Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Crítica Arquitectónica Código 630519004
Titulación
Mestrado Universitario en Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Agrasar Quiroga, Fernando
Correo electrónico
fernando.agrasar@udc.es
Profesorado
Abelleira Doldán, Miguel A.
Agrasar Quiroga, Fernando
Blanco Lorenzo, Enrique Manuel
Paz Agras, Mari Luz
Correo electrónico
miguel.abelleira@udc.es
fernando.agrasar@udc.es
enrique.blanco@udc.es
luz.paz.agras@udc.es
Web http://http://etsa.udc.es/web/
Descrición xeral A asignatura de CRÍTICA ARQUITECTÓNICA ten como obxectivo dotar ao alumno da capacidade de argumentación e discusión de xuizo, como mecanismo esencial para a reflexión sobre as súas propias propostas arquitectónicas e a aprendizaxe sobre as alleas.
Como parte do Mestrado Universitario en Arquitectura, esta asignatura ofrece conceptos básicos cos que realizar unha análise crítica de obras arquitectónicas. O trabajo práctico será esencial no desenvolvemente da asignatura, que utilizará un blog como ferramenta de difusión das argumentacións críticas xeradas na aula.


Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A10 Aptitude para exercer a crítica arquitectónica.
A12 Elaboración, presentación e defensa, una vez obtidos todos os créditos de grao e mestrado, dun exercicio orixinal realizado individualmente, ante un tribunal universitario no que deberá incluírse polo menos un profesional de recoñecido prestixio proposto polas organizacións profesionais. O exercicio consistirá nun proxecto integral de arquitectura de natureza profesional no que se sinteticen todas as competencias adquiridas na carreira, desenvolvido ate o punto de demostrar suficiencia para determinar a completa execución das obras de edificación sobre as que verse, con cumprimento da regulamentación técnica e administrativa aplicable (T)
B1 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B2 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B3 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B4 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B5 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e no especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B6 Coñecer os métodos de investigación e preparación de proxectos de construción.
B7 Crear proxectos arquitectónicos que satisfagan á súa vez as esixencias estéticas e as técnicas e os requisitos dos seus usuarios, respectando os límites impostos polos factores orzamentarios e a normativa sobre construción.
B8 Comprender a profesión de arquitecto e a súa función na sociedade, en particular, elaborando proxectos que teñan en conta os factores sociais.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse Mixto
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Análise crítico do proxecto arquitéctónico a través de exemplos e metodoloxías representativos. AM10
AM12
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
CM1
Capacidade para afrontar a crítica arquitectónica como autores. BM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1 Conceptos básicos: A crítica como mecanismo de aprendizaxe; o ensaio crítico; os obxectivos da crítica; as orixes da crítica; o papel contemporáneo da crítica; as ferramentas da crítica de arquitectura.
2 As aportacións de Alöis Riegl: a crítica formalista.
3 As aportacións de Benedetto Croce: a artisticidade e a espiritualidade da arquitectura.
4 As aportacións de Bruno Zevi: a caracterización do espazo e a defensa da heterodoxia.
5 As aportacións de Reyner Banham: os valores tecnolóxicos.
6 As aportacións de Erwin Panofsky: a xénese das formas artísticas.
7 As aportacións de Rudolf Wittkower: a relación entre as formas artísticas e a cultura.
8 As aportacións de Ernesto Nathan Rogers: tradición, historia e monumento.
9 As aportacións de Christian Norberg-Schulz: o carácter existencial do espazo.
10 As aportacións de Walter Benjamín: a crítica marxista á modernidade.
11 As aportacións de Gaston Bachelard: a crítica fenomenolóxica.
12 As aportacións de Manfredo Tafuri: crítica e ideoloxía.
13 As aportacións de Collin Rowe: a análise da forma.
14 As aportacións de Rem Koolhaas: a reflexión dende a creación.
15 Conclusións: a aprendizaxe arquitectónica a través da crítica.
.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A10 B2 B3 B4 B5 B7 B8 C1 C3 C4 14 28 42
Proba mixta A12 2 15 17
Sesión maxistral B1 B6 C5 C6 C7 C8 13 0 13
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Sesión maxistral A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
No obradoiro propoñeranse exercicios de argumentación crítica utilizando o fío conductor dos idearios de diferentes autores. Os resultados dos ensaios críticos debatidos serán divulgados nun blog, no que se poderán analizar as aportacións dun amplo público.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A10 B2 B3 B4 B5 B7 B8 C1 C3 C4 O resultado do traballo do obradoiro da asignatura representará o 40% da avaliación. A entrega será obrigatoria. 40
Proba mixta A12 O restante 60% será o resultado da proba mixta final. 60
 
Observacións avaliación
É condición necesaria a asistencia a un mínimo do 80% das horas de sesiones presenciais programadas.

A entrega do traballos é unha condición necesaria para superar a asignatura.

A valoración da participación nas clases presenciáis, a proba mixta final, máis a calificación dos traballos conforman a nota da asignatura.

Para concorrer á segunda oportunidade de cada convocatoria será imprescindible ter entregado, na primeira, o traballo desenvolvido durante o curso e revisado polo profesorado da asignatura. Este traballo tutelado pode ser ampliado e correxido para ser reavaliado na segunda oportunidade. 


Fontes de información
Bibliografía básica HAYS, K. Michael (Ed) (). Architectture Theory since 1968. Cambridge (Mass) - Londres: The MIT Press - Columbia Books
MONTANER, Josep Maria (2007). Arquitectura y Crítica. Barcelona:GG
SONTAG, Susan (1996). Contra la interpretación. Madrid: Alfaguara
BARTHES, Roland (2005). Crítica y verdad. Madrid: Siglo XXI
VENTURI, Lionello (1979). Historia de la crítica de arte. Barcelona: GG
FUSCO, Renato de (1976). La idea de arquitectura. Historia de la crítica desde Viollet-le-Duc a Persico. Barcelona: GG
FUSCO, Renato de; LENZA, Cettina (1991). La nuova idea di architettura. Sotoria della critica da Rogers a Jenks. Milan: Etaslibri

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Teoría da Intervención Contemporánea/630G02061

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías