Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Rehabilitación do Espazo Sagrado Código 630467123
Titulación
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións Arquitectónicas
Coordinación
Fernandez Cobian, Esteban
Correo electrónico
esteban.fcobian@udc.es
Profesorado
Fernandez Cobian, Esteban
Correo electrónico
esteban.fcobian@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/course/view.php?id=28150&lang=es
Descrición xeral Este curso pretende introducir ó alumno na problemática do espazo sagrado.
A nosa cultura occidental fonde as suas raíces no cristianismo. En España, o 80% do patrimonio histórico é de titularidade eclesiástica, e as probabilidades de intervir neste tipo de edificios son altas.
Por eso, é importante distinguir con precisión os conceptos fundamentáis destes programas, así como os distintos enfoques dende os que se pode intervir: o teolóxico-conceptual, o litúrxico-funcional, o pedagóxico-pastoral, o xurídico-legal e, por suposto, o estrictamente arquitectónico.
Neste curso estudiase a terminoloxía específica dos espacios de culto cristiáns. Se facilita a bibliografía esencial que existe sobre o tema. E se explica a obra e o pensamento dos principáis arquitectos que traballaron o programa sacro durante o século XX, tanto mediante recorridos históricos xeráis como con casos concretos.


Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para a intervención no Patrimonio edificado: aptitude ou capacidade para intervir no patrimonio edificado, en edificios con valor histórico, coordinar estudos históricos sobre eles, elaborar os seus planes directores de conservación e redactar e executar proxectos de restauración e rehabilitación.
A2 Protección do Patrimonio edificado: aptitude ou capacidade para realizar tarefas de catalogación monumental, definir medidas de protección de edificios e conxuntos históricos e redactar planes de delimitación e conservación deles.
A3 Conservación da obra pesada: aptitude ou capacidade para analizar, controlar a calidade, definir condicións de mantemento e reparar as estruturas de edificación, e as cimentacións.
A4 Aptitude ou capacidade para analizar, controlar a calidade, definir as condicións de mantemento das instalacións da edificación.
A5 Conservación de obra grosa e acabada: aptitude ou capacidade para analizar, controlar a calidade e definir as condicións, mantemento e medidas de intervención nos sistemas de divisións interiores, carpintería e demais obra acabada de interior, así como nos cerramentos, cubertas, etc.
A6 Crítica arquitectónica: aptitude ou capacidade para analizar o patrimonio edificado e para explicar os precedentes formais.
B1 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de seren orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B6 Capacidade de organización e planificación
B8 Capacidade de xestión de información
C2 Traballo en colaboración con responsabilidades compartidas
C3 Habilidade gráfica xeral
C4 Imaxinación e creatividade
C5 Visión espacial
C6 Comprensión numérica
C7 Intuición mecánica
C8 Sensibilidade estética
C9 Habilidade manual
C10 Cultura histórica

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Primera AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
AP6
BP1
BP2
BP3
BP6
BP8
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
CM9

Contidos
Temas Subtemas
1. A rehabilitación, o espazo e o sagrado --
2. Conceptos básicos en arquitectura relixiosa --
3. A arquitectura relixiosa: os tipos --
4. A arquitectura relixiosa do seculo XX en España --
5. Variables ambientáis na rehabilitación do espazo sagrado --
6. Intervencións contemporáneas en espazos de culto --
7. Caso de estudo 1. AIgrexa parroquial da Santa Cruz, Santa Cruz de Oleiros (A Coruña). Miguel Fisac, 1967/69 --
8. Caso de estudio 2. Variable segundo os anos --

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A4 B1 C2 C10 0 15 15
Traballos tutelados A3 A6 B2 B6 B8 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 0 28 28
Presentación oral B3 3 0 3
Sesión maxistral A2 A5 27 0 27
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Lectura crítica dun libro ou conxunto de artigos relativos ós contidos da materia. Debate posterior co profesor.
Traballos tutelados Elaboración dun informe relativo á adaptación dunha igrexa ás directrices litúrxicas posteriores ó Concilio Vaticano II.
Documentaranse planimétrica e fotograficamente a situación anterior, as obras realizadas, os criterios conceptuais, arquitectónicos e litúrxicos utilizados, e a situación actual.
Incluirase, así mesmo, a transcrición dunha conversación sobre o tema co sacerdote ou co arquitecto responsable das obras.
O traballo presentarase en formato pdf. Ademais, achegarase todo o material utilizado en soporte dixital (rtf, jpg, pdf, etc.).
Antes de entregalo traballo compre corrixilo o menos unha vez.
Presentación oral Exposición pública do Traballo tutelado.
Sesión maxistral Exposición de temas relativos á rehabilitación do espazo sagrado no marco da arquitectura contemporánea.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Lecturas
Descrición
Asesoramento persoal do alumno, de modo presencial ou a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A6 B2 B6 B8 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 Valorarase a capacidade investigadora do alumno, así como a súa exposición pública dos resultados da súa investigación. 75
Sesión maxistral A2 A5 Para superar a materia será necesario asistir, polo menos, ao 80% das Sesións maxistrais. 5
Lecturas A1 A4 B1 C2 C10 Valorarase a comprensión do texto lido, así como a súa correcta exposición. 20
 
Observacións avaliación

A docencia e a avaliación desta asignatura adaptarase ás especiáis condicións pedagóxicas dos alumnos incluidos en programas de mobilidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Esteban Fernández-Cobián (coord.) (2009). Arquitecturas de lo sagrado. Memoria y proyecto. A Coruña: Netbiblo
José Manuel de Aguilar (1967). Casa de oración. Madrid: Movimiento Arte Sacro
Pedro Farnés Scherer (1989). Construir y adaptar las iglesias. Orientaciones doctrinales y sugerencias prácticas sobre el espacio celebrativo, según el espíritu del Concilio Vaticano II. Barcelona: Regina
Esteban Fernández-Cobián (2005). El espacio sagrado en la arquitectura española contemporánea. Santiago de Compostela: Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia
Jean Hani (2008). El simbolismo del templo cristiano. Palma de Mallorca: Olañeta

Para superar o apartado Lecturas, o alumno poderá ler calquera dos libros indicados nesta lista, ou ben o seguinte Dossier Bibliográfico completo, que se entregará na aula o primeiro dia do curso:

- Esteban Fernández-Cobián, «Redescubriendo el templo», Arquitectos, 163 (2002): 46-55 (resumen de El espacio sagrado en la arquitectura española contemporánea).

- José Luis Fernández del Amo Moreno, «Arquitectura de la liturgia», Alférez, 16 (1948): 4-5.

- Juan Miguel Otxotorena Elicegui, «Hormigones y candelabros. Sobre la respuesta de la arquitectura moderna al tema del espacio sacro», en: IDEM (dir.), Capilla Universitaria: concurso de ideas (Pamplona: Universidad de Navarra, 1995): 3-4.

- Secretariado Nacional de Liturgia, Directorio litúrgico-pastoral sobre ambientación y arte en el lugar de la celebración. Madrid: PPC, 1987.

Bibliografía complementaria Ernst Neufert (2007). Arte de proyectar en arquitectura. Barcelona: Gustavo Gili (p. 521-527)
(1954). Datos esenciales para el proyecto de iglesias. Revista Nacional de Arquitectura, 151/152 (p. 73-82)


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Historia do Patrimonio Rehabilitado /630467102

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Análise e Teoría da Intervención no Patrimonio/630426101
Accións e Estratexias sobre a Arquitectura Moderna/630426103

Materias que continúan o temario

Observacións

--



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías