Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Análisis Estrutural de Edificios Históricos Código 630567118
Titulación
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica (Plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Enxeñaría Civil
Coordinación
Martín Gutiérrez, Emilio
Correo electrónico
emilio.martin@udc.es
Profesorado
Martín Gutiérrez, Emilio
Correo electrónico
emilio.martin@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral O enfoque da materia oriéntase á aplicación práctica dos métodos numéricos en estudos de estabilidade e de comportamento estrutural vinculados a edificacións con valor histórico e obras de rehabilitación en xeral. Desenvólvense así competencias instrumentais útiles en labores periciais ou no momento de valorar comparativamente a incidencia de diferentes alternativas de intervención.
Plan de continxencia Formúlase un único plan de continxencia, previsto para posibles situacións en que o contexto sanitario, a limitación de capacidade dos espazos académicos ou outras causas deriven nunha transición ben a unha docencia híbrida ben a un escenario de total non presencialidade.

1 MODIFICACIÓN DE CONTIDOS
Non se realizarán cambios neste punto.

2 METODOLOXÍAS
METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MANTEÑEN
Todas as contempladas na redacción orixinal da guía: sesión maxistral, obradoiro, solución de problemas e traballos tutelados.
METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MODIFICAN
Non se contempla ningunha modificación, entendendo que as metodoloxías previstas serán desenvolvidas en liña.

3 MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO
Moodle aloxará un foro virtual específico mediante o cal o estudiantado poderá formular preguntas e interactuar. O profesorado responderá ás posibles consultas ben no propio foro ben durante as sesións en liña que se programen.
Utilizarase igualmente Teams a efectos de establecer canles de comunicación individualizada e/ou en grupo, a fin de resolver dúbidas e de analizar a progresión dos traballos tutelados.

4 MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN
Non se expón ningunha modificación nos criterios de avaliación, ao ser esta de carácter asíncrono. Como excepción, e á vista das posibles dificultades que poden enfrentar os estudantes, o requirimento de asistencia mínima poderá ser substituído, a petición do estudante, por unha carteira dixital que facilite o seguimento do seu traballo.

5 OBSERVACIÓNS DA BIBLIOGRAFÍA OU WEBGRAFÍA
Non se realizarán cambios neste punto.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 E05 - Aptitude ou capacidade para a conservación da obra pesada, mediante a inspección, a análise, o control de calidade, a definición das condicións de mantemento e a estimación da seguridade das estruturas de edificación, incluídas as súas posibles cimentacións, podendo igualmente afrontar a redacción de proxectos de reparación e reforzo, e a dirección da execución asociada.
A8 E08 - Aptitude ou capacidade para redactar informes técnicos e proxectos de rehabilitación do patrimonio edificado, incluídas actividades de asesoramento e consultoría.
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e as razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
C1 T01 - Capacidade de análise e síntese
C4 T04 - Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo
C5 T05 - Capacidade para a xestión da información
C6 T06 - Resolución de problemas
C12 T12 - Comprensión numérica
C13 T13 - Intuición mecánica

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir coñecementos xenéricos sobre técnicas instrumentais de auscultación e seguimento de construcións históricas. AP5
AP8
Profundar no estudo do comportamento mecánico da obra de fábrica e dos modelos que permiten abordar a súa caracterización analítica. AP5
AP8
Propor unha aproximación ás técnicas de diagnose estrutural de edificacións con valor histórico e obras de rehabilitación en xeral, utilizando aplicacións informáticas baseadas na programación de métodos numéricos. AP5
AP8
BP1
BP2
CP4
CP6
CP12
CP13
Familiarizarse coa utilización de ferramentas que faciliten as tarefas de inspección e control técnico, e que poidan servir para analizar as repercusións a ter en conta ante unha determinada intervención. AP5
AP8
BP1
BP2
CP4
CP6
CP12
CP13
Fomentar o desenvolvemento de capacidades actitudinais de carácter autónomo: tendencia á aprendizaxe continua, habilidade para resolver problemas de forma efectiva, capacidades de análise e síntese, organización e planificación persoal, xestión produtiva da documentación, e utilización de tecnoloxías da información e das comunicacións. BP4
CP1
CP5

Contidos
Temas Subtemas
Principios, técnicas e ferramentas para a toma de datos.
Complementariedade de técnicas instrumentais e analíticas.
Comportamento mecánico da obra de fábrica.
Técnicas de simulación numérica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 B1 B2 12 12 24
Obradoiro A5 B1 B2 C4 C6 C12 C13 9 13.5 22.5
Solución de problemas A5 B1 B2 C4 C6 C12 C13 0 5 5
Traballos tutelados A5 A8 B1 B2 B4 C1 C4 C5 C6 C12 C13 0 22.5 22.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Aplícase unha metodoloxía expositiva complementada mediante medios audiovisuais, co fin de ilustrar significativamente os contidos tratados e de facilitar a súa comprensión.
No entanto, e con independencia do anterior, durante as devanditas sesións perséguese alcanzar unha certa cota de participación por parte do alumnado, potenciando a súa implicación, fomentando a retroalimentación do proceso (e por tanto o carácter bidireccional da comunicación), e dinamizando os mecanismos de aprendizaxe mediante técnicas de interacción.
Obradoiro Proponse a exercitación mediante prácticas guiadas desenvolvidas con medios informáticos.
Contempla a adquisición dunha metodoloxía operativa sobre a base de supostos prácticos cun nivel crecente de complexidade.
Solución de problemas Proponse probas de carácter práctico, nas que se ha de afrontar situacións problemáticas concretas, deseñadas a partir dos contidos traballados previamente.
Traballos tutelados A metodoloxía docente oriéntase basicamente segundo o criterio da aprendizaxe na acción, a efectos de potenciar a adquisición de destrezas específicas. Neste contexto cobra protagonismo a elaboración dun traballo amplo, onde conflúen as competencias profesionalizantes da materia, ligadas por tanto á utilización de aplicacións de análise numérica, con outras de carácter transversal, como son, entre outras, a procura de documentación (a miúdo facendo uso de novas tecnoloxías), a organización e planificación de actividades, a xestión da información, ou a expresión oral e escrita. De forma esquemática, distínguense os seguintes pasos: selección do tema, elaboración dun guión de traballo xenérico, exame in situ, reportaxe fotográfica, levantamento planimétrico, localización e consulta de fontes de referencia, construción e axuste de modelos, interpretación de resultados, e redacción dunha memoria final que atenda á totalidade do traballo. Dado o carácter tutelado do mesmo, deben producirse sesións periódicas de seguimento co profesorado, a fin de optimizar ou, no seu caso, reconducir as actividades en curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Dada a especificidade dos contidos ligados á materia, e o diferente nivel de formación informática con que o alumnado pode acceder á mesma, enténdese crucial articular mecanismos de atención personalizada que atendan ás posibles singularidades. A tales efectos, recórrese ao desenvolvemento de tutorías presenciais e consultas a través dos recursos da plataforma virtual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A8 B1 B2 B4 C1 C4 C5 C6 C12 C13 O seu desenvolvemento enténdese plenamente individual e de natureza non presencial. Para garantir a autoría do traballo, e a adecuada adquisición de competencias, na súa avaliación enténdense relevantes as sucesivas sesións de control, e por tanto o grao de cumprimento con relación ás indicacións formuladas en cada caso polo profesorado. Outros aspectos a valorar son: a profundidade e rigor do desenvolvemento; a procura de fontes de información; as relacións construídas entre os diferentes apartados; as capacidades de análise e síntese; a corrección do estudo metodolóxico, da diagnose construtiva e estrutural, das modelizacións e das oportunas conclusións; a argumentación; e a calidade gramatical, gráfica e técnica da documentación final. 100
 
Observacións avaliación

Como nas restantes materias que integran o presente posgrao,
esíxese ademais unha asistencia non inferior ao 80% relativa á totalidade das
sesións presenciais programadas.
Este requisito non terá efecto cos estudantes que teñan recoñecida unha dedicación a tempo parcial segundo a Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión de estudantes de grao e máster na UDC.

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Requírense unhas determinadas destrezas na utilización de ferramentas de deseño asistido por computador, así como uns coñecementos elementais sobre as bases teóricas do método de elementos finitos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías