Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Desafíos Tecnolóxicos das Cidades Código 630541004
Titulación
Máster Universitario en Desafíos das Cidades
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 5
Idioma
Castelán
Galego
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
López Taboada, Guillermo
Correo electrónico
guillermo.lopez.taboada@udc.es
Profesorado
López Taboada, Guillermo
Correo electrónico
guillermo.lopez.taboada@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral Esta materia introduce o alumnado na análise sistemática dos datos urbanos no seu contexto institucional, con especial atención ao movemento das cidades intelixentes. Busca proporcionar unha base en enfoques sistemáticos para recoller, analizar, modelar e interpretar datos cuantitativos e cualitativos utilizados para informar a investigación sólida aplicable á planificación e xestión urbanas e á elaboración de políticas.

Ademais da ciencia temática dos datos urbanos e a súa análise, a teoría e a análise crítica de temas como IoT, Big Data, Cloud, Business Analytics, Social Media Mining e o seu papel na planificación e xestión das cidades do futuro, e
o papel que a tecnoloxía, os datos e a analítica urbana poden desempeñar na transformación das cidades, integrando desafíos emerxentes como a propiedade dos datos, a privacidade e a ética.

Tamén se busca presentar e analizar criticamente o abano de indicadores existentes e necesarios para a medición da sustentabilidade, a calidade de vida e a intelixencia urbana e a presentación de novas métricas para a medición de
intelixencia urbana, para o control dos sistemas urbanos e para a vixilancia do medio urbano.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 CE4.1 - Comprender os procesos de transformación dixital en curso, familiarizándose coas ferramentas analíticas e de modelado urbano para aplicalas nos procesos de toma de decisións (reactivos e preventivos) na planificación e xestión urbana, baseadas na información analítica.
A8 CE4.2 - Planificar e recomendar sistemas intelixentes de recompilación de información co fin de controlar a sustentabilidade, a calidade de vida e a intelixencia urbana.
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
B8 CG3 - Adquirir coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para cubrir as expectativas investigadoras e profesionais do estudiantado e da sociedade no relativo ao estudo da Ordenación, Planificación e Xestión das cidades.
C2 CT2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 CT5 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Preparar profesionais capaces de participar na construción das cidades analíticas, mediante o desenvolvemento de solucións innovadoras para a colección, procesamento e análise de datos da cidade que promoven maior sustentabilidade na súa xestión e goberno en paralelo cunha cidadanía máis activa e participativa. AM7
AM8
BM2
BM3
BM5
BM8
CM2
CM5

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción as cidades intelixentes Cidades intelixentes: contexto, desafíos e oportunidades.
2. Introducción a sensorización Sensorización: contexto, desafíos e oportunidades.
3. Exploración dos datos e sistemas para o procesamiento en entornos urbanos
Análise exploratoria de datos. Sistemas para o procesamento de datos do ámbito urbano.
4. Tratamento e análise de datos para a toma de decisións
Tratamento de datos e intelixencia de negocio.
5. Aplicacións e exemplos Aplicacións representativas e proxectos de cidades intelixentes.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A7 A8 B8 B2 B3 B5 C2 15 51 66
Lecturas A7 B8 B5 C5 0 29 29
Traballos tutelados A8 B8 B2 B3 B5 C2 C5 0 15 15
Seminario A7 B8 B5 C5 10 0 10
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Lecturas Lectura de material didáctico, visionado de videos e consulta de material multimedia.
Traballos tutelados Realización de traballos trala búsqueda e xestión de información, redacción de textos e elaboración de documentos.
Seminario Estudo intensivo dun tema en grupo reducido con discusión, participación, elaboración de documentos e conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Seminario
Prácticas de laboratorio
Descrición
Durante as prácticas de laboratorio, traballos tutelados e seminarios, o alumnado poderá presentar preguntas, dúbidas, etc. O profesor, atendendo as súas solicitudes, revisará conceptos, resolverá novos problemas ou utilizará calquera actividade que considere oportuna para resolver as dúbidas formuladas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A8 B8 B2 B3 B5 C2 C5 Seguimiento continuado da actividade do estudante sobre un tema proposto. En caso de imposibilidade de seguimento avaliarase o traballo mediante o exame final.

15
Seminario A7 B8 B5 C5 Seguimento continuado da participación do estudante no seminario. En caso de imposibilidade de seguimento avaliarase o traballo mediante o exame final. 15
Prácticas de laboratorio A7 A8 B8 B2 B3 B5 C2 Realización das prácticas propostas. 70
 
Observacións avaliación
Para aprobar a materia é condición obrigatoria presentar achegas nas tres metodoloxías e que a ponderación final das tres sexa igual ou superior a un 5 sobre 10.

Na segunda oportunidade presentaranse as mesmas prácticas de laboratorio e, ao non ser posible o seguimento continuado do estudante, o 30% da cualificación corresponderá ao exame final.




Fontes de información
Bibliografía básica Anders Lisdorf (2019). Demystifying Smart Cities: practical perspectives on how cities can leverage the potential of new technologies. Apress / Springer

Bibliografía complementaria Y. Karimi, M.H. Kashani, M. Akbari, E. Mahdipour (2021). Leveraging big data in smart cities: A systematic review (in Journal Concurrency and Computation: Practice and Experience). Wiley


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Tecnoloxías IoT e de Comunicacións para a Creación de Cidades Intelixentes/630541013
Sistemas de Información para as Cidades Intelixentes/630541014

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías