Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Prácticum Código 620G01040
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Cuarto Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Toja Reboredo, Maria Belen
Correo electrónico
belen.toja@udc.es
Profesorado
Alsina Santasusana, Maria del Carmen
Arda Suarez, Antonio
Arias Rodríguez, Pablo
Arriaza Loureda, Rafael
Barral Lavandeira, Jose R.
Blanco Pereira, Eduardo
Bobo Arce, Marta
Cardesin Villaverde, Jose Manuel
Carrera Lopez, Celso Carlos
Dopico Calvo, Xurxo
Fernandez Romero, Juan Jose
Gambau i Pinasa, Vicente
Giraldez Garcia, Manuel Avelino
Gomez Varela, Joaquin
Gonzalez Valeiro, Miguel Angel
Iglesias Soler, Eliseo
López Villar, Cristina
Montero Seoane, Antonio
Morenilla Burlo, Luis
Mosquera Gonzalez, Maria Jose
Pombo Fernandez, Manuel Jose
Ripoll Alberti, Antonio
Rivas Feal, Antonio
Romero Nieves, Jose Luis
Saavedra Garcia, Miguel angel
Sanchez Molina, Jose Andres
Santiago Alonso, Miguel
Sierra Palmeiro, Elena
Toja Reboredo, Maria Belen
Torres Tobio, Gabriel
Tuimil Lopez, Jose Luis
Vales Vazquez, angel
Valverde Romera, Joaquina
Vazquez Lazo, Juan Carlos
Correo electrónico
m.alsina@udc.es
antonio.arda@udc.es
pablo.arias.rodriguez@udc.es
rafael.arriaza@udc.es
j.r.barral@udc.es
eduardo.blanco.pereira@udc.es
marta.bobo@udc.es
jose.manuel.cardesin@udc.es
celso.carrera@udc.es
xurxo.dopico@udc.es
juan.jose.fernandez@udc.es
vicente.gambau@udc.es
manuel.avelino.giraldez.garcia@udc.es
joaquin.gomez.varela@udc.es
miguel.gonzalez.valeiro@udc.es
eliseo.iglesias.soler@udc.es
cristina.lopezv@udc.es
antonio.montero.seoane@udc.es
luis.morenilla@udc.es
maria.jose.mosquera@udc.es
manuel.pombo@udc.es
antonio.ripoll@udc.es
antonio.rivas@udc.es
j.l.romero@udc.es
miguel.saavedra@udc.es
jose.andres.sanchez.molina@udc.es
miguel.santiago@udc.es
elena.sierra@udc.es
belen.toja@udc.es
gabriel.torres@udc.es
jose.luis.tuimil@udc.es
angel.vales@udc.es
joaquina.valverde@udc.es
juan.lazo@udc.es
Web
Descrición xeral A materia PRACTICUM é o desenrolo dun proxecto de intervención real e titorizado, en calquera dos ámbitos profesionais (saúde, xestión, ocio-recreación, rendemento e docencia) que o Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte abarca. Danse moitas posibilidades de realizar experiencias de Proxectos de intervención de APRENDIZAXE SERVICIO, o que será unha aposta da Facultade.

Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os beneficios do deporte como experiencia de lecer para ser capaz de incluír os indicadores fundamentais na planificación e atender os mesmos no desenvolvemento da práctica de lecer, considerando o xénero, a idade e a discapacidade, e analizando con enfoque crítico as estratexias de discriminación positiva.
A2 Comprender os procesos históricos das actividades físico-deportivas e a súa influencia na sociedade contemporánea, estudando o caso de España e Galicia, e a presenza diferenciada dos homes e das mulleres.
A3 Coñecer e analizar a cultura deportiva e propoñer os cambios necesarios, na propia e na das persoas coas que traballa, desde a ética e o xogo limpo, as diferenzas de xénero e a visibilidade dos discapacitados.
A4 Coñecer e comprender as bases que aporta a educación física á formación das persoas.
A5 Fomentar a convivencia, estimulando e poñendo en valor a capacidade de constancia, esforzo e disciplina dos participantes nas actividades de educación física e deportiva.
A6 Deseñar e ordenar estratexias e espazos de aprendizaxe que respondan á diversidade social (sexo, xénero, idade, discapacidade, culturas…) e ao respecto dos dereitos que conforman os valores que aporta a educación física e deportiva á formación integral dos cidadáns.
A7 Promover e avaliar a formación de hábitos de actividade física e deporte ao longo do ciclo vital, considerando que a idade, o xénero ou a discapacidade son variables que necesitan da intervención consciente para favorecer a igualdade de oportunidades.
A8 Deseñar, desenvolver, e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe, relativos á actividade física e o deporte, con atención e titorización segundo as características individuais e contextuais das persoas (xénero, idade, discapacidade, culturas, etc.).
A9 Elaborar propostas curriculares para as distintas etapas no marco institucional dun centro educativo, desenvolvendo os elementos da programación didáctica da área de E. Física, con arranxo á lexislación vixente e ao proxecto educativo de centro.
A10 Coñecer os distintos niveis da lexislación educativa e aplicar os fundamentos básicos que promove en canto á Planificación e Programación Didáctica da Educación Física nas etapas educativas.
A11 Posuír o conxunto de habilidades ou competencias docentes que faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe na aula de educación física.
A12 Avaliar e elaborar instrumentos de recollida de datos que atendan aos aprendizaxes do alumno, ao proceso de ensino en sí e á función del docente.
A13 Identificar as principais tarefas do profesor de educación física dentro e fóra da aula, resaltando as que fan referencia á súa labor titorial, orientadora e departamental.
A14 Deseñar, planificar, avaliar técnico-cientificamente e desenvolver programas de exercicios orientados á prevención, a reeducación, a recuperación e readaptación funcional nos diferentes ámbitos de intervención: educativo, deportivo e de calidade de vida, considerando, cando fose necesario as diferenzas por idade, xénero, ou discapacidade.
A15 Coñecer, saber seleccionar e saber aplicar as técnicas de modificación de conduta que pode utilizar o profesional de Educación Física e Deportes nos diferentes ámbitos da súa competencia laboral.
A16 Deseñar, programar e desenvolver actividades esenciais da motricidade humana: o xogo, a danza e a expresión corporal, o exercicio e as actividades no medio natural, no ámbito educativo, recreativo e da actividade física e saúde, promovendo a igualdade de dereitos e oportunidades e evitando a exclusión en función do xénero e a discapacidade.
A17 Programar e desenvolver actividades físico-deportivas no medio natural, no contexto educativo e recreativo, favorecendo a participación á que todos teñen dereito e evitando a invisibilidade por razóns de xénero ou discapacidade.
A18 Deseñar e aplicar métodos adecuados para o desenvolvemento e a avaliación técnico-científica das habilidades motrices básicas nas diferentes etapas evolutivas do ser humano, considerando o xénero.
A19 Planificar, desenvolver, controlar e avaliar técnica e cientificamente o proceso de adestramento deportivo nos seus distintos niveis e nas diferentes etapas da vida deportiva, de equipos con miras á competición, tendo en conta as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero na actuación do adestrador e nos deportistas.
A20 Deseñar, planificar e realizar funcións de animación para a utilización saudable do lecer.
A21 Deseñar, planificar e realizar actividades físicas e deportivas en lugares ou espazos que implican un risco intrínseco: no medio acuático, na neve ou outros do medio natural ou con animais.
A22 Comprender os fundamentos neurofisiolóxicos e neuropsicolóxicos subxacentes ao control do movemento e, de ser o caso, ás diferenzas por xénero. Ser capaz de realizar a aplicación avanzada do control motor na actividade física e o deporte.
A23 Avaliar técnica e cientificamente a condición física e prescribir exercicios físicos nos ámbitos da saúde, o deporte escolar, a recreación e o rendemento deportivo, considerando as diferenzas biolóxicas por idade e xénero.
A24 Deseñar, planificar, avaliar técnica e cientificamente e administrar programas de actividade física adaptada a persoas e diferentes grupos de poboación con discapacidade, ou que requiran atención especial.
A25 Identificar e comprender os requisitos psicomotores e sociomotores das habilidades deportivas, executando basicamente as habilidades motrices específicas dun conxunto de deportes, considerando as diferenzas por xénero.
A26 Identificar e aplicar as peculiaridades didácticas de cada especialidade deportiva na intención pedagóxica dos diferentes ámbitos de intervención.
A27 Aplicar os principios cinesiolóxicos, fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais nos contextos educativo, recreativo, da actividade física e saúde e do adestramento deportivo, recoñecendo as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero nos hábitos de vida dos participantes.
A28 Realizar e interpretar probas de valoración funcional nos ámbitos da actividade física saudables e do rendemento deportivo.
A29 Identificar os riscos para a saúde que se derivan da práctica de actividade física insuficiente e inadecuada en calquera colectivo ou grupo social.
A30 Aplicar técnicas e protocolos que lle permitan asistir como primeiro interviniente en caso de accidente ou situación de emerxencia, aplicando, de ser necesario, os primeiros auxilios.
A31 Realizar a análise funcional da conduta nos contextos deportivos, educativos ou de exercicio físico para a saúde, como paso previo á intervención psicolóxica.
A32 Dirixir e xestionar servizos, actividades, organizacións, centros, instalacións, programas e proxectos de actividade física e deportiva desde os principios de igualdade de oportunidades, supervisando e avaliando a calidade, as garantías de seguridade e saúde dos usuarios, así como a súa satisfacción e os resultados sociais e económicos.
A33 Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo adecuado para cada tipo de actividade físico-deportiva no contexto educativo, deportivo, recreativo e da actividade física e saúde.
A34 Realizar actos facultativos de elaboración de informes técnicos e peritaxes, asesorar e inspeccionar sobre actividade deportiva, instalacións e programas deportivos.
A35 Coñecer e saber aplicar o método científico nos diferentes ámbitos da actividade física e o deporte, así como saber deseñar e executar as técnicas de investigación precisas, e a elección e aplicación dos estatísticos adecuados.
A36 Coñecer e saber aplicar as novas tecnoloxías da información e a imaxe, tanto nas ciencias da actividade física e do deporte, como no exercicio profesional.
B1 Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte.
B2 Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
B3 Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo.
B5 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán.
B6 Dinamizar grupos nos diferentes ámbitos do exercicio profesional.
B7 Xestionar a información.
B8 Desenvolver hábitos de excelencia e calidade nos diferentes ámbitos do exercicio profesional.
B9 Comprender a literatura científica do ámbito da actividade física e o deporte en lingua inglesa e en outras linguas de presenza significativa no ámbito científico.
B10 Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
B11 Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma.
B12 Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles.
B13 Coñecer e aplicar metodoloxías de investigación que faciliten a análise, a reflexión e cambio da súa práctica profesional, posibilitando a súa formación permanente.
B14 Comprender e aplicar a lexislación vixente relativa ao marco das actividades físicas e deportivas nos distintos ámbitos: educación, deporte, xestión, lecer e saúde.
B15 Comprender e saber utilizar as importantes posibilidades que a educación física e o deporte teñen para xerar hábitos sociais e valores democráticos (coeducación de xéneros, respecto á diversidade social e cultural, cooperación, competición respectuosa, compromiso co contorno…).
B16 Dominar habilidades de comunicación verbal e non verbal necesarias no contexto da actividade física e o deporte.
B17 Promover e avaliar actividades de ampliación curricular, referentes á creación de hábitos autónomos de actividade física e deporte.
B18 Comprometerse e involucrarse socialmente coa súa profesión e en concreto, coa situación actual da actividade física e o deporte na educación formal; coa xestión do centro educativo; cos seus compañeiros (traballo cooperativo) e con aqueles aos que educa.
B19 Exercer a profesión con responsabilidade, respecto e compromiso.
B20 Coñecer, reflexionar e adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e o traballo en equipo a partir das prácticas externas en algún dos principais ámbitos de integración laboral, en relación ás competencias adquiridas no grao que se verán reflectidas no traballo fin de grao.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Observar, describir e reflexionar sobre a realidade do ámbito laboral que lle fagan cosciente dos puntos débiles e fortes para reconocer e mellorar as propias aptitudes, actitudes e competencias personales; así como reorganizar marcos de referencia que lle sirvan para entender mellor os conceptos e contidos estudiados durante la carreira. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A18
A19
A20
A21
A22
A23
A24
A25
A26
A27
A28
A29
A30
A31
A32
A33
A34
A36
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B14
B15
B16
B17
B18
B19
B20
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Manexar instrumentos, técnicas y estratexias propias da realidade do ámbito laboral que faciliten unha intervención de calidade. A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A18
A19
A20
A21
A22
A23
A24
A25
A26
A27
A28
A29
A30
A31
A32
A33
A34
A36
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B10
B11
B12
B14
B15
B16
B17
B18
B19
B20
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Desenvolver a capacidade de análise da realidade no ámbito elexido, tanto da propia intervención como da observación dos profesionais en exercicio. A12
A13
A19
A34
A36
B1
B3
B4
B6
B8
B9
B18
B19
B20
C1
C3
C4
C6
C7
C8
Asumir a necesidade de manter rigor no traballo, a búsqueda da calidade e o compromiso ético. A35
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B12
B13
B14
B16
B18
B19
C4
C5
C6
C7
C8
Intervenir na práctica actuando con profesionalidade mostrando a maior autonomía posible acordo o periodo de formación no que se atopa. A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A18
A19
A20
A21
A22
A23
A24
A25
A26
A27
A28
A29
A30
A31
A32
A33
A34
A36
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B10
B11
B12
B14
B15
B16
B17
B18
B19
C1
C2
C3
C4
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
O diario como elemento de reflexión en, sobre e para a práctica. - Tipos de diario
- Usos do diario
O portafolio: documento final que se vai elaborando e que recolle a narrativa da experiencia de prácticas desenvolvida e analizada. - Estructura do portafolio
- Documentos oficiais a presentar
Fases de desenvolvemento do Practicum -Fase de preparación do proxecto formativo: Elaboración e aplicación de técnicas de recollida de información(planillas, sistemas de categorías, anecdotarios,…) para a contextualización e preparación da intervención.
- Fase de intervención: Elaboración e aplicación do proxecto formativo recollendo o programado sempre acompañado dunha análise reflexiva post-intervención.
- Fase de valoración final: Análise das prácticas e do Practicum.
Complementos de formación específicos (coa intención de buscar unha complementariedade entre a formación académica do grao e o ámbito específico profesional) Planificación didáctica, planificación deportiva , programas de intervención para poboacións específicas, organización de proxectos de xestión e lecer.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A8 A10 A11 A14 A19 A20 A24 A35 B3 B4 B5 B12 B14 B15 B19 C7 20 20 40
Prácticas clínicas A12 A13 A26 A28 A34 B3 B7 B8 B10 B12 B19 C3 C8 10 0 10
Saídas de campo A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B11 B12 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B20 C4 C5 C6 C7 100 30 130
Portafolios do alumno A35 A36 B1 B7 B9 B10 B13 C1 C2 C3 0 70 70
Discusión dirixida B3 B4 B5 B8 B12 B19 B20 C4 C6 C7 15 0 15
Análise de fontes documentais A2 A1 A3 A4 A10 B7 B9 B10 B14 C2 C3 C6 C7 0 30 30
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Presentarase cada un dos pasos a seguir na realización do Practicum
Prácticas clínicas O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que os estudantes observan e participan en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma.
Correspóndese ca segunda fase de realización de Practicum: Observación e análisis da realidade sobre a que o alumno fará as prácticas.
Esta fase finaliza ca presentación do Plan de Prácticas
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc.
Correspóndese ca terceira fase da materia: A realización das prácticas

Dentro desta metodoloxía pódese realizar APRENDIZAXE XERVICIO (como non e algo obligado non aparece coma metodoloxía independente.
Portafolios do alumno É un documento individual, digital e/ou en papel individual ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno/a nun período de tempo. o que lle permite visualizar o seu progreso. O portafolios inclúe todo o que fai o alumno/a (actividades individuais ou grupais), como: guía da materia, apuntes ou notas de clases, documentos (normativa, reglamentos, lexislación, ...), contextualización, sintesis das reunións, observacións, ...),saidas de campo (unidades didácticas, sesións, plans de xestión,...) das sesións de aprendizaxe colaborativa e unha valoración da materia, do profesorado e das actividades realizadas.
Nun sobre pechado engadirase a avaliación do titor/a profesional e a certificación das horas realizadas.
Igualmente deberá presentar, obligatoriamente, un diario do realizado na materia dacordo as indicacións que recibirán do profesorado da mesma.
Si fora imprescindible incluiranse outra documentación dentro do apartado de Anexos.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Realizanse ao longo do proceso.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
O alumno deberá recoller e analizar a lexislación e reglamentación que afecta o desenvolvemento da profesión na que está a realizar as prácticas.
Todalas fontes documentais utilizadas deberán referenciarse no portafolios.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas clínicas
Saídas de campo
Portafolios do alumno
Análise de fontes documentais
Descrición
As actividades reflexadas son aquelas que demandan a asistencia do alumno/a as titorías. Nesta materia contémplanse 3 tipos diferentes de titorías:
- En pequeno grupo e gran grupo: son aquelas previstas no horario da materia que poderán utilizarse a indicación do profesorado para revisar actividades que teñan que ver co contido da materia
- Tutorías individualizadas utilizando a plataforma moodle.
- Tutorías personales/grupales no despacho do profesorado.
O alumno/a en prácticas terá a súa disposición catro persoas as que poderá acudir:
- As profesoras responsables do Practicum
- O titor/a da Facultade (académico)
- O titor/a do centro de prácticas (profesional)

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A35 A36 B1 B7 B9 B10 B13 C1 C2 C3 Este documento representará o total da cualificación final do alumno. 100
 
Observacións avaliación
Non se contempla a realización de exame.

Se o estudante incumpre o acordo co centro de prácticas, establecido mediante o Proxecto Formativo, ou mostra un comportamento que falta á ética profesional recibirá unha cualificación de suspenso na materia.

Hai prazos de entrega para algúns documentos que se deben ir cumprindo se se quere optar á máxima cualificación.

O traballo realizado nas prácticas recollerase nun Portafolio, segundo as condicións detalladas no seguinte apartado.

A asistencia ás sesións formativas é obrigatoria (ao 70% das mesmas). O estudante é responsable de coñecer a información exposta nas devanditas sesións.

Se o estudante realiza o practicum fóra de Galicia, ou ten matrícula parcial, deberá realizar as sesións formativas de forma intensiva en setembro pactadas previamente coas responsables da materia.

Manter reunións de seguimento co/o titor/a académico/a (polo menos 5 ao longo de todo o curso) é requisito imprescindible ao estar definidas como prácticas de intervención real e tutorizadas. O non cumprimento deste requisito pode supor unha avaliación negativa por parte do titor/a académico/a.

O estudante entregará á Profesora coordinadora de Practicum o seu Proxecto Formativo (ata o luns 11 de novembro de 2019). Se non se entrega na data citada anteriormente e debidamente cumprimentado, non está autorizado a realizar as prácticas. Utilizará o formulario creado para ese efecto pola UDC, dispoñible en: https://www.udc.es/practicasexternas/formularios/

Os estudantes autorizados a realizar o seu Practicum no 2º cuadrimestre, entregarán o seu Proxecto Formativo a finais do mes de febreiro.

O titor/a profesional deberá asinar a planilla de temporalización de permanencia no centro e cubrir o informe evaluativo, dispoñible en wttps://www.udc.es/practicasexternas/formularios/. Entregarase nun sobre pechado ao estudante, quen llo entregará ao titor/a académico/a; ou por correo electrónico directamente ao titor/a académico/a, para que este póidao ter en conta na súa avaliación.

O Portafolio será entregado ao/o titor/a académico/a para a elaboración do seu informe evaluador antes das seguintes datas:
Convocatoria de Xuño: ata o día 4 de maio de 2020
Convocatoria de Xullo: ata o día 6 de xullo de 2020

Unha vez corrixido e realizado o informe o/o titor/a académico/a devolveralles o Portafolio. Os estudantes entregarán o Portafolio dixitalmente incluíndo o diario. En papel a Memoria final do estudante e unha copia do diario entréganse á profesora Belén Toja na sala de xuntas do pazo, de 9:30h a 12:30h.
Convocatoria de Xuño: o día 15 de maio de 2020
Convocatoria de Xullo: o día 13 de xullo de 2020.

O/o Titor/a académico/a entregará directamente á Profesora Belén Toja o informe de avaliación (anexo 2) dos seus estudantes xunto co Informe do Titor/a Profesional antes do 4 de maio de 2020 para a oportunidade de xuño e antes do 6 de xullo para a 2ª oportunidade.

Fontes de información
Bibliografía básica
A Bibliografía a utilizar nesta materia, será a recomendada nas materias do ámbito específico en que cada estudante realiza as súas prácticas. Atoparáse material complementario en moodel.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Preferentemente, os estudantes deberían cursar esta materia no momento en que superen as materias dos tres primeiros cursos do grado polas demandas de coñecementos conceptuais e procedimentais que ten o Practicum asi como pola adicación horaria que esixe. Esta guía informatizada, estará acompañada doutro documento a modo de programa onde se definen todolos elementos didácticos da materia (temporalización, obxectivos, funcións, contido pormenorizado do portafolios,...) que se entregará ao alumnado na presentación da mesma. En Moodel irase colgado toda a información necesaria e as rúbricas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías