Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Iniciación en deportes V (Baloncesto. ou Atletismo II. ou outra) (optativa) Código 620G01044
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Mosquera Gonzalez, Maria Jose
Correo electrónico
maria.jose.mosquera@udc.es
Profesorado
López Villar, Cristina
Mosquera Gonzalez, Maria Jose
Correo electrónico
cristina.lopezv@udc.es
maria.jose.mosquera@udc.es
Web
Descrición xeral Na nosa sociedade o deporte é unha práctica altamente masculinizada polo que, ás veces, pérdese de vista a importancia que ten para as mulleres de diferentes idades e contextos. A sociedade actual demada certas prácticas como as actividades de sala, natación durante o embarazo, etc. que moitas veces precisan dun ou dunha profisional con formación específica. Esta materia pretende capacitar ao alumnado que a curse para deseñar e aplicar programas de actividade física con mulleres ou con homes e mulleres aplicando a perspectiva de xénero. Aspectos que son fundamentais para a construcción dun deporte máis igualitario e saudable.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Todos os contidos pasarían a formato online, non se modificarían.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas as que non implican presencialidade.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Elimínase a "Práctica de actividade física",
pero non computa na avaliación. E un complemento para a realización dos traballos grupais "Experiencias de actividade física con mulleres"
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Titorías por teams ou moodle.
4. Modificacións na avaliación
Exame presencial pasa a oral a través dunha plataforma ou escrito a través dunha plataforma.
*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacions, nos recursos ofrecidos pódese recurrir os que están dispoñibles online.


Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Fomentar a convivencia, estimulando e poñendo en valor a capacidade de constancia, esforzo e disciplina dos participantes nas actividades de educación física e deportiva.
A6 Deseñar e ordenar estratexias e espazos de aprendizaxe que respondan á diversidade social (sexo, xénero, idade, discapacidade, culturas…) e ao respecto dos dereitos que conforman os valores que aporta a educación física e deportiva á formación integral dos cidadáns.
A25 Identificar e comprender os requisitos psicomotores e sociomotores das habilidades deportivas, executando basicamente as habilidades motrices específicas dun conxunto de deportes, considerando as diferenzas por xénero.
A26 Identificar e aplicar as peculiaridades didácticas de cada especialidade deportiva na intención pedagóxica dos diferentes ámbitos de intervención.
B15 Comprender e saber utilizar as importantes posibilidades que a educación física e o deporte teñen para xerar hábitos sociais e valores democráticos (coeducación de xéneros, respecto á diversidade social e cultural, cooperación, competición respectuosa, compromiso co contorno…).
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender como a socialización condiciona diferencias entre xéneros e que consecuencias se derivan cara a práctica física B15
C4
Coñecer, analizar e valorar a participación das mulleres en actividades físico deportivas ao longo do ciclo vital. A6
A25
A26
Analizar programas de actividade físico deportiva específicos para mulleres ou coeducativos A5
A6
A25
A26
B15
C4
Reflexionar sobre as particuliaridades da práctica deportivas das mulleres nas diferentes etapas das súas vidas. A26
B15
C4
Coñecer e promover os dereitos e deberes das mulleres e a súa contribución na construcción da sociedade. B15
C4

Contidos
Temas Subtemas
A importancia da actividade física con perspectiva de xénero.
A necesidade dunha ciencia con perspectiva de xénero.
A influencia da cultura de xénero na vida e na práctica física de mulleres e homes.
A actividade física en diferentes momentos da vida das mulleres.
Os abusos, violencia e sexismo como elementos dunha mala praxe.
Estereotipos de xénero e actividade física. A problemática das desigualdades.
A construcción social de xénero no deporte.
Programas específicos de actividade física para mulleres e programas coeducativos Proxectos de intervención desde a perspectiva de xénero.
Xogos e actividades de concienciación para desenvolver a cultura de xénero.
Xogos e deportes alternativos e coeducativos.
Coeducación emocional Explorar as competencias emocionais necesarias para facilitar o desenvolvemento integral e igualitario
de nenas e nenos.
Coñecer a importancia da aprendizaxe das emocións e sentimentos para a igualdade de
xénero.
Favorecer o desenvolvemento das competencias emocionais aplicadas na coeducación.
Visibilizar programas de coeducación e educación emocional

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Práctica de actividade física A26 4 4 8
Sesión maxistral A6 A25 A26 B15 C4 20 20 40
Aprendizaxe colaborativa A5 A6 A26 B15 0 30 30
Estudo de casos B15 C4 4 16 20
Proba de discriminación A6 B15 C4 4 8 12
Traballos tutelados A6 A25 A26 B15 C4 10 28 38
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Práctica de actividade física Serán sesións nas que tanto dirixirán as profesoras como se pedirá a colaboración do alumnado para preparar pequenas tarefas de aplicación práctica.
Sesión maxistral Será participativa.
Aprendizaxe colaborativa Empregarase a aprendizaxe entre iguais como unha ferramenta fundamental.
Estudo de casos Elaboración de itinerario deportivo personal aplicando conceptos de xénero:
- Debe seguir o índice dos conceptos que se colgará en moodle, coa numeración establecida e a denominación de cada concepto (non facer modificacións no índice)
- Extensión: 6 páxinas (3 a doble cara)
Optativo para matrícula
Proba de discriminación Exame no que o alumnado demostrará que asimilou conceptos básicos e fundamentais da materia. Será unha proba "verdadeiro-falso".
Traballos tutelados O alumnado, por grupos, será titorizado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Ao longo do curso o alumnado recibirá orientacións para o desenvolvemento do traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A6 A25 A26 B15 C4 - Traballos grupais (6 puntos):
-Experiencias coeducación.
-Deportes altenativos coeducativos.
-Experiencias de actividade física con mulleres.

-Cuadernillo coeducación (2 puntos).
80
Proba de discriminación A6 B15 C4 Exame no que o alumnado debe demostrar que domina os fundamentos da materia. 20
 
Observacións avaliación

O "itinerario deportivo" poderase entregar nos casos das persoas que queiran optar a matrícula de honra: 

* Debe seguir o índice dos conceptos que se colgará en moodle, coa numeración establecida e a denominación de cada concepto. Non se admiten itinerarios con modificacións no índice: na orde e na denominación de conceptos. 

* Extensión: 6 páxinas (3 a doble cara). Non se admiten itinerarios con máis páxinas das indicadas.  

* Entrega: A determinar. 

A asistencia ás sesións presenciais da materia é obrigatoria, é preciso ter un 70% de asistencia. Para facer media é preciso aprobar cada unha das partes da avaliación. 

Na segunda oportunidade de (xullo) gardarase a nota das partes superadas. Para os cursos sucesivos non se gardará ningunha nota.

O alumnado que non cumpla cos requisitos plantexados terá que realizar un exame final na segunda oportunidade.

O alumnado a tempo parcial realizará a mesma avaliación que o alumnado a tempo completo. 

En todos os traballos esixirase o uso de linguaxe inclusiva.

Coa finalidade de
mellorar o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería
convinte que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con
periodicidade cuadrimestral, respecto a participar no proceso de avaliación das
materias cursadas” e cuxa chamada realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo
en responder as enquisas que avalían a docencia do profesorado en cada materia.

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías