Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Construción 1 Código 630G01010
Titulación
Grao en Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Composición
Construcións Arquitectónicas
Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo
Representación e Teoría Arquitectónica
Tecnoloxía da Construción
Coordinación
Souto Garcia, Valentin Balbino
Correo electrónico
valentin.souto@udc.es
Profesorado
Carreira Montes, José Ángel
Fernandez Cobian, Esteban
Seoane González, José Carlos
Souto Garcia, Valentin Balbino
Correo electrónico
j.cmontes@udc.es
esteban.fcobian@udc.es
carlos.seoane@udc.es
valentin.souto@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/course/view.php?id=29486
Descrición xeral Esta materia pretende proporcionar ao alumno un marco de referencia no que poida situar e entender os distintos coñecementos que se lle comunicarán nas materias de Construción de cursos posteriores.
Ó rematar o curso o alumno deberá ser capaz de:
-Situar correctamente os contidos das materias da área de Construcións Arquitectónicas que lle serán impartidas ao longo dos seus estudos na Universidade.
-Recoñecer os materiais, os elementos e os sistemas construtivos, así como a súa características, cohesión e requirimentos xerais.
-Representar con precisión os elementos e sistemas construtivos.
-Valorar a precisión, claridade e exactitude na disciplina da Construción.
-Dominar o vocabulario da Construción.
Todo iso conforme á normativa vixente.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 PROGRAMACIÓN FUNCIONAL: aptitude ou capacidade para elaborar programas de edificios, considerando os requisitos de clientes e usuarios, analizando os precedentes e as condicións de localización aplicando estándares e establecendo dimensións e relacións de espazos e equipos.
A11 XESTIÓN DE NORMAS CONSTRUCTIVAS: aptitude ou capacidade para aplicar as normas de construción, de homologación, de protección, de mantemento, de seguridade e de cálculo nos proxectos integrados e na execución, tanto de obras de edificación como de espazos urbanos.
A19 ADECUACIÓN MEDIOAMBIENTAL: aptitude ou capacidade para realizar estudos medioambientais e paisaxísticos, e definir medidas de protección fronte ao impacto ambiental.
A27 PROXECTO DE OBRA GROSA: aptitude ou capacidade para dimensionar, deseñar, programar e poñer en obra e integrar en edificios e conxuntos urbanos as solucións construtivas, encontros e remates dos sistemas de obra grosa, pechamento, cuberta, e en detalle, e tamén para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos.
A47 ECOLOXÍA E SOSTENIBILIDADE: comprensión ou coñecemento da responsabilidade do arquitecto respecto aos principios básicos de ecoloxía, de sostenibilidade e de conservación dos recursos e do medio ambiente na edificación, o urbanismo e a paisaxe.
A58 MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN: comprensión ou coñecemento das características físicas e químicas, os procedementos de fabricación e homologación, a análise patolóxica e as aplicacións e restricións de uso dos materiais empregados en obra estrutural, civil, grosa e acabada.
A59 SISTEMAS CONSTRUTIVOS CONVENCIONAIS: comprensión ou coñecemento das características físicas, os procedementos de fabricación e homologación, os tratamentos e acabados, a organización dimensional, os métodos de montaxe e a análise patolóxica dos compoñentes construtivos convencionais na obra estrutural, civil, grosa e acabada.
A60 SISTEMAS CONSTRUTIVOS INDUSTRIALIZADOS: comprensión ou coñecemento dos procedementos de produción industrial e homologación, os tratamentos e acabados, a coordinación modular e dimensional e os métodos de montaxe dos sistemas prefabricados e de alta tecnoloxía en obra estrutural, civil, grosa e acabada.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Visión espacial.
B9 Creatividade.
B10 Sensibilidade estética.
B12 Toma de decisións.
B13 Imaxinación.
B14 Habilidade gráfica xeral.
B15 Capacidade de organización e planificación.
B16 Motivación pola calidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir conciencia sobre a correlación entre o deseño arquitectónico e as solucions constructivas, os condicionantes impostos polas características físicas, químicas e mecánicas dos materiais de construción e polos sistemas constructivos para a execución de obras. Adquirir o vocabulario básico da construción que permita a identificación dos elementos integrantes dos principaies sistemas constructivos estructurais e de cimentación, de cerramientos verticais, de cubertas, de comunicacións verticais, de particións e de carpinterías de ventanas e portas. Conocer os elementos básicos da construcción de sistemas estructurais con muros de carga de fábrica e de sistemas porticados con elementos metálicos e de formigón armado en correspondencia coas solucións constructivas para a cobertura do vano: sistemas adintelados de pedra e madera, sistemas abovedados e con forxados horizontais: lousas, placas. forxados industrializados de nervios, de viguetas ou semiviguetas. Conocer os elementos dos sistemas constructivos de cimentacións superficiais e profundas e dos muros de contención, e comprender a lóxica dos seu funcionamiento e os procedimentos de execución. Conocer as condicións constructivas básicas de deseño das comunicaciones verticais, escaleiras e rampas, das vías de evacuación dos edificios e das barreiras de protección de desniveles. Conocer, a nivel elemental, as condicións constructivas e de diseño dos cerramentos verticais para o cumplimiento das condiciones térmicas, higrotérmicas, acústicas, de protección contra o lume e de estabilidade e de resistencia a accións mecánicas. Conocer a nivel elemental as condicións constructivas de deseño de elementos de iluminación e ventilación dos edificios. Conocer a nivel elemental as condicións constructivas e de diseño das cubertas inclinadas e planas para o cumprimento das condicións de impermeabilidade, térmicas, higrotérmicas, acústicas e de protección contra o lume. Conocer a nivel elemental as condicións constructivas e de diseño dos elementos de particións e tabiquerías pesadas e en seco. A4
A11
A19
A27
A47
A58
A59
A60
B1
B2
B3
B6
B8
B9
B10
B12
B13
B14
B15
B16
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
A arquitectura e a construción 1. Arquitectura e construción
2. O medio físico e os materiáis
O edificio e a estrutura 3. Introdución á estrutura
4. O mundo da compresión
5. O mundo da tracción
6. O mundo da flexión
7. O formigón armado como material estrutural
8. O aceiro como material estrutural
9. As cimentacións e os muros de contención
A envolvente 10. Anatomía dun edificio
11. Os cerramentos verticais
12. As cubertas inclinadas
13. As cubertas planas
Acondicionamento 14. As comunicacións verticais
15. As particións interiores
16. Os revestimentos
17. As instalacións dun edificio

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A11 A19 A27 A47 A58 A59 A60 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 28 0 28
Obradoiro B16 B15 B14 B13 B12 B10 B9 B8 B6 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1.5 60 61.5
Portafolios do alumno B16 B15 B14 B13 B12 B10 B9 B8 B6 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 25.5 0 25.5
Proba obxectiva A4 A11 A19 A27 A47 A58 A59 A60 4 30 34
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Desenvolvemento e explicación dos temas da materia por parte do profesor.
Obradoiro Realización non presencial de exercicios prácticos individuais.
Os exercicios serán presentados e tutelados polos profesores na aula.
Portafolios do alumno Realización individual dun caderno de debuxos que recolla os sistemas construtivos estudados na materia.
O caderno realizarase na aula.
Proba obxectiva Exame teórico-práctico no que o alumno deberá resolver de modo individual cuestións relativas aos temas tratados na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Portafolios do alumno
Descrición
A atención personalizada desenvolverase durante as clases prácticas, nas cales os profesores asesorarán os alumnos sobre a evolución dos seus traballos en curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro B16 B15 B14 B13 B12 B10 B9 B8 B6 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Esta nota poderá ser distribuida, a criterio dos profesores, na forma 25+5, correspondendo o 25% á evaluación das prácticas do curso e o 5% ás calificacións obtidas nos controles de seguimento realizados na aula. 30
Proba obxectiva A4 A11 A19 A27 A47 A58 A59 A60 A puntuación de cada un dos exercicios teórico-prácticos estará indicada no enunciado da Proba obxectiva. 50
Portafolios do alumno B16 B15 B14 B13 B12 B10 B9 B8 B6 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A avaliación do portafolios do alumno só se realizará se se presenta encadernado, completo e ordenado. 15
Sesión maxistral A4 A11 A19 A27 A47 A58 A59 A60 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliaranse os apuntes da materia tomados polo alumno na aula. 5
 
Observacións avaliación

Para poder efectuar a avaliación global da materia en calquera das dúas oportunidades, tanto na primeira como na segunda, será necesario que o alumno:

1. Realice a Proba obxectiva, obtendo polo menos un 40% da máxima cualificación posible.
2. Presente todas as prácticas realizadas no curso, obtendo polo menos, en cada unha delas, un 40% da máxima cualificación posible.
3. Asista de xeito presencial, polo menos a un 80% das Sesións maxistrais e do Obradoiro, salvo causa xustificada.
4. Entregue o Portafolios completo.
5. Entregue os apuntes das Sesións maxistráis tomados no aula.

No caso de non cumplir a totalidade destes requisitos, o alumno figurará no acta da oportunidade correspondente como 'Non presentado'

Fontes de información
Bibliografía básica Fernández Madrid, J. y Esteban Fernández-Cobián (1984/2008). Construcción 1. Apuntes (2 vol.). A Coruña: Reprografía del Noroeste

Bibliografía complementaria Souto García, V. (2011). 1055 preguntas sobre construcción arquitectónica. A Coruña: Reprografía del Noroeste
González Moreno-Navarro, J.L. y otros (1997). Claves del construir arquitectónico. Tomo 1. Principios. Barcelona: Gustavo Gili
Allen, E. (1997). Cómo funciona un edificio. Principios elementales. Barcelona: Gustavo Gili
Ching, F.D.K. (1997). Diccionario visual de arquitectura. Barcelona: Gustavo Gili
Gordon, J.E. (1999). Estructuras o por qué las cosas no se caen. Madrid: Celeste
Torroja Miret, E. (1996). Razón y ser de los tipos estructurales. Madrid: CSIC
Schmitt, H. (1998). Tratado de construcción. Barcelona: Gustavo Gili
Paricio Ansuategui, I. (1999). Vocabulario de arquitectura y construcción. Barcelona: Bisagra


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Debuxo de Arquitectura/630G01002
Introdución á Arquitectura/630G01005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Física 1/630G01008

Materias que continúan o temario
Construción 2/630G01020

Observacións

A docencia desta asignatura, así como as probas e exámes de evaluación, adaptarase ás condicións pedagóxicas dos alumnos que realizan programas de movilidade.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías