Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Técnicas de Levantamento Gráfico Código 630548006
Titulación
Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Expresión Gráfica Arquitectónica
Coordinación
Tarrio Carrodeguas, Santiago
Correo electrónico
santiago.tarrio@udc.es
Profesorado
López Chao, Vicente Adrián
Tarrio Carrodeguas, Santiago
Correo electrónico
v.lchao@udc.es
santiago.tarrio@udc.es
Web
Descrición xeral Introduce o concepto de levantamento arquitectónico como a primeira forma de coñecemento da arquitectura do patrimonio, elemento imprescindible no estudo, análise e investigación dos bens arquitectónicos e parte fundamental en todo proxecto de restauración e rehabilitación.

A materia profunda nas técnicas de toma de datos e restitución para o levantamento gráfico-arquitectónico mediante procedementos tradicionais e introduce ao alumno na adquisición de coñecementos e destrezas básicas para o manexo das novas ferramentas dixitais e as correspondentes técnicas de captura e de restitución así como no coñecemento dos últimos equipos e instrumentos incorporados ao traballo profesional e utilizados na captura de datos para a realización de levantamentos arquitectonicos: medidores laser 2D e 3D, fotogrametría digital 3D.

Desenvolve a capacidade de integración de diferentes técnicas de captura de datos no proxecto e levantamento gráfico-arquitectónico.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 E01. Aptitude ou capacidade para acometer actividades de crítica arquitectónica, mediante a análise do patrimonio edificado baixo diferentes ópticas e a identificación dos precedentes formais, tipolóxicos e estilísticos.
A2 E02. Aptitude ou capacidade para realizar tarefas vinculadas á protección do patrimonio edificado, incluídas a catalogación monumental, a definición de medidas de protección de edificios e conxuntos arquitectónicos, e a redacción de plans de delimitación e conservación.
A3 E03. Aptitude ou capacidade para elaborar o material gráfico asociado ao levantamento, a análise, a interpretación e a intervención do patrimonio arquitectónico.
A4 E04. Aptitude ou capacidade para intervir no patrimonio edificado con valor histórico, aspecto que engloba a coordinación do seu estudo e a súa investigación documental, a elaboración de plans directores de conservación e a redacción e dirección da execución de proxectos de restauración e rehabilitación.
A8 E08. Aptitude ou capacidade para redactar informes técnicos e proxectos de rehabilitación do patrimonio edificado, incluídas actividades de asesoramento e consultoría.
B1 CB06. Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 CB07. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 CB08. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 CB09. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e as razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 CB10. Que os estudantes manexen as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
C1 T01. Capacidade de análise e síntese
C2 T02. Capacidade de organización e planificación
C3 T03. Comunicación oral e escrita
C4 T04. Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo
C5 T05. Capacidade para a xestión da información
C6 T06. Resolución de problemas
C7 T07. Toma de decisións
C8 T08. Aprendizaxe autónoma
C9 T09. Creatividade
C10 T10. Habilidade gráfica xeral
C11 T11. Visión espacial
C12 T12. Comprensión numérica
C14 T14. Sensibilidade estética
C15 T15. Cultura histórica

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Desenvolvemento do concepto de levantamento arquitectónico como a primeira forma do coñecemento da arquitectura do patrimonio, as súas características métrico dimensionais, a súa complexidade histórica, as súas características estruturais e construtivas ademais das súas características formais e funcionais. AP1
AP2
AP3
AP4
AP8
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
CP1
CP2
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8
CP9
CP10
CP11
CP12
CP14
CP15
Adquisición de coñecementos e destrezas básicas para o manexo das novas ferramentas dixitais para a realización de levantamentos gráfico-arquitectónicos, técnicas de captura e de restitución. AP2
AP3
AP8
BP2
BP5
CP1
CP2
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8
CP9
CP10
CP11
Afondar nas técnicas de toma de datos e restitución para o levantamento gráfico-arquitectónico mediante procedementos tradicionais. AP1
AP3
AP4
AP8
BP2
BP3
BP5
CP1
CP2
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP10
CP11
CP14
Coñecemento dos últimos equipos e instrumentos incorporados ao mercado e utilizados na captura de datos, medidores laser 2D e 3 D, estacións topográficas, laser escáner 3D. AP2
AP3
AP4
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
CP1
CP2
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8
CP10
CP11
CP12
Desenvolvemento da capacidade de integración de diferentes técnicas de captura de datos no proxecto e levantamento gráfico-arquitectónico. AP1
AP2
AP3
AP4
AP8
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
CP1
CP2
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8
CP9
CP10
CP11
CP12

Contidos
Temas Subtemas
Presentación da materia.

1.- O levantamento gráfico e a investigación sobre o patrimonio construído.
Introducción
Obxetivos.
Documentación.
Metodoloxías.
Exemplos.
2.- Levantamento gráfico por procedimentos tradicionais.
Principios básicos.
Instrumentos.
- Simples.
- Distanciómetros laser.
- Estación topográfica.
A toma de datos e a restitución.
Exemplos de aplicación.
A carta do levantamento arquitectónico.
3.- Métodos fotográficos e informáticos básicos de apoio á representación. A fotografía como recurso.
A cámara.
Software de aplicación.
Restitucións básicas.
Procedemientos fotográficos especiais para levantamentos gráficos.
4.- Introdución aos levantamentos por procedementos fotogramétricos.
Os sistemas de levantamento tridimensional.
Fotogrametría arquitectónica, conceptos básicos.
- Fotogrametría dixital, software especializado.
- O Scanner laser 3D.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C5 C6 C10 C11 C14 C15 6 0 6
Prácticas a través de TIC A3 A8 B1 B2 B5 C4 C6 C8 C10 C11 5 10 15
Seminario A3 A8 B1 B2 B5 C3 C5 C7 C8 C14 C15 2 0 2
Traballos tutelados B3 B5 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C14 3 45 48
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A3 B3 B4 C1 C2 C4 C5 C10 1 0 1
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nela exponse as bases do coñecemento teórico da materia que se especifican nos contidos. Nestas clases os alumnos teñen unha aptitude receptiva seguindo as explicacións co soporte de debuxos na lousa ou proxeccións en pantalla, tomando apuntamentos, formulando preguntas sobre os temas expostos e analizando as fontes bibliográficas facilitadas.
Ten por obxecto desenvolver os temas, proporcionando tanto os conceptos como as ferramentas necesarias para a súa comprensión desde unha perspectiva na que a arquitectura e o patrimonio atópase sempre presente.
É a base imprescindible para a realización do traballo tutelado e a súa posterior aplicación real e practico no desenvolvemento de proxectos arquitectónicos de rehabilitación.
Prácticas a través de TIC Trátase de prácticas gráficas nas que se utilizarán aplicacións informáticas de debuxo asistido por computador (CAD), de tratamento de imaxes e de captura de datos, relacionadas co levantamento gráfico de arquitecturas do patrimonio construído. Serán a base para a súa posterior utilización nos traballos tutelados.
Seminario Neles exponse casos prácticos reais, realizados por profesionais no ámbito do levantamento arquitectónico. Nestes seminarios os alumnos teñen unha aptitude receptiva e tamén participativa seguindo as explicacións co soporte de proxeccións en pantalla, tomando apuntamentos, formulando preguntas sobre as experiencias expostas.


Traballos tutelados Aqueles en os que o alumno participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de valorar, responder, aplicar e experimentar os conceptos, técnicas e coñecementos desenvolvidos nas sesións maxistrais.

Os traballos exponse cunha parte con sesións de atención persoal e outras de traballo persoal. Nuns casos tratásese de traballos a realizar individualmente e noutros en grupo.

Elíxense o seu desenvolvemento arquitecturas do patrimonio construído de escala, dimensións e características adecuados, con obxecto de que o alumno vaia aplicando os conceptos e técnicas expostas nas sesións maxistrais.
Eventos científicos e/ou divulgativos Preparación do material síntese do traballo realizado na materia pra sua publicación ou exposición pública.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
Nas entrevistas periodicas que realice o alumno realizaranse as aclaracións correspondentes a todos aqueles aspectos que expoña, orientarase sobre os conceptos expostos nas sesións maxistrais que queira profundar e canalizarase o traballo tutelado de investigación obrigatorio, que deberá alcanzar un nivel profesional.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A3 A8 B1 B2 B5 C4 C6 C8 C10 C11 Seran practicas de computador e/ou de laboratorio nas que o alumno utilizará algunha das aplicacións informáticas expostas nas sesións maxistrais. O seu desenvolvemento será parte da base que os alumnos utilizarán no traballo tutelado. 20
Traballos tutelados B3 B5 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C14 Levantamento gráfico dun edificio pertencente ao patrimonio construído de Galicia ou de características definidas no propio enunciado do traballo. Nel utilizaranse as técnicas expostas nas sesións maxistrais e o seu resultado final terá carácter profesional. 80
 
Observacións avaliación

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".

Medidas de dedicación para o alumnado a tempo parcial: non se contemplan, debido a que se trata dunha materia na que o taller é a metodoloxía fundamental. 

 

Dispensa académica: non se contempla, por ser unha materia na que o taller é a metodoloxía fundamental.

 

A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.

 


Fontes de información
Bibliografía básica GIANDEBIAGGI, P., VERNIZZI, CH. (EDITORES) (2014). ). ITALIAN SURVEY & INTERNATIONAL EXPERIENCE.. Roma, Gangheri Editore.
CRAMER, J (1986). CONSTRUCCIÓN. LEVANTAMIENTO TOPOGRÁFICO EN LA CONSTRUCCIÓN. . Barcelona, GG
AROTTA, A., NOVELLO, G. (EDITORES). (2015). DRAWING & CITY, CULTURE, ART, SCIENCE, INFORMATION.. .. Roma, Gangheri Editore
BUILL POUELO, F (2008). FOTOGRAMETRÍA ARQUITECTÓNICA. . Barcelona, UPC
ELI LÓPEZ, J.T. (2011). FOTOGRAMETRÍA PRÁCTICA. TUTORIAL PHOTOMODELER.. Santander, Ediciones Tantín
CHITHAM, R. (1982). LA ARQUITECTURA HISTÓRICA ACOTADA Y DIBUJADA.. Mexico D.F.,GG
ALMAGRO GROBEA, A. (2004). LEVANTAMIENTO ARQUITECTÓNICO.. Universidad De Granada.
JIMÉNEZ MARTIN, A. Y PINTO PUERTO, F (2003). LEVANTAMIENTO Y ANÁLISIS DE EDIFICIOS. FUTURO Y TRADICIÓN.. Universidad de Sevilla
OCCI, M., MAESTRI, D. (2012). MANUALE DI RILEVAMENTO ARCHITETTONICO E U. Roma-Bary, Gius.Laterza & Figli Spa

A bibliografía complementaria entregarase ao longo do desenvolvemento dela asignatura.

Bibliografía complementaria

A bibliografía complementaria entregarase ao longo do desenvolvemento dela asignatura.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías