Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Inspección dos Sistemas Construtivos Código 630548009
Titulación
Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Coordinación
Garitaonaindia De Vera, Jose R
Correo electrónico
j.garitaonaindia@udc.es
Profesorado
Garitaonaindia De Vera, Jose R
Correo electrónico
j.garitaonaindia@udc.es
Web
Descrición xeral Preténdese dotar ao alumno da necesidade de establecer correctamente a vinculación entre a técnica -e os seus sistemas construtivos- e a finalidade que a soporta, é dicir o concepto de intervención como principio motor no ámbito da actuación. Nese senso o obxectivo radica en analizar aqueles casos singulares dende o punto de vista tipolóxico que sean representativos, tales como parlamentos, de corte institucioneal e de Réxime, así como alumear ao alumno a estrutura de intervención e finalidade que as motivou e, por extensión, como foron resoltas técnicamente.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 E03. Aptitude ou capacidade para elaborar o material gráfico asociado ao levantamento, a análise, a interpretación e a intervención do patrimonio arquitectónico.
A5 E05. Aptitude ou capacidade para a conservación da obra pesada, mediante a inspección, a análise, o control de calidade, a definición das condicións de mantemento e a estimación da seguridade das estruturas de edificación, incluídas as súas posibles cimentacións, podendo igualmente afrontar a redacción de proxectos de reparación e reforzo, e a dirección da execución asociada.
A6 E06. Aptitude ou capacidade para inspeccionar, analizar, controlar a calidade e definir as condicións de mantemento, e intervir nas instalacións de edificación.
A7 E07. Aptitude ou capacidade para a conservación da obra grosa e acabada, cuestión que comporta a inspección, a análise, o control de calidade, a definición das condicións de mantemento e a intervención nos sistemas construtivos de edificación, incluídos os elementos de compartimentación interior, as carpintarías e as solucións de envolvente.
A8 E08. Aptitude ou capacidade para redactar informes técnicos e proxectos de rehabilitación do patrimonio edificado, incluídas actividades de asesoramento e consultoría.
B3 CB08. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 CB09. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e as razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
C1 T01. Capacidade de análise e síntese
C5 T05. Capacidade para a xestión da información
C6 T06. Resolución de problemas
C9 T09. Creatividade
C11 T11. Visión espacial
C13 T13. Intuición mecánica

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento dos factores físicos que producen movementos e tensións que desencadean procesos patolóxicos nos edificios AP3
AP5
AP6
AP7
AP8
BP3
BP4
CP1
CP5
CP6
CP9
CP11
CP13
Capacidade para comprender os procesos de causa-efecdto nas lesións da edificación e dende ese coñecemento inferir dende as lesións observadas cales teñen sido as causas e concausas que as orixinaron. AP3
AP5
BP3
BP4
CP1
CP5
CP6
CP9
CP11
CP13
Capacidade de deseño integrador para conquerir a coexistencia compatible de todos e cadaún dos sistemas construtivos. AP3
AP6
AP8
BP3
BP4
CP1
CP5
CP6
CP9
CP11
CP13

Contidos
Temas Subtemas
1.-Análise proxectos de rehabilitación de parlamentos e de corte institucional . 1.0.-Resumo histórico nacional e internacional
1.1.-Reforma do Parlamento de Galicia. Proxecto
1.2.-Verificación
2.-Análise proxectos de rehabilitación de edificacións de Réxime. 2.0.-Resumo histórico nacional e internacional
2.1.-Reforma Audiencia de Lugo
2.2.-Verificación
2.3.-Teatro Colon da Coruña
2.4.-Verificación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A3 A5 A7 A8 0 20 20
Sesión maxistral A3 A5 A6 A7 A8 B3 B4 C1 C5 C6 C9 C11 C13 18 18 36
Traballos tutelados A3 A5 A7 A8 3 15 18
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Utilizarase o método inductivo, polo que a partir do estudo de casos concretos lograrase establecer pautas de diagnóstico mais acertadas.
Sesión maxistral Na aula do Máster exporanse os conceptos fundamentais da materia, con apoio de imaxes, esquemas e fichas. Esta información completarase coa lectura dunha bibliografía recomendada.
Traballos tutelados Elaboración por parte do alumno dun traballo a nivel profesional ou de investigación.
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor, en esceraios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitue unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo súa propia aprendizaxe por parte do profesor-tutor.
O traballo tutelado versará sobre os contidos directos da meateria ou que resulten afíns a xuicio do profesor. O traballo poderá plantexarse como traballo único e independente ou, preferiblemente, poderá formar parte do Traballo Fin de Mestrado, como ocorre no resto das materias da Área de Construción.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Procurarase implicar a cada estudante nas explicacións teóricas, fomentando a participación.
O exercicio práctico será tutelado dende o inicio, con correcións periódicas previamente establecidas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A5 A7 A8 O traballo práctico, permitirá verificar os resultados de aprendizaxe acadados por cada alumno, así como a súa capacidade de traballar sectorialmente en grupo sen perder o obxectivo holítico perseguido.
O reparto de cometidos e tarefas, no suposto de traballo grupal, será establecido polo profesor.
100
 
Observacións avaliación

Valórase especialmente a capacidade do alumno de indicar aspotencialidades orixinais do
edificio a rehabilitar, asi como os elementos engadidos e sen valor
arquitectónico, que poidan ser eliminados, así como valorarcríticamente
se o novo uso, os nuevos sistemas construtivos e assolucións singulares
son axeitadas ao "espírito" del edificio orixinal.

A esixencia
xeral de asistencia non terá efecto có alumnado que teña recoñecida unha
adicación a tempo parcial segundo a Norma que regula o réxime de
adicaciónao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao
e mestrado universitario na UDC. O seguemento do curso e a autoría de
traballos verificarase có cumprimento de titorías obrigatorias.


Fontes de información
Bibliografía básica

Eichler; Friedrich (1973). Patología de la Construcción. Barcelona, Blume

Monjo Carrió; Juan (1991). Patología de Cerramientos y Acabados arquitectónicos. Madrid; Munillalería

Díaz, C; Casado, Natividad (2003). Inspección y Diagnóstico - Pautas para la intervención en edificios de viviendas. Colegio de Arquitectos de Cataluña- "Papers Sert"

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías