Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Prácticas en Empresa Código 630548023
Titulación
Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo
Coordinación
Blanco Lorenzo, Enrique Manuel
Correo electrónico
enrique.blanco@udc.es
Profesorado
Blanco Lorenzo, Enrique Manuel
Correo electrónico
enrique.blanco@udc.es
Web http://www.udc.es/MURA
Descrición xeral Dotar ao estudiante de habilidades propias do traballo nunha entorna profesional, obtendo as habilidades de comunicación axeitadas, as técnicas necesarias para o desenvolvemento dun informe ou memoria sobre o trabajo desenvolvido, a adaptación a entornos profesionales, capacitándoo para formar parte dun equipo de traballo nos diferentes cargos que se lle asignen.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 E01. Aptitude ou capacidade para acometer actividades de crítica arquitectónica, mediante a análise do patrimonio edificado baixo diferentes ópticas e a identificación dos precedentes formais, tipolóxicos e estilísticos.
A2 E02. Aptitude ou capacidade para realizar tarefas vinculadas á protección do patrimonio edificado, incluídas a catalogación monumental, a definición de medidas de protección de edificios e conxuntos arquitectónicos, e a redacción de plans de delimitación e conservación.
A3 E03. Aptitude ou capacidade para elaborar o material gráfico asociado ao levantamento, a análise, a interpretación e a intervención do patrimonio arquitectónico.
A4 E04. Aptitude ou capacidade para intervir no patrimonio edificado con valor histórico, aspecto que engloba a coordinación do seu estudo e a súa investigación documental, a elaboración de plans directores de conservación e a redacción e dirección da execución de proxectos de restauración e rehabilitación.
A5 E05. Aptitude ou capacidade para a conservación da obra pesada, mediante a inspección, a análise, o control de calidade, a definición das condicións de mantemento e a estimación da seguridade das estruturas de edificación, incluídas as súas posibles cimentacións, podendo igualmente afrontar a redacción de proxectos de reparación e reforzo, e a dirección da execución asociada.
A6 E06. Aptitude ou capacidade para inspeccionar, analizar, controlar a calidade e definir as condicións de mantemento, e intervir nas instalacións de edificación.
A7 E07. Aptitude ou capacidade para a conservación da obra grosa e acabada, cuestión que comporta a inspección, a análise, o control de calidade, a definición das condicións de mantemento e a intervención nos sistemas construtivos de edificación, incluídos os elementos de compartimentación interior, as carpintarías e as solucións de envolvente.
A8 E08. Aptitude ou capacidade para redactar informes técnicos e proxectos de rehabilitación do patrimonio edificado, incluídas actividades de asesoramento e consultoría.
A9 E09. Aptitude ou capacidade para realizar auditorías e certificacións enerxéticas de edificios existentes, incluída a proposta de alternativas de mellora e optimización mediante a redacción de informes e proxectos técnicos.
A10 E10. Aptitude ou capacidade para utilizar criterios de sustentabilidade ambiental na elección de materiais e na definición de solucións técnicas, abranguendo o uso e a integración de sistemas activos e pasivos.
B1 CB06. Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 CB07. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 CB08. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 CB09. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e as razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 CB10. Que os estudantes manexen as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B6 CG1. Entender a importancia da rehabilitación arquitectónica desde o punto de vista da preservación do patrimonio histórico e cultural dunha sociedade.
C1 T01. Capacidade de análise e síntese
C2 T02. Capacidade de organización e planificación
C3 T03. Comunicación oral e escrita
C4 T04. Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo
C5 T05. Capacidade para a xestión da información
C6 T06. Resolución de problemas
C7 T07. Toma de decisións
C8 T08. Aprendizaxe autónoma
C9 T09. Creatividade
C10 T10. Habilidade gráfica xeral
C11 T11. Visión espacial
C12 T12. Comprensión numérica
C13 T13. Intuición mecánica
C14 T14. Sensibilidade estética
C15 T15. Cultura histórica

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para traballar de xeito autónomo, con rigor e criterio na práctica profesional. Coñecer e aplicar a lexislación, regulamentos e normativas legais en vigor que sexan de aplicación en virtude dos contidos dos estudos. Capacidade para facer crítica dos éxitos, os errors e resultados propios, e para responsabilizarse en adquirir e transmitir coñecementos. Capacidade para expresarse correctamente na terminoloxía propia do título. AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
AP6
AP7
AP8
AP9
AP10
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
CP1
CP2
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8
CP9
CP10
CP11
CP12
CP13
CP14
CP15

Contidos
Temas Subtemas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C13 C14 C15 73 0 73
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O estudante deberá elaborar un portafolio durante o desenvolvemento das prácticas nas que especificará o tipo de práctica realizada, os obxectivos e competencias acadadas, os problemas cós que se ten atopado para a súa realización, as consultas e titorías realizadas, as solucións propostas, os mecanismos de mellora implementados etc.
Finalmente elaborará y presentará ao seu tutor académico unha memoria de prácticas nas que debe describir as tarefas realizadas y as cuestións que considere relevantes así como un informe do tutor profesional.
Mediante o dossier e la memoria, o tutor valorará as capacidades para a aplicación dos coñecementos relacionados ao ámbito da actividade profesional, las habilidades despregadas para levalo a cabo, así como as actitudes mantidas e a disponibilidade para elo, observando as dificultades e solucións dadas polo estudiante.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Tutorización das prácticas por parte dun titor académico que realizará un seguemiento da práctica e a revisión do portfolio do estudante.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C13 C14 C15 O estudiante deberá elaborar un portafolio durante o desenvolvemento das prácticas no que especificará o tipo de práctica realizada, os obxectivos e competencias acadadas, os problemas atopadas para a súa realización, as consultas e titorías realizadas, as solucións propostas, os mecanismos de mellora implementados etc.
Finalmente elaborará e presentará ao seu titor académico unha memoria de prácticas nas que debe describir as tarefas realizadas e as cuestións que considere relevantes así como un informe do titor profesional.
Mediante ol dossier e a memoria, o titor valorará as capacidades para a aplicación dos coñecementos relacionados ao ámbito da actividade profesional, as habilidades despregadas para levalo a cabo, así como as actitudes mantidas e a disponibilidade, observando as dificultades e solucións dadas pola estudiante.
100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías