Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Técnicas de Investigación Tecnolóxica na Arquitectura Código 630567105
Titulación
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica (Plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Coordinación
Fernandez Cobian, Esteban
Correo electrónico
esteban.fcobian@udc.es
Profesorado
Fernandez Cobian, Esteban
Correo electrónico
esteban.fcobian@udc.es
Web http://https://orcid.org/0000-0002-5290-4357
Descrición xeral O obxectivo desta materia é introducir ós alumnos nos métodos propios da investigación tecnolóxica en arquitectura.
Nas escolas de arquitectura hay tres áreas que teñen esa consideración: Construción, Estruturas e Instalacións. Cada unha delas utiliza recursos específicos que convén coñecer.
A materia consta dunhas sesións onde se explica en que consiste a investigación en arquitectura, e de sesións específicas, nas que diversos investigadores que traballan nesas áreas amosarán as súas experiencias, facendo fincapé nas metodoloxías usadas e os resultados obtidos.
Finalmente, realizaranse visitas aos laboratorios que a Universidade da Coruña pon a disposición dos seus investigadores nas áreas tecnolóxicas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: ningunha.
2. Metodoloxías. Metodoloxías docentes que se manteñen: todas, adaptándoas ás ferramentas de docencia non presencial postas a disposición pola UDC. Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ós alumnos: Teams, Moodle e resto de ferramentas facilitadas pola UDC.
4. Modificacións na avaliación: ningunha.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ningunha.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 E07 - Aptitude ou capacidade para a conservación da obra grosa e acabada, cuestión que comporta a inspección, a análise, o control de calidade, a definición das condicións de mantemento e a intervención nos sistemas construtivos de edificación, incluídos os elementos de compartimentación interior, as carpintarías e as solucións de envolvente.
A8 E08 - Aptitude ou capacidade para redactar informes técnicos e proxectos de rehabilitación do patrimonio edificado, incluídas actividades de asesoramento e consultoría.
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e as razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 CB10 - Que os estudantes manexen as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
C1 T01 - Capacidade de análise e síntese
C2 T02 - Capacidade de organización e planificación
C3 T03 - Comunicación oral e escrita
C4 T04 - Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo
C5 T05 - Capacidade para a xestión da información
C6 T06 - Resolución de problemas
C7 T07 - Toma de decisións
C8 T08 - Aprendizaxe autónoma
C9 T09 - Creatividade
C14 T14 - Sensibilidade estética

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
CM6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas aos que deben enfrontarse, así como descubrir os límites do coñecemento na área da tecnoloxía na arquitectura, para plantexar unha investigación que a faga avanzar. AP7
AP8
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
CP1
CP6
CP7
CP8
CP9
AP3 Conservación da obra pesada: aptitude ou capacidade para innovar en todolo relativo á analise, control da calidade, definición de condicións de mantemento e reparación das estruturas de edificación, e das cimentacións. AP8
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
AP6 Conservación da obra grosa e acabada: aptitude ou capacidade para innovar en todolo realtivo a analise, control da calidade e definición das condicións, mantemento e medidas de intervención nos sistemas de divisións interiores, carpintería e demais obra acabada de interior, así como nos cerramentos, cubertas, etc. BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
CP1
CP2
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8
CP9
CP14

Contidos
Temas Subtemas
1. A investigación tecnolóxica en arquitectura Planteamentos iniciais
A tese de doutoramento.
2. A investigación tecnolóxica en arquitectura Recursos bibliográficos
Recursos en liña
3. A investigación en estruturas Marco xeral
Investigacións recentes

4. A investigación en construción Marco xeral
Investigacións recentes

5. A investigación en instalacións Marco xeral
Investigacións recentes
6. Servicios Xeráis de Apoio á Investigación (SXAIN) Visita aos distintos departamentos
7. Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) Visita aos distintos departamentos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 6 0 6
Estudo de casos C6 C7 C8 C9 C14 15 0 15
Traballos tutelados A7 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C14 0 52 52
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Esta materia precisa trasmitir coñecementos, definir conceptos, explorar unha realidade, a científica que resulta nova a univeristarios con formación eminentemente técnica e artística, pero non científica.
Nestas sesións maxistrais perseguese encher ese baleiro.
Estudo de casos A materia quedaría plantexada só dun xeito teórico se non se familiarizara aos estudantes con investigacións concretas, coa metodoloxía a seguir na formalización de proxectos de investigación, e sobre todo, cos documentos que forman a tese de doutoramento. Có estudo de casos pretendese complementar con casos prácticos os conoñecementos xa explicados.
Traballos tutelados Plantexamento por parte do estudante dun traballo de investigación orixinal, a modo de proxecto de tesis doctoral tecnolóxica que puidera ser desenvolvida na Escola de Arquitectura da UDC.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Descrición
1. Sesión maxistral. Procurarase implicar a cada estudante nas explicacións teóricas, fomentando a súa participación.
2. Traballos tutelados. O exercicio práctico será tutelado dende o inicio, con correccións periódicas previamente establecidas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A7 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C14 Se valorará a adecuación do proxecto de investigación aos estándares científicos habituais, con especial atención á correción do sistema de citas empregado. 90
Sesión maxistral A7 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 Dado o carácter presencial do Mestrado, nesta materia como en las restantes materias que integran o presente postgrado, esíxese unha asistencia non inferior ao 80% relativa á totalidade das sesións presenciais programadas. 10
 
Observacións avaliación

A esixencia xeral de asistencia non terá efecto cós estudantes que teñan recoñecida unha adicación a tempo parcial segundo a norma
que regula o réxime de adicación ao estudo e a permanencia e a
progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na UDC. O seguemento
do curso e autoría de traballos verificarase có cumprimento de titorías
obrigatorias.


Fontes de información
Bibliografía básica

Eco, Umberto. 1977. Cómo se hace una tesis.

Bibliografía complementaria

Chinneck, John W. 2006. How to organize your thesis?

Easterbrook, Steve. 2012. How thesis get written: some cool tips.

ETH Zurich. 2020. Doctoral Thesis & Doctoral examination.

Kung, H.T. 1987. Useful things to know about Ph.D. thesis research.

Levine, Joseph. 2020. Writing and presenting your thesis or dissertation.

The University of Queensland. 2019. Thesis writing tips.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Esta materia sirve como complemento formativo para o Programa de Doutoramento "Arquitectura e Urbanismo" da ETSAC.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías