A17 A21 B10 C3 Desevolvemento de tarefas e avaliacións sobre o campus virtual e ou teams relacionadas con sesión maxistráis, prácticas e as saídas de campo. 10
 
Observacións avaliación

Considérase obrigatoria a asistencia ás diferentes actividades lectivas da materia

A porcentaxe requirida para a superación da materia será do 70% considerado en relación á participación nas diferentes sesións presenciais

A superación da materia implicará a superación dos seguintes apartados tanto na 1ª como na 2ª oportunidade, ou convocatorias posteriores nas condiciones que se expoñen a continuación: 

PARTICIPACIÓN

- Enténdese por participación nas actividades de saídas de campo, práctica de actividade física ou sesión maxistral o desenvolvemento en prazo e forma das tarefas que se expoñan en relación aos contidos relacionados coas sesións. O non cumprimento por motivos xustificados do 70% da asistencia pode implicar a non superación da materia, constando o estudante como "Non Presentado" na cualificación final. Dita falta de participación non xustificada pode inhabilitar igualmente para a superación da materia na segunda oportunidade ou sucesivas convocatorias, ata que esta cúmprase. No caso de que non se alcance o 70% de asistencia e participación por motivos xustificados na avaliación da 1ª oportunidade poderase establecer para a/o estudante unha alternativa equivalente en relación ao desenvolvemento de tarefas e alcance de competencias relacionado cos contidos desenvolvidos nas sesións ás que non asistiu.  

A superación deste apartado manterase de cara á 2ª oportunidade, e sucesivas convocatorias,  en canto se mantéña a presente distribución metodolóxica, avaliacións e cualificación na guía docente correspondente.

SAÍDAS DE CAMPO

- Nas dúas primeiras semanas do cuadrimestre os estudantes confirmarán a súa participación na/s saída/s de campo ou ben no desenvolvemento dun traballo alternativo sobre a programación dunha saída organizada nun espazo natural (devandito traballo desenvoverase atendendo aos mesmos criterios que o traballo tutelados). De igual maneira, no caso de que algún estudante por enfermidade, lesión o impedimento xustificado non poda participar nalgunha das saídas de campo levadas a cabo desde a materia, poderá tomar parte nesta avaliación alternativa.

- Tratarase de garantir ao todos os/as estudantes que opten pola avaliación sobre saídas de campo, a participación polo menos nunha delas. Se por algún motivo non se poidera levar a cabo algunha das mesmas, poderá modificarse a data de realización, ou será permutada por outra actividade que trate de respostar aos mesmos obxetivos expostos para aquela. 

- En calquer caso, se un estudante non participa na saída que ten asignada sen xustificación algunha (médica, administrativa, académica), pasará á opción de avaliación sen saída de campo.

A superación deste apartado manterase de cara á 2ª oportunidade, e sucesivas convocatorias,  en canto se manteña a presente distribución metodolóxica, avaliacións e cualificación na guía docente correspondente.


TRABALLOS TUTELADOS

 - A elaboración dos traballos tutelados que atendan ao deseño e/ou desenvolvemento dun proxecto de actividade no medio natural, terá como referencia as pautas desenvoltas no discorrer da propia materia, e ademáis as seguintes normas nos casos nos que sexa pertinente:

UNE-ESO 21500

AENOR EA 0031

UNE-EN 31010

UNE-EN 62198

UNE-EN ESO 9001

UNE-EN ESO 9001:2008/A 

UNE-ESO 21101

UNE-ESO/TR 21102 IN

UNE-ESO 21103

UNE-ESO 31000

UNE-ESO Guía 73 IN

Consideraranse igualmente as normativas correspondentes ás empresas de turismo activo, actividades de aire libre para a mocidade, currículo para secundaria e bacharelato, campamentos de turismo e outras cuxa aplicación sexa pertinente en relación ao tipo de actividade que se expoña.

A cualificación dos traballos distribuirase de maneira xeral, e sen prexuízo dunha maior precisión en función do traballo, en relación aos seguintes elementos e criterios: 

  • Contextualización e fundamentación: 20% 
  • Planteamento e desenvolvemento (Inclusión e aplicación dos diferentes elementos e ferramentas adquiridas na materia): 70%
  • Aspectos formades (Normas APA, 7ª) e estruturades: 10%
Proporase os primeiros días de clase unha rúbrica para a elaboración, supervisión e corrección de dito traballo tutelado, que poderá ser moficado a proposta d@s estudante e co visto bo do profesor

Atendendo igualmente á normativa da UDC, calquer traballo que na súa totalidade ou en parte conteña contidos copiados doutros traballos publicados ou non publicados, de internet, etc. será considerado como suspenso, e poderá dar lugar á aplicación da normativa correspondente a situacións de plaxio ou fraude académico.

A superación deste apartado manterase de cara á 2ª oportunidade, e sucesivas convocatorias,  en canto mantéñase a presente distribución metodolóxica, avaliacións e cualificación na guía docente correspondente.


PROBA MIXTA

A proba mixta terá lugar nas datas asignadas no calendario oficial, como parte de avaliación final da materia. Esta proba poderáse levar a cabo ben sobre papel presencialmente na facultade, ou ben no campus virtual ou Teams, para o que os/as estudantes deberán traer e utilizar os seus propios computadores portátiles ou tabletas dixitais. 

As diferentes preguntas ou tarefas desta proba mixta distribuiranse de maneira ponderada considerando os diferentes temas, prácticas ou traballos da materia.

O idioma escrito desta proba sera o de impartición da materia; facilitarase noutro idioma (español, galego) aos estudantes que o soliciten con dúas semanas de antelación.

A superación deste apartado manterase de cara á 2ª oportunidade, e sucesivas convocatorias,  en canto mantéñase a presente distribución metodolóxica, avaliacións e cualificación na guía docente correspondente.

Entenderase en calquera caso que para a superación da materia será preciso ter superados os diferentes apartados da avaliación


ESTUDANTES DE DEDICACIÓN A tempo PARTCIAL 

En función das suas posibilidades de asistencia e participación acordarase, por escrito, cos/as estudantes de dedicación a tempo parcial, un modelo alternativo das diferentes actividades de desenvolvemento e avaliación dos diferentes temas e apartados de avaliación, atendendo a un plantexamento de horas de dedicación equivalente aos/as estudantes de matricula a tempo completo.

En concordancia cos plantexamentos de sosteniblidade que está a promover a Universidade da Coruña, na medida do posible seguiránse as seguintes pautas:

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 

1.2. Realizarase a través de Moodle ou Teams, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais


En termos xerais, ao realizar probas on-line, empregarase a plataforma da UDC ou sistemas recoñecidos por esta

La realización fraudulenta de prueba o actividades de evaluación implicará directamente la calificación de suspenso “0” en la materia y en la convocatoria correspondiente, invalidando así cualquier calificación obtenida en todas las actividades de evaluación de cara a la convocatoria extraordinaria”.

Además, según la Ley de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, de 25 de febrero de 2022), el fraude académico, se considera falta muy grave, pudiendo implicar expulsión de 2 a 3 años de la universidad constando en el expediente académico hasta su total cumplimiento; así como, la pérdida de derechos de matrícula parcial durante un curso o semestre académico (art. 14). Se entiende por fraude académico cualquier comportamiento premeditado tendente a falsear los resultados de un examen o trabajo, propio o ajeno, realizado como requisito para superar una asignatura o acreditar el rendimiento académico (art. 11)


Fontes de información
Bibliografía básica

AENOR. (2010). Norma UNE-ISO 31000:2010, Gestión del Riesgo. Principios y Directrices. In (Vol. UNE-ISO 31000:2010). Madrid: AENOR.

AENOR. (2015a). Norma UNE-ISO 21101:2015 Turismo activo. Sistema de gestión de la seguridad. Requisitos. In (Vol. UNE-ISO 21101: 2015). Madrid: AENOR.

AENOR. (2015b). Norma UNE-ISO 21103: 2015, Turismo Activo. Información para los participantes. In (Vol. UNE-ISO 21103: 2015). Madrid: AENOR.

Arroyo, S. (2012). Montaña segura: Consejos sobre prevención y autosocorro (1ª ed.): Desnivel.

Aspas, J. M. (2000). Los deportes de aventura. Consideraciones jurídicas sobre el turismo activo (Vol. 7). Zaragoza: Prames.

Avellanas, M. L. (2009). Atención al Accidentado en el medio natural. Guía de urgencias: Edikamed.

Ayora, A. (2012). Riesgo y Liderazgo. Cómo organizar y guiar actividades en el medio natural (1ª ed.). Madrid: Desnivel.

Berghaenel, R. P. (2008). Accidentes en montaña y condiciones meteorológicas. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.

Betrán, A. O., & Betrán, J. O. (1999). Las actividades físicas de aventura en la naturaleza . Estudio de la oferta y la demanda en el sector empresarial. Apunts: Educación Física y Desportes, (57), 86–94. Retrieved from http://www.revista-apunts.com/es/hemeroteca?article=602

Bonnet Escuela, M., Wehbe-Herrera, C. D., & Lobo Rodrigo, Á. (2019). ANALYSIS OF THE REGULATION OF ACTIVE TOURISM IN SPAIN. Revista de Estudios Empresariales. Segunda Época, 0(2). https://doi.org/10.17561/ree.v2018n2.2

Cánepa, L., & Encabo, M. (2013). Montañismo en áreas naturales protegidas. 

Colorado, J. (2001). Montañismo y trekking. Manual completo. Madrid: Desnivel.

Corbellini, G. (2002). Guía de orientación : [el mapa - la brújula - el cielo - el GPS] / Giancarlo Corbellini ; revisión y adaptación, Eusebio García Gómez ; información astronómica de Enrico Miotto (5ª ed. ed.). Madrid :: Tutor.

Cunningham, A., & Fyffe, A. (2007). Montañismo invernal. Técnicas básicas para excursiones y alpinistas. Madrid: Desnivel.

Deery, M., Jago, L., & Fredline, L. (2004). Sport tourism or event tourism: Are they one and the same? Journal of Sport and Tourism, 9(3), 235–245. https://doi.org/10.1080/1477508042000320250

Escuela española de alta, m. (2001). Certificado de iniciación al montañismo :texto oficial del primer nivel de enseñanza de la escuela española de alta montaña. Huesca: Barrabés.

Fernández Díaz, R. La protección de espacios naturales : las fragas del Eume / Rogelio Fernández Díaz.

Fernández Pardo, A. Propuesta de Plan de Uso Público para el Parque Natural "Fragas do Eume" (A Coruña).

García Gómez, E. (2000). Orientación Desde el mapa y la brújula hasta el GPS y las carreras de orientación. Madrid :: Desnivel.

Inglés Yuba, E., & Seguí Urbaneja, J. (2017). Estudio comparativo del ordenamiento jurídico del turismo activo y las actividades deportivas en el medio natural en la España de las comunidades autónomas. Acciones e Investigaciones Sociales, 31(31), 159. https://doi.org/10.26754/ojs_ais/ais.201231632

Instituto de Turismo de España. (2010). Estudios de Productos Turísticos. Turismo de Montaña. In I. d. T. d. España (Ed.). 

Jimenez, I. (2015). La configuración jurídica del deporte en el medio natural. Relaciones con el turismo, el desarrollo sostenible y la ordenación del territorio. Madrid: Editorial Reus.

Llamazares, J. L. (2004). Derechos y obligaciones en el esquí y en la montaña. Oviedo: Septem Ediciones.

López, A. (2012). Responsabilidad y montaña. Reflexiones jurídicas para deportistas y profesionales. A Coruña: Campo IV Alpinismo S.L.

Medialvilla, L., & Villota, S. (2012). Percepción de los riesgos y las causas de los accdentes en el medio natural por parte de deportistas, gestores, grupos de rescate y visistantes. Acciones e Investigaciones Sociales(31), 39-61. 

Mediavilla Saldaña, L., Gómez Encinas, V., Sánchez Burón, A., & Villota Valverde, S. (2014). Profile of adventure tourism companies in Spain, Italy and Costa Rica. Journal of Sport and Health Research, 6(2), 177–190. Retrieved from http://www.journalshr.com/papers/Vol 6_N 2/V06_2_7.pdf

Murcia, M. (2016). Manual de escalada libre. Deportiva. Madrid: Desnivel.

Nasarre, J. M., Hidalgo, G. M., & Bernard, P. L. (2001). La vertiente jurídica del montañismo. Zaragoza: Prames.

Patiño Romarís, C. A., & Lois GonzáLez, R. C. (2016). El producto turístico de naturaleza en el litoral gallego como como instrumento de sostenibilidad ambiental. Monografies de La Societat d’Historia Natural de Les Balears, 2016-Janua(23), 345–355. Retrieved from http://ibdigital.uib.es/greenstone/collect/monografiesHistoriaNatural/index/assoc/Monograf/iesSHNB_/2016vol0/23p345.dir/MonografiesSHNB_2016vol023p345.pdf

Perarnau, S., Subirats, E., & Riu, F. (2007). Curas, Vendajes e inmovilizaciones en montaña (1ª ed.): Desnivel.

Rivera Mateos, M. (2016). Paisaje, patrimonio y turismo de surf: factores de atracción y motivación en el Parque Natural del Estrecho, España. Cuadernos de Turismo, (37), 351. https://doi.org/10.6018/turismo.37.256271

Rivera, M. (2010). Turismo activo en la naturaleza y espacio de ocio en Andalucia: Aspectos territoriales, políticas públicas y estrategias de planificación. Universidad de Córdoba. Junta de Andalucía. Retrieved from https://helvia.uco.es/xmlui/handle/10396/14269

Subirats, E. (2011). Primeros auxilios en montaña. Madrid: Desnivel.

Taibo, M. (2017). Prevención de Riesgos para Colectivos en Montaña (J. A. Castaño Ed. 1ª ed.). Principado de Asturias: Ediciones Cordillera Cantábrica.

The Mountaineers. (2011). Montañismo. La libertad de las cimas. Madrid: Ediciones Desnivel   

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Coa finalidade de mellorar o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería convinte que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto a participar no proceso de avaliación das materias cursadas e cuxa chamada realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo en responder as enquisas que avalían a docencia do profesorado en cada materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías