Identifying Data 2020/21
Subject (*) Introduction to Sports VI (sailing or other emerging sports) (optional) Code 620G01045
Study programme
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Fourth Optional 6
Language
Spanish
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Educación Física e Deportiva
Coordinador
Ripoll Alberti, Antonio
E-mail
antonio.ripoll@udc.es
Lecturers
Ripoll Alberti, Antonio
E-mail
antonio.ripoll@udc.es
Web
General description Iniciación ás técnicas de navegación e manobras en Vela Lixeira. Estudo específico da metodoloxía do ensino da Vela, os medios materiais utilizados e a lexislación aplicable.
Fundamentos técnico-tácticos e didácticos das habilidades específicas da Vela.
Introdución ao proceso de adestramento das técnicas, estratexias e capacidades específicas que determinan o rendemento en vela na etapa de especialización.
Estudo descritivo dos elementos dun veleiro. A súa nomenclatura específica. Fundamentos Físicos, Técnico-Tácticos e Estratéxicos da Navegación e Competición en Vela Lixeira. Didáctica específica para o seu ensino-aprendizaxe.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non se modifican
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral, traballos tutelados, portafolio do alumno-a, realización de esquemas e probas obxectivas.

*Metodoloxías docentes que se modifican
A práctica da actividade física, as saídas de campo e os talleres, substitúense por "prácticas a través de TIC" (xogos e competicións virtuais) e o "Análise das fontes documentáis" (análise de video das técnicas da navegación e maniobras)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Indistintamente a través de correo electrónico, Teams ou Moodle.
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
Mantense igual, salvo que as porcentaxes correspondentes ás 3 metodoloxías substituídas pasan ás 2 novas metodoloxías 10% + 10%.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se contemplan

Study programme competencies
Code Study programme competences
A4 Coñecer e comprender as bases que aporta a educación física á formación das persoas.
A5 Fomentar a convivencia, estimulando e poñendo en valor a capacidade de constancia, esforzo e disciplina dos participantes nas actividades de educación física e deportiva.
A8 Deseñar, desenvolver, e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe, relativos á actividade física e o deporte, con atención e titorización segundo as características individuais e contextuais das persoas (xénero, idade, discapacidade, culturas, etc.).
A10 Coñecer os distintos niveis da lexislación educativa e aplicar os fundamentos básicos que promove en canto á Planificación e Programación Didáctica da Educación Física nas etapas educativas.
A11 Posuír o conxunto de habilidades ou competencias docentes que faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe na aula de educación física.
A17 Programar e desenvolver actividades físico-deportivas no medio natural, no contexto educativo e recreativo, favorecendo a participación á que todos teñen dereito e evitando a invisibilidade por razóns de xénero ou discapacidade.
A19 Planificar, desenvolver, controlar e avaliar técnica e cientificamente o proceso de adestramento deportivo nos seus distintos niveis e nas diferentes etapas da vida deportiva, de equipos con miras á competición, tendo en conta as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero na actuación do adestrador e nos deportistas.
A21 Deseñar, planificar e realizar actividades físicas e deportivas en lugares ou espazos que implican un risco intrínseco: no medio acuático, na neve ou outros do medio natural ou con animais.
A25 Identificar e comprender os requisitos psicomotores e sociomotores das habilidades deportivas, executando basicamente as habilidades motrices específicas dun conxunto de deportes, considerando as diferenzas por xénero.
A26 Identificar e aplicar as peculiaridades didácticas de cada especialidade deportiva na intención pedagóxica dos diferentes ámbitos de intervención.
A29 Identificar os riscos para a saúde que se derivan da práctica de actividade física insuficiente e inadecuada en calquera colectivo ou grupo social.
A30 Aplicar técnicas e protocolos que lle permitan asistir como primeiro interviniente en caso de accidente ou situación de emerxencia, aplicando, de ser necesario, os primeiros auxilios.
A33 Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo adecuado para cada tipo de actividade físico-deportiva no contexto educativo, deportivo, recreativo e da actividade física e saúde.
B1 Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte.
B2 Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
B5 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán.
B8 Desenvolver hábitos de excelencia e calidade nos diferentes ámbitos do exercicio profesional.
B11 Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma.
B12 Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles.
B14 Comprender e aplicar a lexislación vixente relativa ao marco das actividades físicas e deportivas nos distintos ámbitos: educación, deporte, xestión, lecer e saúde.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer as características e nomenclatura básicas dunha embarcación a vela e do medio no que navega; asi como as regras básicas para previr abordaxes no mar e os aspectos específicos preventivos en canto á seguridade, a hixiene e o medioambiente. A5
A25
A33
B1
C7
Dirixir e tripular unha embarcación a vela a todos os rumbos manobrando con seguridade, en condicións de vento de ata forza 4 da escala Beaufort. A8
A11
A21
A25
A26
B2
C7
Aplicar os coñecementos adquiridos en favor dunha práctica segura e efeciciente. A4
A5
A21
A26
A29
A30
A33
B1
B2
B5
B8
B11
B12
C7
Coñecemento da metodoloxía de ensino-aprendizaxe e do adestramento específico en vela. A4
A5
A8
A11
A26
A33
B1
C7
Deseñar un programa didáctico de iniciación deportiva específico de vela A4
A5
A8
A11
A17
A19
A21
A26
A33
B1
C7
Coñecer o marco lexislativo específico do deporte da vela no Estado e as Comunidades Autónomas como principio do desenvolvemento profesional nesta modalidade deportiva. A10
B12
B14
C7

Contents
Topic Sub-topic
Materiais, construción e nomenclatura dunha embarcación a vela Evolución histórica da navegación a vela e os seus aparellos.
Materiais e construción de embarcacións deportivas.
Dimensións, nomenclatura e terminologia do casco e do aparello dun veleiro.
Tipoloxía dos cabos e nós fundamentais
La seguridade nas actividades náutico deportivas O proceso da seguridade nun centro náutico deportivo
Regulamento para previr abordaxes no mar
Dispositivos de seguridade e de salvamento
Meteorología y Oceanografía Variables metereológicas e vos seus instrumentos de medición
As correntes e a ondada
Fundamentos físicos da navegación Principios de teoría do buque: flotabilidad, evolución e estabilidade.
Aerodinámica e hidrodinámica aplicadas ao veleiro.
Técnicas de navegación e manobras Os rumbos e a navegación a vela.
As manobras básicas na navegación a vela.
Efectos do vento e a corrente na navegación e manobras.

Didáctica e metodoloxía do ensino-aprendizaxe do deporte da vela Principios metodolóxicos e didácticos aplicados ao ensino da vela.
A progamación do ensino da vela. A sesión e as tarefas.
O sistema de estándares na iniciación ao deporte da vela.
Areas, técnicas e instrumentos de avaliación.
O adestramento deportivo en vela Compoñentes do rendemento no deporte da vela
Cualidades físicas condicionais e perceptivo-motrices do regatista
A competición no deporte da vela Modalidades de competición no deporte da vela
A organización e condución dunha regata
Desenvolvemento profesional no deporte da vela Estrutura organizativa do deporte da vela
As titulacións e especialidades de técnicos deportivos de vela.
As titulacións para o manexo de embarcacións deportivas e profesionais

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Physical exercise A4 A21 A25 A26 B8 B12 16 24 40
Guest lecture / keynote speech B1 B11 B14 10 20 30
Supervised projects A8 A10 A17 A29 2 12 14
Field trip B5 B14 C7 3 9 12
Workshop A30 B2 2 4 6
Student portfolio A8 A11 A19 1 6 7
Diagramming B11 3 6 9
Introductory activities A33 1 1 2
Objective test A5 A8 A26 B1 3 15 18
 
Personalized attention 12 0 12
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Physical exercise Sesións prácticas de aparellado e técnicas básicas en seco ou online. Realizadas as mesmas e superada a puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 da correspondente proba obxectiva, realizaranse prácticas de navegación sobre embarcacións colectivas en augas da Ría da Coruña no horario previsto.
Imprescindible roupa e calzado adecuados.
Guest lecture / keynote speech Desenvolvemento do programa de contidos da materia.
Impartirase durante o primeiro cuadrimestre na aula náutica da UDC ou a través da plataforma Teams se fose non presencial.
Supervised projects A proposta do alumnado en cada curso académico
Field trip Visita a astillero, velería, salvamento marítimo
Workshop Nós e materiais de construción e reparación en fibra de vidro.
Student portfolio Diario de sesións teórico-prácticas, talleres, obradoiros e saídas de campo.
Diagramming Realización de esquemas-resumen de dous temas a proposta do profesor
Introductory activities Presentación da materia e explicación da GD
Objective test Realizaranse dous:
A primeira, previa á navegación práctica: Necesario superala con 5 puntos sobre 10 antes de ser admitido a prácticas de mar.
A segunda, na data prevista de exame aprobada pola Xunta de Facultade. Esta proba final, poderase dividir en dous exames parciais ao longo do cuadrimestre, sempre dentro do horario habilitado para a materia..
O alumnado coñecerá as datas de todas as probas cunha antelación mínima de 10 días.

Personalized attention
Methodologies
Physical exercise
Supervised projects
Description
Estudantes admitidos-as ás Prácticas de Navegación: O profesor atenderá en terra as cuestións que expoñan o alumnado previas á sesión práctica e igualmente durante a práctica, na medida en que as circunstancias o permitan. Ao finalizar a práctica levará a cabo unha reunión colectiva co fin de analizar as tarefas realizadas, os erros cometidos e propor solucións aos casos presentados.
Traballos Tutelados: É conveniente presentar un borrador da estrutura do traballo antes de emprender a súa realización.



Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Physical exercise A4 A21 A25 A26 B8 B12 Evaluación continua.
10
Supervised projects A8 A10 A17 A29 Planificación dunha progresión didáctica para o ensino-aprendizaxe dunha tarefa específica implícita na navegación a vela. (concretar co profesor).
20
Field trip B5 B14 C7 Visita guiada a velera, estaleiro e Salvamento Marítimo. Asistencia e anotación en portafolio do alumno para obter a máxima puntuación. 5
Workshop A30 B2 Asistencia obrigatoria a un dos dous obradoiros programados:
1.- Traballos con cabos e nós.
2.- Traballos con fibra de vidro.
Asistencia e anotación no portafolio para obter a máxima puntuación.
5
Student portfolio A8 A11 A19 Presentación e defensa do Diario de prácticas presentado polo alumno. 20
Diagramming B11 Realización de resumos esquematizados de dúas sesións prácticas desenvolvidas ao longo do curso a proposta do profesor. 10
Objective test A5 A8 A26 B1 Desenvolvemento de dúas probas: inicial 10% e final 20%.
O alumnado responderá a preguntas de entre os contidos da materia (10%). Valorarase especialmente o apoio do texto por medio de debuxos e esquemas.
Na proba final exporase un suposto práctico consistente en desenvolver sobre papel o percorrido correspondente a unha navegación entre balizas en diferentes rumbos explicando as manobras realizadas (10%).
30
 
Assessment comments

Nas dúas oportunidades de avaliación é necesario obter 5 puntos para superar a materia. Ningunha das partes da avaliación é excluínte. A nota final será a media ponderada de cada unha das partes da avaliación. 

Na primeira oportunidade, a cualificación final virá determinada de acordo ás porcentaxes establecidas nesta GD. Os-as estudiantes que non realicen prácticas de navegación, poderán obter a puntuación correspondente por medio dun suposto práctico.

Na segunda oportunidade de avaliación, a proba obxectiva cualificarase con 10 puntos indicándose no encabezado da proba a porcentaxe de cada un  dos apartados (40% parte teórica e 60% suposto práctico).

Alumnado con matrícula parcial, lesionados-as ou asimilados-as, acordarase co profesor a forma de avaliación. A proba obxectiva constituirá o 60% da avaliación, adaptando a cada caso o 40% restante entre os traballos tuteados e a proba ou suposto práctico.

O idioma de impartición de clases e de realización da proba obxectiva é o castelán. Se o alumnado desexa realizar a proba obxectiva noutro idioma deberá solicitalo por escrito ao profesor, con dez días de antelación.

Para optar á máxima puntuación na práctica da vela, é imprescindible asistir ao 70% das sesións prácticas.


Sources of information
Basic Fitera Gomez, J. (1992). Didáctica del Deporte de la Vela. Madrid: Campomanes
Renom Pinsach, J. (2002). Entrenamiento Psicológico en Vela. Madrid: Tutor
Fitera Gomez, J. (1987). Iniciación a la Vela y sus Fundamentos Físicos. Madrid: Alhambra
Renom Pinsach, J. (2004). Metodología de la Enseñanza de la Vela. Madrid: Tutor

Complementary Sánchez-Cuenca Alomar, M. (2005). Entrenamiento y Regata. Palma: Ramón Llull
Benavides Alcibar, J.M. (1995). Metodología del Entrenamiento de la Vela. Gobierno Vasco


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
É imprescindible saber nadar para cursar a materia e alto nivel de comprensión do castelán en caso de estudantes Erasmus.

Antes de matricularse nesta materia, o alumnado debe asegurar ter dispoñibilidade horaria en todas os días da semana en que se programe a materia, tendo en conta ademais que a localización da aula Náutica na Coruña, require desprazamento.

En función das circunstancias e de común acordo, poderíase concentrar a docencia práctica nun ou dous períodos dentro do cuadrimestre.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.