Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Iniciación en deportes IV (Balonmán) (optativa) Código 620G01315
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Fernandez Romero, Juan Jose
Correo electrónico
juan.jose.fernandez@udc.es
Profesorado
Fernandez Romero, Juan Jose
Correo electrónico
juan.jose.fernandez@udc.es
Web
Descrición xeral O contexto dos contidos desta materia baséanse nas competencias establecidas para o módulo Fundamentos en Deportes, no que se integra esta materia; e que nos indica que ésta desenvólvese básicamente sobre o estudo das habilidades deportivas específicas, compostas e complexas, como conductas psico e sociomotoras, e os seus contidos como recursos didácticos en Educación Física e na Iniciación Específica Deportiva. Promovendo o coñecemento dos fundamentos técnico-tácticos.

Como iniciación específica deportiva enténdese o momento e período no que unha persoa comenza a aprender unha habilidade específica ou un deporte en concreto.

A ensinanza do balonmán fundaméntase pola riqueza sociomotriz desta modalidade deportiva, a promover na etapa de iniciación deportiva dos xóvenes; tal como habilidades e comportamentos de xogo, cheos de elementos de gran riqueza coordinativa, e tamén de socialización motriz; ademáis do arraigo histórico vixente permanentemente nos planos de estudos de Educación Física e Deportes, xa desde a creación dos primeiros centros de formación de profesores de Educaciónn Física.

O Balonmán está arraigado na sociedade actual como un deporte que promove os valores socio-deportivos en todas as súas facetas, e que, surdiendo do xogo, evoluciona e institucionalizase en deporte (concepción actual), sin perder a finalidade de xogo en sí mismo, como elemento educativo e gratificante de por sí. Por tal motivo, é unha actividade necesaria nos principios e valores educativos e formativos da Educación Física e na práctica deportiva cotidiana.

Analizando as características do Balonmán tanto polo tipo de habilidades motrices que o definen (modelos técnicos de execución), fundamentadas en correr, lanzar, saltar, como pola riqueza dos factores perceptivos que se vivencian na comunicación motriz do xogo (táctica), e polas cualidades físicas que desenvolve; fan que este deporte colectivo sexa unha actividade a programar no ámbito educativo, recreativo e competitivo.

Actualmente, fálase dunha didáctica dos deportes colectivos en canto os elementos comúns que os definen e relacionan; pero ademáis, cada materia debido a singularidade dos seus contidos, ten necesidade de planteamentos de ensinanza propios e diferenciados. Por eso, falamos dunha Didáctica do Balonmán, que, acorde cos descriptores do plano de estudos, se desenvolve seguindo un programa axustado os seus contidos específicos; plantexados dunha forma teórico-práctica; con unha metodoloxía de ensinanza para a iniciación específica o Balonmán.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Coñecer e analizar a cultura deportiva e propoñer os cambios necesarios, na propia e na das persoas coas que traballa, desde a ética e o xogo limpo, as diferenzas de xénero e a visibilidade dos discapacitados.
A4 Coñecer e comprender as bases que aporta a educación física á formación das persoas.
A5 Fomentar a convivencia, estimulando e poñendo en valor a capacidade de constancia, esforzo e disciplina dos participantes nas actividades de educación física e deportiva.
A6 Deseñar e ordenar estratexias e espazos de aprendizaxe que respondan á diversidade social (sexo, xénero, idade, discapacidade, culturas…) e ao respecto dos dereitos que conforman os valores que aporta a educación física e deportiva á formación integral dos cidadáns.
A8 Deseñar, desenvolver, e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe, relativos á actividade física e o deporte, con atención e titorización segundo as características individuais e contextuais das persoas (xénero, idade, discapacidade, culturas, etc.).
A9 Elaborar propostas curriculares para as distintas etapas no marco institucional dun centro educativo, desenvolvendo os elementos da programación didáctica da área de E. Física, con arranxo á lexislación vixente e ao proxecto educativo de centro.
A16 Deseñar, programar e desenvolver actividades esenciais da motricidade humana: o xogo, a danza e a expresión corporal, o exercicio e as actividades no medio natural, no ámbito educativo, recreativo e da actividade física e saúde, promovendo a igualdade de dereitos e oportunidades e evitando a exclusión en función do xénero e a discapacidade.
A17 Programar e desenvolver actividades físico-deportivas no medio natural, no contexto educativo e recreativo, favorecendo a participación á que todos teñen dereito e evitando a invisibilidade por razóns de xénero ou discapacidade.
A18 Deseñar e aplicar métodos adecuados para o desenvolvemento e a avaliación técnico-científica das habilidades motrices básicas nas diferentes etapas evolutivas do ser humano, considerando o xénero.
A23 Avaliar técnica e cientificamente a condición física e prescribir exercicios físicos nos ámbitos da saúde, o deporte escolar, a recreación e o rendemento deportivo, considerando as diferenzas biolóxicas por idade e xénero.
A25 Identificar e comprender os requisitos psicomotores e sociomotores das habilidades deportivas, executando basicamente as habilidades motrices específicas dun conxunto de deportes, considerando as diferenzas por xénero.
A26 Identificar e aplicar as peculiaridades didácticas de cada especialidade deportiva na intención pedagóxica dos diferentes ámbitos de intervención.
B1 Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte.
B2 Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
B3 Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B11 Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma.
B16 Dominar habilidades de comunicación verbal e non verbal necesarias no contexto da actividade física e o deporte.
B18 Comprometerse e involucrarse socialmente coa súa profesión e en concreto, coa situación actual da actividade física e o deporte na educación formal; coa xestión do centro educativo; cos seus compañeiros (traballo cooperativo) e con aqueles aos que educa.
B19 Exercer a profesión con responsabilidade, respecto e compromiso.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Deseñar, desenvolver e avaliar os procesos de ensino-aprendizaxe relativos ás habilidades específicas do Balonmán A3
A4
A5
A6
A8
A9
A16
A17
A18
A25
A26
B1
B2
B3
B11
B16
B18
B19
C1
C4
C6
C7
Identificar os factores e variables da selección de talentos en Balonmán A23
A25
B1
Conocer los fundamentos específicos tácticos grupales prácticos de ataque y defensa, y de aplicación en la iniciación específica y en la competición. A25
A26
B3
Conocer los fundamentos específicos de los sistemas de juego prácticos de ataque y defensa, y de aplicación en la iniciación específica y en la competición. A25
A26
B3

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE TEMATICO I : IDENTIFICACION, EVOLUCION E CARACTERIZACION DO BALONMÁN TEMA 1. Principios e valores do balonmán como modalidade deportiva competitiva institucionalizada de aplicación na iniciación específica deportiva e na educación física.
TEMA 2. Estudo específico de Regulamento de xogo:
Regulamento oficial de Balonmán
Adaptacións regulamentarias ao deporte basee en idade escolar (cadete, infantil, alevín).
TEMA 3. Terminoloxía e simboloxía específica:
Do xogo de ataque
Do xogo de defensa
TEMA 4. Marco de contidos técnicos-tácticos para o desenvolvemento do xogo na iniciación específica.
BLOQUE TEMATICO II : FUNDAMENTOS DIDACTICOS DO BALONMÁN TEMA 5. O proceso de formación de xogadores na etapa de iniciación específica ao balonmán:
Características, fases, obxectivos e contidos da iniciación específica
Metodoloxía de programación de: Obxectivos, contidos, progresións metodolóxicas, ...
BLOQUE TEMATICO III: FUNDAMENTOS TECNICO-TACTICOS INDIVIDUAIS COMÚNS DE ATAQUE E DEFENSA TEMA 6. Iniciación específica ás posicións de base e aos desprazamentos sen balón
BLOQUE TEMATICO IV: FUNDAMENTOS TECNICO-TACTICOS INDIVIDUAIS DE ATAQUE TEMA 7. Iniciación específica ás habililades técnico-tácticas individuais no desenvolvemento do xogo, en situacións específicas e nos postos específicos do ataque:

Técnica-táctica individual da adaptación e manexo do balón do balón en situacións específicas e nos p.e. do ataque
Técnica-táctica individual do bote do balón en situacións específicas e nos p.e. do ataque
Técnica-táctica individual dos desprazamentos con balón (ciclo de pasos) en situacións específicas e nos p.e. do ataque
Técnica-táctica individual dos pases en situacións específicas e nos p.e. do ataque
Técnica-táctica individual da recepción do balón en situacións específicas e nos p.e. do ataque
Técnica-táctica individual dos lanzamentos a portaría en situacións específicas e nos p.e. do ataque
Técnica-táctica individual da finta en situacións específicas e nos p.e. do ataque
BLOQUE TEMATICO V: FUNDAMENTOS TÉCNICO-TACTICOS INDIVIDUAIS DE DEFENSA TEMA 8. Iniciación específica ás habililades técnico-tácticas individuais no desenvolvemento do xogo, en situacións epecíficas e nos postos específicos da defensa:
Técnica-táctica individual da marcaxe en situacións epecíficas e nos postos específicos da defensa
Técnica-táctica individual do blocaje do balón en situacións epecíficas e nos postos específicos da defensa
Técnica-táctica individual da interceptación do pase en situacións epecíficas e nos postos específicos da defensa
Técnica-táctica individual do acoso e desposesión do balón en situacións epecíficas e nos postos específicos da defensa
Técnica-táctica individual da disuasión do pase en situacións epecíficas e nos postos específicos da defensa
BLOQUE TEMATICO VI: FUNDAMENTOS TECNICO-TACTICOS DO PORTEIRO TEMA 9. Factores e variables didácticas de adestramento na iniciación específica.
BLOQUE TEMATICO VII: APROXIMACIÓN AO XOGO COLECTIVO DE ATAQUE TEMA 10. Fundamentos tácticos grupales ataque. Variables de iniciación á aprendizaxe específica.
TEMA 11. Fundamentos de iniciación aos sistemas de xogo de ataque. Variables de iniciación á aprendizaxe específica: Fase de iniciación específica aos sistemas de organización do grupo no espazo de xogo.
TEMA 12. Fundamentos de iniciación específica ao contraataque
BLOQUE TEMATICO VIII: FUNDAMENTOS TACTICOS COLETIVOS DA DEFENSA TEMA 13. Fundamentos tácticos grupales defensivos. Variables de iniciación á aprendizaxe específica.
TEMA 14. Fundamentos de iniciación aos sistemas de xogo defensivos. Variables de iniciación á aprendizaxe específica: Fase de iniciación específica aos sistemas de organización do grupo no espazo de xogo.
BLOQUE TEMATICO IX: A EVALUACION NA FORMACION DE XOGADORES DE BALONMÁN TEMA 15. Evaluación para él seguimiento de jugadores y lana selección de talentos, en lana formación de jugadores de BM:
Fundamentos de lana selección de talentos
Características y capacidades de los jugadores de balonmano en lanas diferentes etapas de competición
Pruebas y protocolos de evaluación
TEMA 16. Evaluación de lana Eficacia pedagógica de él Entrenamiento (EEE) en lanas progresiones metodologicas de él entrenamiento, durante lana formación de jugadores.
Definición
Metodología de aplicación
Modelos prácticos

BLOQUE TEMÁTICO X: BASES CONCEPTUAIS DO PROCESO DE ADESTRAMENTO EN DEPORTES DE EQUIPO. A PREPARACIÓN CONDICIONAL. TEMA 17: Diferentes concepcións do proceso de adestramento en deportes de equipo. Peculariedades do balonmán.
TEMA 18: A preparación condicional en balonmán. Adestramento da forza e a resistencia.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A5 A25 B1 1 0 1
Análise de fontes documentais A4 A8 A9 1 8 9
Eventos científicos e/ou divulgativos B1 B19 C6 0 6 6
Sesión maxistral A6 A17 C7 4 12 16
Portafolios do alumno A16 0 15 15
Proba mixta A4 A5 A26 B2 B3 3 12 15
Traballos tutelados A18 A23 B11 B16 C1 2 16 18
Saídas de campo A3 A8 A18 B18 0 12 12
Prácticas a través de TIC C4 1 3 4
Práctica de actividade física A5 A25 32 21 53
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc.
Sesión maxistral Ou lección maxistral: Exposición oral, habitualmente complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, etc.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe (aprendizaxe independente dos estudantes).
Saídas de campo Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc. Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Práctica de actividade física Metodoloxía que permite ó alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades físicas e/ou deportivas de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, etc., a execución dos fundamentos psicomotores e/ou sociomotores das distintas habilidades deportivas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Sesión maxistral
Portafolios do alumno
Traballos tutelados
Prácticas a través de TIC
Práctica de actividade física
Descrición
Organización de titorías colectivas, dirixidas a solucionar problemas relacionados coa práctica das tarefas motoras da materia, ou bem de traballos colectivos.

Non se contempla ningunha variación para aqueles que cursan con matrícula parcial.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A4 A5 A26 B2 B3 Proba escrita: O seu obxetivo e avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado. Esta proba poderá constar de preguntas tipo test ou cortas ou temas a desenvolver. 40
Traballos tutelados A18 A23 B11 B16 C1 Consistirán en tarefas directamente relacionadas co temario. Dous traballos individuais: o primeiro será en vídeo sobre os medios tácticos colectivos e o segundo sobre un medio ou sistema de xogo presente no temario. Cada un dos traballos vale o 15% e será necesario ter un 5 para superalos. O alumnado poderá sustituir na avaliación os traballos tutelados pola participación voluntaria en actividades complementarias da asignatura, tal como: Seminarios da materia, congresos, etc). O criterio de implicación voluntaria do alumnado, obedece o principio de fomentar a participación formativa en actividades organizadas pola asignatura, as cales xerán un ambiente de aprendizaxe muy positivo. 30
Práctica de actividade física A5 A25 O alumnado poderá elixir entre avaliación continua ou final práctica: a) Avaliación continua: Valora a partir dunha asistencia mínima do 70%, por unha banda, o grao de participación nas prácticas e, por outra banda, demostre un nivel de xogo idóneo ou un alto grao de progresión persoal no xogo. b) O alumnado que non cumpra este criterio deberá presentarse o exame final. 30
 
Observacións avaliación

O profesor pode establecer a avaliación da materia, seleccionando entre as seguintes metodoloxías e probas, mediante avaliación continua e / ou final, segundo os seus criterios pedagóxicos. O profesor, ao comezo do curso, explicará cada unha das probas que estableza para a avaliación e a súa avaliación.

Os requisitos para aprobar a materia son os mesmos tanto na primeira oportunidade como na segunda ou nas convocatorias posteriores.

Observacións sobre a avaliación:

1. Asistencia á avaliación: asistencia obrigatoria ás clases teóricas, prácticas e titorías grupais, considerando a modalidade presencial da materia. As actividades académicas presenciais son esenciais na actividade física e nos deportes. A asistencia obrigatoria ás clases non puntuará na nota final (ponderación 0%)
2. Os requisitos para aprobar a materia son os mesmos tanto na primeira oportunidade como na segunda oportunidade ou en convocatorias extraordinarias posteriores
3. Os criterios para manter as partes aprobadas para a segunda oportunidade son: Considerando que cada convocatoria consta de dúas oportunidades (xuño-xullo), as probas de avaliación continua e final aprobadas na primeira oportunidade liberaranse na segunda oportunidade.
4. Os criterios para manter as pezas aprobadas en futuras convocatorias de avaliación son: As probas de avaliación continua e final aprobadas en convocatorias anteriores manteranse e liberaranse en convocatorias posteriores.
5. Estudantes matriculados parcialmente: os alumnos matriculados parcialmente deberán realizar e superar as mesmas probas e requisitos de avaliación continua e final que o resto de alumnos.
6. Idioma dos exames: o exame será no idioma da materia. Se alguén quere facelo noutro idioma oficial da UDC, solicitarase unha semana antes da data de finalización.
7. Opcións alternativas de avaliación para casos especiais xustificados: os estudantes con discapacidade ou con discapacidade por lesións crónicas ou temporais para a práctica motora, poden solicitar a adaptación de tarefas motrices nas sesións e probas de avaliación e realizar actividades alternativas, sempre e cando as competencias do tema permíteno
8. Cando se realicen probas en liña, empregarase a plataforma UDC ou os sistemas recoñecidos por esta.
9. Nota final: a nota final da materia valorarase entre 0 e 10 puntos, como resultado da media ponderada das metodoloxías de avaliación establecidas na táboa anterior.

Para superar as probas obrigatorias é imprescindible obter a nota mínima de aprobación (puntuación mínima de 5 puntos sobre 10) en todas e cada unha das metodoloxías-probas de avaliación establecidas, para sumar a media ponderada de cada unha das probas. á nota final e aproba a materia. En caso contrario, as probas non superadas estarían pendentes doutra convocatoria.

Cuando alguien ten  "non presentado" en todas as probas de aviación establecidas, y se presenta só a una proba, e esa proba e superada ou bem suspendida, entón a nota final aparecerá como "suspenso" e non aparecerá como "non presentado".

Cando na mesma convocatoria hai unha cualificación de "non presentado" nunha oportunidade  e suspenso en  noutra, entoo a su nota será suspenso.

10. Implicaciones de plagio en la realización de las pruebas o actividades de evaluación:A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).


Fontes de información
Bibliografía básica Antón, J. (2004). Análisis evolutivo estructural y funcional del sistema defensivo 3:2:1. Granada.Grupo Editorial Universitario
Antón, J. (2004). Análisis evolutivo estructural y funcional del sistema defensivo 6:0. Granada. Grupo Editorial Universitario
Torres, G. (2004). Aproximación al análisis didáctico del contenido del portero de balonmano. Madrid. Área Balonmano
Fernández, J.J., Cancela, J.M., Vila, E. y Casáis, L (2000). Balonmán. Manual Básico. Santiago: Lea.
AA.VV (1992). Balonmano. Madrid, COE
Fernández, J.J., Vila, Mª.H. y Gambau, V. (1999). Balonmano playa. Evolución reglamentaria. Área de balonmano
Antón, J. (1990). Balonmano: Fundamentos y etapas de aprendizaje. Madrid. Gymnos
Seirul-lo, F. (2017). El entrenamiento en los deportes de equipo. Barcelona. Autor editor
Fernández, J.J., et al. (2000). Enseñanza de los juegos deportivos colectivos a través del Balonmano. Madrid. Gymnos
AA.VV. (2009). Guía de trabajo para la formación en Balonmano. Madrid. RFEBM
Seirul-lo, F. (1993). La preparación física en el balonmano. A Coruña. Cuaderno nº7
Greco, P. y Fernández, J.J. (2011). Manual de handebol: da iniciação ao alto nível. Sao Paulo. Phorte Editora
Pinaud, P. y Díez, E. (2009). Percepción y creatividad en el proceso de aprendizaje del balonmano. Barcelona, Stonberg editorial
RFEBM (2018). Reglas de balonmano playa. Madrid
RFEBM (2018). Reglas de juego. Madrid
Antón, J. (2002). Táctica grupal defensiva. Granada. Grupo Editorial Universitario
Antón, J. (1998). Táctica grupal ofensiva. Granada. Grupo Editorial Universitario


Bibliografía complementaria Torres, G. y Crespo, R. (2009). Balonmano Contraataque: Guía práctica de ejercicios para el juego de transición técnica y metodología. Santiago de Compostela. Sadega
Federación Española de Balonmano (1989). Balonmano: velocidad y espectáculo. Madrid. Gymnos
Fernández, J. J., Viaño, J. J. y Cerdeira, C. (2000). Enseñanza juegos deportivos colectivos a través del balonmano. Madrid: Gymnos.
Federación Española de Balonmano (1996). Mini Balonmano. Madrid. Gymnos


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Balonmán e a súa didáctica/620G01017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Coa finalidade de mellorar o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería convinte que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto a participar no proceso de avaliación das materias cursadas” e cuxa chamada realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo en responder as enquisas que avalían a docencia do profesorado en cada materia



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías