Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Técnicas de Levantamento Gráfico Código 630467114
Titulación
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Representación e Teoría Arquitectónica
Coordinación
Franco Taboada, Jose Antonio (Catedrático)
Correo electrónico
j.a.franco@udc.es
Profesorado
Franco Taboada, Jose Antonio (Catedrático)
Tarrio Carrodeguas, Santiago
Correo electrónico
j.a.franco@udc.es
santiago.tarrio@udc.es
Web
Descrición xeral Introduce o concepto de levantamento arquitectónico como a primeira forma de coñecemento da arquitectura do patrimonio, elemento imprescindible no estudo, análise e investigación dos bens arquitectónicos e parte fundamental en todo proxecto de restauración e rehabilitación.

A materia profunda nas técnicas de toma de datos e restitución para o levantamento gráfico-arquitectónico mediante procedementos tradicionais e introduce ao alumno na adquisición de coñecementos e destrezas básicas para o manexo das novas ferramentas dixitais e as correspondentes técnicas de captura e de restitución así como no coñecemento dos últimos equipos e instrumentos incorporados ao mercado e utilizados na captura de datos para a realización de levantamentos arquitectonicos: medidores laser 2D e 3D, estacións totais e laser scanner 3D.

Desenvolve a capacidade de integración de diferentes técnicas de captura de datos no proxecto e levantamento gráfico-arquitectónico.



Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para a intervención no Patrimonio edificado: aptitude ou capacidade para intervir no patrimonio edificado, en edificios con valor histórico, coordinar estudos históricos sobre eles, elaborar os seus planes directores de conservación e redactar e executar proxectos de restauración e rehabilitación.
A2 Protección do Patrimonio edificado: aptitude ou capacidade para realizar tarefas de catalogación monumental, definir medidas de protección de edificios e conxuntos históricos e redactar planes de delimitación e conservación deles.
A3 Conservación da obra pesada: aptitude ou capacidade para analizar, controlar a calidade, definir condicións de mantemento e reparar as estruturas de edificación, e as cimentacións.
A5 Conservación de obra grosa e acabada: aptitude ou capacidade para analizar, controlar a calidade e definir as condicións, mantemento e medidas de intervención nos sistemas de divisións interiores, carpintería e demais obra acabada de interior, así como nos cerramentos, cubertas, etc.
A6 Crítica arquitectónica: aptitude ou capacidade para analizar o patrimonio edificado e para explicar os precedentes formais.
B1 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de seren orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B6 Capacidade de organización e planificación
B8 Capacidade de xestión de información
C2 Traballo en colaboración con responsabilidades compartidas
C3 Habilidade gráfica xeral
C4 Imaxinación e creatividade
C5 Visión espacial
C7 Intuición mecánica
C8 Sensibilidade estética
C9 Habilidade manual
C10 Cultura histórica
C11 Capacidade de análise e de síntese
C12 Razoamento crítico
C13 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudos

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Afondar nas técnicas de toma de datos e restitución para o levantamento gráfico-arquitectónico mediante procedementos tradicionais. AP1
AP2
AP6
BP2
BP3
BP6
BP8
CM1
CM2
CM3
CM4
CM6
CM8
CM12
Adquisición de coñecementos e destrezas básicas para o manexo das novas ferramentas dixitais para a realización de levantamentos gráfico-arquitectónicos, técnicas de captura e de restitución. AP1
AP2
AP6
BP1
BP2
BP3
BP6
BP8
CM1
CM2
CM3
CM4
CM12
Coñecemento dos últimos equipos e instrumentos incorporados ao mercado e utilizados na captura de datos, medidores laser 2D e 3 D, estacións totais, laser escáner 3D. AP1
AP2
AP6
BP2
BP3
BP6
BP8
CM1
CM2
CM4
CM8
CM12
Desenvolvemento da capacidade de integración de diferentes técnicas de captura de datos no proxecto e levantamento gráfico-arquitectónico. AP1
AP2
AP6
BP1
BP2
BP3
BP6
BP8
CM1
CM2
CM3
CM4
CM7
CM8
CM12
Desenvolvemento do concepto de levantamento arquitectónico como a primeira forma do coñecemento da arquitectura do patrimonio, as súas características métrico dimensionais, a súa complexidade histórica, as súas características estruturais e construtivas ademais das súas características formais e funcionais. AP1
AP2
AP3
AP5
AP6
BP1
BP2
BP3
BP6
BP8
CM1
CM2
CM3
CM4
CM6
CM7
CM8
CM9
CM10
CM11
CM12

Contidos
Temas Subtemas
Presentación da materia.
1.- O levantamento gráfico e a investigación sobre o patrimonio construído.
Introducción
Obxetivos.
Documentación.
Metodoloxías.
Exemplos.
2.- Levantamento gráfico por procedimentos tradicionais. Principios básicos.
Instrumentos.
- Simples.
- Distanciómetros laser.
- Estación topográfica.
A toma de datos e a restitución.
Exemplos de aplicación.
A carta do levantamento arquitectónico.
3.- Métodos fotográficos e informáticos básicos de apoio á representación. A fotografía como recurso.
A cámara.
Software de aplicación.
Restitucións básicas.
Procedemientos fotográficos especiais para levantamentos gráficos.
4.- Introdución aos levantamentos por procedementos fotogramétricos. Os sistemas de levantamento tridimensional.
Fotogrametría arquitectónica, conceptos básicos.
- Fotogrametría dixital, software especializado.
- O Scanner laser 3D.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A6 A5 B1 B2 B3 B6 B8 C3 C5 C8 C10 C11 C12 C13 12 0 12
Prácticas a través de TIC A1 A2 B1 C9 C4 3 6 9
Seminario A1 A2 A6 B1 B2 B3 C4 C7 C8 C12 3 0 3
Traballos tutelados A1 A2 A6 B1 B2 B3 B6 B8 C2 C3 C4 C9 C11 C12 C13 3 45 48
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nela expóñense as bases do coñecemento teórico da materia que se especifican nos contidos. Nestas clases os alumnos teñen unha aptitude receptiva seguindo as explicacións co soporte de debuxos na lousa ou proxeccións en pantalla, tomando apuntamentos, formulando preguntas sobre os temas expostos e analizando as fontes bibliográficas facilitadas.

Ten por obxecto desenvolver os temas, proporcionando tanto os conceptos coma as ferramentas necesarias para a súa comprensión dende unha perspectiva na que a arquitectura e o patrimonio se encontra sempre presente.

É a base imprescindible para a realización do traballo tutelado e a súa posterior aplicación real e practico no desenvolvemento de proxectos arquitectónicos de rehabilitación.
Prácticas a través de TIC Trátase de prácticas gráficas nas que se utilizarán aplicacións informáticas de debuxo asistido por ordenador (CAD), de tratamento de imaxes e de captura de datos, relacionadas co levantamento gráfico de arquitecturas do patrimonio construído. Serán a base para a súa posterior utilización nos traballos tutelados.
Seminario Neles expóñense casos prácticos reais, realizados por profesionais no ámbito do levantamento arquitectónico. Nestes seminarios os alumnos teñen unha aptitude receptiva seguindo as explicacións co soporte de proxeccións en pantalla, tomando apuntamentos, formulando preguntas sobre as experiencias expostas.
Traballos tutelados Aqueles nos que o alumno participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de valorar, responder, aplicar e experimentar os conceptos, técnicas e coñecementos desenvolvidos nas sesións maxistrais.

Os traballos formúlanse cunha parte con sesións de atención persoal e outras de traballo persoal. Nuns casos tratásese de traballos a realizar individualmente e noutros en grupo.

Elíxense para o seu desenvolvemento arquitecturas do patrimonio construído de escala, dimensións e características axeitados, co obxecto de que o alumno vaia aplicando os conceptos e técnicas expostas no temario.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Descrición
Nas entrevistas periodicas que realice o alumno realizaranse as aclaracións correspondentes a todos aqueles aspectos que formule, orientarase sobre os conceptos expostos nas sesions maxistrais que queira afondar e canalizaranse a os traballos de investigación tutelados que deberán alcanzar un nivel profesional.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A6 B1 B2 B3 B6 B8 C2 C3 C4 C9 C11 C12 C13 Levantamento gráfico dun edificio pertencente ao patrimonio construído de Galicia ou de características definidas no propio enunciado do traballo. Nel utilizaranse as técnicas expostas nas sesións maxistrais e o seu resultado final terá carácter profesional. 80
Prácticas a través de TIC A1 A2 B1 C9 C4 Seran practicas de ordenador e/ou de laboratorio nas que o alumno utilizará algunha das aplicacións informáticas expostas nas sesións maxistrais. Os seus desenvolvemento será parte da base que os alumnos utilizarán no traballo tutelado. 20
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica CRAMER, J. (1986). CONSTRUCCIÓN. LEVANTAMIENTO TOPOGRÁFICO EN LA CONSTRUCCIÓN. . Barcelona, GG
BUILL POUELO, F (2008). FOTOGRAMETRÍA ARQUITECTÓNICA. Barcelona, UPC
CUELI LÓPEZ, J.T. (2011). FOTOGRAMETRÍA PRÁCTICA. TUTORIAL PHOTOMODELER.. Santander, Ediciones Tantín
CHITHAM, R. (1982). LA ARQUITECTURA HISTÓRICA ACOTADA Y DIBUJADA.. Mexico D.F.,GG
SAINT AUBIN, J.P. (1992). LE RELEVÉ ET LA REPRESNTATION DE L´ARCHITECTURE. Paris. L´Association Etudes, Loisiris et Patrimoine
ALMAGRO GROBEA, A. (2004). LEVANTAMIENTO ARQUITECTÓNICO. Universidad De Granada.
JIMÉNEZ MARTIN, A. y PINTO PUERTO, F. (2003). LEVANTAMIENTO Y ANÁLISIS DE EDIFICIOS. FUTURO Y TRADICIÓN.. Universidad de Sevilla.
DOCCI, M., MAESTRI, D. (2006). MANUALE DI RILEVAMENTO ARCHITETTONICO E URBANO. Roma, Editori Laterza
DOCCI, M., MAESTRI, D. (2012). MANUALE DI RILEVAMENTO ARCHITETTONICO E URBANO. Roma-Bary, Gius.Laterza & Figli Spa

Bibliografía complementaria (). .

La bibliografía complementaria se entregará a lo largo del desarrollo dela asignatura.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xeometría Descritiva/630G01003
Análisis de Formas Arquitectónicas/630G01007
Análise Arquitectónico 1/630G01012
Xeometría da Forma Arquitectónica/630G01014
Análise Arquitectónico 2/630G01017
RepresentacIón avanzada en Arquitectura/630G01051
Xeometrías complexas en Arquitectura/630G01052
Comunicación gráfica en Arquitectura/630G01053

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías