Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) O Espazo Construído como Patrimonio Sustentable Código 630541008
Titulación
Máster Universitario en Desafíos das Cidades
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 5
Idioma
Castelán
Galego
Portugués
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Carreiro Otero, Maria Concepción
Correo electrónico
maria.carreiro@udc.es
Web http://www.universidadesemfronteiras.eu/educative-offer/3
Descrición xeral O corpo docente da materia do Máster está integrado por profesorado da U do Minho e da UDC. As linguas nas que se imparte son o español, galego e portugués.
A presente UC proponse profundar no espazo construído, o cal forma parte substancial do feito urbano. Un conglomerado de inmobles levantados en distintas épocas e condicións que obxecto de substitución, rehabilitación ou renovación conforme aos criterios de sustentabilidade social, económica e
enerxética, están presentes en todo o proceso urbano.
O conxunto edificado abórdase dun modo holístico, que integra aos elementos singularizados polos seus valores culturais e ambientais, xunto co resto do tecido construído. Considerados na súa totalidade, dan conta da evolución da cidade, identificando os barrios e as cidades pola paisaxe urbana forxada ao longo do tempo. Esta abordaxe permite adoptar criterios coherentes de substitución, rehabilitación e renovación urbana, a partir de datos obxectivos, extraídos da avaliación do mencionado conxunto edificado, así como do estudo da vida útil dos edificios resultantes das intervencións.
As aproximacións instrumentais realízanse mediante a aplicación dos indicadores contidos nos mecanismos de avaliación sostibles aos tecidos existentes, tomados como modelos de traballo e casos de estudo.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE1.2 - Realizar unha planificación urbana que priorice tanto a protección do medio ambiente e a preservación dos espazos naturais, como a conservación do patrimonio construído, utilizando solucións técnicas coherentes e atendendo ás demandas sociais.
A10 CE5.2 - Manexar instrumentos, ferramentas e tecnoloxía para fomentar a cooperación e coordinación dos diferentes axentes urbanos e realizar procesos participativos.
A11 CE5.3 - Realizar procesos de análises, avaliación e diagnóstico das cidades que permitan optimizar as iniciativas promovidas polos modelos de gobernanza urbana multiescalar.
A12 CE6.1 - Discutir as diferentes traxectorias das cidades e as diferentes opcións de política urbana.
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
B6 CG1 - Ser capaz de buscar e seleccionar a información útil necesaria para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas do campo.
B7 CG2 - Elaborar axeitadamente e con certa orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, redactar plans, proxectos de traballo e formular hipóteses razoables.
B8 CG3 - Adquirir coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para cubrir as expectativas investigadoras e profesionais do estudiantado e da sociedade no relativo ao estudo da Ordenación, Planificación e Xestión das cidades.
B9 CG4 - Manexar conceptos, métodos e ferramentas propias da investigación na análise urbanística para fins específicos.
B10 CG5 - Recoñecer a necesidade de desenvolver unha propia perspectiva crítica cos diversos procesos que poden xerar impactos negativos no espazo urbano.
C2 CT2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentable ambiental, económico, político e social.
C6 CT6 - Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Facilitar ao estudantado os mecanismos precisos para profundar no coñecemento dos retos inherentes ao espazo construído considerado desde a óptica da sustentabilidade; recoñecendo os problemas e as oportunidades que xorden ao enfrontarnos cos diferentes tecidos e tipoloxías edificatorias, e expondo a aplicación de políticas de intervención en situacións complexas, desde o campo proyectual e técnico. Así mesmo, preténdese potenciar a formación das e os profesionais en equipos multidisciplinares integrando racional e eficientemente o uso de conceptos e técnicas procedentes das diversas áreas de coñecemento. AM2
AM10
AM11
BM1
BM3
BM5
BM7
BM9
CM2
CM4
CM6
Proporcionar os coñecementos precisos para enfrontarse coas intervencións de rehabilitación sostible no patrimonio construído, considerando as achegas tecnolóxicas, os criterios de selección de materias sostibles na súa produción e posta en obra e durabilidade, pero tamén, @teniendo en cuenta as solucións da arquitectura pasiva e a posta en práctica de solucións arquitectónicas que potencien o confort térmico e acústico, minorando o consumo enerxético. AM2
AM10
AM11
AM12
BM2
BM4
BM6
BM8
BM10
CM2
CM4
CM6
Proporcionar as ferramentas de avaliación para valorar a sustentabilidade dos tecidos e tipoloxías residenciais, co fin de aplicar as técnicas precisas e elixir as solucións acordes coa tipoloxía da edificación e a idiosincrasia do tecido no seu contexto urbano, de maneira que se adopten propostas coherentes nos aspectos urbanos, arquitectónicos e técnicos. AM2
AM10
AM11
AM12
BM1
BM3
BM5
BM7
BM9
CM2
CM4
CM6

Contidos
Temas Subtemas
Conceptos fundamentais Desenvolvemento sostible e construción sustentable:
conceptos e principios de ecoloxía, ambiente, construción sustentable,
desenvolvemento sostible e dereito ao ambiente.
Panorámica xeral acerca das políticas que promoven Introdución á avaliación de ciclo de vida (LCA), políticas e principais organizacións internacionais contidas no LCA e avaliación da sustentabilidade.
Reflexións teóricas do concepto de Patrimonio A Modernidade como ben patrimonial.
Interaccións entre edificio e ambiente (I) Os tipos residenciais
Interaccións entre edificio e ambiente (II) Os equipamentos urbanos
Estratexias de intervención Aspectos de deseño pasivo e bioclimático.
O confort higrotérmico, a enerxía.
A rehabilitación nos tecidos urbanos contemporáneos Análise de casos.
Metodoloxías de análises de ciclo de vida e de avaliación da
sustentabilidade
Fontes de información.
Avaliación da sustentabilidade (I) Materiais, produtos e elementos de construción e de edificios.
Avaliación da sustentabilidade (II) Áreas urbanas e de cidades.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A2 A11 B9 B1 B5 C2 C6 16 0 16
Estudo de casos B6 B7 B10 0 57 57
Lecturas C4 0 15 15
Análise de fontes documentais A10 B3 0 15 15
Prácticas de laboratorio A12 B8 B2 B4 17 0 17
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito enfróntase ante a descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolvido por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Lecturas Conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editado como fonte de profundización nos contidos traballados.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/o bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Prácticas de laboratorio
Descrición
As actividades de tutorización poden ser síncronas (presenciais ou remotas), a través de ferramentas de videoconferencia, ou asíncronas, a través da plataforma virtual ou de correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A2 A11 B9 B1 B5 C2 C6 Asistencia e participación 15
Lecturas C4 Reflexión e crítica das lecturas 10
Estudo de casos B6 B7 B10 Estudo e análise dos casos expostos nos seminarios 15
Prácticas de laboratorio A12 B8 B2 B4 Desenvolvemento de traballos prácticos, aplicando os procedementos metodolóxicos 50
Análise de fontes documentais A10 B3 Procura bibliográfica crítica 10
 
Observacións avaliación

Avaliación para as oportunidades/convocatorias, sexa 1ª ou ordinaria, o 2ª ou especial. Nambolos dous casos, manteranse as mesmas condicións, tal e como se explica de seguido.

Ponderación para a avaliación:
- Probas periódicas ou examen final 20%mínima, 30% máxima, ligadas a  estudo de casos, e ás lecturas.
- Evaluación de traballos tutelados 50%mínimo,  70% máximo, ligado ás prácticas de laboratorio, a análise de fontes documentais.
- Seguimiento continuado 10% mínimo, 20 máximo, ligado a asistencia continuada ao seminarios.

Fontes de información
Bibliografía básica

­_ ACOSTA, DOMINGO. "Arquitectura y construcción sostenibles: conceptos, problemas y estrategias." Dearq. Revista de Arquitectura, 4 (2009). Disponible en: https://doi.org/10.18389/dearq4.2009.02. Consultado el 13/06/2020.

_ ÁLVAREZ, C. E. DE Y BRAGANÇA, L. (COORDS.). Comunidades Urbanas Energeticamente Eficientes. Vitória, Espírito Santo (Brasil): EDUFES -Editora da Universidade Federal do Espíritu Santo-, 2016. Disponible en: http://repositorio.ufes.br/bitstream/10/6802/1/Versao%20digital_comunidades%20urbanas%20energeticamente%20eficientes.pdf. Consultado el 14/06/2020.

_ ÁLVAREZ, C. E. DE; BRAGANÇA, L.; NICO-RODRIGUES, E.A., LYRA A. P. Y RAMOS L. L. (EDS.). Congresso Internacional SUSTENTABILIDADE URBANA, 14ª Jornada Urbene e 2ª Jornada Cires. Livro de Atas do Congresso Internacional Volumes I, II e III, Vila Velha, Espírito Santo, Brasil, 5-7 Dezembro, 2018. Disponible en: http://hdl.handle.net/1822/59318. Consultado el 13/06/2020.

_ ÁLVAREZ C. E. DE; BRAGANÇA L.; NICO-RODRIGUES, E. A. Y MATEUS R. (EDS.) SBE16 Brazil & Portugal - Sustainable Urban Communities towards a Nearly Zero Impact Built Environment. Actas de la International Conference celebrada en Vitória, Espírito Santo, Brazil, 7-9 September, 2016. Disponible en: http://hdl.handle.net/1822/56568. Consultado el 13/06/2020.

_ AYMONINO, CARLO. Lo studio dei fenómeni urbani. Roma: Offizina edizioni, 1977.

_ AZKARATE, AGUSTÍN; RUÍZ DE AEL, MARIANO J. Y SANTANA, A. El patrimonio arquitectónico. Vitoria, 2003. Disponible en: https://www.euskadi.eus/contenidos/informacion/pv_patr_arquitectonico/es_6597/adjuntos/patrimonio_arquitectonico_c.pdf. Consultado 13/06/2020.

_BAUMAN, ZYGMUNT. Modernidad líquida. México: Fondo de Cultura Económica, 2003.

_ BRAGANÇA, L. (ED.). SBE19 Brussels - BAMB-CIRCPATH: Building As Material Banks - A Pathway for a Circular Future. Proceedings of the international conference celebrada en Brussels, Belgium, 5-7 February, 2019. Disponible en: http://hdl.handle.net/1822/59319. Consultado el 13/06/2020.

_ BRAGANÇA, L. Y MATEUS, R. (COORDS.). Life-cycle analysis of buildings-environmental impact of building elements. Guimarães (Portugal): iiSBE Portugal, 2012. Disponible en: http://hdl.handle.net/1822/20481. Consultado el 13/06/2020.

_ BRAGANÇA, L. Y MATEUS, R. Introdução à Metodologia de Avaliação Relativa da Sustentabilidade (MARS-SC). Guimarães (Portugal): Universidade do Minho. Departamento de Engenharia Civil, 2019.

_ BRAGANÇA, L Y MATEUS, R. Guia de Avaliação SBToolPT Urban (Versão 2018/1). Guimarães (Portugal): iiSBE Portugal, 2018.

_ BRAGANÇA, L.; MATEUS, R.; ROCHA, C.; SOUSA, J. M.; SILVA, S. M.; MOURA, F.; BEZERRA, J. C.; CASTRO M.F.; FERNANDES J.E.P. Y DUARTE, L.(EDS.). II Encontro Nacional Sobre Reabilitação Urbana e Construção Sustentável: do Edifício para a Escala Urbana. Livro de Atas da Coferência celebrada en Lisboa, Portugal, 16-17 Novembro, 2017. Guimãraes (Portugal): iiSBE Portugal & Universidade do Minho. Disponible en: http://hdl.handle.net/1822/47949. Consultado el 13/06/2020.

_ BRAGANÇA, L., PINHEIRO M.D. Y MATEUS, R. (EDS.). Portugal SB13. Contribution of Sustainable Building to meet EU 20-20-20 Targets. Proceedings of the international conference celebrada en la Universidade do Minho, Guimarães, Portugal, 30 Outubro - 1 Novembro, 2013. Disponible en: http://hdl.handle.net/1822/37340. Consultado el 13/06/2020.

_ BRAGANÇA L., YUBA, A.N. Y ÁLVAREZ, C.E. DE (EDS.).Euro-ELECS 2015. Latin-american and European conference on Sustainable Buildings and Communities. Connecting People and Ideas". Proceedings of the first Latin-american and European conference celebrada en Guimarães, Portugal, 21-23 July, 2015. Disponible en: http://hdl.handle.net/1822/56558. Consultado el 13/06/2020.

_ ETTINGER MCENULTY, CATHERINE R. Y ANDA ALANÍS, ENRIQUE X. DE (COMPS.). Patrimonio Arquitectura del siglo XX. Intervención y valoración. México: Universidad Michoacana de San Nicolás de Hidalgo, y Universidad Nacional Autónoma de México, 2014. Disponible en: http://www.arq.umich.mx/icomos-patrimoniosxx/libro%20icomos%20web.pdf. Consultado el 13/06/2020.

_ GARCÍA HUIDOBRO, FERNANDO; TORRES TORRITI, DIEGO Y TUGAS, NICOLÁS. El tiempo construye. El Proyecto Experimental de Vivienda (PREVI) de Lima: génesis y desenlace. Barcelona: GG, 2008.

_ HERRERA MEDINA, ELEONORA; MARTÍ NOGUERA, JUAN JOSÉ, Y MOLINA PRIETO, LUIS FERNANDO. “Rehabilitación del contenedor y expulsión del contenido: modelo de renovación urbana de la modernidad”. Bitácora Urbano-Territorial, vol. 27 (1), 2017, pp. 9-15. Disponible en: https://doi.org/10.15446/bitacora.v27n1.39917. Consultado el 13/06/2020.

_ LÓPEZ DE ASIAÍN, JAIME. Arquitectura, ciudad, medio ambiente. Sevilla: Universidad de Sevilla, 2001.

_ LÓPEZ GONZÁLEZ, CÁNDIDO Y CARREIRO OTERO, MARÍA (DIRS.). Entre-lugares: las fronteras domésticas. Málaga: Recolectores Urbanos, 2019.

_ LUXÁN GARCÍA DE DIEGO, MARGARITA. “Arquitectura integrada en el medio ambiente”. Cuadernos de investigacion urbanísitca, 41 (2004), pp. 73-88. Disponible en: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=1333767. Consultado el 13/06/2020.

_ MARTÍN BLAS, SERGIO; GARCÍA SANCHÍS, MAITE Y URDA PEÑA, LUCILA (EDS.). Holanda en Madrid. Social housing and urban regeneration. Madrid: Mairea Libros, 2014.

_ MATESANZ, ÁNGELA Y HERNÁNDEZ AJA, AGUSTÍN. “La rehabilitación urbana como integración en la ciudad. Modelo de análisis desde la experiencia Española”. REVISTARQUIS 10, vol. 5, 2016, pp. 82-105. Disponible en: https://revistas.ucr.ac.cr/index.php/revistarquis/article/view/27138/27242. Consultado el 13/06/2020.

_ MATEUS, R. Y BRAGANÇA, L. Guia de Avaliação SBToolPT-H (Versão 2016/1). Guimarães (Portugal): iiSBE Portugal, 2016.

_ MATEUS, R. Y BRAGANÇA, L. Tecnologias Construtivas Para à Sustentabilidade da Construção. Coleção Prometeu. Porto (Portugal): Ediçoes Copy, 2006.

_ MATEUS R.; FERNANDES J. E. P.; BRAGANÇA L.; ALMEIDA M. G. DE; SILVA S. M.; MENDONÇA P. Y GERVÁSIO H. (EDS.). Contributos da arquitetura vernácula portuguesa para a sustentabilidade do ambiente construído. Livro de Atas do Seminário reVer celebrado en Porto (Portugal) o 28 Março, 2015. Disponible en: http://hdl.handle.net/1822/35978. Consultado en 13/06/2020.

_ KIBERT CHARLES J. Sustainable Construction. Green Building Design and Delivery. Hoboken (New Jersey): John Wiley & Sons, 2005.

_ SIMÓN ROJO, M. Y HERNÁNDEZ AJA, A. “Herramientas para evaluar la sostenibilidad de las intervenciones urbanas en barrios”. Informes de la Construcción, 63 Extra, 2011. Disponible en: http://informesdelaconstruccion.revistas.csic.es/index.php/informesdelaconstruccion/article/view/1273/1357. Consultado el 13/06/2020.

_ SOLÁ MORALES I RUBIÓ, IGANASI DE. Diferencias. Topografía de la arquitectura contemporánea. Barcelona: GG, 2003.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
A Formalización das Estruturas Urbanas/630541001

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
A Materialización do Espazo Público/630541007

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías