Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Análise Arquitectónico 2 Código 630G01017
Titulación
Grao en Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Representación e Teoría Arquitectónica
Coordinación
Lizancos Mora, Plácido
Correo electrónico
placido.lizancos@udc.es
Profesorado
Castro García, Óscar
Doce Porto, Juan Manuel
Franco Taboada, Juan Manuel
Lizancos Mora, Plácido
Llano Cabado, Pedro de
Ventura Real, Jose Maria Nicolas
Correo electrónico
oscar.castro@udc.es
juan.doce@udc.es
manuel.franco.taboada@udc.es
placido.lizancos@udc.es
pedro.llano@udc.es
jose.ventura@udc.es
Web
Descrición xeral ANÁLISE ARQUITECTÓNICA 2. METODOLOXÍA DO PROXECTO. TEORÍA DA ARQUITECTURA. ANÁLISE ARQUITECTONICA
O obxectivo desta materia céntrase na adquisición de habilidades e capacidades para a análise da arquitectura, graficamente e por medio de maquetas analíticas, que lle permitirán abordar o estudo de diversos aspectos do proxecto arquitectónico, a súa relación co seu ámbito e a adecuación ás necesidades dos usuarios, adquirindo competencias específicos dos bloques técnico e proxectual.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título

Contidos
Temas Subtemas
INTRODUCCIÓN Ó TEMA ESPECÍFICO DO CURSO Introducción. Organización, obxetivos e metodoloxía.
Cada curso a asignatura, céntrase no estudo dun tema monográfico, que pode ser a obra dun arquitecto, ou ben un tema de arquitectura xeralista. Éste tema será presentado ao comenzo do curso.
INTRODUCIÓN Á ANÁLISE GRÁFICA DA ARQUITECTURA A que chamamos proxecto arquitectónico
Aprendendo a ler un proxecto.
Conceptos básicos para una introdución á análise
O diagrama como xeito de expresión
ANÁLISE FUNCIONAL O contido funcional do feito arquitectónico.
A estrutura funcional como base da arquitectura.
Características das circulacións.
Tipoloxía. Tipo e Modelo
ANÁLISE ESPACIAL E LUMÍNICA O espazo e a luz como esencia da arquitectura.
A percepción da arquitectura a través dos seus percorridos.
Estratexias para a representación do espazo e a luz e a súa análise.
A luz como revelación dos espazos interiores
Luz natural directa, reflectida, difuminada, ensombrecida.
O control da luz e as novas tecnoloxías.
ANÁLISE TOPOLÓXICA O “genius loci”. A elección do lugar
A adecuación ao emprazamento: tensión e harmonía.
Espazos interiores, espazos exteriores: relacións.
ANÁLISE CONSTRUCTIVA E TECNOLÓXICA OS sistemas constructivo e tecnolóxico na materialización e significado da arquitectura.
A pel na conformación tectónica da arquitectura.
ANÁLISE FORMAL Recoñecendo a aparencia visual dun obxecto.
A forma como principio e a forma como consecuencia.
O proceso xenerativo da forma como relación entre a masa, o espazo e a superficie.
Xeometría: proposta gráfica para a ordenación morfolóxica. O concepto de módulo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A9 A35 A36 A42 B1 B3 B7 B17 B18 4 0 4
Presentación oral B3 B7 B11 B17 B18 3 3 6
Saídas de campo A42 A44 A45 A46 B1 B10 B17 C7 6 9 15
Sesión maxistral A4 A10 A13 A34 A35 A36 A38 A44 A45 A46 A47 B9 B14 C3 C6 15 1 16
Eventos científicos e/ou divulgativos A9 A44 A45 A46 C7 6 0 6
Obradoiro A4 A10 A13 A34 A35 A36 A38 A42 B1 B3 B4 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B18 B19 C3 C6 36 48 84
Proba mixta A4 A9 A10 A13 A34 A35 A36 A38 A42 A44 A45 A46 A47 B1 B3 B4 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B17 B18 C3 C6 C7 6 12 18
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Periodicamente se organizan sesións de crise nas que se confrontan de xeito informal os resultados dos traballos de diversos grupos se ben esta discusión pode estar dirixida por un moderador.
Presentación oral Os estudiantes expoñen verbalmente, co apoio de TIC, os resultados dos seus traballos, interactuando co profesorado e con outros estudiantes.
Saídas de campo A viaxe de estudios facilita o directo coñecemento das arquitecturas sobre as que se traballa ou doutras análogas.
Sesión maxistral Destinada á introducción conceptual e a ofrecer a información necesaria para o desenvolvemento dos traballos de taller.
Eventos científicos e/ou divulgativos Para profundar no coñecemento de aspectos especializados relacionados coa materia que podan aportar novos datos sobre os aspectos xerais do curso.
Obradoiro Nos obradoiros combínanse tódalas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) simultaneamente, sobre tarefas prácticas, co asistencia do profesor.
Proba mixta Trátase dunha proba de contidos teórico-prácticos, na que os estudantes amosan o seu avance no coñecemento da metodoloxía da asiñatura. Faráse durante as horas de clase e presentaráse para avaliación ó remate da sesión.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Obradoiro
Descrición
A avaliación é un proceso continuo, no que a actividade que en cada unha das sesións do curso desenvolve o estudiante é controlada e rexistrada. Periodicamente e -en todo caso, sempre que o estudante asi o require- infórmaselle da adecuación do nivel acadado polas súas actividades en relación cos obxectivos programáticos da materia.
Establécese un perído ao remate do curso, libre de sesións teóricas e de obradoiros, nos que a atención se desenvolve exclusivamente de xeito individual de forma que cada estudante é orientado cara á consecúción dos obxectivos finais da materia ou, no seu caso, á excelencia.
En todo momento do curso os profesores brindan aos estudantes apoio complemntario ao docente de xeito individual, en horario coñecido.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A4 A10 A13 A34 A35 A36 A38 A44 A45 A46 A47 B9 B14 C3 C6 Os contidos das sesións teóricas son fundamentais para coñecer as técnicas e obxectivos de análise que logo serán empregados no desenvolvemento do traballo. 20
Eventos científicos e/ou divulgativos A9 A44 A45 A46 C7 Para afondar no coñecemento de aspectos especializados, relacionados coa materia que poidan aportar novos datos sobre os aspectos xerais do curso. 3
Saídas de campo A42 A44 A45 A46 B1 B10 B17 C7 Procurase realizar viaxes de estudos que axuden ao coñecemento das obras obxecto de análise ou relacionadas. 2
Presentación oral B3 B7 B11 B17 B18 Sendo unha materia eminentemente práctica, as presentacións orais que os estudiantes realizan constitúen o mellor xeito de valorar o dominio dos coñecementos e técnicas que son o obxectivo da materia. 5
Proba mixta A4 A9 A10 A13 A34 A35 A36 A38 A42 A44 A45 A46 A47 B1 B3 B4 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B17 B18 C3 C6 C7 Trátase dunha proba de contidos teórico-prácticos, na que os estudantes amosan o seu avance no coñecemento da metodoloxía da asiñatura. Faráse durante as horas de clase e presentaráse para avaliación ó remate da sesión. 5
Discusión dirixida A9 A35 A36 A42 B1 B3 B7 B17 B18 As discusións dirixidas poñerán en evidencia a solidez dos coñecementos do estudiante e dos mecanismos visuais de comunciación das súas ideas. 5
Obradoiro A4 A10 A13 A34 A35 A36 A38 A42 B1 B3 B4 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B18 B19 C3 C6 O obradoiro é o ámbito de síntese da materia. Aqui se evidencian simultaneamente o desenvolvemento intelectual do estudiante, o coñecemento dos obxectivos do curso, o dominio da materia tratada e o dos recurso comunicativos propios do arquitecto. 60
 
Observacións avaliación

O alumno debe asistir as sesións maxistrais e presentar os traballos gráficos, maquetas e demais elementos propostos nos obradoiros co nivel exisido de calidade para superar a asignatura.


A asistencia e obrigatoria alo menos nun 80% das clases teóricas e prácticas, así como a os obradoiros compartidos. Sin ese requisito o alumno non poderá aprobar por curso a asignatura.

Para aprobar, o alumno dispoñerá de duas oportunidades: xuño e xullo. A primeira coincide coa data de entrega do último traballo, e capacitará ao alumno para aprobar por curso. O alumno que non supere esta primeira oportunidade poderá presentarse a unha segunda, que consistirá nunha proba práctica no mes de xullo.
A entrega menor do 80% das prácticas supoñerá que non se seguiu o curso, e implica unha calificación de "Non Presentado" nas dúas oportunidades de avaliación, por tanto o alumno terá que repetir a asignatura por completo. 
É imprescindible entregar as prácticas específicas da materia, incluídas as coordinadas no Obradoiro do cuarto cuadrimestre con Proxectos 4 e Urbanismo 1, para superar cada unha das materias que compoñen o Obradoiro conxunto. Éste terá un peso do 20% da cualificación final do alumno.

Os alumnos que non presenten -total ou parcialmente-, as prácticas exisidas no Obradoiro compartido serán calificados con un Non Presentado en todas as materias que componen ese Obradoiro.
Os alumnos que non superen a materia de Proxectos nas dúas oportunidades, deberán asistir a o Obradoiro compartido o ano seguinte. Nese caso, realizarán os traballos das materias que non superaran no Obradoiro do curso previo.

Os alumnos que tendo superada a materia de Proxectos, non superasen alguna das outras materias integradas no Obradoiro, terán que presentar en consecutivas convocatorias, novamente, e cas correccions oportunas, os traballos propostos no Obradoiro no que participaron.
Os alumnos matriculados con posterioridade a o inicio do curso académico deberán asistir as clases teóricas e prácticas dende a data da sua matrícula, coa posibilidade de recuperación das prácticas realizadas hasta esa data.

MOVILIDADE: A docencia a alumnos de programas de movilidade adaptarase a condicions pedagóxicas e de traballos tutelados especiais, así como as probas e exámenes de avaliación.

Fontes de información
Bibliografía básica Baker, Geoffrey H. (1989). Análisis de la forma. Urbanismo y arquitectura. GG. Barcelona
Clark & Pause (1987). Arquitectura. Temas de composición. GG. Barcelona
Clark & Pause (1984). Arquitectura. Temas de composición. Aalto, Kahn, Moore, Stirling, Le Corbusier, Paladio, Venturi. GG. Barcelona
Ching, Frank (1988). Arquitectura: forma, espacio y orden. GG. Barcelona
Various (2014). Cadernos PFC. ETSAC, A Coruña
Ching, Frank (1989). Dibujo y proyecto. GG. Barcelona
Leonardo Benévolo (1984). El diseño de la ciusdad-1. GG. Barcelona
Fraser & Henmi (1994). Envisioning architecture. An analysis of drawing. Willey & Sons. Nova York
Lasseau, Paul (1992). Frank Lloyd Wright: Between Principe and Form. Nostrand Reinhold. Boston
Norberg- Schulz, Christian (1967). Intenciones en arquitectura. GG. Barcelona
Moore /Allen & Lyindon (1974). La casa:forma y diseño. GG. Barcelona
Curtis, Wilian (1987). Le Corbusier, Ideas y formas. Blume
Baker, Geoffrey H. (1989). Le Corbusier. Análisis de la forma. GG. Barcelona
Michel, Lou (1996). Light. The shape of space. Van Nostrand Reinhold. Rotterdam
Wittkower, Rudolf (1995). Los fundamentos de la arquitectura en la edad del humanismo. Alianza Editorial
Moo Zell (2008). The architectural Drawing Course. Thames & Hudson. Londres

Aparte de estas entradas bibliográficas, cada ano a asiñatura incorpora bibliografías específicas, que serán suxeridas ós estudantes.

Bibliografía complementaria

Aparte de estas entradas bibliográficas, cada ano a asiñatura incorpora bibliografías específicas, que serán suxeridas ós estudantes.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Debuxo de Arquitectura/630G01002
Xeometría Descritiva/630G01003
Análisis de Formas Arquitectónicas/630G01007
Análise Arquitectónico 1/630G01012
Xeometría da Forma Arquitectónica/630G01014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proxectos 4/630G01016
Urbanística 1/630G01018

Materias que continúan o temario

Observacións

PRECÍSASE O COÑECEMENTO DE HABILIDADES GRÁFICAS MANUAIS ASÍ COMO DE INFORMÁTICA GRÁFICA.  

RECOMÉNDASE TER APROBADAS AS MATERIAS QUE CONFORMAN O TALLER DO 3º CADRIMESTRE E A MATERIA DE ANÁLISE ARQUITECTÓNICO 1

ESTA MATERIA NON DEBE CURSARSE SIMULTANEAMENTE CON TALLERES SUPERIORES.

ESTA MATERIA DEBE CURSARSE CONXUNTAMENTE CON PROXECTOS 4 E URBANÍSTICA 1.

NON SE PERMITE O USO DE TELÉFONOS MÓBILES, TABLETAS OU ORDENADORES NAS AULAS TEÓRICAS PARA FINS NON ACADÉMICOS. O INCUMPLIMENTO DESTA NORMA PODERÁ SUPOÑER A EXPULSIÓN INMEDIATA DA AULA.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías